Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias
Análise e resolución de supostos de feito reais
Redacción de documentos xurídicos
Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
Traballo colaborativo.
Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
Coñecer a incidencia do Sistema Tributario sobre os negocios xurídicos.
Coñecer e comprender as consecuencias tributarias das opciones negociais que ofrece o ordenamiento xurídico
Coñecementos das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Profundizar no coñecemento.
o Actualizar e auto-xestionar o propio coñecemento.
Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento.
Plasmación práctica das soluciones aos problemas (escritos, formularios, etc.)
O sistema tributario español: evolución e estrutura
A tributación sobre a renda no Dereito español:
Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Imposto sobre Sociedades
Imposto sobre a Renda de Non Residentes
A imposición patrimonial no Ordenamento español
Imposto sobre o Patrimonio: regras de valoración. Especial referencia á empresa familiar.
Imposto sobre Sucesións e Doazóns. Especial referencia á empresa familiar en Galicia.
Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
A tributación sobre o consumo no Dereito Español
Imposto sobre o Valor Engadido
Impostos Especiais
Impostos das alfándegas
Os tributos autonómicos. En especial, os tributos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os tributos locais.
MANUAIS RECOMENDADOS.
-MERINO JARA e LUCAS DURÁN, Derecho Financiero y Tributario Parte Especial: lecciones adaptadas al EEES,Tecnos, Madrid, ultima edición.
- FERREIRO LAPATZA, CLAVIJO HERNÁNDEZ, MARTÍN QUERALT, PÉREZ ROYO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Tributario, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
- CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Aranzadi, Pamplona, última edición.
- GARCÍA AÑOVEROS y otros, Manual del sistema tributario español, Civitas, Madrid, 2005.
- MARTÍN QUERALT/LOZANO SERRANO/POVEDA BLANCO, Derecho Tributario, Thomson-Aranzadi, Pamplona, última edición.
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS (última edición):
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona, ultima edición
- Derecho Financiero y Tributario español. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid, ultima edición
- Legislación básica del sistema tributario español, Civitas, Madrid, ultima edición
- Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Barcelona, ultima edición
Direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión Europea
Competencias xerais
Capacidade de comprensión, análise e síntese
Capacidade de organización e planificación
Capacidade de obtención e xestión da información
Capacidade de resolución de problemas
Capacidade de decisión
Razoamento crítico
Compromiso ético e deontolóxico
Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
Liderado
Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
Aprendizaxe autónoma
Adaptación a novas situacións
Creatividade
Iniciativa e espírito emprendedor
Motivación pola calidade e a excelencia profesional
Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
Espírito de superación
Competencias específicas:
Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
Adquirir a capacidade de redatar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluida e técinica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
Adquirir a capacidade de analisar e resolver os problemas que xere a practica e a aplicación do Dereito
A actividade docente presencial a desenvolver na aula consistirá fundamentalmente en:
Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:
-Introdución teórica de cada tema.
-Presentación de supostos prácticos a resolver.
-Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar..
-Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
Procurarase desenvolver un programa de titorías personalizado en grupos reducidos.
A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
-Ofreceranse materiais docentes referidos aos contidos e a supostos prácticos.
Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
Realizaranse probas de autoavaliación
Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materia
A AVALIACIÓN Realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-Proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 3 puntos. Nelas valorarase:
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas.
• Realización de test ou actividades no campus virtual
• A asistencia ás interactivas é obrigatoria, agás nos casos de exención de docencia.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como a avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Cando por coincidencia de datas de exames ou por outras causas algún alumno teña dificultades para a realización do exame final nas datas estipuladas polo Centro, poderá optar por realizar un exame oral, que se desenvolverá consonte á normativa xeral de avaliación do rendemento académico, e que necesariamente terá lugar nunha data anterior á fixada para o exame final.
Contémplase tamén a posibilidade de que se o profesor así o propón, e de xeito voluntario, se poda seguir un sistema de avaliación continuada.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (7 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (3 puntos), realizarase a través da resolución dun o varios supostos prácticos que se incluirán como parte do exame (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución). Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
De cara á segunda oportunidade, os alumnos que sen ter exención de docencia non teñan superado a cualificación mínima requirida na parte interactiva poderán recuperar esa parte a través da realización no exame da segunda oportunidade dun ou varios supostos prácticos (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución).
Ademais do traballo na aula, calcúlase que o alumno deberá investir
- 60 horas en actividades de estudo persoal ou en grupo;
-15 horas na resolución de casos practicos ou outros traballos
-5 horas en realizar as lecturas recomendadas
-5 horas en preparar debates, intervencións orais, seminarios ou similares
-5 horas para realizar outras actividades propostas polo profesor
Resulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do campo do Dereito Público e do Dereito Privado (especialmente civil e mercantil) e os fundamentos económicos da Facenda Pública.
Resulta recomendable facer cursado as asignaturas Derecho Financeiro e Procedementos tributarios.
É aconsellable o traballo diario do alumno para o seguimento adecuado das actividades presenciais
Juan Jose Nieto Montero
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814674
- Correo electrónico
- j.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luz Maria Ruibal Pereira
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814768
- Correo electrónico
- luzmaria.ruibal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
18:00-19:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
04.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 5 |
04.06.2025 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 5 |
04.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 5 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
04.07.2025 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |