Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos lingüísticos, psicolingüísticos e didácticos da aprendizaxe da lingua oral.
- Aprender a identificar as distintas variables e contextos que inflúen no desenvolvemento lingüístico da nenez.
- Coñecer o desenvolvemento da linguaxe na etapa da Educación Infantil e deseñar estratexias didácticas orientadas ao enriquecemento das competencias comunicativas.
- Levar ao alumnado ao convencemento de que a linguaxe infantil é a base de todo o desenvolvemento da nenez e facelo consciente da súa importancia.
1. O proceso comunicativo na etapa de Educación Infantil.
2. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe da lingua oral: etapas e principais características.
3. Teorías e investigacións actuais na adquisición e o ensino-aprendizaxe da lingua oral.
4. Adquisición e aprendizaxe da lingua oral en contextos bilingües.
5. A lingua oral no currículo de Educación Infantil.
6. A lingua oral na aula de Educación Infantil.
BÁSICA:
Aguado Alonso, G. (1995). El desarrollo del lenguaje de 0 a 3 años. Bases para un diseño curricular en la Educación Infantil. Cepe.
Fernández López, I. (2009). ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil. Arco Libros.
Monfort, M.(2001). El niño que habla. El lenguaje oral en el preescolar. Cepe.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R. Bel, A. e Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Ariel.
COMPLEMENTARIA:
Álvarez Serrano, M. Á. et al. (2010). Diseño y elaboración de materiales para el desarrollo de las habilidades lingüísticas en educación infantil. Monsálvez.
Bigas, M. & M. Correig (eds.) (2001). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Síntesis.
Clark, E. V. (2009). First Language Acquisition. Cambridge University Press.
Correo Santana, J.L et al. (2011). Habilidades lingüísticas I. Didáctica de la lengua oral. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
Escandell Vidal, Mª. V. (coord.) (2010). El lenguaje humano. Ramón Areces.
Fernández Pérez, M. (1999). Introducción a la lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías de estudio. Ariel.
González Nieto, L. (2001). Teoría lingüística y enseñanza de la lengua. Lingüística para profesores. Cátedra.
López Morales, H. (1984). Enseñanza de la lengua materna. Playor.
Paredes Labra, J. e A. Herrán Gascón, A. (2009). La práctica de la innovación educativa. Síntesis.
ReyzábalL, M. V. (2001). La comunicación oral y su didáctica. La Muralla.
Robert E. e S. Owens (2003). Desarrollo del lenguaje. Prentice Hall.
Scamilla González, Á. (2009). Las competencias en la programación de aula. Infantil y Primaria (3-12 años). Graó.
Siguan Soler, M. (1983). Metodología para el estudio del lenguaje en la infancia. Universitat de Barcelona.
Siguán Soler, M. (1989). Educación y bilingüismo. Santillana.
Siguán Soler, M. (dir.) (1991). Estudios sobre psicología del lenguaje infantil. Pirámide.
Taug, S. (1987). El lenguaje oral en la escuela. Una guía de observación y actuación para el maestro. Visor.
Tomasello, M. (2003). Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition. Harvard University Press.
Veiga Liz, M. P. (2004). Estimulación del lenguaje en Educación Infantil. Ideaspropias.
Vez Jeremías, J. M. (ed). (2002). Didáctica de las lenguas extranjeras en educación infantil primaria. Síntesis.
Vygotsky L.S. (1995). Pensamiento y Lenguaje. Paidós.
ESTA BIBLIOGRAFÍA PODERÁ SER AMPLIADA NAS DIFERENTES SESIÓNS DE TRABALLO.
XERAL
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primera infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e de hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
ESPECÍFICAS
E.42. - Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.43. - Favorecer as capacidades de fala e de escrita.
E.44. - Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E.46. - Comprender o paso da oralidade á escrita e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
E.49. - Recoñecer e valorar o uso axeitado da linguaxe verbal e non verbal.
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).
T4 - Competencia informacional.
BÁSICAS
CB1 - Que o estudantado amose posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e acostuma atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
As sesións expositivas centraranse na clarificación dos contidos e conceptos básicos da materia, ilustrados con materiais seleccionados especificamente para a súa análise e comprensión. O traballo expositivo complementarase con actividades prácticas relacionadas cos contidos da exposición, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das competencias citadas anteriormente. Todos os materiais necesarios para o estudo e empregados na aula estarán dispoñibles no campus virtual.
As sesións interactivas fundamentaranse no emprego de recursos de aprendizaxe que supoñan a participación activa do alumnado. Esta parte implica un importante traballo individual ou en grupo, para propiciar o desenvolvemento de competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo, así como ao desenvolvemento de competencias transversais, tales como o coñecemento instrumental da lingua galega e o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
A titorización individual ou en pequeno grupo permitirá orientar o alumnado, de forma máis personalizada, na resolución de problemas e no esclarecemento da información solicitada. Posibilitará tamén o seguimento das diferentes actividades realizadas para alcanzar unha correcta execución dos traballos de curso e un eficaz aproveitamento das clases teórico-prácticas.
O traballo relacionado coas sesións expositivas avaliarase a partir dunha proba final sobre os contidos impartidos e computará o 50% da cualificación. O traballo relacionado coas sesións interactivas avaliarase a partir das tarefas (individuais e grupais, escritas e orais) encomendadas e computará o 50 % restante. Para superar a materia será imprescindible acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes. No caso de que non se acade a puntuación mínima nalgunha delas, a acta reflectirá a cualificación da parte que non acadara o mínimo estipulado.
En canto á asistencia e participación na aula, estas será tidas en conta de maneira cualitativa. Non obstante, é necesaria a asistencia a polo menos o 70% das sesións para que o alumnado poida ser avaliado na parte das interactivas.
Na convocatoria de xullo o estudantado poderá recuperar a materia das sesións expositivas a través dunha proba similar á de
xuño. Canto ás interactivas, manterase a cualificación da convocatoria de xuño.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programe de forma coordinada entre varios docentes.
O estudantado con exención ou dispensa de docencia terá un sistema de avaliación adaptado á súa situación, polo que deberá poñerse en contacto coas profesoras encargadas da materia ao inicio do cuadrimestre. No seu caso, os traballos computarán o 50% da cualificación e o exame o 50% restante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia comprende un total de 51 horas de clases presenciais, que están distribuídas en clases expositivas en grande grupo , actividades grupais en seminarios, estudos sobre casos prácticos, orientación de traballos e titorías, así como a realización dunha proba exame de 1 hora e media a 2 horas.
Considérase necesario dedicar por parte do alumno unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia.
- Asistencia e participación.
- Revisión dos contidos teóricos conforme se van traballando nas aulas.
- Aproveitamento das titorías para solucionar todos os problemas de comprensión da materia que non quedasen suficientemente resoltos nas aulas.
- Elaboración dos traballos encomendados con tempo suficiente. É imprescindible respectar os prazos de entrega estipulados para as tarefas encomendadas ao longo do cuadrimestre.
- Realización das actividades prácticas con rigor e a medida que se vai desenvolvendo a materia.
- Evitar a posposición da aprendizaxe.
- Para superar a materia será requisito indispensable dominar tanto na escrita coma na oralidade a lingua galega e/ou castelá.
1) Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
2) Perspectiva de xénero:
-Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
Asumindo que a violencia de xénero é unha violación dos dereitos humanos, debemos loitar con forza para detela, entendendo que unha boa educación sobre o tema a unha temperá idade debería ser fundamental para evitala.
3) En relación aos traballos persoais ou de grupo entregados por escrito, débense ter en conta as seguintes indicacións en relación á responsabilidade medioambiental:
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posíbel empregar grampas en lugar de encanutillados.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
4) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
5) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
6) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7)Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre cada docente e o estudantado matriculado na materia.
8) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
22.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
07.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |