Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
XERAIS
a. Formar ao alumnado como futuros profesores na aprendizaxe e na práctica das destrezas escritas: lectura comprensiva, escritura nos contextos comunicativos cotiás e académicos.
b. Dominar as competencias numeradas na anterior sección e ser capaces de ensinalas na escola primaria.
Asemade, esta materia formará ós estudantes en:
COÑECEMENTO DECLARATIVO
a. Saber como ensinar e aprender as destrezas escritas da lingua estranxeira en contextos multilingües.
b. Comprender a natureza das situacións multilingües na clase e a súa relación coa ensinanza aprendizaxe de linguas de acordo co Marco Común europeo de Referencia para as Linguas. (MCER)
c. Dominar os contidos básicos da didáctica das linguas dende unha perspectiva multilingüe.
d. Mellorar o seu coñecemento da lingua inglesa, especialmente das destrezas orais en inglés, comezando dende un nivel B1.2 e tentando chegar ó nivel B2.1.
DESTREZAS E SABER COMO FACER
a. Poder aplicar o coñecemento teórico da lingua e as súas funcións á lectura comprensiva e a escritura comunicativa.
b. Analizar modelos educativos multilingües e aplicar o coñecemento obtido ás situacións concretas.
c. Solucionar os problemas relacionados coa ensinanza-aprendizaxe das destrezas escritas en inglés.
d. Animar ós alumnos a desenrolar súas destrezas comunicativas na lingua estranxeira.
COMPETENCIA EXISTENCIAL
a. Mostrar unha actitude positiva e respectuosa cara a diversidade lingüística como unha expresión do noso patrimonio cultural.
b. Valorar a importancia destas actitudes na ensinanza das linguas e as súas culturas.
O longo do curso iranse introducindo e desenrolando os contidos conceptuais, de procedemento e de actitude. En canto ós contidos conceptuais, as destrezas receptivas se desenrolarán tendo en conta as competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas.
Dentro da competencia lingüística, prestarase atención, por unha banda, á introdución, revisión e adquisición dun coñecemento mais profundo das estruturas gramaticais (tempos verbais, adverbios de frecuencia, oracións de relativo, interrogativas, a voz pasiva, o estilo indirecto, condicionais, entre outros) con vistas a axudar ó estudante a facer cousas coa linguaxe usando as diversas destrezas (describir e narrar, pedir e dar información, entre outros).
Asemade, conseguirase o desenrolo léxico do estudante ao considerar unha variedade de campos semánticos (turismo e tempo libre, os “mass media”, as artes e humanidades, a ciencia e a tecnoloxía, a literatura, entre outros) así como temas de interese morfolóxico e semántico (clases de palabras, falsos amigos, frases idiomáticas, variación estilística e xeográfica, rexistro, entre outros) para axudar o alumnado desenrolar e interiorizar o vocabulario. Revisaranse, tamén, a natureza fonolóxico e fonético da lingua inglesa, así como as diferenzas de dialectos e acentos, modelos de entoación, as formas débiles e fortes, a elisión, mais a asimilación.
A competencia sociolingüística desenrolarase a través da adquisición dun coñecemento de fórmulas lingüísticas para a interacción cotiá, diferenza de rexistros, relacións sociais (uso e elección de saúdos, formas de dirixirse ós demais, convencións no uso da quenda de palabra, uso ou elección de xuramentos ou linguaxe tabú), como expresarse con educación, como recoñecer a variación estilística e xeográfica, entre outros.
A competencia pragmática e estratéxica alcanzarase adestrando ós estudantes para que poidan construír, organizar e conectar a linguaxe oral, para que utilicen estratexias que realcen a comunicación verbal e nonverbal, recoñezan xéneros e subxéneros (por exemplo, narración, descrición, instrución) entre outros.
En canto aos contidos ou habilidades de procedemento, os estudantes desenvolverán habilidades tanto produtivas (falar e interactuar) como receptivas (comprensión auditiva) de forma integrada para alcanzar o nivel esperado de competencia comunicativa. Por último, en canto aos contidos actitudinais, os estudantes aprenderán a apreciar a diversidade lingüística, a confiar nas súas posibilidades de auto aprendizaxe e a aprender dos seus erros para desenvolver actitudes abertas, colaborativas, e respectuosas sobre a aprendizaxe e o ensino.
CONTIDO DIDÁCTICO
Os estudantes se familiarizaran cos enfoques básicos e metodoloxía para a ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de primaria. Dentro deste marco xeral prestarase especial atención ás destrezas produtivas e receptivas, manexo da clase, planificación e avaliación, unidades didácticas, recursos incluíndo as Tics.
BIBLIGRAFÍA BÁSICA
Latham, C. et al. (2014). English File. 3rd Ed. Upper-intermediate. Oxford: Oxford University Press.
Jeffries, Lesley. 1998. Meaning in English: An Introduction to Language Study. London: Macmillan.
Leech, Geoffrey, N. 2004. Meaning and the English Verb. 3rd Ed. London: Longman
Leech, Geoffrey, and Jan Svartvik. 1988. A Communicative Grammar of English. 14th reprint. Harlow: Longman.
McCarthy, Michael and Felicity O’Dell. 1998. 8th printing. English Vocabulary in Use. Cambridge: Cambridge University Press.
Pridham, Francesca. 2001. The Language of Conversation. London: Routledge.
Thorne, Sara. 1997. Mastering Advanced English Language. Houndmills: Macmillan.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bland, Janice. Ed. 2015. Teaching English to young learners: critical issues in language teaching with 3-12-year-olds. London; New York, NY: Bloomsbury Academic, an imprint of Bloomsbury Publishing, Plc.
Ellis, Sue, and Elspeth McCartney. Eds. 2011. Applied Linguistics and Primary School Teaching. Cambridge: Cambridge University Press.
Emery, Helen, and Sarah Rich. Eds. 2015. Teaching English to young learners
Alexandria, Virginia: TESOL Press.
Galton, Maurice. 1999. 2nd Edition. Inside the primary classroom: 20 years on. London; New York: Routledge.
Glazzard, Jonathan and Samuel Stones, Eds. 2020. Relationships education for primary schools (2020): a critical toolkit for teachers. St. Albans, England: Critical Publishing.
Grugeon, Elizabeth et al. 2000. Teaching speaking & listening in the primary school. 3rd ed. Abingdon, Oxon: David Fulton Publishers.
Halliwell, Susan. 1992. Teaching English in the primary classroom. 3rd Ed. London; New York: Longman.
Hood, Philip, and Kristina Tobutt. Eds. 2016. Teaching Languages in the Primary School. Thousand Oaks, California: Sage.
Maynard, Sally et al. 2012. Teaching Foreign Languages in the Primary School. Milton Park, Abingdon, Oxon; New York, N.Y.: Routledge.
Owen, David and Cathy Burnett, Eds. 2014. Getting into primary teaching. Northwich: Critical Publishing Ltd.
DICIONARIOS E RECURSOS DE GRAMÁTICA INGLESA
dictionary.cambridge.org
www.oed.com
www.oxfordlearnersdictionaries.com
wordreference.com
Close, R.A. 1975. Reference Grammar for Students of English. London: Longman.
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: Oxford University Press
Hewings, M. 1999. Advanced Grammar in Use. Cambridge: Cambridge University Press
Jackson, H. 1990. Grammar and Meaning: A Semantic Approach to English Grammar. London: Longman.
Murphy, R. 1999. Essential Grammar in Use. Cassette set. Cambridge: Cambridge University Press
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use: A Self-Study Reference and Practice book for Intermediate Students of English. 3rd. ed. Cambridge: Cambridge University Press
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: Cambridge University Press
Shepher, J. et al. 1990. Ways to Grammar. London: Macmillan Publishers.
Thomson, a.J. & Martinet, A. V. 1983. A Practical Grammar of English. Oxford: Oxford University Press.
RECURSOS ELECTRÓNICOS
American English
https://americanenglish.state.gov/forum
Cambridge
https://www.cambridgeenglish.org/teaching-english/resources-for-teacher…
Cervantes.org (formácion de profesores)
https://cfp.cervantes.es/recursos/bibliografia_de_referencia.htm
E-Grid
https://egrid.epg-project.eu/en?language=en
Oxford
https://elt.oup.com/learning_resources/?cc=glob
XERAIS
G1 - Capacidade para demostrar a adquisición de coñecemento das áreas curriculares, relacións entre elas, criterios de avaliación e didáctica na educación primaria.
G3 - Capacidade para enfrontarse ás situacións multiculturais e multilingües na ensinanza e aprendizaxe de linguas.
G11 - Capacidade para familiarizarse con, seleccionar e utilizar as Tics na clase.
ESPECÍFICAS
E1 - Capacidade de entender os procesos de aprendizaxe na escola primaria no contexto familiar e escolar.
E2 - Capacidade para coñecer as características dos estudantes así como a súa motivación e contexto social.
E52 - Competencia lingüística: Capacidade para a comunicación oral nunha lingua estranxeira.
E53 - Competencia didáctica: Capacidade para desenrolar e avaliar os contidos curriculares usando as técnicas apropiadas, e ao mesmo tempo promover o desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes.
BÁSICAS
B1 - Capacidade para demostrar a adquisición do coñecemento, en particular o que se refire ao campo específico de estudo dos alumnos.
B2 - Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido ao seu campo profesional.
B4 - Capacidade para transmitir información tanto nunha forma especializada como non especializada con vistas a desenrolar argumentos e solucionar problemas.
TRANSVERSAL
T1 - Coñecemento instrumental das linguas estranxeiras.
As sesións de ensino serán en inglés. As actividades levadas a cabo na aula poden ser individuais, ou realizadas en grupos pequenos ou medianos. As clases expositivas dedicaranse a desenvolver as competencias relacionadas co proceso de ensino e aprendizaxe dunha lingua estranxeira na educación primaria, a través de presentacións realizadas polo profesor e polo alumnado.
Por outra banda, o alumnado mellorará a súa competencia comunicativa estudando os aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua inglesa. Isto farase a través de actividades con distintos formatos (“drills”, elección múltiple, verdadeiro-falso, completar espazos en branco, e transformacións, entre outros). As sesións interactivas (para grupos de tamaño mediano) estarán tamén enfocadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, en particular as que se refiren ás destrezas orais, a través de actividades deseñadas para comprobar se o alumnado comprende os textos orais, e a produción a través de debates, “role-plays” ou ditados entre outros. A avaliación individual e de grupo enfocarase a verificar a adquisición tanto da competencia lingüística como didáctica. As titorías (para grupos pequenos ou individuais) serán sesións de seguimento dedicadas a supervisar ao alumnado e a promover a aprendizaxe autónoma.
A avaliación basearase en parte na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre e de acordo cas opcións de avaliación que se enumeran a continuación.
OLLO: En calquera caso, para todas as opcións de avaliación, o alumnado debe aprobar cada unha das seccións enumeradas nestes casos para aprobar esta materia.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN:
(A) Para os estudantes que asisten regularmente a clases:* (Véxase abaixo.)
- Preparación das tarefas en prazo e participación activa na aula: 10%
-Presentacións orais e outras tarefas asignadas: 40%
- Test específicos finais (oral e comprensión auditiva) : 50%
* Débese asistir a un mínimo do 80% das horas de clase. As datas dos “tests” específicos e as presentacións orais anunciarase ao longo do semestre.
(B) Para o alumnado con dispensa legal:** (Véxase abaixo.)
- Participación activa na preparación das tarefas asignadas: 30%
- Test oral final: 35 %
- Test de comprensión auditiva final: 35%
** O alumnado con dispensa legal debe contactar o profesor coordinador nas primeiras dúas semanas de clase e mais presentarse os tests finais nas datas acordadas na aula.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. o alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda opción.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCIÓN:
O alumnado que aprobase unha sección do exame de primeira opción, poderá retela para a avaliación de segunda opción, en calquera caso, o sistema de avaliación é o mesmo que na primeira opción.
PARA CURSAR ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite cursar esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua do traballo realizado en clase durante o semestre académico poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver cursar toda a materia.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tal e como figura na Memoria do título, o alumando debe dedicar polo menos 112.5 horas á materia. Este tempo distribuirase do seguinte xeito: 36 horas de traballo en clase e 76.5 horas de traballo fora de clase.
O traballo realizado para esta materia debe levarse a cabo de acordo coas especificacións establecidas polo profesorado. Dado que este curso forma parte da preparación cara ao seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse a tempo.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
REQUISITOS FORMAIS ESPECÍFICOS:
Aínda que non existen requisitos formais específicos para esta materia, o alumnado debe ter consolidado as competencias de un nivel alto intermedio (B1.2) ao inicio da materia. Se alguén non está seguro de ter este nivel, pode poñerse en contacto co profesorado encargado.
Tamén recomendase ter aprobada a materia obrigatoria, “Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: inglés”.
Por outra banda, é necesario que o alumnado teña acceso a un ordenador (ou tablet, smartphone) con audio mais capacidade de vídeo para que poidan acceder á aula virtual, así como para completar as actividades e tarefas asignadas durante o curso académico.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia a clase é obrigatoria; ademais, o alumnado debe ser capaz de facer o traballo desenvolvido nesta materia en por si. Así, o alumnado que non asista a clase deberá entregar o traballo asignado para recibir unha nota de avaliación continua. Para favorecer a avaliación continua, unha certa porcentaxe da nota final reflectirá a asistencia e a participación activa do alumnado en clase. Ademais, farase fincapé no traballo oral realizado ao longo do curso e este traballo oral realízase mellor na aula. En calquera caso, como o alumnado universitario é responsable de preparar o traballo asignado en clase tanto se asiste ou non.
TRABALLO EN CLASE E ESTUDO FORA DA AULA:
A participación activa en clase axudará ao alumnado para mellorar a súa produción lingüística tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe a súa preparación do vocabulario e / ou tarefas asignadas. Ao longo do curso académico pódese asignar traballo escrito para permitir a práctica deste tipo de produción lingüística. Para que esta práctica sexa avaliada, O TRABALLO ESCRITO DEBE ESTAR MECANOGRAFADO, A DOBRE ESPAZO E ENTREGADO EN PRAZO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE enriba no apartado "SISTEMA DE AVALIACIÓN".
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 27 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 20 |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 23 |