Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender os modelos, principios de deseño e estrutura dos proxectos integrados nas artes
-Experimentación con materiais e creación de situacións de aprendizaxe artística.
-Reflexionar sobre a importancia da incorporación do traballo por proxectos na aula de infantil.
-Elaborar un proxecto para a aula de infantil que incorpore os coñecementos traballados nos cursos anteriores, en especial nas materias Motricidade Infantil, Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos Artísticos e Música na Educación Infantil.
- Achegamento a diferentes modelos e claves para o deseño dun proxecto integrado.
- A perspectiva holística: como traballar as dimensións sensorial, intelectual, social, emocional, afectiva e creativa.
- Temáticas transversais para proxectos integrados.
- A instalación artística e sonora como estratexia que promove e a exploración e a moticidade na infancia.
- Análise e creación de ambientes e situacións que propicien o asombro, o xogo e a experimentación na educación da infancia.
- Achegamento a métodos e modelos de educación musical para a aula de infantil.
-Deseño e posta en práctica (sempre que sexa posible) dun proxecto concibido para alumnado de infantil.
- Coñecer os factores que interveñen no desenvolvemento dun proxecto real.
Bibliografía básica
- Arias, A., Arias, D., Nazava, A., & Rial, D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf
- Cañal, F., Cañal, M.C. Música, danza y expresión corporal en educación infantil y primaria. Junta de Andalucía. https://www.observatoriodelainfancia.es/ficherosoia/documentos/1155_d_6…
- Sarlé, P., Ivaldi, E., & Hernández, L. (2014). Arte, Educación y Primera Infancia: sentidos y experiencias. Organización de Estados Iberoamericanos, para la Educación, la Ciencia y la Cultura, OEI.
https://www.oei.es/historico/noticias/spip.php?article9198
Bibliografía complementaria
- Duchesne, J., & Jaubert, J.N. (1990). La percepción del olor en la educación infantil. Narcea.
- Eisner, E. (1995). Educar la visión artística. Paidós.
- Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Paidós.
- Fontal, O., Gómez, C., & Pérez, S. (2015). Didáctica de las artes visuales en la infancia. Ediciones Paraninfo, S.A.
- Giraldez, A., & Pimentel, L. (2011). Educación artística, cultura y ciudadanía. De la teoría a la práctica. Organización de Estados Iberoamericanos, para la Educación, la Ciencia y la Cultura, OEI. (dispoñible online).
- Hernández, F. (1998). Repensar la función de la Escuela desde los proyectos de trabajo. Pátio. Revista Pedagógica, 6
- Hernández, F., & Ventura, M. (1992). La Organización del currículum por proyectos de trabajo: el conocimiento es un calidoscopio. Graó.
- Katz, L.G., & Chard, S. (2000). Engaging children´s minds: The project approach. Ablex.
- Kilpatrick, W. H. (1918), The project method: The use of the purposeful act in the educative process. Teachers College, Columbia University.
- Revista Eufonía. Didáctica de la Música (selección de artigos dispoñibles ONLINE)
- Revista EARI: Educación Investigación artística: https://ojs.uv.es/index.php/eari
- Serrano, P. (2019). La integración sensorial. Narcea.
Competencias Básicas e Xerais
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5 - Que os e as estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
CX4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
CX11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos/as estudantes.
Competencias Específicas
E53 - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre adquisición e desenrolo das aprendizaxes correspondentes.
E56 - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
O modelo formativo baséase no traballo colaborativo e aprendizaxe baseada en proxectos. Isto supón cuestionar a práctica, desartellar dinámicas establecidas, fomentar a integración das artes e considerar a educación como un acto de creación no que as pedagoxías performativas, e polo tanto, o corpo e o descubrimento sexan protagonistas do facer, o sentir e o ser docente. Mediante obradoiros de experimentación, presentacións activas para coñecer referentes e experiencias e o traballo grupal búscase xerar unha aprendizaxe situada; así como a potenciar a cohesión do grupo, a interacción, a motivación e a vivencia da educación como un acto estético; factores esenciais á hora construir un proxecto colaborativo que parte do vivido e integra artes, movemento, sons.
Aula virtual: Empregarse a aula virtual e/ou outros medios como canles de traballo obrigatorio/s e complementario/s á docencia presencial. Os foros e as tarefas virtuais serán claves para o seguimiento da materia e a continuidade dos debates iniciados na aula.
Avaliación:
A avaliación será continua, formativa e cualitativa. Terase en conta:
a. A participación na clase. (ata 15%). A asistencia ao 80% (como mínimo) das sesións é obrigatoria.
b. Proxectos. A nota final deste apartado extráese da media de todos os realizados. En cada proxecto inclúense aspectos como a implicación persoal, o rigor do tratado, a procura de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada, a posible posta en práctica…. Puntuación máxima global: (ata 75%.)
c. Exposición dos traballos ao grupo. Puntuación máxima global: (ata 10%).
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
A dispensa de asistencia e exención de docencia non se contempla para esta materia por ter grupos interactivos de laboratorio (CLIL) e unha metodoloxía na que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas. Ademais as horas de interactiva e expositiva son seguidas para favorecer a posible implementación dun proxecto.
Segunda convocatoria: o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 correspóndense co traballo presencial na aula e 74 ao traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, ademais das orientacións que o profesorado dese a coñecer, aconséllase ver o apartado sobre recomendacións.
- Lectura de textos previa ás sesións.
- Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
- Asistencia a clase: o Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Carol Jean Gillanders
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Trigo Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812024
- Correo electrónico
- cristina.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Raúl Eirín Nemiña
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812094
- Correo electrónico
- raul.eirin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |