Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias
• Análise e resolución de supostos de feitos reais
• Redacción de documentos xurídicos
• Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
• Traballo colaborativo.
• Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
• Coñecementos das fontes para:
- Argumentar lóxicamente.
- Aprofundar no coñecemento.
- Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, especialmente co Dereito
Público.
• Plasmación práctica das solucións aos problemas (escritos, formularios, etc.)
Procedementos de aplicación dos tributos:
-Xestión tributaria: aspectos xerais.
- Procedementos de xestión.
- Procedemento inspector
- A recadación Tributaria
-Procedemento sancionador en materia tributaria.
- A revisión de actos en materia tributaria:
*Procedementos especiais de revisión
*Revisión a través de recurso:
Recurso de reposición
A vía económico-administrativa.
MANUALES:
ALONSO GONZÁLEZ/ CASANELLAS/ TOVILLAS: Lecciones de Derecho financiero y tributario ;. Ed. Atelier. ultima edición.
CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT y TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición
MENÉNDEZ MORENO, A., Derecho Financiero y Tributario, Parte general, Lecciones de Cátedra, Lex Nova, última edición.
MERINO JARA; LUCAS DURAN: Derecho financiero y tributario Parte General: lecciones adaptadas al EEES. Editorial Tecnos, ultima edición.
MERINO JARA, I (Director): Procedimientos tributarios: aspectos prácticos. Bosch fiscalidad.
NAVARRO FAURE, A.: MARTIN LOPEZ; MARTINEZ GINER: Manual de Derecho Financiero y Tributario Parte General:. Tirant lo blanch, ultima edición.
PÉREZ ROYO, F., Derecho Financiero y Tributario. Parte General, Civitas, Madrid, última edición
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS: Versións actualizadas:
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona
- Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid
- Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Madrid.
- Códigos BOE.
Direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión Europea
Capacidade de comprensión, análise e síntese
Capacidade de organización e planificación
Capacidade de obtención e xestión da información
Capacidade de resolución de problemas
Capacidade de decisión
Razoamento crítico
Compromiso ético e deontolóxico
Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos
e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos
dereitos fundamentais
Percibir o carácter unitario do Ordenamiento xurídico e conseguir a necesaria visión
sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas
da sociedade
Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais,
persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do
Dereito
Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na
súa realidade actual
Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia
crítica na análise do Ordenamiento
Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na
súa xénese e bases conceptuais
Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e
técnica, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
Adquirir a capacidade de analizar e resolve-los problemas que suscite a práctica e a
aplicación do Dereito
Liñas xerais do ensino da disciplina. A actividade docente presencial a desenvolver no
aula consistirá fundamentalmente en:
*Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección magistral para:
-Introdución teórica de cada tema.
-Presentación de supostos prácticos a resolver.
-Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar..
-Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
*Procurarase desenvolver un programa de tutorías personalizado en grupos reducidos.
*A actividade presencial PODERÁ complementarse con soporte virtual a través da plataforma
USC VIRTUAL a través da que:
-Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
- Ofreceranse enlaces ás fontes básicas de coñecemento.
- Realizaranse probas de autoevaluación.
- Habilitaranse métodos de contacto para tutorías virtuales.
*Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materia
Actividade a desenvolver polo alumnado. Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
-Chegar ao coñecemento teórico dos procedementos tributarios.
-Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de xeito individual como en grupo.
- Procura de materiais: lexislación, consultas, jurisprudencia, etc.
-Aplicación das normas a casos concretos.
-Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
-Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
-Realizar probas periódicas de autoevaluación.
-Participar periódicamente prográmasnos de tutorías.
A avaliación ealizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-Proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 3 puntos. Nelas valorarase:
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas.
• Realización de test ou actividades no campus virtual
A asistencia ás interactivas é obrigatoria, agás nos casos de exención de docencia.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como a avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Cando por coincidencia de datas de exames ou por outras causas algún alumno teña dificultades para a realización do exame final nas datas estipuladas polo Centro, poderá optar por realizar un exame oral, que se desenvolverá consonte á normativa xeral de avaliación do rendemento académico, e que necesariamente terá lugar nunha data anterior á fixada para o exame final.
Contémplase tamén a posibilidade de que se o profesor así o propón, e de xeito voluntario, se poda seguir un sistema de avaliación continuada.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (7 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (3 puntos), realizarase a través da resolución dun o varios supostos prácticos que se incluirán como parte do exame (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución). Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
De cara á segunda oportunidade, os alumnos que sen ter exención de docencia non teñan superado a cualificación mínima requirida na parte interactiva poderán recuperar esa parte a través da realización no exame da segunda oportunidade dun ou varios supostos prácticos (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución)
Traballo presencial no aula.............................................Horas
-Docencia expositiva.............................................................30
-Docencia interactiva.............................................................10
-Tutorías en grupo reducido.....................................................5
Total horas traballo presencial no aula ................................45
Traballo persoal do alumno.............................................Horas
-Estudo individual ou en grupo ...............................................50
-Resolución de casos prácticos ou outros traballos..........................5
-Lecturas recomendadas.........................................................5
-Preparación de presentacións orais,debates e similares..........5
-Asistencia a conferencias ....................................................2,5
Total horas traballo persoal do alumno...............................67,5
-Resulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do
campo do Dereito Público (Dereito Administrativo, Dereito Constitucional) e os
fundamentos económicos da Facenda Pública.
-Resulta recomendable haber cursado a asignatura Dereito financeiro.
María Begoña Villaverde Gómez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814679
- Correo electrónico
- mariabegona.villaverde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cesar Garcia Novoa
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814678
- Correo electrónico
- cesar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jorge Taboada Villa
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- jorgetaboada.villa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego, Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
22.05.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
09.07.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |