Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pertence ao segundo curso do Plan de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, no bloque “A Escola de Educación Infantil”, e plantexamos como obxectivos xerais:
1. Analizar, valorar e interpretar a vida organizativa dos centros escolares, nas súas diferentes dimensións, e a natureza do traballo dos docentes na mesma, tendo en conta o marco normativo e diferentes conceptos e enfoques teóricos do ámbito da Organización Escolar.
2. Identificar e analizar os diferentes procesos e compoñentes da planificación dos centros escolares.
3. Participar en procesos de traballo grupal desarrollando habilidades e actitudes adecuadas para favorecer o bo funcionamento e a mellora dos centros escolares nas súas diferentes dimensións.
1)A escola como organización: características e dimensións.
2)Marco normativo, estruturas e mecanismos de funcionamento dos centros de Educación Infantil.
3)Características dos centros de Educación Infantil segundo os ciclos que integren.
4)Proxectos de centro: estrutura e procesos.
5)Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
6)Xestión e calidade nos centros de Educación infantil.
Básica: * (con asterisco)
Beltrán, F. e Sanmartín, A. (2000). Diseñar la coherencia escolar. Morata.
Bernal, J.L. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Mira Editores.
Bernal J.L. (Coord.) (2014). Organización de los centros educativos. Mira Editores.
Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesa y realidades. La Muralla.
Bolívar, A. (2007). Cómo mejorar los centros educativos. Síntesis.
Bondioli, A. e Nigito, G. (2011). El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Graó.
*Fuentes Abeledo, E.J. e Abal Alonso, N., (2020). Conflicto, micropolítica, clima y cultura en las organizaciones escolares. Documento policopiado. Facultade de Ciencias da Educación da USC.
*Fuentes Abeledo, E.J., Abal Alonso, N. e Muñoz Carril, P.C. (2021). Sistema educativo, política, lexislación, administración educativa e estructura dos centros escolares. Documento policopiado. Facultade de Ciencias da Educación da USC.
*Fuentes Abeledo, E.J., Abal Alonso, N. e Muñoz Carril, P.C. (2021). Proxecto de Centro e procura de coherencia institucional. Documento policopiado. Facultade de Ciencias da Educación da USC.
*Fuentes Abeledo, E.J., Abal Alonso, N., Antelo Lago, N. e Muñoz Carril, P.C. (2021). Dimensiones de la organización, modelos teóricos, conflicto y perspectivas del profesorado: el caso del grupo “Enlace”. Documento policopiado. Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Gairín, J. e Darder, P. (1994). Organización y gestión de centros educativos. Praxis.
Gairín, J. e Rodríguez-Gómez, D. (Coords.). (2020). Aprendizaje organizativo e informal en los centros educativos. Pirámide.
Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. GRAÓ.
*González, M. T. (Coor.)(2003). Organización y Gestión de Centros Escolares. Pearson.
Hargreaves, A. e Shirley, D. (2023). Bienestar en la escuela. Morata-MEC.
Ibañez, C. ( 2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula.La Muralla.
López Yáñez, J., Sánchez Moreno, M. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Síntesis.
Lorenzo, M. (Coord)(1997). La organización y gestión del centro educativo: Análisis de Casos Prácticos. Universitas.
Madrid, D. e Mayorga, M. J. (2010). Organización del centro de educación infantil nuevos requerimientos en la formación docente de acuerdo al EEES. Aljibe.
Martín-Moreno, Q. (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. McGraw-Hill.
Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Sanz y Torres.
Moreno, J. M. (Coord) (2004). Organización y gestión de centros educativos. UNED.
San Fabián, J.L. e Granda, A. (2013). Autoevaluación de centros educativos. Síntesis.
Santos Guerra, M.A. (2000). La escuela que aprende. Morata.
Zabalza, M. (2005). La calidad de la educación infantil. Narcea.
REVISTAS
Aula de Infantil, Cuadernos de Pedagogía, Escuela, Revista Galega do Ensino, Organización y Gestión Educativa, entre otras.
A) Competencias da titulación ás que contribúe a asignatura.
- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles. (G4)
- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. (G5)
- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. (G9)
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes. (G11)
- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. (G12)
B) Competencias Específicas
- Valorar a importancia do traballo en equipo.(E29)
- Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.(E30)
- Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.(E31)
C) Competencias Básicas
- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. (B1)
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo. (B2)
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. (B3)
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.(B4)
- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. (B5)
D) Competencias Transversais
- Coñecemento instrumental da lingua galega. (T2)
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. (T3)
A USC é una universidade presencial. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos o alumnado deberá presentar o documento acreditativo ao profesor de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo que inclúe a realización das actividades obrigatorias que se presentarán nun Dossier e o Ensaio escrito Final ao que se alude no sistema de avaliación.
As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, analizar e valorar o marco normativo, os aspectos teóricos e as experiencias, procurando o desenvolvemento das competencias enumeradas.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse a través de propostas como estudio de caso, simulacións ou análise de documentos, entre outras.
O traballo autónomo por parte do alumnado é moi importante xa que mediante a análise de diversos documentos, procura de materiais e de fontes de información, reflexión e estudo irá construíndo un coñecemento sólido sobre os elementos fundamentais da materia.
Nas semanas e ocasións en que se estime oportuno, segundo a marcha do curso, combirananse as clases presenciais co uso do campus virtual (correo electrónico e uso de ferramentas virtuais como Microsoft Teams), servíndonos pois doutros entornos e instrumentos e recursos que servirán como apoio ao proceso de ensinanza e aprendizaxe, en especial co uso de documentos que incorporan contidos, actividades e as explicacións do docente.
Optamos por un sistema de avaliación continua artellado arredor dos seguintes elementos coa súa correspondente ponderación:
1.Dossier de Actividades.
* Para o alumnado asistente: 60%.
*Para o alumnado con dispensa de asistencia: 60%.
• Neste apartado tomaranse en consideración os traballos e informes individuais e grupais que se vaian realizando ao longo do curso. Para aprobar a materia deberanse realizar as actividades obrigatorias que se especifiquen como tales e se require a avaliación positiva do Dossier por parte do profesor. O alumnado con dispensa de asistencia ou exención de docencia realizará todas as actividades obrigatorias agás aquelas que requiran asistencia presencial nas clases para as que disfrutan de dispensa ou exención de docencia.
2.Ensaio escrito Final.
* Para o alumnado asistente: 30%;
* Para o alumnado non asistente: 40%.
• Para aprobar a materia é imprescindible a presentación do Ensaio Final e a valoración positiva do mesmo por parte do profesor.
3.Participación nas clases e presentacións orais (para alumnos asistentes): 10%.
Nas dúas oportunidades requírese a valoración positiva tanto do Dossier de Actividades como do Ensaio escrito Final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como criterios xerais de avaliación consideraranse os seguintes:
a) Os textos escritos deberán presentarse cunha redacción ordenada, usando léxico adecuado, e corrección gramatical, ortográfica e sintáctica. Este criterio será básico para aprobar a materia.
b) O contido exposto no Dossier de actividades, no Ensaio escrito Final e intervencións orais será avaliado tendo en conta os seguintes criterios:
b.1. Para as cuestións máis teóricas e de análise e comprensión:
*Pertinencia e relevancia do discurso exposto en relación co tema.
*Coherencia (nexos lóxicos) no discurso con utilización adecuada e precisa de conceptos e teorías, mostrando comprensión de ideas e coñecementos, relación e adecuada conexión.
*Cita adecuada de fontes de referencia.
*Elaboración de ideas e argumentos propios, fundamentados e entendibles.
*Coherencia con propostas específicas de planificación ou actuación, no caso de que os contidos abordados deban relacionarse coas mesmas.
*Nivel de reflexión sobre os aspectos tratados.
b.2. Para as cuestións máis prácticas, de planificación e/ou intervención.
* Conexión e congruencia cos principios defendidos, mesmo incorporando xustificación das propostas concretas de planificación e/ou actuación en relación cos mesmos.
* Viabilidade, realismo, adaptación, ao contexto, condicións, circunstancias e esixencias coñecidas.
* Adecuación da secuencia de fases e actividades específicas.
* Claridade e nivel de concreción da proposta nos seus diferentes elementos, mesmo incorporando actividades detalladas, procedementos (explicando os pasos), documentos de traballo adaptados ou elaborados, técnicas específicas, etc.
* Variedade de estratexias, actividades, procedementos, recursos e técnicas.
* Orixinalidade.
* Nivel de reflexión sobre posibles dificultades, problemas, condicións, necesidades e competencias necesarias a desarrollar en relación coas fases, actividades e demais elementos da proposta.
Normativa da Facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades formativas en horas:
Actividades presenciais:
24 Horas de actividades de grupo expositivo
24 Horas de actividades de grupo interactivo
03 Horas de titorías
51 Horas totais de actividades presenciais
Actividades de traballo autónomo:
35 Horas para preparar actividades derivadas do grupo expositivo
45 Horas para prepara actividades do grupo interactivo
19 Horas de titorías
99 Horas totais de traballo autónomo
Total: 150 horas
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fora do horario de clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados na aula para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOG), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros escolares (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
En definitiva, é fundamental que o alumnado se implique desde o comezo das clases para lograr un adecuado desenvolvemento das competencias, o dominio dos contidos seleccionados e o logro dos obxectivos seleccionados. Neste sentido, recomendamos encarecidamente para calquera dos escenarios que poden finalmente poñerse en marcha levar ao día a realización das actividades dada a secuencia de aprendizaxe que se plantexa e o seu peso na avaliación.
Normativa da Facultade sobre a presencialidade:
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia. No caso da concesión de dita exención, o alumnado deberá poñerse en contacto de inmediato co profesor para, de ser necesario, recibir as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións”.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: -- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eduardo Jose Fuentes Abeledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812023
- Correo electrónico
- eduardo.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
06.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
10.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |