Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Penal
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Fronte á formulación xeral de conceptos e principios que debe caracterizar a ensinanza do Dereito Penal, parte xeral, a docencia que se impartirá na materia Dereito Penal, parte especial, dedícase á análise sistemática e singularizada dos concretos tipos delituosos. Pode afirmarse que teñen carácter concreto e fragmentario e que representa a materia e o complemento daquela. Trátase, pois, de ofrecerlle ao alumnado unha visión clara e sistemática dos diversos delitos e faltas contidos nos Libros II e III do Código penal español. Naturalmente, isto non significa que se deba sufocar o alumno cunha análise exhaustiva de todos e cada un dos delitos que compoñen a materia. Para previr un perigoso afastamento da realidade social do coñecemento do Dereito Penal, haberá de aludirse tamén á tarefa aplicativa levada a cabo polos órganos xurisdicionais. Coñecer e entender o sistema penal significa coñecer e entender a forma na que a xurisprudencia aplica os concretos preceptos legais. Os pronunciamentos xurisprudenciais non son –obvio é decilo– “lei” en sentido formal, pero si representan un importante complemento da produción lexislativa; de feito, cando os termos legais veñen redactados con excesiva vaguidade, a sentenza (que debe mirar as circunstancias sociais do momento no que se dita) pode chegar a asumir, incluso, o papel de fonte substantiva. A comprensión dos problemas prácticos e político-criminais que suscitan as principais figuras delituosas, así como dos concretos mecanismos dos que dispoñen o lexislador, o xuíz e o intérprete á hora de resolvelos constitúen, pois, así mesmo, obxectivos primordiais da materia.
DELITOS CONTRA A ORDE SOCIOECONÓMICA
1.- Delitos relativos á propiedade intelectual. Delitos relativos á propiedade industrial. Delitos relativos ao mercado e aos consumidores. Delito de subtracción de cousa propia á súa utilidade social ou cultural. Delitos societarios. Receptación e condutas afíns. Delitos contra a financiación ilegal dos partidos políticos. Delitos contra a Facenda Pública e contra a Seguridade Social. Delitos contra os dereitos dos traballadores. Delitos contra os dereitos dos cidadáns estraxeiros
2.- Delitos relativos á ordenación do territorio. Delitos sobre o patrimonio histórico. Delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente. Delitos relativos á protección da flora e a fauna. Delitos de risco catastrófico. Incendios. Delitos contra a saúde pública. Delitos contra a seguridade do tráfico
DELITOS CONTRA A COMUNIDADE
3.- Falsidades. Falsificación de moeda e efectos timbrados. Falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís e de despachos transmitidos por servizos de telecomunicación. Falsificación de documentos privados. Falsificación de certificados. Usurpación de estado civil. Usurpación de funcións públicas e intrusismo
4.- Delitos contra a Administración Pública. Prevaricación e outros comportamentos inxustos. Abandono de destino e omisión do deber de perseguir delitos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos. Suborno. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e abusos no exercicio da súa función. Delitos de corrupción nas transaccións comerciais internacionais
5.- Delitos contra a Administración de Xustiza. Prevaricación. Omisión do deber de impedir delitos ou de promover a súa persecución. Encubrimento. Realización arbitraria do propio dereito. Acusación e denuncia falsas e simulación de delitos. Falso testemuño. Obstrución á xustiza. Deslealdade profesional. Quebrantamento de condena
6.- Delitos contra a Constitución. Rebelión. Delitos contra a coroa. Delitos contra as institucións do Estado. Usurpación de atribucións. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidas pola Constitución. Delitos contra a liberdade de conciencia, os sentimentos relixiosos e o respecto aos defuntos. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais
7.- Delitos contra a orde pública. Sedición. Atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos, resistencia e desobediencia. Desordes públicas. Tenza, tráfico e depósito de armas, municións ou explosivos. Terrorismo
8.- Delitos de traizón, contra a paz ou a independencia do Estado, e relativos á defensa nacional. Traizón. Delitos que comprometen a paz ou a independencia do Estado. Delitos relativos á defensa nacional. Descubrimento e revelación de segredos e informacións relativas á defensa nacional
9.- Delitos contra a comunidade internacional. Delitos contra o dereito de xentes. Xenocidio. Delitos contra as persoas e bens protexidos no caso de conflito armado
* Álvarez García, F.J.: Derecho penal español. Parte Especial, Tirant lo Blanch, Valencia.
* Muñoz Conde, F.: Derecho Penal. Parte Especial, Tirant lo Blanch, Valencia.
* Queralt Jiménez, J. J.: Derecho Penal español. Parte Especial, Atelier, Barcelona.
* Quintero Olivares, G. e outros: Comentarios al Código Penal Español, Aranzadi Thomson Reuters, Cizur Menor.
*Suárez-Mira Rodríguez e outros: Manual de Derecho Penal. Tomo II. Parte Especial. Thomson Reuters. Cizur Menor.
* Vives Antón, T. S.: Derecho Penal. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia.
- Distinguir os diferentes elementos dos tipos penais da parte especial, así como ponderar as críticas tanto doutrinais como xurisprudenciais vertidas sobre eles.
- Resolución de casos reais previamente xulgados polos nosos tribunais penais, co obxecto de adecuar os coñecementos teóricos adquiridos nas aulas sobre as diferentes figuras delituosas á práctica xurisprudencial.
- Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte especial do Dereito penal.
O carácter cuadrimestral da materia “Dereito Penal, parte especial-Delitos contra a Orde socioeconómica e contra a Comunidade" no plan de estudos vixente na Universidade de Santiago de Compostela, obriga a sintetizar nas leccións teóricas o contido básico desta disciplina, substituíndo a exposición detallada dos manuais e monografías por unha explicación máis áxil e participativa. A ensinanza de cada un dos temas do programa discorrerá por unha serie de elementos comúns: antecedentes históricos da figura delituosa en cuestión, ben ou bens xurídicos que se aspira a protexer con ela, aspectos obxectivos e subxectivos que presenta a súa redacción típica, relacións con outras figuras delituosas, así como as concretas sancións penais previstas para elas. As aulas prácticas revisten unha especial importancia nunha disciplina que, como o Dereito Penal, parte especial, posúe un considerable grao de abstracción teórica. Para o efecto, recorrerase, na explicación da materia, a expedientes como a achega do maior número posible de exemplos e a posta á disposición dos alumnos da xurisprudencia máis representativa na materia. O “caso” como método de explicación, ademais de servir de elo entre o problema práctico e a explicación teórica, persegue como obxectivo fundamental desenvolver a capacidade argumentativa e de crítica dos alumnos, ao propio tempo que lles ofrece a posibilidade de avaliar, por si mesmos, o grao de comprensión do contido de cada materia que van alcanzando. Ademais, a clase práctica representa o instrumento idóneo para evitar que a ensinanza do Dereito Penal caia nun puro exercicio especulativo, sobre todo se os supostos cos que se traballa se afastan dos “casos de laboratorio” e se toman da praxe xurisprudencial, que proporciona non poucas mostras de ata que punto os sucesos reais, cando menos na nosa materia, poden superar en complexidade aos ficticios.
A asistencia voluntaria a xuízos penais será unha actividade práctica voluntaria valorable como asistencia a clase interactiva. En clase os alumnos exporán ó grupo o presenciado e daráselles resposta ás cuestións que formulasen por escrito en relación ó presenciado. Os que non poidan acudir, realizarán unha actividade alternativa (exposición á clase dun resumo dunha película ou dunha noticia de actualidade que teña relación coa materia)
Empregarase o Campus Virtual e Microsoft Teams.
A calificación final dos/as estudantes conformarase do seguinte modo:
- Un 90% da calificación corresponderase co resultado dunha proba final tipo test. Nela ponderaranse os coñecementos do alumnado sobre o contido da asignatura, debendo obterse un mínimo de 5 puntos para poderlle sumar a calificación obtida noutras actividade realizadas durante o curso académico.
- O 10% restante obterase mediante a realización das actividades programadas durante as oito semanas de clases interactivas.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade evaluable é o exame.
Os/as estudantes con exención de docencia realizarán, en número, exigencia e ritmo, as mesmas actividades prácticas que se levan a cabo nas clases interactivas, coas adaptacións que no seu caso procedan.
As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
- Docencia expositiva: 30 horas.
- Docencia interactiva: 10 horas.
- Titorías en grupo reducido: 5 horas.
- Total de horas presenciais: 45 horas.
- Estudo individual ou en grupo: 60 horas.
- Resolución de casos prácticos ou traballos: 7,5 horas.
- Total de horas non presenciais: 67,5 horas.
- Volume de traballo global mínimo: 112,5 horas.
Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso das titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios cos que a disciplina conta
Gumersindo Guinarte Cabada
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814684
- Correo electrónico
- gumersindo.guinarte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Inmaculada Valeije Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814692
- Correo electrónico
- inma.valeije [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Castro Corredoira
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Correo electrónico
- maria.castro.corredoira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Angel Manuel Pantin Reigada
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Correo electrónico
- angelmanuel.pantin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Angel Manuel Pantin Reigada
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Correo electrónico
- angelmanuel.pantin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
02.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
02.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
02.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
02.07.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |