Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés, Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. XERAIS
Nesta asignatura preténdese ofrecer unha panorámica xeral dos principais aspectos socioculturais de países do mundo anglosaxón, tomando o Reino Unido como orixe e punto de referencia dentro dos países de fala inglesa. Ao mesmo tempo que contribúe ao desenvolvemento das destrezas produtivas e receptivas en lingua inglesa, a asignatura axudará ao alumnado a sistematizar e aumentar os seus coñecementos previos sobre aspectos históricos, culturais e lingüísticos relativos ás sociedades de fala inglesa. O obxectivo último e primordial da asignatura é capacitar ao alumnado para incorporar os coñecementos e a conciencia cultural adquiridos á súa futura práctica docente.
2. ESPECÍFICOS
Polo que respecta ao desenvolvemento das habilidades produtivas e receptivas para a comunicación nunha lingua estranxeira, ao longo do curso espérase que o alumnado consolide o nivel de inglés B1 a B2 do Marco Común Europeo de Referencia (intermedio a intermedio superior, ou niveis PET a FCE de Cambridge). Ademáis, a través das actividades levadas a cabo dentro e fóra da aula (traballos escritos, presentacións orais, actividades de avaliación grupal, etc.), espérase que o alumnado desenvolva competencias xenéricas relacionadas co pensamento crítico, o traballo en equipo, e a selección, análise e tratamento da información. Ao remate do curso, o alumnado terá acadados os seguintes obxectivos específicos relacionados cos contidos da asignatura:
- Adquirir coñecementos sobre as características xeográficas básicas dos países de fala inglesa.
- Adquirir coñecementos sobre os principais acontecementos históricos relacionados coas Illas Británicas, e entender o xeito en que eses acontecementos contribuiron a construír o Reino Unido como país.
- Familiarizarse cos principais aspectos da cultura contemporánea en lingua inglesa.
- Aprender a relacionar eses aspectos co contexto cultural propio, e
- Adquirir coñecementos e desenvolver destrezas que capaciten aos estudantes para introducir aspectos culturais na aula de inglés.
Ao longo do curso se introducirán e desenvolverán contidos conceptuais, procedementos e actitudinais. Polo que respecta aos contidos conceptuais, o alumnado se familiarizará con diferentes aspectos da historia, cultura e civilización de fala inglesa, isto é, cuestións de identidade, xeografía e historia, política e institucións, relixión, educación, traballo e economía, vivenda, transporte e benestar social, artes e medios de comunicación.
En canto aos contidos procedementos, o alumnado continuará coa práctica integrada das catro destrezas lingüísticas co fin de mellorar ou consolidar o seu nivel de competencia comunicativa na lingua estranxeira. Finalmente, no que se refire aos contidos actitudinales, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade cultural e para mostrar actitudes tolerantes e respetuosas cara aos hablantes doutras linguas, así como para promover o desenvolvemento desas actitudes e capacidades comunicativas e apreciativas nos seus futuros alumnos.
TEMAS:
1. English Speaking Countries and Regions.
2. Varieties of English. English as a World Language.
3. History of the English Language and historical periods of Britain and the USA.
4. Literature and the Arts.
5. Os estudantes terán que ler unha selección de ficción/ensaios representativos das diferentes orixes culturais da lingua inglesa para
cada un destes temas.
Collie, J. y Martin, A. 2000. What’s it like? Life and Culture in Britain Today. Cambridge: C.U.P.
Dargie, Richard. 2007. A history of Britain : the key events that have shaped Britain from Neolithic times to the 21st century. London: Arcturus.
Rogers, Pat. 1990. The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: O.U.P.
Smith, J. 2012. Exploring British Culture. Cambridge: C.U.P.
Vaughan-Rees, M., Sweeney, G & Cassidy, P. 2007. In Britain. 21st Century Edition. Student’s Book. London: Chancerel International Publishers
Bibliografía complementaria
Gill, S. Cancová, M. 2003. Intercultural Activities. Oxford: O.U.P.
McDowall, D. 2006 (1989). An Illustrated History of Britain. Essex: Longman.
Musman, R. 1987. Background to English Speaking Countries. London: Macmillan.
Musman, R. 1993. Background to the USA. London: Macmillan.
O’Callaghan, B. 2004 (1990). An Illustrated History of the USA. Essex: Longman.
Oakland, J. 1986. British Civilization: An Introduction. London: Routledge.
Parker, Geoffrey, ed. 2017. The Times Concise History of the World. London: Harper Collins.
COMPETENCIAS XERAIS
G.1.Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües, e capacidade para afrontar a lectura e o comentario crítico de textos.
G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E1. Capacidade para comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo que abrangue entre os 6 e os 12 anos no seu contexto familiar, social e escolar.
E2. Capacidade para coñecer as características do alumnado desa etapa e dos seus contextos motivacionais e sociais.
E52. Capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E53. Capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e para promover as competencias correspondentes nos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar a adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos a área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao ámbito profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.4. Capacidade para transmitir información en ámbitos especializados e non especializados.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
A asignatura desenvolverase ao longo dun cuadrimestre, en sesións semanais (expositivas, interactivas e de titorías grupais) que se impartirán preferentemente en inglés, co fin de desenvolver a competencia específica de ‘Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira’, así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira.
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas vanse introducir diversos temas relacionados coa cultura británica mediante actividades de diferentes formatos (textos orais e escritos con preguntas de comprensión, exercicios de elección múltiple, preguntas de resposta aberta, xogo de roles, presentacións orais, actividades de aprendizaxe cooperativa, etc.), destinadas a desenvolver a competencia comunicativa do alumnado, a súa capacidade para o comentario crítico de textos, e as súas habilidades para o traballo en equipo. Esas actividades contribuirán así mesmo a aumentar os seus coñecementos sobre aspectos culturais dos países de fala inglesa e a desenvolver as competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxías da información e da comunicación.
As actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas, aplicando e consolidando os coñecementos adquiridos nas sesiones presenciais e exercitando a aprendizaxe autónoma.
Finalmente, as titorías grupais se levarán a cabo como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo e cooperativo. Así mesmo, instarase ao alumnado a que acuda a titorías individuais no despacho do profesor para obter a orientación e supervisión que precise.
Esta asignatura será impartida en: inglés, español, galego.
EVALUACIÓN DE PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE:
(A) Para os estudiantes que asisten regularmente a clases:
- Preparación e participación activa na aula: 10%
- Evaluación continua de trabajos escritos: 30%
- Exame final escrito: 50%
- Probas oráis: 10%
(B) Para o alumnado con dispensa legal e repetidor:
- Evaluación continua de traballos escritos: 40%
- Exame final escrito: 50%
- Probas oráis: 10%
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
Tal e como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique aproximadamente 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo del alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
É recomendable levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuir o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe que o Centro pon á súa disposición, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
A asignatura disporá dunha páxina no Campus Virtual, onde o alumnado poderá localizar documentos e materiais de interese.
Prerrequisitos
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura. Non obstante, recoméndase posuír un nivel mínimo inicial de competencia comunicativa na lingua inglesa equivalente ao B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Así mesmo, é aconsellable ter cursado e aprobado a asignatura obrigatoria “Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: Inglés”. Finalmente, recoméndase tamén posuír un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Jesus Varela Zapata
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824715
- Correo electrónico
- varela.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula de Idiomas |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula de Idiomas |
16.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |