Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento do réxime xurídico dos títulos valor e outros medios de pagamento e de crédito, así como dos principais contratos do tráfico mercantil.
- Estudo do Dereito Concursal.
INTRODUCCIÓN: A ACTIVIDADE XURÍDICA EXTERNA DA EMPRESA
TEMA PRELIMINAR.- A empresa e a súa actividade económica: perspectiva xurídica da actividade externa. Os contratos do empresario. Medios e instrumentos de pago das operacións mercantis. Crisis na actividade do empresario: o Dereito concursal.
PARTE PRIMEIRA: OS CONTRATOS DO EMPRESARIO
TEMA 1.-Os contratos mercantis: concepto e caracteres esenciais. réximen legal da contratación mercantil: as obligacións mercantis. A contratación cos consumidores. A contratación electrónica. Clases de contratos mercantis.
TEMA 2.- Contratos de cambio e auxiliares: o comercio tradicional. A compraventa mercantil: concepto e delimitación. Contido do contrato: o incumplimento e os seus efectos. Transmisión do riesco. Ventas mercantis especiais. Contratos afines a compraventa.
TEMA 3.- O contrato de comisión: concepto e rasgos básicos. Contido do contrato de comisión: obligacións das partes. Extinción do contrato. O contrato de mediación ou corretaxe.
TEMA 4.- Contratos de distribución e afins: o comercio integrado. Características xenerais: clases de contratos de distribución. O contrato de concesión mercantil: rasgos característicos. O contrato de establecimento oficial: a distribución selectiva. O contrato de franquicia: concepto e elementos esenciais.Contratos de mediación.
TEMA 5.- O contrato de axencia: concepto e caracteres. Contido do contrato de axencia: obligacións das partes. Extinción do contrato: a indemnización por clientela.
TEMA 6.- Os contratos de financiación e garantía. Contratos de financiación no bancaria: o préstamo mercantil e contas en participación. Contratos de financiación bancaria: instrumentos de financiación do inmovilizado e do circulante. Os contratos de garantía.
TEMA 7.- Os contratos de transporte e depósito. Concepto e clases de transporte. O transporte terrestre de mercancías: elementos do contrato de transporte. Contido do contrato: dereitos e obligacións das partes. Responsabilidade do porteador. O contrato de depósito.
TEMA 8.- Contratos de seguro. Concepto e clases de seguros. O contrato de seguro: elementos. Contido do contrato: obligacións das partes. Seguros de danos en particular. Seguros de persoas.
PARTE SEGUNDA: MEDIOS E INSTRUMENTOS DE PAGO
TEMA 9- O pago das operacións mercantis. Peculiaridades nos pagos mercantis. Principais medios de pago. O pago a través de efectos mercantis. Réximen xeral dos efectos mercantis: a categoría dos títulos-valor. Lei cambiaria e do cheque.
TEMA 10.- O libramento de efectos mercantiles. O libramento da letra de cambio: requisitos formais. O modelo oficial de letra de cambio. O libramento do pagaré. O libramento do cheque.
TEMA 11.- A circulación dos efectos mercantiles. Circulación da letra: o endoso. Efectos do endoso: traslación, lexitimación e garantía. Forma do endoso. Circulación do pagaré. Circulación do cheque.
TEMA 12.- Aceptación e aval dos efectos mercantiles. A aceptación da letra: concepto, forma e efectos. Responsabilidade do emisor do pagaré. Responsabilidade do emisor do cheque. O aval dos efectos mercantiles. O aval: na letra, no pagaré e no cheque.
TEMA 13.- Vencimiento e pago. Modalidades de pago. O pago ordinario dos efectos mercantiles: o pago ordinario da letra, do pagaré e do cheque. O pago extraordinario: a responsabilidade cambiaria. As accións cambiarias: na letra, no pagaré e no cheque. Excepcións cambiarias. O procedimiento cambiario.
TEMA 14.-Os pagos bancarios. O contrato de conta bancaria. A Ley de Servizos de Pago: transferencias, domiciliacións, tarxetas. Outras modalidades de pagos bancarios: o confirming. Pagos no comercio exterior: o crédito documentario. Novas formas de pago.
PARTE TERCEIRA: DEREITO CONCURSAL
TEMA 15 .- O Dereito concursal. Problemática jurídica da crisis económica do empresario. O Dereito concursal español: evolución e situación actual. Institucións concursais vixentes.
TEMA 16.- Fase de apertura do concurso. Presuposto obxetivo do concurso: a insolvencia do deudor. Solicitude da declaración de concurso: concurso voluntario e concurso necesario. A declaración de concurso. Efectos da declaración de concurso.
TEMA 17.- Fase de tramitación do concurso. A administración concursal. Informe da administración concursal. Determinación da masa activa: reintegración e reducción da masa activa. Determinación da masa pasiva: créditos concursais e créditos contra la masa. Clasificación dos créditos concursais.
TEMA 18.- Fase de solución do concurso. O convenio cos acreedores. A proposta de convenio. A xunta de acreedores. Aprobación xudicial do convenio. Eficacia do convenio. A liquidación do patrimonio do deudor. Calificación e conclusión do concurso.
- Bibliografía básica:
Código de Comercio y Legislación Mercantil Complementaria, edición actualizada
- Bibliografía complementaria:
- Broseta Pont/Martinez Sanz, Manual de Derecho Mercantil, II, Tecnos
- Ménendez, A. (Dir.), Lecciones de Dercho mercantil, Civitas.
-Jiménez Sánchez, G.J./Díaz Moreno, A., Lecciones de Derecho mercantil, Tecnos.
- Sánchez Calero F., y , Sánchez Calero Guilarte, J, Instituciones de Derecho Mercantil, Vol. II. Thomson Aranzadi.
- Uría / Menéndez, Curso de Derecho Mercantil II, Civitas.
- Vicent Chuliá, Introducción al Derecho Mercantil, Tirant lo Blanch.
É preciso que os alumnos utilicen as últimas edicións destes manuais.
-Comprensión e resolución dos distintos problemas xurídicos do tráfico externo da empresa, tanto na súa referencia ao emprego de títulos e documentos mercantís como dos contratos do empresario.
-Capacidade para asesorar os empresarios durante a fase de negociación dun contrato.
-Capacidade para asesorar os empresarios nunha situación de insolvencia ou durante un proceso concursal.
-Capacidade para elaborar e presentar una decisión xuridicamente fundamentada.
O profesor desenvolverá a explicación teórica das diferentes leccións do programa nas clases expositivas. Nembargantes, alomenos un tercio das leccións do programa poderán ter que ser preparadas polo estudante sen explicación previa.
Nas clases interactivas os alumnos resolverán casos prácticos e outras actividades propostas polo profesor, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas clases teóricas.
GRUPOS A, B y C
1.- A nota virá determinada polas cualificacións obtidas nun único exame final escrito (90% da nota final, polo tanto un 9 sobre 10) e mediante a asistencia e participación nas clases interactivas (10% da nota final, polo tanto, un 1 sobre 10). Como complemento da nota final poderá terse en conta tamén a asistencia asidua e participación nas clases expositivas, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC
2.- O exame final escrito consistirá nun test sobre o conxunto do programa. A puntuación máxima que se poderá obter co test será de 9 puntos.
3.- Durante o exame non se poderá empregar o programa, nin a guía docente, nin ningún outro material.
4.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha valoración dun 10% sobre a nota final, polo que a nota máxima a obter coas mesmas será de 1 punto sobre 10. Só se terá en conta a valoración das clases interactivas cando no exame final escrito se acade, alomenos, unha puntuación global de 4 puntos. Como complemento á cualificación das clases interactivas poderase ter en conta a asistencia a serminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC.
Conforme á normativa da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será a de “suspenso”, salvo que o estudante non realice nengunha actividad académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso no que constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello social da USC). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta asignatura é avaliable, eso implica que o alumno que asista ás clases interactivas non poderá figurar como non presentado (incluso aínda que só asista a unha soa clase interactiva).
5.- Para superar a asignatura será preciso alcanzar alomenos unha nota de 5 puntos (entre o exame e, no seu caso, a valoración das clases interactivas).
RÉXIME ESPECIAL PARA OS ALUMNOS CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnos que teñan recoñecida pola USC a exención de docencia nesta materia, deberán facer o exame final escrito nas mesmas condicións que os demáis estudantes.
O punto que os demáis estudantes poden acadar coa asistencia e participación nas clases interactivas, estes estudantes poderán obtelo mediante a realización dun traballo práctico sobre unha das materias da asignatura.
O traballo deberá entregarse aos profesores responsables da asignatura o día do exame final escrito antes do comenzo da proba. O traballo presentado fora de prazo non se terá en conta na evaluación.
O tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno. Non obstante, calcúlase como media, que será necesario dedicar 67.5 horas de traballo propio, que se sumarán ás horas de clase.
Recoméndase encarecidamente o manexo directo do Código de Comercio e da lexislación mercantil complementaria.
Ángel Fernández-Albor Baltar
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814702
- Correo electrónico
- angel.fernandez-albor [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Montero Vilar
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- jose.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Francisco Javier Framiñan Santas
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814622
- Correo electrónico
- javier.framinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Pedrosa Leis
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 981595957
- Correo electrónico
- cristinapedrosa.leis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
10:00-11:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
23.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
23.01.2025 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |
17.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
17.06.2025 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |