Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxía Inglesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Xerais
Proporcionar coñecementos e recursos, e desenvolver destrezas que contribúan á capacitación do alumnado para levar a cabo a súa actividade profesional no eido do ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras. A devandita capacitación implica a combinación do adestramento específico na lingua estranxeira obxecto de especialización coa adquisición de coñecementos teóricos e adestramento práctico nas técnicas e recursos didácticos máis axeitados para o seu ensino.
2. ESPECÍFICOS
Os obxectivos específicos da asignatura comprenden o desenvolvemento das competencias específicas mencionadas no apartado de competencias. Nesta asignatura vanse traballar dous tipos de contidos: lingüísticos e didácticos. Con respecto aos primeiros, o alumnado consolidará e actualizará os seus coñecementos do idioma estranxeiro por medio do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario e a práctica das catro destrezas comunicativas (listening, speaking, reading e writing), consolidando o nivel de competencia intermedio e encamiñándose a acadar o nivel intermedio alto ao final do cuadrimestre. En canto aos contidos didácticos, procurarase que o alumnado adquira coñecementos e destrezas básicas sobre aspectos relativos ao ensino da lingua inglesa na educación primaria (ver apartado seguinte).
1. Contidos relativos á lingua inglesa (conceptuais, procedementais, actitudinais):
Procurarase o desenvolvemento integral da competencia comunicativa do alumnado. En canto a contidos conceptuais, prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, adverbios de frecuencia, cláusulas de relativo, preguntas, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.) co fin de capacitar ao alumnado para facer cousas coa lingua dentro do nivel requirido (describir e narrar, pedir e transmitir información, expresar opinións e preferencias etc.). Así mesmo, procurarase incrementar o vocabulario introducindo variados campos semánticos (turismo e tempo libre, traballo e educación, relacións humanas, etc.). Traballarase tamén a adquisición de fórmulas para a interacción cotiá e de estratexias para favorecer a comunicación verbal e non verbal, e o alumnado aprenderá a construír e conectar o seu discurso oral e escrito de xeito coherente e organizado. Con respecto aos contidos procedementais ou destrezas, o alumnado desenvolverá tanto as destrezas produtivas (escribir e falar) como receptivas (ler e escoitar) dun xeito integrado, co fin de acadar o nivel previsto de competencia comunicativa. Para rematar, en canto aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de xeito tolerante e respectuoso, confiar nas súas posibilidades de autoaprendizaxe, e aprender dos seus erros.
2. Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa:
- Enfoques e métodos para o ensino da lingua inglesa
- O manexo da aula: organización e interacción
- O ensino das catro destrezas
- Materiais e recursos didácticos (con especial atención a recursos virtuais e TIC)
- Programación anual, unidades didácticas e avaliación
Referencias básicas:
1. Bloque lingüístico
Heyderman, E., & May, P. (2019). Complete Preliminary B1: For the Revised Exam from 2020: English for Spanish Speakers. Student's Book with Answers. CUP.
2. Bloque didáctico
Council of Europe (2020), Common European Framework of Reference for Languages: Learning, teaching, assessment – Companion volume, Council of Europe Publishing, available at www.coe.int/lang-cefr
Council of Europe (2001). The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge University Press. [http://rm.coe.int/1680459f97]
Referencias complementarias:
1. Bloque lingüístico
Eastwood, J. (2006). Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. O.U.P.
Murphy, R. (2004). English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). C.U.P.
Redman, S. (1997). English Vocabulary in Use (Pre-intermediate and Intermediate). C.U.P.
Swan, M. & Walter, C. (1997). How English Works. A Grammar Practice Book with Answers. O.U.P.
2. Bloque didáctico
Enever, J. (2016). Primary ELT. In The Routledge Handbook of English Language Teaching (pp. 353-366). Routledge.
Ellis, R., Skehan, P., Li, S., Shintani, N., & Lambert, C. (2020). Task-based language teaching: Theory and practice. CUP.
Larsen-Freeman, D. & Anderson, M. (2011). Techniques and principles in language teaching. OUP.
Martín-Macho Harrison, A. & Guadamillas Gómez, M. V. (2022). Mediación lingüística en la enseñanza de lenguas: aportaciones del volumen complementario y recursos para el aula. Ediciones Octaedro.
Slattery, M. & Willis, J. (2001). English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. OUP.
Ur, P. (2012). A course in English language teaching. CUP.
Walsh, S. (2013). Classroom discourse and teacher development. EUP.
Woodward, T. (2001). Planning lessons and courses: Designing sequences of work for the language classroom. CUP.
Phillips, S. (1994). Young Learners. OUP.
Vale, D. & Feunteun, A. (1995). Teaching children English: A training course for teachers of English to children. CUP.
3. Recursos electrónicos
3.1.Bloque lingüístico:
https://www.englishclub.com/
http://www.mansioningles.com/
http://www.esl-lab.com
http://elllo.org/
https://www.learnenglish.de/englishchat.htm
https://learnenglish.britishcouncil.org/
https://dictionary.cambridge.org
https://www.thefreedictionary.com
https://www.wordreference.com
3.2.Bloque didáctico:
https://www.teachingenglish.org.uk/
https://www.bbc.co.uk/learningenglish/
https://www.onestopenglish.com/
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/
https://www.coe.int/en/web/language-policy
XERAIS
G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
ESPECÍFICAS
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.3. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, especialmente relativa á área de estudo.
B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
B.5. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.
TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación
As clases impartiranse na lingua estranxeira. Polo que respecta aos agrupamentos para a realización de actividades presenciais, contémplase a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno o individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) estarán adicadas, por unha parte, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa da educación primaria, esencialmente por medio da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos (ou orais), e a realización de presentacións orais polo alumnado. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de contidos de tipo léxico e morfosintáctico: isto levarase a cabo por medio de actividades de distintos formatos (exercicios de repetición ou drills, exercicios de elección múltiple, de verdadeiro-falso, de reescritura, de encher ocos, etc.). As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para a explotación de textos orais, debates e role-plays, ou dictados. Así mesmo, levaranse a cabo tarefas prácticas relacionadas coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa. Nas actividades de avaliación (tanto grupal como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico como o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante as sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) prantexaranse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. Nas devanditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e exercitará a aprendizaxe autónoma.
O alumnado disporá dos materiais necesarios para o seguimento das sesións na aula virtual, e esta será tamén utilizada para a entrega das diferentes tarefas grupais ou individuais.
-Exame/proxecto final: 50% da cualificación final.
-Participación e tarefas encomendadas (individuais e/ou grupais): 35% da cualificación final.
-Elaboración e presentación dunha proposta didáctica (grupal): 15% da cualificación final
OBSERVACIÓNS:
1.- Para superar a materia, o alumnado deberá obter un mínimo de 4 sobre 10 no exame final, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. De non obter un mínimo de 4 sobre 10 no exame final, a nota rexistrada na Acta oficial será a nota alcanzada no exame.
2.- Convocatoria extraordinaria de xullo: as tarefas e presentacións preparadas durante o semestre contarán de novo un 50% da nota final. O alumnado que non preparou estas tarefas durante o curso perderá a porcentaxe correspondente da nota final.
3.- O alumnado con exención académica oficial e repetidor será avaliado cun exame final que constituirá o 100% da cualificación final.
Como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula, e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo do alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lingua estranxeira B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Así mesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que o alumnado asista regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesorado poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
1) Responsabilidade medioambiental. O respecto ao medio ambiente é unha das principais preocupacións de hoxe en día. Desta forma, nós como seres humanos debemos mostrar responsabilidade neste sentido co fin de reducir o noso impacto no medioambiente e preservar os nosos recursos naturais. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia compre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2) Asumindo que a violencia de xénero é unha violación dos dereitos humanos, debemos loitar con forza para detela, entendendo que unha boa educación sobre o tema a unha temperá idade debería ser fundamental para evitala.
3) Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de correo da USC.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
5) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
6) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
7) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Fatima Maria Faya Cerqueiro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- fatima.faya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Rodriguez Abruñeiras
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- ext.12077
- Correo electrónico
- paula.rodriguez.abruneiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sara González Bernárdez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- saragonzalez.bernardez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Raquel Pereira Romasanta
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- raquel.romasanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_06 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 + Dobre Grao 3º | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
22.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
03.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
03.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |