Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Conceptualización visual previa dunha producción audiovisual, determinación da súa identidade estética en relación co discurso xeral da obra, a trama a a psicoloxía e caracterización dos personaxes.
2.Estudo e aplicación dos elementos de deseño cinematográfico, vestiario e ambientación que conforman ol universo estético e dramático dunha obra audiovisual.
3.Estudo da dirección artística na historia do cine.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O espazo fílmico. Concepto visual e construción escénica
1.1 Definición conceptual e adecuación ao proxecto visual e escénico
1.2 A posta en escena na vertebración do proxecto audiovisual
1.3 O Espazo fílmico. Tratamento espacial e mobilidade da imaxe
TEMA 2. A dirección de arte na produción audiovisual
2.1 Concepto e funcións da dirección artística
2.2 Xerarquía de organización e áreas de traballo
2.3 Os profesionais da dirección artística
TEMA 3. Composición e plasticidade na construción escenográfica
3.1 Elementos conformantes dunha composición armónica
3.2 Cores e texturas no deseño de espazos
3.3 A percepción das cores en relación cos decorados e o vestiario
TEMA 4. Escenografía cinematográfica
4.1 Tipoloxía espacial construtiva
4.2 Arquitecturas efémeras. Adaptación e reutilización
4.3 O traballo de localización. Aspectos prácticos
TEMA 5. Ferramentas de deseño escenográfico
5.1 A construción de decorados. Tipoloxía e funcións
5.2 Elementos auxiliares: maquetas, forillos, cicloramas, espazos virtuais
5.3 Storyboards. Do guión á planificación escénica
TEMA 6. Deseño de vestiario e maquillaxe
6.1 A contribución de vestiario e maquillaxe á acción dramática
6.2 O departamento de vestiario na produción audiovisual
6.3 Maquillaxe: funcións e tipoloxía
TEMA 7. Escenografía cinematográfica. Un percorrido histórico (I)
7.1 As orixes. Primeiras concepcións espaciais no cinema
7.2 David W. Griffith. Verosimilitude escénica e articulación narrativa
7.3 Da dramatización da paisaxe ao simbolismo nos decorados no cinema de entreguerras
TEMA 8. Escenografía cinematográfica. Un percorrido histórico (II)
8.1 A arquitectura escénica na época dourada de Hollywood
8.2 O apego ao real nos Novos Cinemas
8.3 Recreacións hiper-realistas e escenografías virtuais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Visionado e análise de filmes na súa vertente de localización, uso dramático dos espazos e recreación de ambientes e atmósferas a través do deseño escenográfico e os decorados. Memoria de proxecto de dirección artística para unha peza audiovisual. Realización en grupo dun proxecto de localización e escenografía para unha curtametraxe de época. Incluirá traballo previo de documentación, desglose de secuencias segundo localizacións e tratamento escenográfico, atrezzo, mobiliario, deseño de vestiario e maquillaxe.
Para a realización das sesións prácticas vaise empregar a aula de docencia que lle sexa asignada á materia e unha aula de informática para o caso concreto da realización da memoria de proxecto.
BiIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Balló, J.& Bergala, A. (Coords.) (2016). Motivos visuales del cine. Galaxia Gutenberg.
Barnwell, J. (2018). Diseño de producción para pantalla. Storytelling visual en el cine y la televisión. Parramón.
Ettedgui, P. (2001). Diseño de producción y dirección artística. Océano.
Gorostiza, J. (2001). La arquitectura de los sueños. Entrevistas con directores artísticos del cine español. Festival de Cine de Alcalá de Henares.
López de Guereñu, J. (2008). Decorado y Tramoya. Ñaque.
Murcia, F. (2002). La escenografía en el cine. El arte de la apariencia. Fundación Autor.
BIBLIOGRAFIÁ COMPLEMENTARIA
Bordwell, D.& Thompson, K. (1995). El arte cinematográfico. Una introducción. Paidós.
Camarero, G. (2018). Las ciudades americanas en el cine. AKAL.
Cánovas Belchí, J.T & Camarero, G. (2018). La realidad imaginada. La dirección artística de Félix Murcia en el cine español. Akal.
Catalá, J.M. (2001). La puesta en imágenes, conceptos de dirección cinematográfica. Paidós.
Fernández, M. A. (2007). Rodado en Galicia: Consorcio Audiovisual de Galicia.
Fernández Mañas, I. (1997). Gil Parrondo. Pasión y rigor. II Festival de Cine de Cortometraje.
Gentile, M. & Díaz, R., Ferrar, P. (2007). Escenografía cinematográfica. La Crujía.
Hernández Ruiz, J. (1990). Escenarios de la fantasía: el legado de la arquitectura y de las artes plásticas en el cine. Secretariado de Actividades Culturales de la Universidad de Zaragoza.
Hernández Serrano, G. (2017). Dirección de arte para producciones audiovisuales. Ministerio de Educación.
Kehoe, V. (2002). La técnica del maquillaje profesional para cine, la televisión y el teatro. RTVE.
Matellano, V. (2008). Decorado, Gil Parrondo. Ayuntamiento de Talamanca de Jarama
Mazzucato, T. (2010). El arte de la puesta en escena. Academia de la puesta en escena.
Nogueira, C. (2001). La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada. Institució Alfonso el Magnànim.
Ortiz, A. (Coord.) (2008). La arquitectura en el cine. Construyendo una ilusión. MuVIM.
Pinteau, P. (2004). Special effects. Abrams.
Pizza, A. (Ed.) (2022). La ciudad en el cine. Recorridos, encuadres, secuencias, montajes. Ediciones Asimétricas.
Ramírez, J.A. (1993). La arquitectura en el cine de Hollywood. La Edad de Oro: Alianza.
Sanderson, J. & Gorostiza, J. (Coords.) (2010). Constructores de ilusiones. La dirección artística cinematográfica en España. Ediciones de la Filmoteca.
Tranche, Rafael (2015). Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Alianza.
Villa, S. (1997). La Escenografía: Cine y Arquitectura. Cátedra.
Wilkie, B. (1992). Efectos Especiales Para Televisión: IORTV.
CON.1 – Analizar a implicación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.3 – Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.5 – Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
HAB.3 – Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e producción audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuis aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.2 – Deseñar e implementar técnicas e tecnoloxías de tratamento e expresión visuais e sonoras.
COM.4 – Aplicar diversas metodoloxías á análisis, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.5- Seleccionar e utilizar técnicas e tecnoloxías mais creativas e innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
COM.7 – Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Clase maxistral
Estudos de caso
Seminario
Prácticas Aula Informática
Asistencia a conferencias e outros eventos
Probas de coñecemento: 50 %
Exercicios prácticos: 50 %
Dentro dos exercicios prácticos, inclúense dúas tarefas:
Análise de filme: 10 % da nota final.
Traballo de grupo: 40 % da nota final.
Para a segunda oportunidade manteranse as notas acadadas nos traballos prácticos.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaluación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Aconséllase ao alumnado a participación activa nos debates e a lectura ou consulta dos materiais bibliográficos propostos. Recoméndase, á súa vez, un demostrado interese pola historia do cine e a historia da arte en xeral, como referencia ineludible para a comprensión dos procesos de posta en escena e deseño escenográfico.
Fernando Redondo Neira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
13.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
13.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |