Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Tras o estudo desta disciplina o alumno debe ser capaz de coñecer e comprender:
O entorno do investimento financeiro e os seus fundamentos. A determinación de carteiras eficientes e técnicas para o cálculo da Fronteira Eficiente. A estrutura de correlación do desempeño de activos: Modelo de Índice Único e Modelos Multi Índices. A análise da utilidade no investimento financeiro. Modelos de equilibrio e Eficiencia no Mercado de Capitais, O Capital Asset Pricing Model e Arbitrage Pricing Theory. Eficiencia no mercado de capitais, Asignación de activos. Medición e avaliación da performance e Investimento financeiro internacional.
PARTE I. ANÁLISE E SELECCIÓN DE CARTEIRAS
Entorno e fundamentos do Investimento Financiero
Determinación de carteiras eficientes. Técnicas para o seu cálculo.
Estructura de correlación do rendemento dos activos
PARTE II. MODELOS DE EQUILIBRIO E EFICIENCIA NO MERCADO DE CAPITAIS
Eficiencia nos mercados de capitais. Análise Técnica e Fundamental.
Modelos de valoración de activos financeiros: Capital Asset Pricing Model (C.A.P.M.) e Arbitrage Pricing Theory (A.P.T.)
PARTE III. ASIGNACIÓN DE ACTIVOS E AVALIACIÓN DO PROCESO DE INVERSIÓN
Asignación de activos e valoración da performance
Inversión financeira internacional
Aplicacións prácticas: Deseño de carteiras de inversión axustadas ao tipo de inversor. Particularidades da Xestión de Carteiras na Empresa Familiar.
BÁSICA:
ELTON, E. J., GRUBER, M. J., BROWN, S.J. E GOETZMANN, W.N. (2014): Modern Portfolio Theory and Investment Analysis, ed. Wiley Custom, Inc., 9ª Edición, New York.
BODIE, Z., KANE, A. E MARCUS, A. J. (2004): Principios de Inversiones, McGraw-Hill, 5ª Edición, Madrid.
COMPLEMENTARIA:
CUTHBERTSON, K. E NITZSCHE, D. (2008): Investments, 2ª edición, Wiley, Chichester.
ELTON, E. et.al. 2007 The investment portfolio user's manual, John Wiley & Sons Limited
FABOZZI, F. J., MARKOWITZ, H. M. E KOSTOVESTSKY, L. (2011): The Theory and Practice of Investment Management Workbook, 2ª edición, Wiley Finance, New Yersey.
FAMA, E.F. (2021) The Fama Portfolio, University of Chicago Press
GITMAN, L. J. E JOEHNK, M. D. (2009): Fundamentos de Inversiones, 10ª edición, México.
GÓMEZ-BEZARES, F., MADARIAGA, J.A. E SANTIBAÑEZ, J. (2016): Gestión de Carteras. Eficiencia, Teoría de Cartera, CAPM, APT. Editorial Desclée de Brouwer, Bilbao.
JONES, C. (2007): Investments, 10ª edición, Wiley, Hoboken.
GARCÍA PARAMÉS, F. (2016) Invirtiendo a largo plazo. Mi experiencia como inversor. 4ª edición. Deusto. Grupo Planeta.
ROWLAND, C.; LAWSON, J.M. E RICO, A.R. (2020): La cartera permanente. Colección Baelo.
SHARPE, W.F. (2007): Investors and Markets, Princeton University Press, Princeton and Oxford, New Jersey.
VILLALBA, D. (2016): Teoría y práctica de la gestión de carteras, Colección Estudios e investigación, BME Bolsas y Mercados Españoles, Madrid.
PRÁCTICA:
LÓPEZ PENABAD, M.C., REDONDO LÓPEZ, J.A. E RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2009): La Práctica de las Inversiones Financieras, Andavira editora, Santiago de Compostela.
Consulta disponibilidad en el catálogo BUSC: http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/rInvestimentos+Financeiros/rinvest…
Básicas e Xerais
CB1 - Que os estudantes demostraran poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamen algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicalos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desarroiado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Poseer e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluindo as suas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións mais avanzadas e inclue algúns dos aspectos mais relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5 - Poseer os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, con un alto grado de autonomía.
Transversais
CT1 - Análise e síntese
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT9 - Autonomía no aprendizaxe
Específicas
B4 - Selección de proxectos de inversión, modelos de carteira, estructura de financiación en canto a medios e políticas, coste del capital e combinación risco-rendemento.
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
Asignatura optativa de 4,5 ECTS, distribuída en 18 horas de clases expositivas e 18 de clases interactivas.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxectivo introducir e explicar os aspectos básicos de cada tema, proporcionándolle ao alumno a información adicional necesaria que permita o bo desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
As prácticas están dirixidas a resolver casos nos que o estudante ten que afrontar a toma de decisións sobre inversións. As prácticas adoptan varias modalidades e para a maior parte requiren o manexo da folla de cálculo, tendo lugar na aula de informática. As titorías serán principalmente presenciais.
A aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenvolvemento da docencia e o seguimento da materia, a través da páxina do curso que ofrece a programación periódica de clases e material e apoio correspondente.
O sistema de avaliación será continuo e constará de dous elementos. Un exame teórico-práctico que suporá o 50% da nota final, e o 50% restante, corresponderá a actividades programadas, finalización do traballo e casos propostos durante o curso. O exame requirirá un mínimo de 2 puntos (dos 5 que representa na nota final) para aprobar o curso e sumarse coa nota da avaliación continua. O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias e estudantes repetidores.
Os estudantes exentos de asistencia por dispensa realizarán o exame na data oficial, optando polo 100% da nota.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e o xeito no que se controlarán indicaranse na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comezo do curso.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación da competencia
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT6, CT7, CT9, D9, D10
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1 ·, CG5, CT6, CT9, B4
Total horas traballo presencial na aula 45
Total horas traballo persoal do alumno 67.5
Maria Celia Lopez Penabad
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811626
- Correo electrónico
- celia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade