Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo de emisores, codificación dos significados, transmisión e recepción da información. Estudo do ruído nos procesos comunicativos.
2. Análise do modelo de transaccións simultáneas. Denotación e connotación na mensaxe.
3. Estudo das audiencias activas, sociedade en rede e fenda dixital.
4. Análise da cultura libre, recursos e licenzas. Open data, políticas de transparencia e gobernos en aberto. Ciberactivismo e movementos sociais. Economía colaborativa e financiamento en rede.
5. Análise de medios e redes sociais e novos escenarios de interacción social. Métodos para a creación de compromiso.
6. Análise dos novos perfís profesionais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. FUNDAMENTOS DA COMUNICACIÓN INTERACTIVA
1.1. Dimensións do concepto “interactivo”
1.2. Modelos de comunicación: lineal, interaccional e transaccional
1.3. Marcos teóricos
1.4. Interacción mediada pola tecnoloxía: humano-computadora, humano-contido, humano-humano, humano-robot/axente
TEMA 2. DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DA INTERACTIVIDADE
2.1. A revolución computacional
2.2. Internet como metamedio
2.3. A democratización da internet: a World Wide Web
2.4. Ciberespazo e Sociedade Rede
2.5. A sociedade móbil
2.6. Realidades inmersivas
2.7. Intelixencia humana e artificial
TEMA 3. (INTER)ACCIÓN SOCIAL NO CIBERESPAZO
3.1. Comunidades virtuais: orixe e desenvolvemento
3.2. Redes sociais: Big Tech vs Fediverso
3.3. Ciberactivismo, hacktivismo e movementos sociais en rede
3.4. Economía colaborativa e modelos de financiamento colectivo
3.5. Cultura libre e participativa
TEMA 4. CUESTIÓNS ÉTICAS
4.1. Privacidade e interactividade
4.2. Interaccións dirixidas por algoritmos
4.3. Dilemas sobre a interacción humano-robot
TEMA 5: DESEÑO, XERACIÓN, XESTIÓN E MEDICIÓN DA INTERACTIVIDADE
5.1. Deseño de interacción: modelos conceptuais e estilos de interacción
5.2. Xeración de feedback e compromiso
5.3. Monitorización e medición da interacción
5.4. O reto da interoperablidade
TEMA 6. XORNALISMO INTERACTIVO
6.1. Interacción dentro e fóra do medio
6.2. Audiencias activas
6.3. Contidos interactivos
6.4. Novos perfís profesionais
CLASES PRÁCTICAS
- Primeira metade do semestre: Traballo en grupo e individual. Realizaranse exposicións e debates sobre os temas 1, 2, 3 e 4.
- Segunda metade do semestre: Prácticas de laboratorio. Crearanse grupos de traballo para deseñar un proxecto de comunicación interactivo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bretz, Rudy, & Schmidbauer, Michael (1983). "Media for interactive communication". Beverly Hills, CA.: Sage Publications,
Castells, Manuel (2006). "La sociedad red: una visión global". Madrid: Alianza
Castells, Manuel (2013). "Comunicación y poder". Madrid: Alianza.
Dourish, Paul (2001). "Where the action is: the foundations of embodied interaction". MIT Press.
Jenkins, Henry. (2006). "Convergence culture: Where old and new media collide". New York: New York University Press.
Lievrouw, Leah, & Loader, Brian (Eds.). (2019). "Handbook of Digital Media and Communication in Society". Routledge.
Quian, Alberto (2022). "Civilización Hacker". Madrid: Anaya Multimedia.
Rogers, Yvonne; Sharp, Helen; Preece, Jennifer (2023). "Interaction Design: Beyond Human-Computer Interaction" (6th Edition). New York: John Wiley & Sons.
Scolari, Carlos (2008). "Hipermediaciones. Elementos para una Teoría de la Comunicación Digital Interactiva". Barcelona: Editorial Gedisa.
Soler-Adillon, J.; Sora, C.; Freixa, P.; Ribas, J.I. (2016). "Perfil del profesional de la comunicación interactiva: fundamentos, actualidad y perspectivas". Profesional De La información, 25(2), 196–208. https://doi.org/10.3145/epi.2016.mar.06.
Usher, Nikki (2016). "Interactive journalism: Hackers, data, and code". University of Illinois Press.
Woo, Jisuk (2006). "The right not to be identified: privacy and anonymity in the interactive media environment". New Media & Society, 8(6), 949–967. https://doi.org/10.1177/1461444806069650.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bacon, Jono (2012). "The Art of Community". Sebastopol, CA: O’Reilly Media. https://www.jonobacon.com/books/artofcommunity/
Benford, S., Greenhalgh, C., Rodden, T., & Pycock, J. (2001): “Collaborative virtual environments”, Communications of the ACM, Vol. 44, Nº 7, pp. 79-86.
Bowman, Shayne & Willis, Chris (2003). "Nosotros, el medio: cómo las audiencias están modelando el futuro de las noticias y la información". The Media Center at The American Press Institute. http://libros.metabiblioteca.org/handle/001/265
Jordan, Tim & Taylor, Paul A. (2004). "Hacktivism and cyberwars: Rebels with a cause?". London: Routledge.
Levy, Steven (1984). "Hackers: Heroes of the computer revolution" - 25th Anniversary. Cambridge: O’Reilly Media, 2010.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
CON.4 - Examinar o impacto das tecnoloxías no ámbito da comunicación e nos profesionais.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
COM.4 - Xestionar o traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais do ámbito do xornalismo.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
CLASES EXPOSITIVAS
Aplicarase un modelo combinado de clases maxistrais (sesións expositivas impartidas polo docente) e de aula invertida, mediante o cal o profesor compartirá materiais teóricos e outros complementarios no Campus Virtual antes de cada sesión na aula física, onde o profesor resumirá os conceptos e elementos claves de cada tema, contribuirá a asentalos, resolverá dúbidas e abrirá debates e discusións sobre cada tema; tamén se utilizarán recursos do Campus Virtual para a realización de microtarefas de control e seguimento da adquisición de coñecementos polo alumnado.
CLASES PRÁCTICAS
- Primeira metade do semestre: Realizaranse análises de casos e exposicións en grupo, e debates posteriores con participación individual ao redor dos temas 1, 2, 3 e 4.
- Segunda metade do semestre: Prácticas en aula informática. Crearanse grupos de traballo para deseñar e realizar un proxecto de comunicación interactivo. Nunha primeira fase, cada grupo deberá facer unha proposta de proxecto; a segunda fase será a de deseño do proxecto; a terceira fase será a realización do proxecto; a cuarta e última fase será a exposición do proxecto e os seus resultados ante o resto da aula.
Probas de coñecementos: 50%
Exercicios prácticos: 50%
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non só se trata da adquisición de coñecementos. Son importantes tamén as actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo.
De igual maneira, é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións prácticas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da aplicación de novas tecnoloxías interactivas mediante a exploración destas, a consulta de noticias relacionadas coa innovación en interacción comunicativa –especialmente aplicada a medios xornalísticos– e, especialmente, de fontes especializadas, e facer uso das horas de titorías.
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
24.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |