Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é proporcionar aos alumnos os conceptos e principios da matemática financeira básica e relacionalos co estudo e análise financeira dos diversos produtos e operacións que existen actualmente no mercado. Tras o estudo desta disciplina, o alumno deberá ser capaz de:
• Xestionar as leis financeiras convencionalmente utilizadas nas transaccións financeiras.
• Comprender e avaliar as principais operacións financeiras que teñen lugar no curto, medio e longo prazo.
• Comprender e interpretar os parámetros dunha renda.
• Comprender e interpretar os parámetros dun préstamo
• Realizar táboas de amortización de préstamos segundo diferentes sistemas de amortización e entender as relación entre as súas variábeis.
• Comprender aoperativa das principais operacións de constitución de capitais.
• Coñecer, dende unha perspectiva matemática e financeira, os conceptos de VAN e TIR.
• Expresar problemas financeiros manexando vocabulario específico.
TEMA 1. FUNDAMENTOS DA MATEMÁTICA FINANCEIRA
1.1. Introdución.
1.2. Capital financeiro: postulados.
1.3. Operación financeira.
1.4. Capitais equivalentes. Operacións e leis de capitalización e de desconto.
1.5. Tantos equivalentes.
1.6. Unificación de capitais: suma financeira, vencemento común e medio.
1.7. Equivalencia financeira.
1.8. Reserva financeira dunha operación.
1.9. Exercicios e aplicacións prácticas
TEMA 2. VALORACIÓN FINANCEIRA DAS RENDAS.
2.1. Introdución
2.2. Definición e elementos dunha renda.
2.3. Clasificación das rendas.
2.4. Valoración de rendas:
2.4.1. Valoración de rendas constantes.
2.4.2. Valoración de rendas variables en progresión xeométrica e aritmética.
2.4.3. Valoración de outras rendas: VAN e TIR.
2.5. Exercicios e aplicacións prácticas.
TEMA 3. AMORTIZACIÓN DE PRÉSTAMOS
3.1. Introdución.
3.2. Desenvolvemento xeral do préstamo.
3.3. Modalidades de amortización de préstamos.
3.4. Préstamos con carencia.
3.5. Exercicios e aplicacións prácticas
APARICIO ROZAS, A., IBARRA ALFARAZ, J.A., MONROBEL ALCANTARA, J.R. (2017): Cálculo financiero. Teoría y ejercicios, 3ª edición revisada. Ediciones Paraninfo S.A.
BAQUERO, M.J., MAESTRO, M.L. (2003): Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras, Thomson.
BROWN, R.L., KOPP, S. e ZIMA, P. (2011): Mathematics of Finance, 7th Edición, McGraw-Hill.
FEDERER VAALER, l.J. e DANIEL, J.W. (2009): Mathematical Interest Theory, Mathematical Association of America, 2ª edición
GONZÁLEZ VELASCO, Mª del Carmen (2001): Análisis de las operaciones financieras: 150 supuestos resueltos, Civitas.
DE LA FUENTE SANCHEZ, D., HERNÁNDEZ SOLÍS, M. (2015): Ejercicios de Matemática Financiera, Editorial Universitaria Ramón Areces.
LÓPEZ CORRALES, F., MAREQUE ÁLVAREZ-SANTULLANO, M., ANIDO CRESPO, M. (2018) Matemáticas financieras básicas, 2ª edición, Garceta Grupo editorial.
MINER ARANZÁBAL, J. (2003): Curso de Matemática Financiera, McGraw-Hill.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las operaciones financieras. Pirámide.
NAVARRO, E. e NAVE, J.M. (2001): Fundamentos de matemáticas financieras, Antoni Bosch.
SUÁREZ, J.L. (2001): Análisis de las operaciones financieras, Civitas.
TOVAR JIMÉNEZ, J. (2020): Operaciones financieras. Teoría y problemas resueltos, Centro de Estudios Financieros, Madrid.
VILLALOBOS, J. L. (2001): Matemáticas financieras, 2ª edición, Prentice Hall.
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. e outros (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras, Tórculo, Santiago.
Consulta a dispoñibilidade da bibliografía no catálogo da BUSC:
http://iacobus.usc.es/search*gag/r?SEARCH=An%C3%A1lise+das+Operaci%C3%B…
Básicas e Xerais
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicalos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenrolado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións mais avanzadas e inclúe algúns dos aspectos mais relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, con un alto grado de autonomía.
Transversais
CT1 - Análise e síntese.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT18 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT21 - Xestión de proxectos
Específicas
C1 - Elementos básicos de álxebra lineal, cálculo diferencial e integral, optimización matemática e matemáticas das operacións financeiras.
C3 - Elementos básicos de matemáticas das operacións financeiras.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
D11 - Comunicarse con fluidez no seu entorno e traballar en equipo.
Ao tratarse da primeira materia de finanzas que se cursa na titulación, Análise das Operacións Financeiras introduce ao alumnado no manexo teórico-práctico de conceptos financeiros e é especialmente importante que este perciba a aplicabilidade dos seus contidos. En particular, no curto e medio prazo a materia debe dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para cursar materias relacionadas co ámbito financeiro en cursos posteriores, e, no longo prazo, debe dotar aos futuros profesionais das ferramentas e coñecementos necesarios para a toma de decisións financeiras básicas, tanto para as empresas como para outras institucións e, incluso, para as economías domésticas.
Por elo, as sesións adicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido do programa, proporcionando a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
As prácticas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Estas consistirán na resolución de exercicios e casos, e nas horas de traballo autónomo do alumno, que están encamiñados a enfrontar ao alumno á toma de decisións.
As sesións adicadas a clases expositivas desenvolveranse na aula asignada e as sesións prácticas poden ser tanto na aula habitual como nas salas de informática mediante o manexo da folla de cálculo. As titorías serán prioritariamente presenciais.
A Aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenrolo da docencia e seguimento da materia. A través da páxina do curso ofrecerase a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
Para avaliar correctamente as competencias que os alumnos deben adquirir teranse en conta os resultados obtidos nun exame final teórico-práctico e a avaliación continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa, nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, cuestionarios, etc., propostos durante todo o curso. Polo tanto, o sistema de avaliación inclúe dous elementos:
1. Exame final teórico-práctico dos temas incluídos no programa da materia, cunha ponderación do 70% da cualificación final. Trátase dunha proba composta por unha parte de cuestións tipo test teórico-prácticas e outra parte, un ou varios exercicios prácticos. Requerirase no exame un mínimo de 3,5 puntos sobre 7 para poder superar a materia
2. Avaliación continua. A súa ponderación é o 30% da nota final. Entre as actividades avaliadas inclúense a participación na clase, resolución de exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, a realización de traballos e probas, titorías e asistencia ás aulas, etc. Todas estas actividades previamente anunciadas na aula.
Calquera estudante pode facer o exame final, teña ou non realizadas as actividades propostas na avaliación continua. No caso de non realizar as tarefas de avaliación continua a súa puntuación será exclusivamente a procedente do exame final optando a un 70% da nota.
O sistema de avaliación dos alumnos será independente da súa condición de repetidor ou non, e da convocatoria á que se presente. Aqueles estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
As competencias avaliadas son as seguintes:
Mediante exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG4, CG5, C1, C3, D6, D8, D10, D11
Mediante avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT18, CT21
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo del curso, a súa ponderación, e como se vai a facer o seu seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Horas presenciais:48
Titorías de grupo: 3
Horas non presenciais:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 45
Preparación das prácticas: lectura de casos, textos e artigos, escritura de conclusións e traballos: 34
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10
Total volume de traballo: 150 horas
O manexo de follas de cálculo é recomendable para a resolución de moitos dos exercicios que se traballan no aula.
Maria Celia Lopez Penabad
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811626
- Correo electrónico
- celia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Esther Querentes Hermida
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- raquel.querentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martiño Castiñeira Carracedo
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- martino.castineira.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 22 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 22 |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5a | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5b | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5b | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula B |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5a | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5a | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5b | Aula A |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1a | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5a | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1b | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5b | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
24.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |