Créditos ECTS Créditos ECTS: 28
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 697.65 Horas de Titorías: 1.75 Clase Interactiva: 0.6 Total: 700
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A finalidade das practicas externas é a de promover o desenvolvemento profesional e a inserción laboral do alumnado a través da posta en práctica e fortalecemento dos coñecementos e habilidades adquiridos ao longo dos estudos. Igualmente, as prácticas pretenden fomentar as oportunidades profesionais e difundir o perfil competencial dos titulados entre as distintas entidades colaboradoras.
Contidos
Adquisición de habilidades nun entorno profesional dentro das seguintes áreas:
• Colaboración en tarefas administrativas relacionadas cos principais procesos organizativos
• Asistencia no desenvolvemento da función de recursos humanos, xestión de asuntos económicos e infraestrutural e xestión de calidade.
• Asistencia en tarefas de comunicación interna e externa.
• Elaboración de informes.
• Análise de datos (cualitativa e cuantitativa).
• Organización de bases documentais e datos comúns.
• Manexo e interpretación de distintos documentos.
• Seguimento e avaliación de actividades.
• Deseño de proxectos / campañas.
Dependendo do tipo de competencias a aplicar, o alumnado ten a súa disposición a bibliografía de referencia en cada unha das materias cursadas.
Competencias
-Xestionar material documental.
-Coñecer os procedementos máis cotiáns da xestión das organizacións
-Identificar e transmitir ideas, problemas e solucións.
-Analizar oentorno das organizacións
-Analizar problemas de xestión
-Planificar e organizar o traballo
-Elaborar e expoñer informes.
-Deseñar traballos de investigación / consultoría
-Aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas.
-Sistematizar, ordear e análise de datos.
-Comunicar con fluidez oralmente e por escrito.
-Utilizar ferramentas informáticas e tecnoloxías da comunicación.
-Presentar e expoñer traballos de orientación profesional.
-Aplicar os coñecementos na práctica.
Resultados
- Familiarización co funcionamiento de administracións públicas, institucións, partidos políticos, empresas ou organizacións non gubernamentais.
- Colaboración en tarefas administrativas relacionadas cos principais procesos organizativos.
- Asistencia no desenvolvemento da función de recursos humanos, xestión de asuntos económicos e infraestructurais.
- Asistencia en tarefas de comunicación interna e externa.
- Elaboración de informes.
- Análise de datos (cualitativa e cuantitativa).
- Organización, manexo de bases documentais e interpretación de documentos.
- Seguimento e avaliación de actividades.
- Deseño de proxectos e campañas.
Iniciado o curso, durante o mes de setembro, a Facultade fai unha convocatoria pública que recolle as prazas ofertadas polas entidades colaboradoras, así como os períodos de dedicación (primeiro / segundo semestre).
Durante esa convocatoria o alumnado matriculado nas prácticas debe solicitar a/as praza/s que máis lle interesen.
Finalizado o período de matrícula, en sesión pública e por orde de nota (expediente académico), se conceden as prazas e se asignan titores/as tanto na entidade de destino como na Facultade. A función dos titores internos (profesorado con docencia no Grado) e externos (entidade de destino) é supervisar o desenvolvemento das actividades durante o período de prácticas.
A avaliación das prácticas corresponde a cada titor académico. O titor avaliará os seguintes elementos:
- Informe do titor interno: valórase o progreso do alumno durante o período de prácticas, así como a súa participación na formación complementaria.
- Informe do titor externo: valórase o desempeño do alumno durante a realización das prácticas, así como o seu sentido da responsabilidade e compromiso.
- Informe do alumno/a: valórase a descrición da experiencia realizada durante a estadía tendo en conta: a natureza das actividades (tarefas -principais e complementarias) desenvolvidas; a aplicación de coñecementos e habilidades adquiridos durante a titulación; ou desempeño (planificación; calidade do traballo feito); a actitude(esforzo; sentido da responsabilidade e compromiso) mantido polo/a alumno/a; de ser ou caso, as incidencias presentadas (dificultades / problemas detectados).
- Memoria (final) de prácticas: valóranse as tarefas (principais e complementarias) desempeñadas polo alumno na entidade colaboradora, a súa planificación, a aplicación de coñecementos e habilidades adquiridos durante a titulación e as competencias adquiridas durante o período de prácticas. Adicionalmente, valórase a estrutura e calidade expositiva das memorias.
- Cumprimento das horas de formación complementaria esixida: o titor interno verificará as horas cumpridas e as valorará sobre 2 puntos.
En suma, as horas de prácticas externas avalíanse sobre 8 puntos e a formación complementaria sobre 2 puntos.
O alumno/a que incumpra o prazo de entrega da documentación requerida para a avaliación das prácticas non será puntuado nesta materia por riba de 8 puntos (nota máxima total).
De acordo co plan de estudos, a distribución do esforzo da dedicación do alumnado é a seguinte:
Titorías internas: 5 horas
Titorías externas: 5 horas
Sesións interactivas (formación complementaria de reforzo de habilidades): 24h docentes + 16h de traballo individual
Traballo do alumno: 550 horas
Elaboración da memoria final: 100 horas
Ler atentamente as convocatorias que se publiquen (de prácticas e de formación complementaria ás prácticas) e seguir responsablemente as indicacións dos titores externos e internos.