-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psicoloxía Evolutiva e da EducaciónÁreas:
Psicoloxía Evolutiva e da EducaciónCentro
Facultade de Ciencias da EducaciónConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Conceptuais (saber):
• Entender o obxecto e finalidades da educación.
• Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento.
• Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
• Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe nos contornos educativos e os factores que os inflúen.
Procedimentais (saber facer):
• Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
• Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
• Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
• Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensinanza-aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
• Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte os problemas psicoeducativos
• Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
• Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros/as e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.Bloque 1: Introdución á Psicoloxía da Educación.
1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque 2: Os procesos de cambio.
2.Modelos de aprendizaxe condutual e cognitivo social.
3.Construtivismo e aprendizaxe.
4.Teoría sociocultural.
Bloque 3: Factores e procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe.
5.Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias, a creatividade e a educación.
6.Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima.
7.Interaccións entre procesos cognitivos e motivacionais: estilos de aprendizaxe.
Bloque 4: Contexto escolar e educación.
8.As interaccións no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
9.Aprendizaxe, docencia e contidos curriculares.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar [Recurso electrónico]. Alianza.
• Prados, M. M., Pertegal, M. A., Sánchez, V., Reina, M. C., Sánchez-Queija, I. … e Mora, J.A. (2014). Manual de psicología de la educación. Para docentes de Educación Infantil y Primaria [Recurso electrónico]. Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Álvarez-Pérez, L. (2007). Prácticas de Psicología de la educación. Pirámide.
• Beltrán, J. e Bueno, A. (1995): Psicología de la educación. Marcombo.
• Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. e Santiuste, V. (1987). Psicología de la educación. EUDEMA
• Bueno, J.A. e Castanedo C. (1998). Psicología de la Educación aplicada. CCS.
• Coll, C. (1998). Psicología de la educación. Edhasa.
• Coll C., Palacios, J. e Marchesi, A. (2007). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar. Alianza.
• González, E. e Bueno, J.A. (2004). Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.
• González-Pienda, J., González-Cabanach, R., Núñez, J.C. e Valle, A. (2002). Manual de psicología de la educación. Pirámide.
• Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. Trillas.
• Martín-Bravo, C. (1999). Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Ambito.
• Mirás, F., Salvador, M. e Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Grupo Editorial Universitario.
• Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación. UNED.
• Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. Trillas.
•Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Pirámide.
• Valle, A. e González-Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
• Woolfolk, A. (2006). Psicología educativa. Pearson.XENERAIS
CX2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza-aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros/as docentes e profesionais do centro.
CX4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
CX10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os/as estudantes.
CX11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
CE5 - Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias.
CE6 - Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
TRANSVERSAIS
CT1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
CT2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
CT3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. Para a docencia desta materia empregaranse diferentes ferramentas que a Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición do alumnado e profesorado, como Skype, Teams, Forms, Onedrive, Stream, Campus Virtual e Plataforma Firgoa, entre outras.
As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición acompañarase, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas…O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentado ó alumnado nas correspondentes sesións de clase.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos estarán centradas na resolución de problemas, conflitos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo e a o seguimento no proceso de elaboración de traballos.
Indicar que o alumnado terá acceso a un dossier documental cun conxunto de lecturas coas que poderá realizar o traballo a que se refire o apartado de metodoloxía. Esta bibliografía obrigatoria, xunto cunha ampla lista de referencias optativas, aparece na Guía Docente que está a disposición do alumnado na plataforma Moodle ou no Campus Virtual.Esta materia impártese en dous grupos (mañá e tarde) do Grao de Mestre/a en Educación Primaria. De modo xeral, o profesorado encargado desta materia valorará de forma ponderada a asistencia á clase, as probas específicas e os documentos escritos que, nas súas diferentes modalidades, se programen. En función da singularidade coa que os profesores e profesoras encargadas de cada un dos citados grupos deciden organizar a docencia, as Guías docentes contemplan o peso que na cualificación final teñen o exame, a participación do alumnado nas actividades programadas para cada unha das sesións do curso e a elaboración, en equipos cooperativos e/ou individualmente, monográficos, informes, recensións.
Na primeira das Guías docentes establécese que a avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte: o criterio xeral de partida é que a cualificación final debe proceder nun 15% da participación no desenvolvemento das actividades e dinámicas propostas dentro do período de clases na aula, nun 45% das actividades INDIVIDUAIS (sínteses, audios, exames...) realizadas sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas e nun 40% das actividades GRUPAIS (informes, presentacións, vídeos...) propostas nas sesións interactivas. No caso do alumnado de Dispensa/Exención, o criterio xeral de partida é que a cualificación final debe proceder nun 50% das actividades realizadas sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas e nun 50% das actividades propostas nas sesións interactivas.
Na segunda das Guías docentes prevense dous instrumentos de avaliación: informe-síntese grupal (80%) e informe-síntese individual (20%). De acordo coa Guía docente, nos dous informes-síntese valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a comprensión, a expresión adecuada e a reflexión.
Tanto para un sistema de avaliación como para o outro, partindo da Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011, e tendo en conta que se emprega un sistema de avaliación continua, para poder ser avaliada/o na materia:
1. O alumnado deberá asistir obrigatoriamente a un mínimo do 80% das sesións de clases.
2. O alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% de todos os traballos obrigatorios requiridos durante o período lectivo.
3. O alumnado deberá realizar todas as actividades que só poidan desenvolverse presencialmente nas clases expositivas e interactivas.
4. Os traballos individuais ou grupais do alumnado deben ser orixinais. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en seguintes convocatorias nin para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A non realización das actividades propostas nas sesións expositivas/interactivas e/ou a non asistencia a clases levará consigo unha cualificación de "non presentado" en ambas convocatorias. A entrega dun traballo copiado/plaxiado levará consigo unha cualificación de “suspenso”, en ambas convocatorias.
Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas, na convocatoria ordinaria e extraordinaria, será de "suspenso", co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación.A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupos en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais. Por último, unhas 19 empregaranse para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
É indispensable que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; así mesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma abandonando a actitude de só recepción da información habitual en outros ámbitos educativos.INFÓRMASE AO ALUMNADO QUE:
• En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
• Todas as comunicacións deben realizalas de forma obrigatoria empregando a conta de correo rai.
• Ten que empregar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
• Non pode empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente. O alumnado responsabilizase das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Os traballos realizados deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
• O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases / titorías) é privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
• É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
• No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión cualificacións.
-
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Zeltia Martínez López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812130
- Correo electrónico
- zeltia.martinez@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 09:00-10:30 Grupo /CLIS_01 (A - D) Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 22 10:30-12:00 Grupo /CLE_01 (A - L) Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 22 10:30-12:00 Grupo /CLE_01 (A - L) Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 25 12:00-13:30 Grupo /CLIS_02 (E - L) Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 22 Martes 17:30-19:00 Grupo /CLIS_04 (Ñ - Rodríguez F) Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 22 19:00-20:30 Grupo /CLE_02 (M - Z) + Dobre Grao 1º Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 12 Mércores 19:00-20:30 Grupo /CLIS_03 (M - N) + Dobre Grao 1º Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 24 Xoves 16:00-17:30 Grupo /CLIS_05 (Rodríguez G - Z) Galego (CAMPUS NORTE) - AULA 25 Exames 08.01.2025 09:00-11:00 Grupo /CLE_01 (A - L) (CAMPUS NORTE) - AULA 01 08.01.2025 09:00-11:00 Grupo /CLE_01 (A - L) (CAMPUS NORTE) - AULA 03 17.06.2025 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 (A - L) (CAMPUS NORTE) - AULA 22