Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Revisión dos conceptos claves da comunicación organizacional, comunicación corporativa e a súa relación co marketing. Revisión dos modelos de comunicación interna e externa nas organizacións. Coñecemento das técnicas de comunicación online e offline para definir identidade, proxectar imaxe e xerar reputación. Coñecemento do proceso de elaboración e implementación dun plan de comunicación. Coñecemento de técnicas e ferramentas de publicity para deseñar e implementar accións e productos para lograr presencia no temario informativo, en redes sociais e en medios propios da organización. Identificación e análise das tendencias actuais en comunicación organizacional, especialmente procesos de aplicación de intelixencia artificial e o seu impacto na automatización de funcións e no manexo das relacións cos públicos.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a un exame teórico-práctico de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
A materia revisa as claves para xestionar e avaliar a xestión da comunicación en calquera organización de modo que os alumnos adquiran as competencias necesarias para incorporarse ás dinámicas laborais dos gabinetes de comunicación e dos gabinetes de prensa ou, desde as redaccións dos medios, saber como foron xestionadas as propostas que se lle achegan como información para converter en noticia.
Revisión dos conceptos claves de comunicación organizacional, comunicación corporativa e mercadotecnia, diferenciando o peso que a información xornalística ten en cada unha delas. Revisión e relación dos conceptos, marca, identidade corporativa e imaxe cos contidos informativos dos medios. Revisión dos modelos lineais e circulares, ascendentes e descendentes, horizontais e verticais, da comunicación interna e externa nas organizacións. Coñecemento das técnicas de comunicación utilizadas polas organizacións e da estrutura e funcionamento dos gabinetes de comunicación como instrumento estratéxico para lograr a presenza no temario informativo.
Aprendizaxe das dinámicas de difusión online e do impacto da intelixencia artificial na xestión das comunicación organizacional.
TEMARIO:
TEMA 1. A comunicación nas organizacións. Modelos. Perspectivas. Escolas. Fluxos. Tipos de comunicación: comercial, empresarial, institucional. Comunicación formal e informal, directa ou mediada. Comunicación asertiva e comunicación apreciativa.
TEMA 2. A comunicación en contornas virtuais. Redes sociais convencionais e alternativas. O empoderamento das/os usuarios: estratexias de Interactividade e de co-creación. Oportunidades e condicionantes dos escenarios e das canles online. Os novos aliados da comunicación organizacional: xeolocalización, movilidad e datamining.
TEMA 3. Tendencias na xestión da Comunicación Organizacional: O impacto da intelixencia artificial. O metaverso: ferramentas, formatos e relación cos públicos. Stakeholders e comunidades. Tipos de público. Formas e criterios de segmentación.
TEMA 4. Comunicación integral. Imaxe e identidade. Reputación e responsabilidade social corporativa. Marqueting, publicidade, relacións públicas, información: definición, funcións e modelos. Departamentos, asesorías de comunicación, e gabinetes de prensa. Modalidades. Funcións. Ubicación no organigrama. Dircom.
TEMA 5. Comunicación interna. Teoría da cultura organizativa e da comunicación interna. Tipos de comunicación interna nas organizacións. O plan de comunicación interna. Ferramentas da comunicación interna. Avaliación da comunicación interna.
TEMA 6. Comunicación externa. O plan de comunicación externa. Fluxos, accións, soportes e ferramentas de comunicación externa.
TEMA 7. As relacións informativas. A comunicación das organizacións a través dos medios de comunicación social. Rutinas produtivas dos gabinetes e dos medios no Free press ou publicity. Planificación estratéxica e elaboración das notas de prensa. O video como producto na comunicación organizacional. Autopromoción televisiva como estrategia de creación de imagen.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
García Santamaría, José Vicente (2020). Las nuevas fronteras de la comunicación corporativa. UOC Comunicación 2020
Grunig J. & Hunt, T. Dirección de relaciones públicas. Gestión 2000. Barcelona, 2003
Kotler, p et al. (2018) Marketing 4.0. Transforma tu estrategia para atraer al consumidor digital. Editorial LID
Kotler, P. Kartajaya H. & Setiawan I. Marketing 3.0. Madrid: Colección Acción Editorial (LID). Madrid 2011.
Kreps, G.L. Organizational communication, Northern Illinois University, 1990.
Lucas Marín, A. La comunicación en la empresa y en las organizaciones. Bosch comunicación. Barcelona,1997.
M Túñez-López, KP Valarezo-González, MI Punín-Larrea (2018) Generation Co. Tendencies of XXI Century's Communication Management. Communication: Innovation & Quality, Springer. 365-379
Romero-Rodríguez, Luis M (2020) Manual de Gestión de la Comunicación Corporativa. Madrid: Tecnos
Túñez-López, M.(2016). Perspectivas de la gestión de la comunicación en el siglo XXI. En CL Andrade Scroferneker y L. Ramírez de Amorín, (Re) leituras contemporâneas sobre comunicação organizacional e relações públicas Editora Universitária da PUCRS, Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul (BRASIL)
Túñez, M. La gestión de la comunicación en las organizaciones. Editorial Comunicación Social. Zamora/Sevilla. 201Túñez-López, J. M (2021). Tendencias e impacto de la inteligencia artificial en comunicación: Cobotización, gig economy, co-creación y gobernanza. Fonseca, Journal of Communication, 22, 2021, pp. 5-22
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Míguez-González, M. I., Costa-Sánchez, C. y Túñez-López, M. (2019). Radiografía de las agencias que ofrecen servicios externos de comunicación estratégica y relaciones públicas en regiones periféricas: el caso gallego. Palabra Clave 22(1), 92-116. DOI: 10.5294/pacla.2019.22.1.5
Jimenes, A: Employer ...qué? Employer Branding. La gestión de las marcas para atraer y retener el talento. Almuzara, Córdoba.2009
Kotler, P.; Keller, K.L.; Cámara, D.; y Mollá, A. Dirección de Marketing. Madrid: Pearson. Decimosegunda edición. 2009
Losada Díaz, J.C. Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel. Barcelona 2004.
Matilla, K. Conceptos fundamentales en la planificacion estratégica de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2009
Túñez-López, M., Costa-Sánchez, C. y Valdiviezo, C. (Eds.), (2018). Comunicación Organizacional en entornos online. Gestión, actores y recursos. Cuadernos Artesanos de Comunicación, nº 149. La Laguna (Tenerife): Latina
Meerman Scott, D. As novas regras do Marketing e Relaçoes Públicas. Ideas de ler. Porto. 2008
Míguez, M. Los públicos en las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2010.
Túñez-López, J. M., Fieiras Ceide, C., & Vaz-Álvarez, M. (2021). Impact of Artificial Intelligence on Journalism: transformations in the company, products, contents and professional profile. Communication & Society,34(1), pp. 177-193.
Xifra, J. Técnicas de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2007.
BÁSICAS e XERAIS
CB2 - Que o estudiantado sepa aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudio
CB3 - Que o estudiantado teña capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o estudiantado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que o estudiantado teña desenvlvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha adecuada organización da información.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a un exame teórico-práctico de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a un exame teórico-práctico de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
A materia aborda todas as formas de comunicación das organizacións coa sociedade a través do estudio dos modelos, ferramentas e estratexias de xestión da comunicación.
Recolle conceptos xa abordados en ‘Produción da información’, ‘Comunicación interpersoal’ e en ‘Publicidade e relacións públicas’
Jose Miguel Tuñez Lopez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816547
- Correo electrónico
- miguel.tunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |
13.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |