Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONCEPTUAIS
1. Adquirir nocións básicas sobre a fisioloxía e anatomía do aparello fonador.
2. Adquirir nocións básicas sobre a emisión de sons vocálicos e consonánticos.
3. Coñecer o concepto de disfonía disfuncional, con ou sen lesións orgánicas.
4. Coñecer as principais técnicas que permitirán preservar a voz no contexto escolar: respiración, relaxación e emisión.
5. Coñecer as características das voces infantís e as súas principais alteracións.
PROCEDIMENTAIS
1. Entender e aprender a utilizar o corpo como un instrumento para a fonación.
2. Manexar técnicas de respiración, relaxación e emisión que permitan incrementar a calidade da voz e a eficacia do seu emprego no aula.
3. Seguir as normas básicas de coidado e mantemento da voz.
4. Aprender a detectar hábitos erróneos na emisión da voz e a corrixilos.
5. Recoñecer os principais signos perceptivos das condutas de sobreesforzo vocal.
6. Ser capaz de utilizar recursos que permitan a axudar a preservar a voz infantil no aula.
ACTITUDINALES
1. Obter coñecementos mediante a procura, organización e análise crítica de bibliografía, fontes documentais e TICS relacionadas cos contidos da materia.
2. Desenvolver actitudes abertas, comunicativas, empáticas e asertivas que faciliten o traballo en equipo, a participación e a colaboración cos compañeiros/as e coa docente.
3. Desenvolver valores de tolerancia e respecto aos demais no marco da diversidade individual.
4. Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
BLOQUE I: O CORPO COMO INSTRUMENTO
1.1. O aparello fonador: fisioloxía e anatomía da fonación.
1.2. O sistema nervioso e a voz.
1.3. O esquema corporal vocal.
BLOQUE 2. A VOZ E A PALABRA.
2.1. Breves nocións de fonética.
2.2. Calidades da voz.
3. Clasificación das voces.
2.4. Patoloxías da voz: as disfonías disfuncionais.
BLOQUE 3. PRESERVAR A SAÚDE VOCAL NO CONTEXTO ESCOLAR: USO CORRECTO DA VOZ EN PROFESIONAIS DA EDUCACIÓN.
3.1. A relaxación.
3.2. A respiración.
3.3. A emisión.
3.4. A hixiene vocal.
BLOQUE 4. A VOZ INFANTIL: PREVENCIÓN E TRATAMENTO NAS AULAS.
4.1. Evolución da voz infantil: da vida intrauterina ata a adolescencia.
4.2. As disfonías infantís: incidencia, características, etioloxía e tipos de lesións.
4.3. Prevención das disfonías: familia e escola.
BÁSICA
Fiuza, M. (2013). Educación vocal. Guía Práctica. Madrid: Pirámide.
Fiuza, M. (2011). Una realidad olvidada: la salud vocal en educación infantil y primaria. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, 19(1), 27-40.
Rodríguez, T. (2000). La voz en la enseñanza. Sevilla: Secretaria de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
COMPLEMENTARIA
Bustos, I. (2000). Trastornos de la voz en edad escolar. Archidona (Málaga): Aljibe.
Bustos, I. (2002). Tratamiento de los problemas de la voz. Nuevos enfoques. Madrid: CEPE.
Bustos, I. (2007). La voz. La técnica y la expresión. Barcelona: Paidotribo.
Cortazar, I. y Rojo, B. (2007). La voz en la docencia: conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo. Barcelona: Graó.
Garcia, L. (2003). Tu voz, tu sonido. Madrid: Díaz de Santos.
Lodes, H. (2008). Aprende a respirar. Barcelona: RBA.
Quiñones, C. (2003). Programa para la prevención y el cuidado de la voz. Barcelona: PRAXIS.
Tulón, C. (2006). La voz. Técnica vocal para la rehabilitación de la voz en las disfonías funcionales. Barcelona: Paidrotribo.
Rivas, R.M. y Fiuza, M.J. (2002). La voz y las disfonías disfuncionales. Prevención y tratamiento. Madrid: Pirámide.
Veiga, P. (2005). Educación de la voz: anatomía, patologías y tratamiento. Vigo: IdeasPropias.
Devi, I. (2010). Respirar bien para vivir mejor. Barcelona: Zeta.
Fawcus, M. (2001). Voice disorders and the management (3º ed.). London: Chapman & Hall.
Fiuza, M. J. (2011). Una realidad olvidada: la salud vocal en educación infantil y primaria. Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 19 (1), 27-47.
Fiuza, M.J. (2013). Disfonía y personalidad: una investigación empleando el NEO PI-R. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 33 (1).
Molina, M.T., Fernández, S., Vázquez, F. y Urra, A. (2006). Voz del niño. Revista de Medicina de la Universidad de Navarra, 50 (3), 31-43.
Payné, R. (2002). Técnicas de relajación. Guía práctica. Barcelona: Paidotribo.
Torre, J.J. De la (2011).Juegos de relajación para primaria. EFDeportes.com, Revista Digital, 154. Disponible en http://www.efdeportes.com/efd154/juegos-de-relajacion-para-primaria.htm
Vallés, A. y Vallés, C. (2001). La voz y la respiración. Ejercicios de foniatría infantil (2ª ed.). Madrid: EOS.
Vila, J. M. (2010). Guía de intervención logopédica en la disfonía infantil. Madrid: Síntesis.
COMPETENCIAS XERAIS:
X1. Coñecer as áreas da Educación Primaria e a relación interdisciplinar entre elas, así como os criterios de avaliación e os procedementos didácticos do proceso de ensino-aprendizaxe.
X2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios
científicos e culturais contidos no currículo escolar.
X10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plásticos, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
E57.Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da
elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T1. Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
As actividades presenciais en grupo completo inclúen clases expositivas que se utilizan para introducir, fundamentar e desenvolver os aspectos básicos da materia, aportando ao alumnado as bases teóricas para poder interpretar a información para a elaboración dos traballos e tarefas propostas. Preténdese, tamén, que o alumnado aprenda a realizar un traballo e estudio autónomos e se inicie na tarefa de toma de decisións propia da actividade psicoeducativa.
A través das sesións en grupo mediano (grupo interactivo), ademais de profundar pormenorizadamente en contidos específicos, preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (busca e manexo da información, análise de casos, selección de materiais, presentación de informes, etc.), tratando de favorecer e fomentar tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial (virtual ou presencial) atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe, realizarase a supervisión de tarefas, e o seu seguimento e avaliación continuada tanto no referente a ámbito dos coñecementos como das competencias.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas
O sistema de avaliación da materia inclúe os seguintes aspectos:
1) ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN (50% da puntuación final). A asistencia, xunto coa participación activa do alumnado dará lugar á obtención da devandita cualificación, que se poderá ver reducida de maneira gradual conforme o alumnado non asista/participe ás clases.
2) PROBAS ESPECÍFICAS: Exame final (20%-30% da puntuación final). O exame poderá ser mediante proba obxectiva ou de pregunta curta, que pode conter actividades de carácter práctico. Poderá incluír proba/s obxectivas de valoración de contidos, traballos ou informes escritos e/ou presentación orais. Serán de carácter individual
3) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (20%-30% da puntuación final). Este apartado da avaliación comprende todas aquelas actividades que se realizan en pequeno grupo como, por exemplo, os traballos ou tarefas a desenvolver entre varios compañeiros/as e a exposición desas actividades ou tarefas ante o grupo clase. Podería incluír algunha tarefa de carácter individual. O alumnado deberá obter unha cualificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións
É importante ter presente que:
- Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a
cualificación de aprobado no apartado 2 (un 5 sobre 10, que posteriormente será ponderado).
- Asistencia: 0 número de faltas de asistencia será unha consideración importante para poder superar a materia, de modo que:
• Superar o 20% de faltas sen xustificar conlevará non ser cualificado no apartado 1 (Asistencia e participación).
• Superar o 50% de faltas sen xustificar conlevará non ser cualificado nos apartados 1) e 3) (Asistencia e participación e
informes escritos e outras producións). A avaliación recaerá exclusivamente sobre o exame que se puntuará sobre un
máximo de 7 puntos, situándose o aprobado en 5 puntos.
- Alumnado con exención de docencia: deberá ponerse en contacto coa profesora nas dúas primeiras semanas de clase para
concretar un plan alternativo de avaliación.
- Alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade (período común): Neste caso respectaranse as puntuacións
obtidas -durante o período común- nos apartados 1) e 3) da avaliación. En ningún caso admitiranse traballos a maiores dos
realizados no período común.
- Alumnado de 2ª ou posteriores convocatorias: este alumnado deberá, polo menos, superar as condicións indicadas no
apartado 2) das presentes aclaracións sobre a avaliación. Se o alumno ten puntuación/ s nos apartados 1) e 3), de
convocatorias anteriores manteráselle actualizada dita puntuación.
- Alumnado con diversidade funcional: 0 alumnado que presente algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un
seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través
dun documento expedido por el servizo acreditado pola USC para estes efectos e informar do seu caso á docente desta materia
dentro das dúas primeiras semanas do semestre afectado, a fin de que se poida acordar o máis axiña posible un plan de
traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do
rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en galego.
A materia ten un total de 4,5 créditos que se distribúen entre as clases expositivas, as interactivas, as titorías e a avaliación.
Estimación de horas para o traballo do alumnado:
Actividades presenciais..........Horas..........Traballo persoal do estudante..........Horas
Clases expositivas...................18..............Estudo...........................................40
Clases interactivas..................18..............Elaboración traballos........................30
Titorías...................................2
Total horas.............................38..............Total horas.....................................70
Recoméndase que o alumnado dispoña de ordenador personal e conexión á rede. Se esto no é posible, pódense utilizar as infraestructuras que ofrece o centro (aula de informática, usuarios, conexión WIFI).
É importante que o alumnado se implique activamente dende o principio na dinámica da materia, realizando unha abordaxe comprensiva e significativa para lograr superala con éxito.
A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
O alumnado con Necesidades Educativas Especiais deberá ser avaliado polo servicio correspondente (SEPIU) con obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Helena Agrafojo Nieto
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- mariahelena.agrafojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Música |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Música |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
24.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |