Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo fundamental da materia e a posta en relación dos aspectos teóricos que forman parte da cultura do documental, e en particular do que permite identificar unha nova corrente que se denomina "contemporáneo" para pasar á súa aplicación práctica dende diferentes modelos. Preténdese estudar a relación entre o dispositivo, a época, o espectador e o autor, amais das condicións de produción e de exhibición.
Para isto cómpre:
A análise de tendencias e liñas de autor/a no documental.
O estudo dos principais modelos de dirección do documental de creación.
O coñecemento das posicións que definen o pensamento documental contemporáneo e achegamento aos seus aspectos seminais, entendidos como aqueles sobre os que se pode evolucionar cara ás figuras que identifican o cinema do real.
A análise de autores e autoras secomasí de obras representativas proponse como ámbito de discusión dos contidos teóricos do Programa e como preparación para a abordaxe da práctica.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
BLOQUE A: O Documental contemporáneo
A1. O documental na cultura contemporánea: conceptualizacións, correntes, tendencias
A2. O dispositivo como ideoloxía Do documental clásico ao postdocumental
A3. Performatividades posmodernas e a caída da referencialidade. A posmodernidade e o eu
A4. Documental sen cámara. O poder do arquivo como depósito
A5. Documental e clase. O colectivo, o conflito, a actualización e a resistencia
A6. Filmámonos, mulleres e documental: o personal é político. O corpo como material, o documento como documento, o cine como territorio independente
A7. Intermedialidade, novas narrativas e vías híbridas. Corpo, espazo e ritmo: O cine-danza e o teatro documental. O tempo, o plano e a mirada: Cine de fotógrafos. A pintura na pantalla e a narración dos procesos creativos. Documental interactivo e documental expandido
BLOQUE B: Procesos creativos no documental contemporáneo
B1. A idea, a documentación e busca
B2. Os guións documentais
B3. As personaxes e o seu tratamento documental
B4. Estruturas, recursos e posta en escena
B5. A realización e o pulso documental
B6. A montaxe documental
Básica:
Breschand, Jean.- El documental, la otra cara del cine, Paidós, Barcelona, 2004
Carrera, Pilar y Taléns, Jenaro.- El relato documental, Cátedra, Madrid, 2018
Català, J.M.- Posdocumental. La condición imaginaria del cine documental. Shangrila, 2021
Català, Cerdán, Torreiro (comp.).- Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en españa, Ocho y Medio, Madrid, 2001
Cerdán, J. y Torreiro, C. (comp.).- Documental y Vanguardia, Cátedra, Madrid, 2005
Comolli, J.L.- Filmar para ver, Buenos Aires, 2001
Ledo Andión, Margarita.- Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós, Barcelona, 2004
------------------------------- Cine de Fotógrafos, GG, Barcelona, 2005
--------------------------------El cuerpo y la cámara, Cátedra, Madrid, 2020
Rabiger, Michael. Tratado de dirección de documentales. Barcelona: Ediciones Omega 2006.
Complementaria:
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 1.Marcas na Paisaxe, Galaxia, Vigo, 2018
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 2. A Foresta e as Árbores, Galaxia, Vigo, 2019
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 3. De Illas e Sereas,
Galaxia, Vigo, 2020.
Arnau, R.;Sorolla, T. e Marzal, J.(eds) Más allá del documento. Derivas y ampliaciones de lo real contemporáneo. Tirant lo Blanch: València 2022
Balázs, Bela.- El Film.Evolución y esencia de un arte nuevo, Gustavo Gili, Barcelona, 1978
Baqué, Dominique.- Pour un nouvel art politique, Flammarion, parís, 2004
Barreiro, M.S .-La revuelta en la mirada: las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años 20. Prensas de Universidad de Zaragoza, Zaragoza, 2022.
Bruzzi, Stella.- New Documentary: a critical introduction, Routledge, Londres, 2000
Chris Marker, retorno a la inmemoria del cineasta, La Mirada, Barcelona, 1999
Collas, Gérald.- Le défi de la réalité, Festival Tous Courts, Aix-en-Provence, 1997 (trad. cast. El desafío de la realidad, Semana Internacional de Cine de Valladolid, 1997)
Heredero, Carlos F. y Monterde, José Enrique (comp.).- En torno al Free Cinema, Institut Valencià de Cinematografia, València, 2001
------------------------------------------------------------------------ En torno a la Nouvelle Vague, Institut Valencià de Cinematografia, València, 2002
Hill, John.- Sex, Class and Realism, BFI, Londres, 1986
Hispano, A. y Sanchez-Navarro, J. (comp.).- Imágenes para la sospecha. Falsos documentales y otras piruetas de la no-ficción,Glénat, Barcelona, 2001
Niney, François.- L’Epreuve du Réel à l’Écran, De Boeck, Bruxelas, 2000
Torreiro, M. e Alvarado, A. (Eds.) El documental en España: Historia, estética e identidad. Ediciones Cátedra, Colección: Signo e imagen; Festival de Málaga, 2023
Weinrichter, Antonio.- Desvíos de lo real, T&B, Madrid, 2004
Winston, Brian.- Lies, Damn Lies and Documentaries ,BFI, Londres, 2000
Recursos en liña:
Capturing reality: the art of documentary (NFB/ONF): https://capturingreality.nfb.ca/
What’s an interactive documentary? (A.Gifreu) : http://comeindoc.com/
MentamentalDOC (U.Vic) http://www.metamentaldoc.com/
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1. Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2. Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3. Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CT01. Capacidade de organización e planificación.
CT02. Capacidade de xestión da información
CT03. Traballo en equipo
CT04. Aprendizaxe autónoma
CT05. Creatividade
CT06. Iniciativa e espírito emprendedor
CT07. Coñecementos básicos da profesión
CE17.Coñecer as técnicas de análise de produtos televisivos e cinematográficos
CE18. Capacitar para a dirección de documentais audiovisuais
CE19. Coñecer o marco histórico no que se teñen desenvolvido os medios audiovisuais
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
A avaliación realizarase mediante un exame (50%) e a presentación dun documental de 10 minutos ese mesmo día (50%), realizado segundo os criterios acordados coa profesora.
6 créditos ECTS = 150 horas
Cómpre achegarse primeiro ás teorías e mais ao pensamento documental para, con esta bagaxe, ver os filmes e analizar os aspectos de interese conforme os epígrafes do Programa. Vixiar o gusto persoal e as apreciacións impresionistas, así como someterse ao que cada autor e autora propón coa súa obra é, tal vez, a condición per se do estudo do documental contemporáneo.
Recoméndase facer un seguimento dos festivais de cinema, en concreto de cinema documental, tal como o PlayDoc, o Docs Barcelona, o In-Edit, Documenta Madrid, Seminci, Zinebi, S8, etc.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 3 |