Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Xerais
a. Formar ós estudantes como futuros profesores na aprendizaxe e na práctica das destrezas orais: escoita comprensiva, falar e interactuar nos contextos comunicativos cotiáns e académicos na aula de infantil
b. Dominar as competencias numeradas na anterior sección e ser capaces de ensinalas na escola infantil. Ademais, esta materia formará ós estudantes en:
2. Coñecemento declarativo.
a. Saber como ensinar e aprender as destrezas orais da lingua estranxeira en contextos multilingües.
b. Comprender a natureza das situacións multilingües na clase e a súa relación coa ensinanza aprendizaxe de linguas de acordo co Marco Común europeo de Referencia para as Linguas. (MCER)
c. Dominar os contidos básicos da didáctica das linguas dende unha perspectiva multilingüe.
d. Coñecemento das linguas estranxeiras, especialmente das destrezas orais en inglés, comezando dende un nivel B1.2 e tentando chegar ó nivel B2.
3. Destrezas e saber como.
a. Poder aplicar o coñecemento teórico da lingua e as súas funcións á escoita comprensiva e a falar e interactuar.
b. Analizar modelos educativos multilingües e aplicar o coñecemento obtido ás situacións concretas.
c. Solucionar os problemas relacionados coa ensinanza-aprendizaxe das destrezas orais en inglés.
d. Animar ós alumnos a desenrolar súas destrezas comunicativas na lingua estranxeira.
1. O longo do curso iranse introducindo e desenvolvendo os contidos conceptuais, procedimentales, e actitudinales. En canto ós contidos conceptuais, as destrezas receptivas se desenvolverán tendo en conta las competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas.
Dentro da competencia lingüística, prestarase atención, por unha banda, á introdución, revisión e adquisición dun coñecemento mais profundo das estruturas gramaticais (tempos verbais, adverbios de frecuencia, oracións de relativo, interrogativas, a voz pasiva, o estilo indirecto, condicionais etc.) con vistas a axudar ó estudante a facer cousas coa linguaxe usando as diversas destrezas (describir e narrar, pedir e dar información, etc.).
Ademais conseguirase o desenrolo léxico do estudante cubrindo unha variedade de campos semánticos (turismo e tempo libre, os “mass media”, as artes e humanidades, a ciencia e a tecnoloxía, a literatura etc.) así como temas de interese morfolóxico e semántico (clases de palabras, falsos amigos, frases idiomáticas, variación estilística e xeográfica, rexistro, etc.).
A competencia sociolingüística desenrolarase a través da adquisición dun coñecemento de fórmulas lingüísticas para a interacción cotiá, diferenza de rexistros, expresións do folclore popular, relacións sociais (uso e elección de saúdos, formas de dirixirse ós demais, convencións no uso da quenda de palabra, uso ou elección de xuramentos ou linguaxe taboo), como expresarse con educación, como recoñecer a variación estilística e xeográfica, etc.
Dentro do dialecto e o acento os estudantes adestraranse para recoñecer: a clase social, a pertenza rexional, o orixe nacional, grupo étnico e ocupacional. Para lograr isto último os estudantes serán introducidos ós marcadores que se refiren ó léxico, gramática, fonoloxía, características vocais, paralingüística e linguaxe corporal.
A competencia pragmática e estratéxica alcanzarase adestrando ós estudantes para que poidan construír, organizar e conectar a linguaxe oral, para que utilicen estratexias que realcen a comunicación verbal e non verbal, recoñezan xéneros e subxéneros (narración, descrición, instrución, etc.) entre outros.
2.Contido Didáctico.
Os estudantes se familiarizaran cos enfoques básicos e metodoloxía para a ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de educación infantil. Teranse en conta as diversas estratexias, técnicas e ferramentas. Dentro deste marco xeral prestarase especial atención ás destrezas orais, manexo da clase, planificación e avaliación, unidades didácticas, recursos incluíndo as Tics.
1.-Lecturas obrigatorias para os estudantes con avaliuación continua: pasaxes selectos dos seguientes libros: Harmer, J. (2012). Essential Teacher Knowledge. London: Pearson
Harmer, J. (2007). How to Teach English. London: Pearson Longman Phillips, S. (1993).Young Learners. Oxford:UP
Phillips, S. (2008). Incredible English Kit. Oxford: University Press. Reilly, V. & Ward, S. (2000). Very Young Learners. Oxford: UP
Stempleski, S. (2006). Talk Time. Oxford:UP
Richards, J.C (2006) Developing Tactics for listening. Oxford:UP;
2.- Gramáticas y Diccionarios.
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P. Oxford Advanced Learner’s Dictionary (New edition)
3.- Recursos Electrónicos.
3.1 Metodolóxicos. http://www.isabelperez.com/webquest/ejemplos.htm#en www.childtopia.com ; www.sesamo.com ; http://clic.xtec.es/es/jclic/ etc
3.2 Lingüísticos
- http://cscwww.cats.ohiou.edu/linguistics/esl/ (Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.englishclub.com/ (Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.usingenglish.com (Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.saberingles.com.ar/index.html (Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.mansioningles.com/index.htm (Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.rong-chang.com (Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.esl-lab.com (Listening)
- http://www.elllo.org (Listening)
- http://www.learnenglish.de/englishchat.htm (Speaking)
- http://www.elyrics.net (Song lyrics)
XERAIS
G.1. Capacidade para demostrar a adquisición de coñecemento das áreas curriculares, relacións entre elas, criterios de avaliación e didáctica na educación primaria.
G.3. Capacidade para enfrontarse ás situacións multiculturais e multilingües na ensinanza e aprendizaxe de linguas.
G.11. Capacidade para familiarizarse con, seleccionar e utilizar as Tics na clase.
ESPECÍFICAS
E1 Capacidade de entender os procesos de aprendizaxe na escola primaria no contexto familiar e escolar. E2 Capacidade para coñecer as características dos estudantes así como a súa motivación e contexto social.
E. 52. Competencia lingüística: Capacidade para a comunicación oral nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: Capacidade para desenrolar e avaliar os contidos curriculares usando as técnicas apropiadas, e ao mesmo tempo promover o desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes.
Básicas
B.1. Capacidade para demostrar a adquisición do coñecemento, en particular o que se refire ao campo específico de estudo dos alumnos.
B.2. Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido ao seu campo profesional.
B.4. Capacidade para transmitir información tanto dunha forma especializada como non especializada con vistas a desenvolver argumentos e solucionar problemas.
TRANSVERSAL
T.1. Coñecemento instrumental das linguas estranxeiras.
Neste curso, esta materia está retirada da oferta. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Mentres esta materia estea retirada da oferta, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final (oral e escrito), no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Mentres esta materia estea retirada da oferta, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final (oral e escrito), no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Seguindo a Memoria do título, os estudantes teñen que dedicar polo menos 111.5 horas á materia.
O alumnado debe planificar o traballo autónomo, distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, e consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jodee Anderson Mcguire
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
02.06.2025 19:00-21:00 | Grupo de exame | Aula 29 |
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 24 |