Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Ciencias da Comunicación, Economía Cuantitativa, Dereito Común, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Economía Aplicada
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Economía Cuantitativa (propia da USC), Dereito Civil, Filoloxía Inglesa, Ciencia Política e da Administración, Lingua Española, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno realizará prácticas en empresas do sector. A idiosincrasia da materia obriga a establecer unhas bases sólidas en canto á distribución horaria e tipoloxía das tarefas para desenvolver nas empresas, que sempre han de estar relacionadas directamente coa formación e as competencias adquiridas por un graduado/a en comunicación audiovisual. Neste sentido, a Facultade de Ciencias da Comunicación prézase de ter un sistema de adxudicación e seguimento do alumnado en prácticas en empresas, que se instaurou como un dos distintivos básicos da nosa formación. O sistema de Prácticas en Empresas é altamente valorado tanto polo noso alumnado como polas empresas e institucións participantes en cada convocatoria.
O alumno realizará prácticas en empresas do sector.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Non se require.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Non se require.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.4 - Coñecer as políticas audiovisuais europeas e a súa incidencia na cadea de valor audiovisual.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.3 - Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.6 - Manexar os fundamentos, técnicas, tecnoloxías e rutinas da animación, a gamificación e a realidade virtual.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.2 - Deseñar e implementar técnicas e tecnoloxías de tratamento e expresión visuais e sonoras aplicadas ás obras audiovisuais.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postproducción audiovisuais.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Prácticas académicas externas: actividade formativa que se realiza na empresa con supervisión da Universidade.
O alumnado, que conta con titorización académica (docente titor/a) e titorización profesional (titor designado pola entidade colaboradora), desenvolve un plan formativo acordado entre a empresa, o/a estudante e o Centro.
A memoria é o instrumento de avaliación das prácticas. O sistema de avaliación consiste na valoración do traballo desenvolvido de acordo co proxecto formativo a través da memoria final do/a estudante (50%) e do informe do/a titor/a externo/a da entidade colaboradora (50%).
Para a avaliación, o/a titor/a académico/a, á vista do formulario da entidade colaboradora e da memoria final do/a estudante, ten en conta as prácticas desenvolvidas cubrindo o correspondente informe de valoración, para que el/ela mesmo/a ou ben o/a coordinador/a das prácticas cubra e asine a acta.
Traballo persoal do alumnado: 290 horas
Titorización en grupo reducido: 10 horas
Recoméndase para un mellor seguimento das prácticas externas consultar a normativa e a convocatoria que publica a Facultade de Ciencias da Comunicación en cada curso académico. Espazo web de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-comunicacion/practicas