Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Concepción, produción e realización de proxectos xornalísticos innovadores.
2. I+D+i no xornalismo: análise dos laboratorios promovidos polas empresas xornalísticas. Análise de laboratorios de desenvolvemento de aplicacións e tecnoloxías dixitais, laboratorios de exploración de novas narrativas e xornalismo de datos, laboratorios para a promoción de proxectos empresariais e startups, e laboratorios orientados á formación profesional. Programas de alfabetización mediática.
3. Análise de metodoloxías de innovación.
4. Desenvolvemento da capacidade de emprendemento.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución á innovación no xornalismo
1.1 Definición do concepto de innovación
1.2 Tipoloxías de innovación
1.3 A innovación aplicada aos medios de comunicación
1.4 A transformación dos medios na era dixital
TEMA 2. Xestión da innovación en empresas xornalísticas
2.1 Retos da innovación nos medios de comunicación
2.2 Laboratorios de innovación xornalística
2.3 Vías de ingresos na era das plataformas
2.4 Innovación editorial
2.5 Innovación tecnolóxica
TEMA 3. Deseño e desenvolvemento de proxectos xornalísticos
3.1 Claves para o desenvolvemento de proxectos xornalísticos
3.2 Design thinking: concepto e funcionamento
3.3 Lean startup: definición e aplicacións
3.4 O produto mínimo viable (MVP)
3.5 Prototipado do produto
3.6 Storytelling aplicado a marcas
3.7 Procura de financiamento e aspectos xurídicos
TEMA 4. Xornalismo emprendedor
4.1 Definición e características do xornalismo emprendedor
4.2 Claves para a supervivencia de iniciativas emprendedoras
4.3 O plan editorial dun proxecto de emprendemento xornalístico
TEMA 5. Modelos editoriais innovadores
5.1 Casos con matriz tradicional
5.2 Casos nativos dixitais, mixtos e produtoras de contidos
5.3 Influencias externas: máis aló da industria mediática
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos van dirixidos á aplicación dos contidos teóricos. O principal contido práctico será o proxecto grupal no que se concibirá e desenvolverá un proxecto xornalístico innovador. En paralelo, traballaranse tamén outros contidos prácticos:
- Revisión de casos de éxito
- Realización dunha análise competitiva
- Exercicios de creatividade
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
García Avilés, J. A. (coord..) (2018). Pistas y tendencias sobre la innovación periodística. Universidad Miguel Hernández de Elche.
García Avilés, J. A., Carvajal Prieto, M. & Comin, M. (2016). Có;mo innovar en periodismo: entrevistas a 27 profesionales. Diego Marín.
González Alba, J. A. (2017). Tendencias e innovación en la empresa periodística. Egregius.
Jaramillo Sánchez, C. & Serrano Oceja, J. F. (2023). Innovar en periodismo: de la desinformación al metaverso. Tirant humanidades.
Manfredi Sánchez, J. L. (2015). Emprendimiento e innovación en periodismo. Ediciones de la Universidad de Castilla La Mancha. España.
Manfredi, J. L. (2015). Innovación y Periodismo: emprender en la Universidad. Cuadernos artesanos de comunicación.
Mootee, I. (2014). Design Thinking para la innovación estratégica. Lo que no te pueden enseñar en las escuelas de diseño. Ediciones Urano.
Sádaba, C., Martínez-Costa, M. D. P. & García Avilés, J. A. (2016). Innovación y desarrollo de los cibermedios en España. EUNSA.
Yuste, B., & Cabrera, M. (2014). Emprender en periodismo: Nuevas oportunidades para el profesional de la información. Editorial UOC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cerezo, P. (2022). Deconstruyendo los medios: cómo adaptar las empresas de comunicación al entorno digital. Editorial Almuzara.
Colussi, J., Gomes-Franco e Silva, F., & Melani Rocha, P. (Eds.). (2018). Periodismo ubicuo: convergencia e innovación en las nuevas redacciones. Editorial Universidad del Rosario.
Jarvis, J. (2015). El fin de los medios de comunicación de masas. Gestión 2000.
Nafría, I. (2017). La reinvención de The New York Times: cómo la" dama gris" del periodismo se está adaptando (con éxito) a la era móvil. Knight Center for Journalism in the Americas at the University of Texas at Austin.
Sánchez Gonzales, H. M. (2016). Nuevos retos para el periodista Innovación, creación y emprendimiento. Tirant Humanidades
Toro, P., Rey, G., Cabrales, R. & Barragán, C. (2018). La Babel Digital: pistas para un periodismo emprendedor. Consejo de Redacción.
CON.4 - Examinar o impacto das tecnoloxías no ámbito da comunicación e nos profesionais.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e a información xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.4 - Xestionar o traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais do ámbito do xornalismo.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Nesta materia combínanse distintas metodoloxías: clases maxistrais, clases de seminario, aprendizaxe baseado en proxectos, estudos de caso, resolución de problemas e presentacións en aula.
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
Dentro do 50% da cualificación final derivada das prácticas inclúese o traballo central da materia, así como outros prácticas realizadas ao longo da materia.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Lectura da bibliografía da materia.
Consumo de medios de comunicación.
Estar ao día das iniciativas innovadoras no xornalismo.
Manter un contacto directo co profesorado.
Sara Perez Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 4 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |