Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Delimitar o concepto medios e materiais de ensino e comprender a evolución dos diferentes enfoques conceptuais e clasificacións.
2. Desenvolver criterios metodolóxicos para a selección e integración de medios e materiais de ensino nos procesos educativos
3. Coñecer a linguaxe e as posibilidades educativas dos diferentes medios e materiais de ensino.
4. Deseñar e producir medios e materiais de ensino en diversos formatos
5. Avaliar e seleccionar medios e materiais de ensino apoiándose en criterios pedagóxicos de calidade
Bloque I. Principios xerais para o deseño e a produción de medios e materiais de ensino
- Os medios e materiais de ensino: conceptualización e clasificación.
- A integración de medios e materiais de ensino nos procesos de ensino-aprendizaxe. Funcións, implicacións curriculares e organizativas, competencias docentes.
- Bases xerais para o deseño/produción e avaliación de medios e materiais de ensino.
Bloque II Los materiais didácticos no ámbito escolar.
- Os materiais didácticos e currículo.
- Implicacións da lexislación educativa actual nos materiais didácticos.
- A integración dos materiais didácticos nas propostas docentes. Niveis de concreción curricular nun centro educativo.
- A integración de materiais didácticos e propostas dixitais para a aprendizaxe na Ed. Infantil e Primaria. Análise de Propostas Editoriais.
- Os materiais dixitais nas escolas: estudo dos casos Abalar e Edixgal no noso contexto.
- Bibliotecas Escolares e Centros de Recursos.
Bloque III. O libros de texto impresos e dixitais.
- Concepto e función dos libros de texto
- Características dos libros de texto
- Economía política do libro de texto
- A análise crítica e uso dos libros de texto
Bloque IV Avaliación e deseño de materiais educativos
- Modelos e criterios de avaliación de materiais
- Propostas de guías de avaliación de materiais
- Proposta metodolóxica para o deseño de materiais a partir das propostas de avaliación
- A elaboración e adaptación dos materiais polos propios profesores. Unha oportunidade para o desenvolvemento profesional
Bloque V. Aspectos complementarios para a elaboración de materiais didácticos.
- Modelos de licenciamento un material didáctico: copyright e copyleft.
- Principais teorías de ensino e aprendizaxe como base para o desenvolvemento de materiais didácticos.
- Ferramentas de intelixencia artificial para a elaboración de materiais didácticos.
Bibliografía básica:
López Gómez, S. e Rodríguez Rodríguez, J. (2021). Los videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios. Octaedro
Rodríguez Rodríguez, J. , Martínez-Delgado, C., Delgado Amo, C. (2023). Discusiones actuales alrededor del libro de texto escolar. Octaedro.
Martínez Bonafé, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del currículum). En J. G. Mínguez e M. Beas, Libro de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Proyecto Sur
Parcerisa, A. (1996). Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Graò.
Bibliografía Complementaria:
Alonso, A. e López-Gómez, S. (2021). Aproximación ao STEAM: características, potencialidades e oportunidades. Revista Galega de Educación, 80. Nova Escola Galega.
Area, M. (2004). Los medios y las tecnologías de la educación. Pirámide
Area, M. (2020). Escuel@ Digit@l. Los materiales didácticos en la Red. Graó.
Area, M., Rodríguez, J., Peirats, J., San Martín, Á. (2023). Infanci@ Digital. Los recursos educativos digitales en educación infantil.J Graó.
Cabero, J. (1992). Análisis, selección y evaluación de medios didácticos. Qurriculum, 4, 25-40.
Cepeda, O., Gallardo, I.M. e Rodríguez, J. (2017). La evaluación de los materiales didácticos digitales. RELATEC, Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2), 79-95. https://doi.org/10.17398/1695-288X.16.2.79
Edullab, Crie e Stellae (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales : recomendaciones de buenas prácticas para productores, profesorado y familias. Repositorio de la Universidad de La Laguna. https://riull.ull.es/xmlui/handle/915/16086
Fernández Morante, C. (2007). El diseño y la producción de medios aplicados a la enseñanza. En J. Cabero (Coord.), Tecnología Educativa (pp.105-123). McGraw Hill.
Gardó, H. e Sierra, C. (2022). Los algoritmos a examen: ¿Por qué IA en educación?. Fundació Bofill. https://fundaciobofill.cat/es/publicaciones/los-algoritmos-a-examen
Marín Suelves, D. e Peirats Chacón, D. (Eds)(2020). Estrategias Didácticas Digitales. Encuentros entre la investigación y la práctica. Calumber.
Montero L. e Vez, J.M.(1992). La elaboración de materiales curriculares y el desarrollo profesional de los profesores. Qurriculum, 4, 131-141
Pernas Morado, E. e Doval Ruiz, Mª I. (2002) (Eds.). Novas Tecnoloxías e Innovación Educativa en Galicia. Átomos e bits na mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe. Universidad de Santiago.
Rodríguez Rodríguez, J. , Martínez-Delgado, C., Delgado Amo, C. (2023). Discusiones actuales alrededor del libro de texto escolar. Octaedro.
Rodríguez Rodríguez, J. (2004). Los materiales curriculares. En Rodríguez Diéguez, J. L, Salvador, F., Bolivar, A., Diccionario Enciclopédico de Didáctica. Editorial Aljibe.
Rodríguez Rodríguez, J. e Braga García, T. F. (2015) (coords). Materiales y recursos didácticos para la Educación Infantil. Monográfico revista Reladei (2015). Materiales y Recursos Didácticos para la Educación Infantil, 4(1). https://revistas.usc.gal/index.php/reladei/issue/view/366
Rodríguez Rodríguez, X. (2010). Os materiais curriculares en Galicia. Edicións Xerais.
Rodríguez Rodríguez, J. e Martínez Bonafé J. (2016). Libros de Texto y Control del Currículum en el contexto de la sociedad digital. Cad. Cedes, Ca
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
G2 Deseñar, planificar e evaluar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidad de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de tutoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagógicos e sociais ao longo da vida.
G7 Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promoverlo entre os estudantes.
G11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
EC2 Coñecer as bases teóricas que permiten analizar, explicar, deseñar e evaluar os materiais didácticos.
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
T3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
b) Competencias específicas da materia:
1. Identificar as características, potencialidades e implicaciones da diversidad de materiais didácticos existentes na práctica educativa.
2. Coñecer as bases teóricas que permiten analizar, explicar, deseñar e avaliar os materiais didácticos.
3. Identificar as principais fontes de acceso a recursos deseñados por profesores e/ou centros de recursos de/para profesores.
4. Deseñar materiais educativos de calidade en diferentes formatos (impreso, analóxico, dixital) para as distintas áreas curriculares.
5. Avaliar, seleccionar, organizar e utilizar materiais didácticos para os procesos de E-A.
A metodoloxía está deseñada con dous niveis ben diferenciados, pero relacionados estreitamente:
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS: Que se desenvolven na aula en gran grupo e están orientadas á presentación, explicación de temas e a análise da documentación básica incluída no informe da materia. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos.
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados pola profesora e entregados progresivamente que son de obrigada lectura. Serven de complemento e afondamento dos contidos expostos nas clases, e dicir, de utilidade para a lectura e estudo individualizado sobre os temas.
- Resolución de casos, análise de materiais e exemplos de boas prácticas a través de material audiovisual, en rede e multimedia.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS: desenvólvense na aula seguindo a estrutura dos grupos interactivos e están orientadas a realización de actividades que permitan exemplificar o traballado nas sesións expositivas como análise de materiais didácticos en diferentes soportes, estudo de casos, etc. Tamén actividades que permitan avanzar no desenvolvemento da Práctica Obrigatoria.
Utilizarase un ámbito formativo en rede (Campus virtual) no que estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, materiais dixitais complementarios e as producións do alumnado. Para iso, é necesario que todos os alumnos/ás teñan activo o seu correo electrónico institucional dá USC.
3.VISITA DIDÁCTICA. Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia ás sesións de clase é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Facultade, os alumnos/ás poderán solicitar exención oficial de docencia teórica (expositiva). A comisión de docencia do centro establecerá para estes casos os protocolos necesarios para realizar un Plan titorial. Para os efectos de avaliación nestes casos faise constar que o sistema de avaliación na materia será o mesmo para alumnado con exención de docencia e alumnado asistente. O alumnado con exención de docencia debe presentarse á profesora ao inicio da materia e coordinar o plan de traballo e seguimento.
Asistencia a clases e o seu control: a asistencia á materia supervisarase tanto nas clases expositivas como interactivas, sendo un requisito preceptivo para a superación da materia nunha porcentaxe mínima dun 80%. As faltas de asistencia xustificadas ás clases tanto expositivas coma interactivas non eximirán o alumno do cumprimento dos requisitos establecidos no programa. Se existe un impedimento á asistencia o alumnado deberá comunicalo ao profesor.
Utilizaranse diversas estratexias de avaliación que permitan a realización de modificacións sobre a marcha do proceso.
Para a cualificación final realizaranse distintas actividades:
1.- Valórase a participación do estudantado en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da materia: estudo dos materiais que fundamentan o traballo na aula; análise de diferentes materiais. Tamén a súa participación nas actividades na aula (preguntas e suxestións), seguimento continuo das clases, entrega actividades coa asunción das tarefas propostas... (10%) (Actividades individuais)
2.- Realización de traballos teórico-prácticos, que complementan e afondan no traballo na clase. (30%) (Actividades individuais e colectivas)
3.- A realización dunha proba con actividades coherentes coas realizadas durante o desenvolvemento da materia. (30%) (Actividade individual)
4.- Elaboración/adaptación dun material didáctico. (30%) (Actividade colectiva, ApS)
5.- Asistencia: Obrigatoria.
A proposta de actividades na matería terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
No caso do alumnado con exención de docencia, concretarase co alumnado na titoría o traballo correspondente co punto 1 e 2. Os puntos 3 e 4 mantéñense.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e na avaliación do alumno ou alumna na convocatoria correspondente.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
O exame final trátase dunha proba de carácter contínuo que alumnado vai realizando ao longo do cuadrimestre e entrégase o día oficial do exame.
No caso de estudantes con exención de docencia e dispensa de asistencia, na primeira semana de clase, no horario de titoría, establecerán co profesor cal vai ser o seu seguimento das sesións expositivas e a súa incorporación nas sesións interactivas para realizar actividades con outros e as que realizarán de forma individual. Dun xeito específico o alumnado deberá facer entrega dun resumo de obras recomendadas e a entrega dun material didácticos elaborado ou adaptado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe na materia apóiase en diferentes tipos de actividades formativas presenciais que requiren unha dedicación por parte dous alumnos fóra da aula:
As sesións expositivas requiren horas de estudo persoal do alumnado. A unión teoría e práctica nas sesións de clase esixe un esforzo de revisión e traballo sobre os materiais da sesión expositiva que se realiza o primeiro día da semana para realizar a tarefa e as actividades das prácticas de laboratorio que se realizan posteriormente na sesión interactiva.
As sesións interactivas están orientadas á adquisición de habilidades prácticas que requiren un adestramento posterior para incorporalas ao saber facer de cada alumno/a. Todas as actividades prácticas preparan o alumnado para a realización exitosa da práctica obrigatoria da materia.
- Recoméndase previo a realización da materia cursar a materia “Procesos de mellora e usos do TIC” (alumnos grao de educación Infantil) ou “Escola, comunidade e TIC” (alumnos grao de educación Primaria)
- Constancia no traballo ao longo do cuadrimestre: se a dedicación é continuada o alumno/a chegará ao final do cuadrimestre coa preparación necesaria para superar a materia.
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao alumno/a orientación no seu estudo por parte da profesora e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo. Nas sesións de todo o grupo exponse os aspectos a traballar nas prácticas de laboratorio.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas obrigatorias xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante coa profesora)
- Uso adecuado das titoría ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual
"A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións
de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos
poderán solicitar exención oficial de docencia".
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jesus Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Gayo Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- pablogayo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 Infantil (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
20.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Infantil (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |