Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
A materia ten como obxectivo que os alumnos adquiran un coñecemento, o máis amplo posible, sobre o ordenamento financiero e a estrutura dos ingresos públicos en España. Unha vez repasados os antecedentes históricos e os principios xerais dos ingresos públicos, avanzarase no coñecemento dos aspectos fundamentais dos principais tributos que gravan a realización de actividades económicas, con especial referencia nesta introducción á fiscalidade empresaria e á súa imposición directa.
En especial, os seguinters obxectivos:
- Estudo e coñecemento dos ingresos públicos. Especial referencia aos ingresos tributarios e os procedementos de aplicación destes.
- Estudo das obrigas tributarias asociadas á realización de actividades económicas, centrándonos na imposición directa
- Coñecemento dos tributos aplicados polas diferentes administracións españolas en relación coas actividades económicas
- Coñecer a forma de aplicar a lexislación fiscal na práctica tributaria.
1.- Principios e criterios de tributación internacional.
2.- Dobre Imposición. Mecanismos para eliminala. Convenios para evitar a Dobre Imposición.
3.- Imposto sobre a Renda de non Residentes.
4.- Institucións de Investimento Colectivo.
5.- Réximes especiais no Imposto de Sociedades: Transparencia Fiscal Internacional e Entidades de Tenencia de Valores Estranxeiros, Fusiones, escisións, achegas de activos, troco de valores e cambio de domicilio fiscal.
- ALBI IBÁÑEZ, E. et al., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición.
- DOMÍNGUEZ BARRERO, F. (2015): Introducción a la planificación fiscal. Zaragoza. Prensas de la Universidad, Universidad de Zaragoza.
- DOMÍNGUEZ BARRERO, F. (2015): Planificación fiscal en la empresa. Zaragoza. Prensas de la Universidad, Universidad de Zaragoza.
- DOMINGUEZ MARTÍNEZ, J.M. (dir.) (2013): La tributación de las operaciones financieras. Marco tributario, planificación fiscal y caos prácticas. Valencia. CISS, Wolters Kluwer.
- Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
- PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Tomson Civitas, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad. Madrid. Tecnos
- Serrano Gutierrez, A. (2015): Planificación Fiscal en el Impuesto sobre Sociedades.Madrid Francis Lefebvre.
- Vázquez Taín, Miguel. A. (2017): Fiscalidad de no Residentes. Impuesto sobre la Renta de Residentes. Valencia. Tirant lo Blanch
Ao longo do curso facilitarase bibliografía complementaria.
Códigos
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
BÁSICAS
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG3 Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
TRANSVERSAIS
CT1 Análise e síntese.
CT4 Xestión da información.
CT6 Resolución de problemas.
CT9 Autonomía na aprendizaxe.
CT10 Traballo en equipo
CT13 Sentido ético.
ESPECÍFICAS
A3 A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
B7 Sistemas de apoio á dirección e as funcións dos mesmos: planificación, análise, deseño e implantación dos sistemas de información.
D4 Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
D8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Para o desenvolvemento do programa da materia conxúgase o método didáctico da clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumnado.
Tra-las exposición teóricas plantéxanse diferentes exercicios, algúns dos cais se realizarán con soporte informático no que se pretende conxugar o uso do software co teórico, sen perderse en automatismos.
O alumnado ha de manexar a aplicación da aula virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os test de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
O peso relativo das probas de avaliación continua será dun 40% mentres a proba final ponderará un 60% sobre a nota final. En calquera caso, para obter o aprobado o alumnado debera realizar tanto unha porcentaxe relevante da avaliación continua como o exame final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA______________________________________Horas
Clases de pizarra en grupo grande______________________________________20
Clases de pizarra en grupo reducido_________________________________ ___10
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________5
Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio_______________________5
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas_______________________ 5
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ _45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO____________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo__________________ ____________50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________7,5
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio____5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar_________________5
Total horas traballo persoal do alumno_________________________________67,5
É esencial o manexo da lexislación tributaria. Os alumnos deben aprender a manexar as leies dos impostos estudiados nesta materia e entender as súas disposicións.
Santiago Lago Peñas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade