Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONCEPTUAIS
1. Coñecer os principais criterios de intervención psicoeducativa nas diferentes dificultades da linguaxe en poden darse nas aulas.
2. Coñecer as principais estratexias xerais de intervención psicoeducativa nos problemas da linguaxe.
3. Recoñecer e comprender as pautas de intervención non formal no aula que competen ao mestre/a.
PROCEDIMENTAIS
1. Desenvolver unha actitude analítica e reflexiva no ámbito da intervención psicoeducativa nos problemas da linguaxe.
2. Obter coñecementos mediante a procura, organización e análise crítica de bibliografía, fontes documentales e TICS relacionadas cos contidos da asignatura.
3. Saber aplicar os coñecementos teóricos adquiridos á realidade educativa, adaptándoos ás necesidades individuais de cada suxeito.
4. Ser capaz de xerar recursos e metodoloxías que favorezan e estimulen o desenvolvemento da linguaxe nas aulas.
5. Realizar unha exposición clara e coherente das propias ideas e formulacións, tanto ante quen posúen unha formación especializada como ante quen carecen da mesma.
6. Acadar e acreditar por parte do alumnado competencia en lingua castelá, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS da CNL da Facultade.
ACTITUDINAIS
1. Favorecer o traballo en equipo e a interacción entre os membros da comunidade educativa e a sociedade en xeral.
2. Desenvolver unha actitude empática, aberta e flexible, na que prime o valorar e respectar aos demais.
3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade nos que se atenderá á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
Bloque I. APROXIMACIÓN AO TRATAMENTO E Á INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA NOS PROBLEMAS DA LINGUAXE
Tema 1. Tratamento e intervención psicoeducativa nos problemas da linguaxe: compoñentes, estratexias e recursos.
Bloque II. PREVENCIÓN E ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NO AULA
Tema 2. Estimulación dos compoñentes da linguaxe: fonoloxía, morfosintaxe semántica e pragmática.
Bloque III. INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA
Tema 3. Intervención psicoeducativa nas alteracións da articulación: dislalias, disglosias e disartrias.
Tema 4. Intervención psicoeducativa nas alteracións da voz, a fluencia e a velocidade do fala.
Tema 5. Intervención psicoeducativa nas dificultades lectoescritoras.
Tema 6. Intervención psicoeducativa nos atrasos do desenvolvemento da linguaxe.
Tema 7. Intervención psicoeducativa nas afasias infantís e disfasias.
Bibliografía básica
Acosta, V.M. e Moreno, M.A. (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Masson.
Acosta, V. M. e Moreno, A. (coords.) (2007). Guía de actuaciones educativas en el ámbito de la comunicación y el lenguaje. Materiales curriculares. Cuadernos de aula. Consejería de Educación, universidades, Cultura y Deportes del Gobierno de Canarias. Disponible en:
http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/dgoie/publicace/scripts/det…
Alegre, J. R. e Pérez, M. (2008). Guía práctica de los trastornos del lenguaje (vol. I y II). Lebon.
Andreu, Ll., Sanz, M. e Serra, M. (2007). Dificultades y trastornos del lenguaje en la escuela. Cuadernos digitales, 2 (1). Disponible en:
http://www.quadernsdigitals.net/datos_web/hemeroteca/r_72/nr_771/a_1040…
Clemente, R.A. (2006). Desarrollo del lenguaje. Manual para profesionales de la intervención en ambientes educativos (4ª ed.). Octaedro.
Lizandra, R. Dificultades en el desarrollo del lenguaje oral e intervención. Disponible en
http://www.uam.es/personal_pdi/psicologia/agonzale/Asun/2007/DF/Artic/L…
Bibliografía complementaria
Acosta, V. (2003). Las prácticas educativas ante las dificultades del lenguaje: Una propuesta desde la acción. Masson.
Arriaza, J. C. (2009). La estimulación del lenguaje oral. Guía práctica. CEPE.
Chiat, S. (2003). Los problemas de lenguaje en los niños. Akal.
Fernández, E., González, A., Pérez, N. e Acosta, V. M. (2005). La intervención en el lenguaje en el contexto del aula. Un estudio de caso. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 25 (4), 190-202.
González, B., Ostrosky, F. e Chayo, R. (2007). ¿Problemas de lenguaje? Un programa para su estimulación y para su rehabilitación. LP.
Iglesias, M. J. e Sánchez, M. C. (2007). Diagnóstico e intervención didáctica del lenguaje escolar. Netbiblo.
Juárez, A. e Monfort, M. (2002). Estimulación del lenguaje oral: un modelo interactivo para niños con dificultades. Santillana.
Martínez, J. de D., Moreno, j. M., Pérez, C., Rabazo, M. J., Sánchez, I. e Suárez, A. (2001). Manual de Audición y Lenguaje. Enfoque Multidisciplinar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Extremadura.
Moreno, J. M. e García-Baamonde, M. E. (coords.) (2003). Estimulación del lenguaje oral. Talleres para la prevención. EOS.
Monfort, M. e Juárez, A. (2008). El niño que habla.: CEPE.
Moreno, J. M. e García-Baamonde, M. E. (coords.) (2012). Estimulación del lenguaje oral. Talleres para la prevención. EOS.
Portellano, J. A. (2007). La disgrafía. Concepto, diagnóstico y tratamiento de los trastornos de la escritura (8ª ed.). CEPE.
Riüs, M.D. (2003). Escritura I y II. EOS.
Vallés, A. (2001). Las palabras ¿Qué significan? ¿Para qué sirven? EOS.
Vallés, A. (2005). Hablando claro: ejercicios para el tratamiento de las disfemias. EOS.
Vallés, A. (2005). Las frases, ¿cómo se dicen? EOS.
Vallés, A. (2007). Las palabras, ¿cómo son?. EOS.
Vallés, A. (1998). Dificultades de aprendizaje e intervención psicopedagógica. Promolibro.
Vilá, M. e Badia, D. (2002). Juegos de expresión oral y escrita. Graó.
Competencias xerais:
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias específicas:
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E11. Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula.
E44. Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
E46. Coñecer o currículum escolar das linguas e a literatura.
E50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes d e outras linguas.
E51. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
Competencias básicas:
B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais:
T1. Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
As actividades presenciais en grupo completo inclúen clases expositivas que se utilizan para introducir, fundamentar e desenvolver os aspectos básicos da materia, aportando ao alumnado as bases teóricas para poder interpretar a información para a elaboración dos traballos e tarefas propostas. Preténdese, tamén, que o alumnado aprenda a realizar un traballo e estudio autónomos e se inicie na tarefa de toma de decisións propia da actividade psicoeducativa.
A través das sesións en grupo mediano (grupo interactivo), ademais de profundar pormenorizadamente en contidos específicos, preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (busca e manexo da información, análise de casos, selección de materiais, presentación de informes, etc.), tratando de favorecer e fomentar tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe, realizarase a supervisión de tarefas, e o seu seguimento e avaliación continuada tanto no referente a ámbito dos coñecementos como das competencias.
O sistema de avaliación da materia inclúe os seguintes aspectos:
1) PROBAS ESPECÍFICAS (40%-50% da puntuación final). Poderá incluír proba/s obxectivas de valoración de contidos, traballos ou informes escritos e/ou presentación orais. Serán de carácter individual. O alumnado deberá obter unha cualificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (30%-40% da puntuación final). Este apartado da avaliación comprende todas aquelas actividades que se realizan en pequeno grupo como, por exemplo, os traballos ou tarefas a desenvolver entre varios compañeiros/as e a exposición desas actividades ou tarefas ante o grupo clase. Podería incluír algunha tarefa de carácter individual. O alumnado deberá obter unha cualificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (5%-15% da puntuación final). O alumnado terá que expoñer algún traballo realizado no apartado anterior. Avaliarase, principalmente, a presentación, a claridade expositiva, a capacidade de síntese, a coherencia e a organización discursiva.
4) Terase en conta a ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN (5%-15% da puntuación final). A asistencia, xunto coa participación activa do alumnado dará lugar á obtención da devandita cualificación, que se poderá ver reducida de maneira gradual conforme o alumnado non asista/participe ás clases.
É importante ter presente que:
- Condicións para superar a materia: para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos de cualificación final. Dita puntuación debe derivarse da obtención da metade ou máis da cualificación máxima dos apartados 1) PROBAS ESPECÍFICAS E 2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS. Só cando ambas partes estean superadas sumaranse ambas cualificacións.
- Alumnado con exención de docencia: deberá poñerse en contacto co profesorado nas dúas primeiras semanas de clase para concretar un plan alternativo de avaliación.
- Alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade (período común): Poderá presentarse á 2ª oportunidade (avaliación extraordinaria). Neste caso respectaranse as puntuacións obtidas -durante o período común- nos apartados superados. Deberá recuperar aqueles apartados que non teña superados segundo ás indicacións do profesorado. Os requisitos para superar a materia, serán os mesmos que na primeira oportunidade.
- Alumnado con diversidade funcional: O alumnado que presente algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido por el servizo acreditado pola USC para estes efectos e informar do seu caso á docente desta materia dentro das dúas primeiras semanas do semestre afectado, coa fin de que se poida acordar o máis axiña posible un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
- A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada (se as houbera).
- Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Os aspectos relacionados coa avaliación na segunda oportunidade, así como do alumnado de convocatorias anteriores e con dispensa de asistencia serán concretados oportunamente a inicios do semestre.
A materia ten un total de 4,5 créditos que se distribúen entre as clases expositivas, as interactivas, as titorías e a avaliación.
Estimación de horas para o traballo do alumnado:
Actividades presenciais..........Horas..........Traballo persoal do estudante..........Horas
Clases expositivas...................18..............Estudo...........................................40
Clases interactivas..................18..............Elaboración traballos........................30
Titorías...................................2
Total horas.............................38..............Total horas.....................................70
Recoméndase que o alumnado dispoña de ordenador personal e conexión á rede. Se esto no é posible, pódense utilizar as infraestructuras que ofrece o centro (aula de informática, usuarios, conexión WIFI).
É importante que o alumnado se implique activamente dende o principio na dinámica da materia, realizando unha abordaxe comprensiva e significativa para lograr superala con éxito.
A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
O alumnado con Necesidades Educativas Especiais deberá ser avaliado polo servicio correspondente (SEPIU) con obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Helena Agrafojo Nieto
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- mariahelena.agrafojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
08.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
16.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |