Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Deseñar actividades de ensino e aprendizaxe para promover a participación do alumnado nas prácticas e actividades científicas, incluíndo proxectos.
- Formular obxectivos relacionados cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe do currículo.
- Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
- Actualizar e analizar contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento das ciencias da natureza, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
- Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
- Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos da contorna como recursos e como motivación para o traballo na aula.
- Formular problemas para traballar na clase, relativos aos bloques de contidos analizados.
- Analizar materiais curriculares, textos e proxectos, e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase.
Sesións expositivas
- Tema 1: Natureza e estrutura da Ciencia.
- Tema 2: Principios básicos e leis fundamentais das Ciencias Físicas e Químicas
- Tema 3: As Ciencias Físicas e Químicas no currículo de Educación Primaria. Desenvolvemento de contidos no currículo de Educación Primaria. Contribución á adquisición de competencias clave.
- Tema 4: O ensino e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas: Os modelos de ensino. Dificultades de aprendizaxe e ideas previas. Estratexias de instrución.
- Tema 5: Deseño e análise de propostas didácticas en Ciencias Físicas e Química. Recursos para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
Sesións interactivas
Realizaranse actividades experimentais, de lapis e papel, análise e lectura crítica de textos, etc., sobre contidos traballados nas clases expositivas ou como complemento dos mesmos. As actividades realizaranse de forma grupal e versarán sobre algúns dos seguintes aspectos:
-Introdución ao traballo de laboratorio revisando protocolos e emprego de materiais e instrumental sinxelo
-Deseño e posta en práctica de investigacións científicas sobre algún aspecto da vida cotiá
-Realización, identificación e separación de mesturas
-Experimentación e interpretación de fenómenos luminosos
-Elaboración e uso de modelos para explicar a flotación dos corpos
-Realización, identificación e explicación de cambios físicos e químicos
-Construción de circuítos eléctricos de corrente continua e explicación de fenómenos eléctricos da vida cotiá
-O magnetismo e a relación coa electricidade na vida cotiá
-Análise de diversas unidades temáticas de libros de texto de ciencias da natureza de educación primaria
-Deseño e presentación de actividades para o desenvolvemento da competencia STEM
-Deseño e presentación de secuencias para o cambio conceptual
Bibliografía básica:
- Cañal de León P. (coord.) (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Paraninfo.
- Vílchez González, J. M. (coord.) (2014). Didáctica de las ciencias para Educación Primaria. Tomo I. Ciencias del espacio y de la Tierra. Ed. Pirámide.
Bibliografía complementaria:
- Acevedo-Díaz, J.A., García-Carmona, A. e Aragón-Méndez, M. M. (2017). Enseñar y aprender sobre naturaleza de la ciencia mediante el análisis de controversias de historia de la ciencia. Resultados y conclusiones de un proyecto de investigación didáctica. Organización de Estados Ibero-americanos.
- Banet, E. (Ed.) (2004). Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC.
- Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na comunidade autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia. 26 de setembro de 2022, núm. 183, pp. 49595-49669.
- Harlen W. (1999). Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Morata.
- Izquierdo, M.(coord). (2012). Química en Infantil y Primaria: una nueva mirada. Graó.
- Martí, J. (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Graó.
- Martín del Pozo, R. (2007). Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado. Diada.
-Osborne, R. e Freyberg, P. (1995). El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos. Narcea.
- Pro de, A. (Ed.) (2008). El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria. MEC.
- Sanmartí, N. (2007). 10 ideas clave: evaluar para aprender. Graó.
Revistas: Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Enseñanza de las Ciencias, Eureka, Investigación en la escuela.
Competencias Xerais
X.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.x.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
X10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
X.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias Específicas
E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física e Química).
E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Competencias Básicas
B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Nas sesións expositivas, a explicación do profesorado convértese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia no traballo do alumnado. O profesorado xoga o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As actividades, deseñadas e proporcionadas polo profesorado, realizaranse en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara a comunicación co grupo de clase.
Estas actividades pretenden servir de exemplo sobre como promover a aprendizaxe de Ciencias da Natureza e o desenvolvemento da competencia científica en EP en distintos contextos. As actividades que se propoñen pretenden ser variadas e cubrir os contidos clave de Ciencias da Natureza do currículo de EP, complementándose así, xunto co traballado na materia EACII de 3º curso, as ideas clave de Ciencias do currículo de Primaria.
Estas serán de varios tipos:
- Análise das concepcións dos estudantes, sobre os problemas de ensinanza e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
- Actualización e análise dos contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento das ciencias da natureza obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
- Análise de diferentes modelos didácticos, estratexias de intervención e avaliación en ciencias, adecuados á Educación Primaria.
- Análise de recursos e técnicas didácticas en ciencias, adecuadas á Educación Primaria.
- Análise e deseño de propostas didácticas para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
Nas sesións interactivas, traballarase en pequenos grupos, e a metodoloxía incluirá catro fases:
1. Espertarase o interese e a curiosidade dos estudantes, axudándolles a facer explícito e a clarificar o que pensan, diante dunha situación problemática.
2. Animaráselles a probar as súas ideas e a recoñecer o significado do que percibiron e de como o interpretaron. Informaráselles sobre as ideas clave e sobre os modelos da ciencia escolar, ensinándolles a utilizalos como fundamento das súas percepcións e das súas explicacións.
3. Realizarase a análise didáctica da actividade realizada: cales son as intencións educativas, as posibles dificultades de aprendizaxe, a análise dos contidos obxecto de aprendizaxe e a elaboración dos criterios de avaliación que se consideran máis adecuados. Preténdese que os estudantes integren os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e no laboratorio.
4. Animaráselles a que reflexionen e busquen información, para relacionar o aprendido con outros feitos, situacións, acontecementos e experiencias adquiridas na vida cotiá.
Ademais da aula e do laboratorio, empregarase o campus virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada na aula virtual.
As titorías realizaranse de forma presencial ou virtual a través da plataforma Teams.
Combinarase a avaliación continua coa realización dunha proba final.
Parte I: Avaliación continua (contribución á cualificación final 50%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula e no laboratorio (10%). Neste apartado valorarase especialmente a participación nas actividades que se programen na aula e no laboratorio máis que a simple asistencia, podendo aumentar ou diminuír a puntuación deste apartado en 0,5 puntos (dependendo da implicación do alumnado nas sesións). Controlarase a asistencia en todas as sesións interactivas e ocasionalmente nas sesións expositivas, pudendo facelo a través de múltiples vías: listados de sinaturas, chamamentos, recollida de actividades, actividades online nas que haxa que introducir un nome de usuario para realizalas, etc.
b. Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos (35%): Programaranse un ou dous traballos grupais e un ou dous traballos individuais. Os traballos individuais poderán consistir na resolución dun dossier de actividades de carácter científico relacionadas cos contidos sobre física e química que se abordan na educación primaria ou na elaboración dunha reflexión sobre determinados aspectos que se aborden nas sesións interactivas. Os traballos grupais poderán consistir no deseño dalgún tipo de proposta: actividades para o desenvolvemento da competencia STEM, secuencias para o cambio conceptual, modelos de instrución ou outras cuestións que se aborden no temario.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
c. Presentacións orais (5%): consistirá na presentación dun dos traballos grupais e esta poderá ser presencial ou en vídeo.
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 50%)
Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica. A proba final poderá ser presencial ou virtual.
Para obter puntuación na parte I será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das sesións. A xustificación de faltas puntuais poderá terse en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais en ningún caso proporcionarán puntuación no apartado de asistencia (apartado a).
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 50% (5 sobre 10) na parte II (apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I ( apartados a, b e c). O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar esta o 50% do total non será superior a 5. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación do alumnado con exención de docencia ás clases expositivas
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas será avaliado das partes I e II de igual modo que o alumnado de convocatoria ordinaria, agás no que se refire á participación nas clases expositivas, que deberá entregar unha reflexión persoal dun folio sobre os contidos que se abordaron en cada sesión. Na avaliación do apartado b, requirirase igualmente a entrega de traballos/actividades desenvolvidas nas sesións expositivas. Estas actividades serán colgadas na aula virtual.
O alumnado que non contacte cos docentes dentro das 2 primeiras semanas de curso será avaliado de igual forma que o de convocatoria ordinaria, agás que se trate dunha causa debidamente xustificada.
Avaliación do alumnado de 2ª convocatoria e posteriores
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores poderá acollerse a realizar unha proba final na que se demostre o grao de consecución das competencias asociadas a esta materia, sempre e cando teña aprobada a parte I da materia no curso inmediatamente anterior. Para tal fin deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre.
O alumnado que non contacte cos docentes dentro do prazo establecido será avaliado igual que o da convocatoria ordinaria.
O alumnado que non teña aprobada a parte I no curso sinalado deberá cursar a materia igual que o alumnado de primeira convocatoria.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades na biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
Dado que se trata dunha materia de carácter práctico, recoméndase asistir ás sesións con papel e bolígrafo para poder resolver as tarefas que se propoñan e, no seu caso, entregalas.
- O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
- As titorías atenderanse no despacho dos profesores na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte e a través da plataforma Microsoft Teams.
- Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web correspondente da USC.
- Os contidos abordados nas sesións da materia estarán dispoñibles na aula virtual, para que cada estudante poida elaborar os seus materiais de estudo.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
*Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
*Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
*Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
*Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
*Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Crujeiras Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812005
- Correo electrónico
- beatriz.crujeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Brocos Mosquera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_08 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_07 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
02.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
02.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
02.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
02.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
09.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |