Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 217 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 6 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Portugués, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia, Filosofía e Antropoloxía, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filoloxía Inglesa, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía, Lingüística Xeral, Historia Contemporánea, Antropoloxía Social, Filosofía Moral, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo central do TFG é desenvolver un traballo orixinal no que se apliquen as competencias adquiridas ao longo da formación no Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil.
A través do desenvolvemento do TFG preténdese que os estudantes logren:
1. Integrar coñecementos teóricos e prácticos referidos á realidade educativa de aula e centro.
2. Demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar na práctica profesional.
3. Emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
4. Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal, que comprende:
a) Delimitar o tema
b) Formular obxectivos
c) Seleccionar información
d) Analizar e tratar a información
e) Elaborar conclusións e propostas de traballo
O TFG consiste na realización por parte de cada estudante, de forma individual ou en grupo, dun traballo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, no que se integren e desenvolvan os coñecementos e competencias adquiridas no Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil.
O TFG abordará os grandes ámbitos de saber profesional que constrúen o perfil de mestre ou mestra de Educación Infantil:
- Sociedade e educación
- O mestre de educación infantil
- O suxeito da educación
- A escola de educación infantil: organización e modelos curriculares
- A construción de aprendizaxes nas distintas áreas
- O prácticum
Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.
O TFG debe estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Amor, M. I. e Serrano, R. (coords.) (2017). Guía práctica para el trabajo de fin de grado en Educación. Barcelona: Graó
Campos, A. (2009). Métodos mixtos de investigación: integración de la investigación cuantitativa y la investigación cualitativa. Bogotá: Cooperativa Editorial Magisterio
Cardona, M. C. (2002). Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.
Caro, M. T., Valverde, M. T. e González, M. (2015). Guía de trabajo fin de grado en educación. Madrid: Pirámide.
Clanchy, J. (2000). Cómo se hace un trabajo académico. Guía práctica para estudiantes universitarios. Zaragoza: PUZ.
Festinger, L. e Katz, D. (comps.) (2004). Los métodos de investigación en las ciencias sociales. Barcelona: Paidós.
García, M. P. (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster. Murcia: Editum.
González, J.M. (2014). Cómo escribir un trabajo de fin de grado. Madrid: Síntesis.
Marin, M. (2015). Escribir textos científicos y académicos. México: FCE.
Novelle, L. (2018). Sobrevivir al Trabajo Fin de Grado en Humanidades y Ciencias Sociales. Todo lo que necesitas saber. Autoedición.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cada tutor/a, en función da temática de cada TFG, proporcionaráa bibliografía que corresponda a cada alumno/a.
Todas as competencias contidas na memoria do Plan de Estudos.
Os TFG teñen un titor/a que guiarán aos estudantes na realización do TFG.
O/a titor/a programará sesións de traballo co alumando, nas que establecerán o calendario das tarefas a realizar e orientarán aos estudantes no desenvolvemento do traballo.
- As sesións de traballo/titorías serán sempre presenciais, agás nos casos nos que o alumnado poida acreditar a imposibilidade de asistencia presencial.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais básicos necesarios para cursar con éxito a materia.
- O uso, segundo sexa necesario, de plataformas tecnolóxicas institucionais (correo electrónico, aula virtual da materia e Microsoft Teams) contémplase como recursos para a difusión de materiais, realización e/ou entrega de tarefas e, en xeral, facilitar a comunicación e un mellor aproveitamento da materia.
De acordo coa Resolución Reitoral sobre procedemento de avaliación previa de traballos de fin de estudos e outros traballos academicos no caso de intervención con seres humanos, obtención de mostras ou de datos persoais, os traballos académicos de fin de estudos realizados por estudantes no marco do seu programa formativo (traballos de fin de Grao e fin de Máster, traballos académicos vinculados a outras materias, incluídas prácticas externas e Prácticum, e traballos de investigación en titulacións oficiais e propias) consistentes no desenvolvemento dun traballo de investigación e/ou intervención deben servir para que os/a estudantes aprendan a realizar este tipo de traballos de modo correcto, non só desde o punto de vista da fundamentación científica, da metodoloxía e da obtención e comunicación de resultados, senón tamén en relación cos principios e normas éticas, deontolóxicas e legais que lles sexan de aplicación. Así pois, cando impliquen intervencións con seres humanos, as súas mostras ou os seus datos, deberán contar con un informe favorable por parte da comisión na que se deleguen estas funcións na Facultade de Formación do Profesorado polo procedemento que se estipule.
A avaliación dos traballos realizarase combinando:
1) Avaliación continua: terá un peso do 30% sobre a nota total da materia e, para levala a cabo, cada titor/a emitirá un informe para cada un dos TFG titorizados. Este informe de seguimento pode ser tan detallado como o/a titor/a considere oportuno e debe incluír, como mínimo, información sobre: asistencia regular ás sesións programadas, interese e participación e grao de cumprimento dos obxectivos programados. No caso de TFG realizado en grupo, o titor debe sinalar, para cada alumno implicado, máis que a información xa indicada, outros que aborden o seu grao de compromiso co traballo en grupo e a súa capacidade para facer contribucións a o correcto desenvolvemento do TFG. Será fundamental obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta parte para superar a materia.
2) Avaliación final: terá un peso do 70% sobre a nota total da materia e realizarase a través da presentación e defensa pública ante un tribunal ou ante o titor do traballo. Os estudantes solicitarán expresamente que sexan avaliados por un tribunal ou polo titor/a do seu traballo.
A defensa do traballo ante o tribunal requirirá o informe previo e preceptivo do titor. O tribunal emitirá a súa avaliación final despois de coñecer este informe.
A cualificación dos traballos realizarase segundo os criterios establecidos na guía docente da materia, que estará ligada á consecución das competencias da titulación e das competencias transversais. Neste senso, para avaliar a aprendizaxe do alumnado teranse en conta os seguintes aspectos: deseño, organización e presentación escrita do traballo, corrección lingüística e claridade da presentación, orixinalidade, cantidade e calidade da información e a bibliografía manexada, capacidade de análise da información, coherencia entre a información empregada e as conclusións, capacidade de resposta ás preguntas formuladas durante a presentación. Neste apartado da avaliación, o informe escrito terá un peso do 80% e a presentación e defensa o 20% restante.
O alumnado que, unha vez entregado o traballo e comprobadas as condicións para a súa defensa, non comparezan no acto público de defensa do TFG na data sinalada, terán a cualificación de suspenso nesa oportunidade.
Cando a defensa do TFG se realice ante un tribunal, este encargarase de ponderar as cualificacións obtidas nos distintos apartados da avaliación (seguimento, informe escrito e presentación e defensa) e outorgará unha cualificación entre 0 e 10, coa expresión dun decimal, ao que se agregará a súa correspondente cualificación cualitativa.
No caso de defensa diante do titor, este levará a cabo os cálculos análogos pero tendo en conta que a cualificación máxima que se pode obter é de 7,5 (Notable).
*IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión de cualificacións
O TFG ten o valor de 9 créditos, o que equivale a un conxunto de 225 horas de traballo.
Recoméndase o uso da bibliografía recomendada para a realización do traballo, e unha planificación axeitada e sistemática do mesmo.
*Para poder formalizar a matrícula do TFG o alumnado poderá ter pendentes como máximo 75 créditos para completar os estudos, excluídos os do TFG.
Os TFG só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Grao, agás os correspondentes aos propios traballos.
Responsabilidade medioambiental. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.