Créditos ECTS Créditos ECTS: 14
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 337.5 Horas de Titorías: 8.5 Clase Interactiva: 4 Total: 350
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Ciencia Política e Socioloxía, Economía Aplicada
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Ciencia Política e da Administración, Socioloxía, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo de Fin de Grado é unha achega orixinal, autónoma, individual ou en grupo, baixo a supervisión dun/varios titor/es, que consistirá na elaboración e defensa pública dunha investigación na que se acrediten coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
MODALIDADES
O Traballo de Fin de Grado pode axustarse ás seguintes modalidades, cuxos contido e formato detallaranse na Guía docente publicada na aula virtual da materia:
1. Investigación básica
1.1 Descrición
1.2 Contrastación de hipóteses
2. Aplicación ou uso de teorías: traballos interpretativo-explicativo-idiográficos
3. Investigación aplicada
3.1 Avaliación
3.2 Desenvolvemento experimental / intervención social
4. Teoría política
5. Estado da cuestión:
5.1 Revisión bibliográfica tradicional
5.2 Revisión bibliográfica sistemática
6. Construción de escenarios
7. Simulación computacional
Estes contidos non requiren de adaptación algunha no caso de que a elaboración do TFG se desenvolva por completo no escenario 1 [normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)]. Os docentes encargados das titorías dos TFGs, de acordo cos seus estudantes, deberán ter en conta as posibilidades de realización de actividades de traballo de campo (entrevistas, enquisas, procura de material de arquivo...) nos escenarios 2 [distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)] e 3 [peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)], a fin de axustar o contido dos TFGs ás condicións nas que se desenvolvan, priorizando as técnicas de recollida e análise de datos que non esixan a presenza física de estudantes en espazos inaccesibles de acordo coas disposicións legais pertinentes.
CONTIDO COMÚN PARA TODOS OS TRABALLOS
Calquera que sexa a modalidade do traballo elaborado, o proceso de ensino-aprendizaxe abarcará os seguintes contidos:
• identificación e xustificación do problema;
• definición das preguntas da investigación;
• definición de obxectivos do traballo;
• planificación do traballo e secuencia de fases de execución;
• revisión bibliográfica.
Cada traballo complementará os contidos comúns con aqueles outros que sexan específicos da modalidade correspondente.
ESTRUTURA
Todos os TFGs deberán incluír, en función do emprego neles dos elementos correspondentes, os seguintes apartados:
• portada, que conterá o título (e as súas traducións ao galego/castelán e inglés), nome do autor, nome do titor/a e indicación do Grado en Ciencia Política e da Administración e da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
• índice xeral paxinado, cos títulos das unidades e subunidades de contido ata o nivel que se xulgue relevante;
• índice paxinado de táboas / cadros, co título de cada táboa / cadro;
• índice paxinado de gráficos / figuras, co título de cada gráfico / figura;
• lista de acrónimos / abreviaturas;
• introdución. Neste apartado, presentarase e xustificarase a investigación, aportaranse argumentos sobre a pertinencia teórica, empírica ou práctica do tema elixido, se contextualizará o traballo no contexto cognitivo da disciplina correspondente, estableceranse os obxectivos da investigación, formularanse as preguntas ás que se trata de responder coa investigación emprendida, e anticiparanse tanto a estrutura do traballo como a secuencia de pasos da exposición subseguinte;
• revisión bibliográfica (excepto naqueles TFGs cuxo contido sexa en si mesmo unha revisión bibliográfica);
• apartados correspondentes á modalidade de TFG elixido;
• conclusións;
• bibliografía ordenada, ben alfabeticamente, ben de acordo con algún criterio pertinente. Cando se considere que aclara a localización das fontes, é posible dividila en subapartados. Igualmente, é posible diferenciar as fontes electrónicas das fontes en papel, recollendo as primeiras nunha Webgrafía;
• anexos / apéndices. Incluiranse entre eles, no seu caso, os Anexos que recollen os documentos legais consultados, que non son parte da bibliografía.
FORMATO
O TFG poderá redactarse galego, en castelán ou en inglés. A extensión recomendada do traballo é de entre 25000 e 35000 palabras, sen contar a portada, os índices, as táboas, a bibliografía nin os anexos.
Formato xeral e estrutura
1. O documento deberá estar paxinado, co número de páxina centrado no pé de páxina inferior, en tipo Arial e tamaño 10.
2. O traballo se estruturará en Capítulos (Introdución,..., Teoría,..., Conclusións), Seccións e, se é conveniente, Subseccións e, si é conveniente, Sub-subseccións.
3. O título do capítulo colocarase nunha folla específica.
4. Entre o final de cada sección e o título da seguinte, duplicarase o espaciado interlineal xeneral indicado para o corpo do traballo.
Portada
1. aliñamento horizontal: centrado;
2. marxes: 2.5 cm para todos (superior, inferior, esquerdo e dereito);
3. espaciado interlineal: entre 1.15 e 1.5;
4. tipo de letra: Arial;
5. tamaño de letra: Título, 26; traducións do título, 20; nome do autor/a, 26; identificación do Grado e a Facultade, 20.
Texto do corpo do traballo
6. aliñamento horizontal: xustificado (texto aliñado a esquerda e dereita);
7. marxes: 2.5 cm para todos (superior, inferior, esquerdo e dereito);
8. espaciado interlineal: entre 1.15 e 1.5;
9. tipo de letra: Arial;
10. tamaño de letra: 11;
11. non se aplicará sangría á primeira liña de cada parágrafo, senón que se engadirá entre parágrafos un espazo de 0.4;
12. se é necesario incluír notas, incluiranse como notas ao pé de páxina, con aliñamento xustificado, espaciado sinxelo (1), tipo Arial e tamaño 10.
Título de capítulo
1. aliñamento horizontal: centrado;
2. tamaño de letra: 20;
3. tipo de letra: Arial, mayúscula;
4. estilo de letra: en groso.
Título de sección
1. aliñamento horizontal: xustificado;
2. tamaño de letra: 16;
3. tipo de letra: Arial, mayúscula;
4. estilo de letra: en groso.
Título de subsección
1. aliñamento horizontal: xustificado;
2. tamaño de letra: 14;
3. tipo de letra: Arial;
4. estilo de letra: en groso.
Título de sub-subsección.
1. aliñamento horizontal: xustificado;
2. tamaño de letra: 12;
3. tipo de letra: Arial;
4. estilo de letra: cursiva.
Táboas e gráficos
1. As táboas (ou cadros) incluiranse no texto no punto no que se van a comentar, co espaciado interlineal xeral entre o texto e as táboas. A altura das filas será de en torno a 0.5 cm. O tipo de letra será Arial e o tamaño 10. As táboas deberán incluír un título na parte superior ou inferior, coa numeración da táboa, en Arial, en groso e tamaño10. Debaixo da táboa farase constar a fonte, indicándose se é unha táboa de elaboración propia.
2. Os gráficos (ou figuras) incluiranse no texto no punto no que se van comentar, co espaciado interlineal xeral entre o texto e os gráficos. Os gráficos deberán incluír un título na parte superior ou inferior, coa numeración do gráfico, en Arial, en groso e tamaño 10. Debaixo do gráfico farase constar a fonte, indicándose se é unha táboa de elaboración propia.
3. Ao comentar as táboas ou os gráficos no texto principal, farase referencia a elas polo seu número, con expresións semellantes a "como mostra a Táboa 1", e nunca con expresións como "a táboa seguinte" ou "a táboa anterior".
Bibliografía e citas
1. As citas e a bibliografía axustaranse ao formato APA.
2. Suxírese usar para facelo correctamente un xestor bibliográfico, como calquera dos seguintes, susceptibles dunha integración sinxela nos procesadores de texto de uso xeral:
a) o que facilita a USC: Refworks
b) Mendeley
c) Zotero
COMPETENCIAS
• analizar e sintetizar;
• argumentar loxicamente;
• avaliar argumentos alleos;
• establecer o valor científico dos produtos xerados nas investigacións politolóxicas;
• diferenciar os xéneros discursivos propios da ciencia política (teoría política, investigación empírica, programa de intervención social, avaliación de programas e outros);
• teorizar e conceptualizar;
• deseñar traballos de investigación metodolóxicamente fundamentados;
• procurar e xestionar fontes de información;
• recoller e tratar datos cualitativos e cuantitativos para facelos obxecto de análise;
• analizar datos con técnicas cualitativas e cuantitativas;
• utilizar ferramentas informáticas e tecnoloxías da comunicación;
• comunicar con fluidez oralmente e por escrito;
• presentar e expoñer traballos politolóxicos.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
• comprensión e valoración críticas de información teórica e fáctica sobre temas diversos da ciencia política, as políticas públicas, a xestión pública ou as relacións internacionais;
• integración dos coñecementos e competencias adquiridos no Grado e aplicación ao ámbito profesional;
• planificación e elaboración dun traballo de ciencia política que integre os coñecementos e competencias adquiridos no Grado;
• defensa pública dun traballo politolóxico.
ACTIVIDADES FORMATIVAS
Titorías e horas lectivas: 22.5 horas
Traballo autónomo de o/a alumno/a: 326 horas
Presentación e defensa pública do TFG: 1.5 horas
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
No suposto de realizarse as actividades necesarias para completar o TFG neste escenario, as titorías, que son a única actividade que podería esixir a presenza física tanto de docentes como de estudantes en espazos do centro, realizaranse preferentemente nos despachos do persoal docente. No entanto, estudantes e docentes poderán acordar, tal como se veu facendo ao longo dos cursos académicos pasados, o uso de calquera medio de comunicación que estimen convenientes para completar eficazmente o traballo, incluídos o correo electrónico ou medios definidos institucionalmente, como a plataforma Moodle, Microsoft Teams ou, posiblemente, Class Notebook.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Dado que o TFG é unha actividade que, polas súas propias características, implica un uso dos espazos do centro nunha medida notablemente inferior á que esixen as materias que se imparten mediante docencia expositiva e interactiva, as adaptacións a este escenario reduciranse esencialmente a limitar as titorías presenciais a aquelas que sexan estritamente imprescindibles para completar eficazmente o traballo e privilexiar as titorías mediante os medios definidos institucionalmente, como a plataforma Moodle, Microsoft Teams ou, posiblemente, Class Notebook. O seguimento da actividade dos estudantes e a súa valoración realizarase mediante os instrumentos dispoñibles nos medios institucionalmente definidos. A exposición e defensa do TFG realizaranse prioritariamente de xeito telemática a través dos medios definidos institucionalmente.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
As adaptacións necesarias para a elaboración do TFG neste escenario son as indicadas para o escenario 2, modificadas exclusivamente para transformar a prioridade dos medios telemáticos tanto na realización das titorías como na exposición e defensa do TFG en obrigatoriedade.
A avaliación da aprendizaxe terá como criterio fundamental o nivel de adquisición integrado dos coñecementos e as competencias propias do Grao reflectido polo traballo elaborado e defendido polo alumnado. A cualificación final obtida polo/a estudante calcularase en función dos seguintes elementos:
1. Proceso de traballo: se avaliará o progreso do estudantado durante a elaboración do Traballo de Fin de Grado de acordo coa valoración realizada no apartado correspondente do informe de avaliación final emitido polo titor ou titora. Os demais apartados do informe do titor ou titora serán tidos en conta polas persoas membros do tribunal ao cualificar o TFG de acordo coa ponderación establecida nos puntos seguintes.
2. Calidade da investigación: valorarase a calidade final do TFG e a manifestación nel dos coñecementos e as competencias dun/ha aspirante a graduado en ciencia política e da administración. Concretamente, valoraranse, segundo proceda de acordo coa modalidade do TFG elixida, a xustificación do TFG (incluída a revisión bibliográfica realizada), a teorización, o deseño da investigación, o rigor metodolóxico, a recollida de datos, a análise de datos, a presentación dos resultados, os achados obtidos e a disposición estrutural dos contidos.
3. Presentación escrita: valoraranse a adecuación aos requisitos de formato, o adecuado uso da linguaxe técnica da disciplina e a corrección léxica, gramatical e ortográfica.
4. Defensa pública: valoraranse as competencias de comunicación oral e de debate de o/a estudante.
A avaliación realizarase nun acto de defensa pública presencial, no caso de desenvolverse o TFG no escenario 1 [normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)]; preferentemente presencial polos medios institucionalmente definidos (previsiblemente Microsoft Teams), no caso de desenvolverse o TFG no escenario 2 [distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)]; e obligatoriamente telemático polos medios institucionalmente definidos (previsiblemente Microsoft Teams), no caso de desenvolverse o TFG no escenario 3 [peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)].
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Sobre plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización
fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
É fundamental que o alumnado acceda ao aula virtual da materia, na que se publicarán documentos de guía, referencia e axuda para a elaboración do Traballo Fin de Grado.
É fundamental que o alumnado acceda ao aula virtual da materia, na que se publicarán documentos de guía, referencia e axuda para a elaboración do Traballo Fin de Grado.
Plan de continxencia
Metodoloxía do ensino
ACTIVIDADES FORMATIVAS
Titorías e horas lectivas: 22.5 horas
Traballo autónomo de o/a alumno/a :326 horas
Presentación e defensa pública do TFG: 1.5 horas
Sistema de avaliación
A avaliación da aprendizaxe terá como criterio fundamental o nivel de adquisición integrado dos coñecementos e as competencias propias do Grao reflectido polo traballo elaborado e defendido polo alumnado. A cualificación final obtida polo/a estudante calcularase en función dos seguintes elementos:
1. Proceso de traballo: se avaliará o progreso do estudantado durante a elaboración do Traballo de Fin de Grado de acordo coa valoración realizada no apartado correspondente do informe de avaliación final emitido polo titor ou titora. Os demais apartados do informe do titor ou titora serán tidos en conta polas peras membros do tribunal ao cualificar o TFG de acordo coa ponderación establecida nos puntos seguintes.
2. Calidade da investigación: valorarase a calidade final do TFG e a manifestación nel dos coñecementos e as competencias dun\/unha aspirante a graduado en ciencia política e da administración. Concretamente, valoraranse, segundo proceda de acordo coa modalidade do TFG elixida, a xustificación do TFG (incluída a revisión bibliográfica realizada), a teorización, o deseño da investigación, o rigor metodolóxico, a recollida de datos, a análise de datos, a presentación dos resultados, os achados obtidos e a disposición estrutural dos contidos.
3. Presentación escrita: valoraranse a adecuación aos requisitos de formato, o adecuado uso da linguaxe técnica da disciplina e a corrección léxica, gramatical e ortográfica.
4. Defensa pública: valoraranse as competencias de comunicación oral e de debate de o/a estudante.