Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A partir dos coñecementos básicos que o alumnado recibiu ao cursar a materia de Econometría I no primeiro cuadrimestre de terceiro, neste curso afóndase nos métodos econométricos fundamentais para o que, en primeiro lugar, enlázase cos coñecementos adquiridos no curso anterior a través dos problemas que xorden a raíz do incumprimento dalgunha das hipóteses de partida. A partir desta visión global, abórdase o estudo de problemáticas particulares relacionadas coa análise da realidade empresarial, o que permite ao alumno e alumna adquirir unha visión máis ampla das posibilidades da materia, para poder así interpretar traballos econométricos de dificultade media, e adquirir os coñecementos necesarios para afrontar temas econométricos máis avanzados.
Tema 1. Incumprimento das hipóteses do modelo clásico.
Tema 2. O modelo de regresión linear xeneralizado: hipóteses , propiedades dos estimadores, inferencia e predición.
Tema 3. Modelos dinámicos uniecuacionais. Modelos de series de tempo. Cointegración, causalidad e interdependencia: Introdución.
Tema 4. Microeconometría e decisión.
Tema 5. Emprego de aplicacións informáticas (de carácter transversal).
BÁSICA:
Greene, W. (2001): Análisis Econométrico. Madrid: Pearson Education.
Guisán, M.C. (1197): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
Johnston, J. (1989): Métodos de Econometría. Barcelona: Vicens-Vives.
Wooldridge, J. M. (2006): Introducción a la Econometría: Un enfoque moderno. Madrid:Paraninfo Thomson Learning.
COMPLEMENTARIA:
Brooks, C. (2002): Introductory econometrics for finance. Cambridge: Cambridge University Press
Cabrer, B; Sancho, A; Serrano, G. (2001): Microeconometría y decisión. Madrid: Pirámide.
Gujarati, D. (1997): Econometría. Bogotá: McGraw-Hill.
Otero, J. M. (1993): Econometría. Series temporales y predicción. Madrid: AC.
Uriel, E. e Peiró, A. (2000): Introducción al análisis de series temporales. Madrid: AC.
Hill, R. C.; Griffiths, W. E.; Lim, G. C. (2008): Principles of Econometrics. Hoboken: Wiley & Sons Inc.
Alonso, A.; Fernández; J.; Gallástegui, I (2005): Econometría. Madrid: Pearson E
Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
Pulido, A; Pérez; J. (2001): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
Stock, J.H; Watson, M.M.(2012): Introducción a la Econometría. Madrid: Pearson E.
Studenmund, A.H. (2006):Using Econometrics: A Practical Guide. Pearson E.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese encontrar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
C4 - Elementos básicos de modelos econométricos e predición
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT5 - Coñecementos da tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudio.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe
CT10 - Traballo en equipo
Ao ser unha materia eminentemente aplicada á problemática económica, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumnado.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos fundamentais de cada tema, proporcionándolle os recursos adicionais necesarios que lle permitan un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases en grupos reducidos impártense na aula de informática. Estas clases prácticas, nas que se utiliza o ordenador, están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos e se familiarice coas novas ferramentas informáticas e coa resolución de problemas concretos no ámbito da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementarse (se así se recolle na correspondente guía docente) con traballos concretos que os alumnos e alumnas deberán realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretende contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudos referentes á realidade económica máis actual.
O sistema principal é o de avaliación continua, de xeito que:
- O alumnado obterá unha parte da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados.... A valoración detallada destas actividades así como o peso que terá na puntuación final (en todo caso entre un 30% e un 40%) establecerase na correspondente guía docente da materia do curso 2024-2025.
- O resto da puntuación obterase a través dun exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumnado.
- O sistema de avaliación na oportunidade ordinaria é o mesmo que na oportunidade extraordinaria de recuperación.
- A avaliación continua é incompatible coa realización do exame final sobre o 100% da nota.
De acordo coa Normativa de permanencia na USC para o Grao e Masters (Art. 5.2) a mera asistencia e / ou participación en calquera das actividades suxeitas a evaluación significará que a calificación final do estudante é distinta de NON PRESENTADO
Os alumnos e alumnas que xa foran avaliados na materia nalgún curso anterior poderán optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota. Esta opción, ao ter a consideración de excepcional, deberá ser comunicada ao profesorado da materia no prazo e forma que se indicará ao comezo do curso.
O alumnado con dispensa de asistencia á clase será avaliado mediante un exame final específico, que se valorará co 100% da nota, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT5, CT9, CT10, D6, D8.
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, C4, D7.
Como a carga total de cada crédito se estima en 25 horas totais para o alumnado, o tempo de estudo e traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
Debería ter superada a materia Econometría I desta titulación e adquirida axilidade no uso de aplicacións informáticas específicas.
Para impartir a docencia faise uso do curso virtual e dos programas informáticos Eviews e Gretl. A lingua prioritaria na que se imparte a docencia é o castelán en dous grupos e o galego noutro.
Para o caso de plaxio e/ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas infórmase o seguinte: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Teresa Cancelo Marquez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811642
- Correo electrónico
- maite.cancelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Lopez Andion
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811641
- Correo electrónico
- carmen.lopez.andion [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Emilia Vazquez Rozas
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811524
- Correo electrónico
- emilia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Iglesias Casal
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811546
- Correo electrónico
- ana.iglesias.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eva Maria Aguayo Lorenzo
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- eva.aguayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 28 |
15:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Mércores | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Venres | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 28 |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula C |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula C |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
14.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |