Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Coñecer os fundamentos básicos da economía.
• Aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
• Acadar unha comprensión global das interaccións entre economía e política.
• Entender as interaccións entre os axentes económicos.
• Comprender o funcionamiento dos sistemas económicos, dos procesos produtivos e dos procesos de distribución da renda e riqueza xerada no mesmo.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.
BLOQUE FORMATIVO.
A materia en cuestión (ECONOMIA POLÍTICA I: Metodoloxía e mercados), é unha asignatura de formación básica conducente á consecución do título de Grao en Ciencia Política e da Administración na que se analiza o sistema económico, o comportamento dos axentes e a organización dos mercados.
ECONOMÍA POLÍTICA I DENTRO DAS ASIGNATURAS DA ÁREA.
A asignatura Economía Política I: Metodoloxía e mercados, constitúe a introducción ó estudo das asignaturas da área de Economía Política e Facenda Pública, presentando a metodoloxía económica e as interaccións que determinan o comportantmento dos axentes nos mercados económicos.
Esta asignatura constitúe o punto de arranque do estudo das asignaturas centradas na formación económica no título de Grao:
• Economía Política II: Intervención pública na economía. (obrigatoria, primaria, 2º curso, 1º semestre)
• Facenda Pública. (obrigatoria, 2º curso, 2º cuadrimestre)
• Elección Pública. (optativa, 3º curso, 2º cuadrimestre).
ECONOMÍA POLÍTICA I DENTRO DO GRAO EN CIENCIA POLÍTICA E DA ADMINISTRACIÓN.
Economía Política I: Metodoloxía e mercados, é a asignatura inicial do bloque das ensinanzas troncais da materia económica, presentando un dobre interese no proceso formativo e para o futuro exercicio profesional:
• Dende un punto de vista formativo o estudo da metodoloxía económica, dos alicerces do sistema económico, e do funcionamento do mercado resulta esencial en calquera grao das ciencias sociais, tanto pola incidencia da economía nas institucións políticas como pola da política nas institucións económicas. Esta aprendizaxe proporciona coñecementos e capacidades precisas para o desenvolvemento posterior da súa formación, tanto na metodoloxía empregada como en habilidades que constitúen os fundamentos necesarios para asignaturas posteriores máis especializadas, de ahí a súa incorporación no primeiro semestre dos estudos do grao.
• De cara ao posterior exercicio profesional, os coñecementos adquiridos nesta materia, así como nas asignaturas posteriores da área económica, resultarán imprescindibles para os graduados.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Profundizar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Comprensión de textos económicos.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos dos debates de actualidade.
• Comprensión dos efectos das eleccións adoptadas na economía.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos no ámbito económico.
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para empregalos nun informe de carácter económico.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
Delimitación conceptual da Economía Política.
Método na Ciencia Económica.
Elementos básicos do razoamento económico.
Formas de organización económica.
Introducción á historia do pensamento económico.
Mercados de bens e servizos.
Prezos e Mercados.
Elasticidade da demanda e da oferta.
Teoría do consumidor.
Teoría da empresa.
Teoría da produción e dos custos.
Tipoloxía de mercados.
Mercados de competencia perfecta.
Mercados sen competencia perfecta.
Mercados e risco.
Teoría da distribución.
Rendas e mercados.
Factores produtivos e a súa rendibilidade.
Aspectos normativos da distribución.
Polos problemas derivados do emprego na aprendizaxe de notas tomadas durante as explicacións presenciais deste programa, para unha mellor comprensión e para facilitar o estudio da asignatura, resulta case imprescindible que cada alumno teña á súa disposición algún dos manuais de referencia. A oferta de manuais existente no mercado sobre a materia de Economía Política é moi ampla, sendo doado adaptarse tanto ás necesidades científicas como ás necesidades económicas dos alumnos.
Entre os distintos manuais existentes podemos destacar:
BEGG, D.; FISCHER, S. e DORNBUSCH, R. (2006): Economía, McGraw-Hill, Madrid, 8ª edición.
BRICKLEY, J. A.; SMITH, C. W. e ZIMMERMAN, J. L. (2005): Economía empresarial y arquitectura de la organización, McGraw-Hill, Madrid, 1ª edición.
CABRILLO, F., ALBERT R., e BIAZZI, R. (2011): Eco. Principios de Economía y Hacienda, Civitas-Thomson Reuters, Madrid.
GARCÍA CASTELLVÍ, A. (coord.) (2011):, Contabilidad Financiera, Ariel, Barcelona, 2ª edición.
KRUGMAN, P., WELLS, R., e GRADDY, K. (2015): Fundamentos de economía, Editorial Reverté, Barcelona, 3ª edición.
MANKIW, G. (2012): Principios de economía, Ediciones Paraninfo, Madrid, 6ª edición.
MANKIW, G. e TAYLOR (2017): Economía, Ediciones Paraninfo, Madrid, 6ª edición.
MOCHON MORCILLO, F. (2010): Principios de Economía, McGraw-Hill, Madrid, 4ª edición.
PARKIN, M (2014): Economía, Addison-Wesley, México, 11ª edición.
SAMUELSON, P. A. e NORDHAUS, W. D. (2019), Economía, McGraw-Hill, Madrid, 19ª edición.
TORRES LÓPEZ, J. (2011): Economía política, Ediciones Pirámide, Madrid, 3ª ed. 7ª imp.
Outra bibliografía específica complementaria dos distintos epígrafes do programa será proporcionada durante as clases polo profesor.
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Coñecer os fundamentos básicos da economía.
• Aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
• Acadar unha comprensión global das interaccións entre economía e política.
• Entender as interaccións entre os axentes económicos.
• Comprender o funcionamiento dos sistemas económicos, dos procesos produtivos e dos procesos de distribución da renda e riqueza xerada no mesmo.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Profundizar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Comprensión de textos económicos.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos dos debates de actualidade.
• Comprensión dos efectos das eleccións adoptadas na economía.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos no ámbito económico.
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para empregalos nun informe de carácter económico.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
A docencia da materia organízase en catro partes:
1) Clase expositiva: concentran a aprendizaxe teórica e realízanse nun único grupo de docencia. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na asignatura, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio. Ó longo da clase se intercalan aspectos prácticos nos que se presentarán situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise mediante o emprego de estatísticas, datos, gráficos, artigos de xornais e revistas, ou páxinas de internet. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comproba-lo seu grado de seguemento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
2) Seminarios (clase interactiva): teñen como obxectivo profundizar nalgún aspecto de interese do temario da asignatura. Os estudantes se dividen en grupos de non máis de 50 alumnos, co fin de fomentar a participación e a comprensión dos asuntos analizados. Na elección dos temas a desenvolver primaranse os de máis actualidade dentro do programa. Utilizarase material complementario para que realicen a súa análise. Terán a obriga de realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
3) Titorias en grupos reducidos: nas mesmas realizarase un seguemento individualizado do seguemento e comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán as dúbidas que os alumnos tiveran sobre os contidos explicados na asignatura. Os estudantes dividiranse en grupos máis reducidos (máximo de 5 alumnos), co fin de acadar un maior coñecemento do traballo que veñan realizando. A súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da asignatura: ó longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento complementario que considere de interese para o desenvolvemento do curso.
A asistencia ás clases é altamente recomendable para facilitar a aprendizaxe do estudantado reducindo os custos que implica, por tratarse dunha materia que non require tanto a súa memorización (chapar) como a súa comprensión (entender).
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da materia, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e alumnado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados polo profesor.
Recoméndase revisar os materiais dispoñibles na aula virtual de forma regular, e realizar os exercicios en tempo e forma por parte do alumnado, en canto non poderá asistir ás aulas físicamente.
CONSIDERACIONS XERAIS SOBRE A AVALIACION
A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
• A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
• Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
• Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS XERAIS DE AVALIACION.
Aspectos a valorar Criterios Instrumento
1) Asistencia Realización das actividades presenciais. Partes de sinaturas.
2) Participación Participación activa na clase. Participación activa no seminario. Observación e notas do profesor
3) Traballos Estrutura. Bibliografía empregada. Orixinalidade. Presentación Traballos entregados
4) Aprendizaxe Coñecementos teóricos. Aplicación de coñecementos Exame final
5) Outras Pertinencia e calidade. Criterios ad hoc.
A ponderación de cada item, así como calquera outro condicionante ou requisito para acadar unha avaliación favorable será comunicada polo profesorado responsable de cada grupo na guia docente, que estará dispoñible a principio de curso.
A proba final será presencial, cos requisitos fixados en cada caso polos reponsables universitarios.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Aqueles alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% pola súa nota de exame.
ATRIBUCION DE CREDITOS ECTS
Dacordo coas actividades programadas o reparto recomendado das horas de traballo para cada unha delas é o seguinte:
ECONOMÍA POLÍTICA I
6 CRÉDITOS (x25) 150 horas
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS. HORAS TRABALLO TOTAL ALUMNO
Clases presenciais 30 30
Estudo personalizado 70 70
Seminarios 10 10
Realización traballos 20 20
Titorías en grupo 2 2
Lecturas libro / materiais 10 10
Outras actividades 6 6
Exame 1 1
Revisión exame 1 1
44 106 150
Ademais da asistencia e participación nas aulas, a asignatura require un esforzo adicional por parte dos alumnos, para revisar conceptos e autoavaliar o seu grado de coñecemento. Por suposto, o número de horas de traballo (non presenciais) resulta meramente orientativo, xa que cada alumno poderá avanzar a un ritmo diferente, así como dividir o seu traballo como estime oportuno para optimizar o seu esforzo.
En especial os alumnos que non asistan a clase deberán realizar un esforzo moi superior para a aprendizaxe dos conceptos, técnicas e instrumentos propios da asignatura, e, de acordo cos criterios fixados na avaliación, estará aceptando unha menor cualificación de partida, polo que resulta moi pouco recomendable.
Total volume de traballo en horas: con asistencia a clase: 150 horas.
PREREQUISITOS RECOMENDADOS.
No plan de estudos non se establecen prerequisitos legais para a matrícula.
O grado de competencia /destrezas / habilidades necesario para superar esta asignatura debe presupoñerse para calquera alumno que está cursando estudios universitarios.
Requírese capacidade lóxica de razonamento, comprensión léxica e un nivel elemental de matemáticas que debe ter calquera alumno con estudios.
Resulta recomendable o interese pola actualidade (lectura de prensa, seguemento por radio e TV) en canto moitos exemplos e problemas que se presentarán na asignatura serán obtivos da mesma, polo que o coñecemento polo alumno permite unha mellor comprensión dos aspectos presentados.
Actividade a desenvolver polo alumnado.
O longo do seu proceso formativo deberá:
• Asistir a clase, no caso de existir aulas presenciais, e cos requisitos sanitarios e de seguridade fixados polos protocolos vixentes. Lémbrase especialmente a necesidade no cumprimento das medidas de autoprotección.
• Manter ó día o estudo da materia e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Revisar regularmente o disposto na Aula Virtual da materia.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase, ou na aula virtual.
• Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presencialmente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (a través da aula virtual).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese.
OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS:
Será comunicado por cada profesor na súa guia docente a organización das titorías para o estudantado.
Ao longo do curso o profesor poderá subministrar outros materiais complementarios máis específicos.
Ó longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á súa disposición o material complementario que o profesor estime oportuno, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814669
- Correo electrónico
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Gonzalez Lopez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0.1 |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.1 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 0.1 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
15:00-16:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |