Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 2 Clínicos EEES: 16 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dentro dos obxectivos xerais do título de graduado en veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela consta que:
“A formación en ciencias veterinarias ten como obxectivo dotar ós estudantes dos coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes propias da profesión”.
Polo tanto, “os obxectivos xerais do título resúmense na formación dos graduad@s con coñecementos e capacitación profesional que garanta a saúde dos animais e do home mediante:
• Control da hixiene, inspección e a tecnoloxía da produción e a elaboración de alimentos de consumo humano, dende a produción primaria ata o consumidor.
• Prevención, diagnóstico e tratamento individual ou colectivo, así como a loita contra as enfermidades dos animais, sexan consideradas entres individuais ou en grupo, particularmente no caos das zoonoses.
• Control da cría, manexo, benestar, reprodución, protección e alimentación dos animais, así como a mellora das súas producións.
• Obtención, en condicións excelentes e economicamente rendibles, de produtos de orixe animal e a avaliación do seu impacto ambiental.
• Coñecemento e aplicación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas en todos os ámbitos da profesión veterinaria. E de saúde pública, comprendendo as implicacións éticas de saúde nun contexto mundial de transformación.
• Desenvolvemento da práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades relacionadas co traballo en equipo, co uso eficiente dos recursos e coa xestión da calidade.
• Identificación dos riscos emerxentes en todos os ámbitos da profesión veterinaria.
Obxetivos específicos da materia:
Coñecer as diferentes tecnoloxías reprodutivas ao alcance del veterinario e saber aplicalas para mellorar as producións e/ou para solucionar problemas reprodutivos.
SESIÓNS INTERACTIVAS:
Práctica Clínica 1 (TRA C1) (4H).- Inseminación na vaca I: Práctica clínica, que se realizará no Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina”. Os alumn@s aprenderán a técnica para realizar a inseminación artificial na vaca.
Práctica Clínica 2 (TRA C2) (4H).- Inseminación na vaca II: Esta práctica realizarase nas mesmas instalacións que a anterior, e servirá para que os alumn@s consoliden o aprendido na práctica anterior.
Práctica Clínica 3 (TRA C3) (4H).- Inseminación na vaca III: Esta práctica realizarase nas mesmas instalacións que a anterior, e servirá para que os alumn@s consoliden o aprendido na práctica anterior.
Práctica Clínica 4 (TRA C4) (4H).- Control do celo e da ovulación e transferencia de embrións: Práctica clínica realizada na granxa Campus Terra, na que o estudante aprenderá a utilizar os diferentes procedementos empregados durante o control do celo e a transferencia de embrións no gando vacún.
Práctica Clínica 5 (TRA C5) (4H).- Realización do control de reprodución nunha explotación de vacún de leite. Inclúe, valoración dos parámetros reprodutivos co programa informático da granxa, exploración de animais e toma de decisións (protocolos). Práctica clínica, que se realizará na Granxa Campus Terra.
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
BLOQUE I: RUMINANTES (11 h)
TEMA 1.- Control da actividade ovárica. Protocolos utilizados para a sincronización do estro e da ovulación: en femias cíclicas, no anestro da lactación e no anestro estacional. Control das ovulacións múltiples.
TEMA 2.- Avaliación da eficacia reprodutiva. Importancia. Parámetros empregados para avaliar a eficiencia reprodutiva. Análise e interpretación dos diferentes valores. Factores que condicionan a eficiencia reprodutiva.
TEMA 3.- Tecnoloxía para a detección de xestación e o control da súa duración. Métodos indirectos: control do retorno ó estro, niveis de proxesterona, proteínas asociadas á xestación, outros factores de orixe fetal. Métodos directos: palpación rectal, ecografía. Control do momento do parto.
TEMA 4.- Transferencia de embrións. Aplicacións. Elección e preparación das femias doantes e receptoras. Indución dunha ovulación múltiple. Obtención de embrións, avaliación e conservación. Transferencia ás femias receptoras.
TEMA 5.- Outras tecnoloxías embrionarias: Diagnóstico preimplantacional do sexo. Produción de embrións mediante fecundación in vitro. Produción de individuos clónicos e transxénicos.
TEMA 6.- Inseminación Artificial. Vantaxes e inconvenientes. Técnicas de recollida do esperma. Avaliación da calidade seminal. Dilución. Etiqueta e identificación das palletas. Conxelación. Contrastación postdesconxelación. Manexo do seme conxelado. Desconxelación. Instrumentos e técnica de inseminación. Avaliación do éxito da inseminación. Seme sexado.
BLOQUE II: ÉQUIDOS (4h)
TEMA 7.- Control do ciclo estral. Indución do celo. Indución da ovulación. Supresión do estro.
TEMA 8.- Inseminación Artificial. Indicacións. Restricións raciais. Preparación do semental. Métodos de recollida. Métodos de dilúo-conservación. Técnica de inseminación. Taxas de xestación.
TEMA 9.- Outros métodos de reprodución asistida: Transferencia de embrións. Fecundación in vitro. ICSI.
TEMA 10.- Diagnóstico de xestación. Interrupción voluntaria da xestación. Indución do parto: indicacións, métodos.
BLOQUE III: PORCINO (2h):
TEMA 11.- Control do ciclo estral. Indicacións. Porcas cíclicas. Porcas acíclicas.
TEMA 12.- Inseminación artificial. Recollida de seme. Seme refrixerado. Seme conxelado. Técnica de inseminación. Taxas de fertilidade.
TEMA 13.- Diagnóstico de xestación. Retorno ó celo. Ecografía. Indución do parto.
BLOQUE IV: COELLOS (1h):
TEMA 14.- Manexo reprodutivo en coellos: Manexo en bandas. Inseminación artificial.
BLOQUE V: PEQUENOS ANIMAIS (6 h)
TEMA 15.- Inseminación artificial na especie canina. Extracción de seme no can. Utilización de seme fresco, refrixerado y conxelado. Inseminación artificial da cadela.
TEMA 16.- Control da reprodución na cadela e na gata. Indución do celo e da ovulación. Supresión da actividade reprodutiva de forma temporal ou permanente. Interrupción da xestación.
TEMA 17.- Outras biotecnoloxías reprodutivas.
RUMINANTES
- Ball PJH, Peters AR (2004) Reproduction in cattle. 3th Edition. Blackwell Publishing.
- Fields MJ, Sand R, Yelich JV (2002). Factors affecting calf crop biotechnology of Reproduction. CRC Press.
- Gordon I (1996). Controlled Reproduction in cattle and buffaloes. CAB International. 3th Edition.
- Gordon I (2003). Laboratory production of cattle embryos. 2nd Edition. CABI Publishing.
- Hafez ESE. (1996) Reproducción e inseminación artificial en animales. 3ª edición en español. Inter-americana McGraw-Hill. México.
- Hopper, RM (2015). Bovine Reproduction. John Wiley & Sons Inc. Iowa. USA
- Illera Martín M. (1994) Reproducción de los animales domésticos. Aedos. Barcelona.
- Joy KP, Krishna A, Haldar C. (1999) Comparative endocrinology and reproduction. Springer-Verlag. Berlín.
- Knobil E, Neill JD. (1994) The Physiology of Reproduction. Second edition. Volumes 1 y 2. Raven Press, New York.
- Knobil E, Neill JD. (1998) Encyclopedia of reproduction. Academic Press. San Diego.
- McDonald LE, Pineda MH (1991). Endocrinología veterinaria y reproducción. Interamericana McGraw-Hill. México.
- Palma GA (2001). Biotecnología de la Reproducción. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria.
- Pate JL, Smith MF, Spencer TE (2010). Reproduction in Domestic Ruminants VII. Nottingham Uni-versity Press.
- Thibault C, Levasseur MC. (1991) La reproduction chez les mammifères et l’homme. INRA. París.
- Senger PL. (2003). Pathways to pregnancy and parturition. Current Conceptions, Inc. 2nd Edition. Washington.
EQUINO:
- BLANCHARD, T.L.; VARNER, D.D. Y SCHUMACHER, J. (1998). Manual of equine reproduction. Mosby-Year Book. Inc. St. Louis, Missouri.
- BRINSKO, S.P., BLANCHARD, T.L.,VARNER, D.D., SCHUMACHER, J., LOVE, C.C., HINRICHS, K., HARTMAN, D. (2011). Manual of equine reproduction. 3ª Ed. Editorial Mosby elsevier. Maryland Heights, Missouri. Pp. 325.
- DAVIES, M.C.G. (1999). Equine artificial insemination. Editorial CAB International. UK. Pp 406.
- GORDON, I. (1997). Controlled reproduction in horses, deer and camelids. Editorial Cab Internatio-nal. Cambridge. Pp. 215.
- KAHN, W.. Veterinary reproductive ultrasonography. Ed. Mosby-Wolfe, con. London. 1994.
- Ley, B.W. (2004). Broodmare reproduction for the equine practitioner. Editorial Teton NewMedia. Jackon, Wyoming. Pp. 255.
- MAGNI, L. (1993). Inseminazione strumentale nel caballo. Editorial La Goliardica Pavese. Pavia. Pp. 162.
- McKINNON, A.O. Y VOSS, J.L. (1993). Equine reproduction. Editorial Willians and Wilkins. EEUU. Pp. 1137.
PORCINO:
- Buxade, C., Marco, E, López, D. (2007). La cerda reproductora: claves de su optimización productiva. Editorial Euroganadería. España. Pp. 559.
- GORDON, I. (1997). Controlled reproduction in pigs. Editorial Cab International. Cambridge. Pp. 247.
- MARTINAT-BOTTÉ, F.; RENAUD, G.; MADEE, F.; COSTIOU, P. Y TERQUI, M. (2000). Ultrasonography and reproduction in swine: Principles and practical applications. INRA editions. Paris.
PEQUENOS ANIMAIS:
- Johnston SD, Root Kustritz MV, Olson PNS. (2001). Canine and feline theriogenology. WB Saunders Company. Philadelphia.
- Simpson GM, England GCW, Harvey M. (1998) Manual of Small Animal Reproduction and Neonatol-ogy. British Small Animal Veterinary Association. Cheltenham.
-England GCW, von Heimendahl A. (2010). Manual of Canine and Feline Reproduction and Neonatol-ogy. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester.
1.- Competencias Xerais
• GVUSC01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02: Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03: Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04: Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06: Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC07: Habilidade para traballar nun contexto internacional.
• GVUSC08: Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09: Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10: Compromiso ético e asunción de responsabilidades
2.-Competencias Específicas Disciplinares
• CEDVUSC18: Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así coma os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos.
3.- Competencias Específicas Profesionais
• D1VUSC09: Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
4.- Competencias Específicas Académicas
• CEAVUSC01: Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
• CEAVUSC02: Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC03: Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros compañeiros, autoridades e a sociedade en xeral.
• CEAVUSC04: Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
• CEAVUSC05: Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC06: Saber buscar asesoramento e axuda profesional.
• CEAVUSC07: Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
• CEAVUSC08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5.- Competencias Transversais
• CTVUSC01: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC02: Capacidade para obter a información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC03: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC04: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa
• CTVUSC05: Habilidade no manexo das TICs
• CTVUSC06: Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC07: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seús coñecementos.
Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cubrir as seguintes condicións metodolóxicas básicas:
a.- Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e habilidades prácticas, non podemos esquecer que nesta disciplina deberán aprender unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional de veterinaria.
b.- Promover a constante busca de nova información: a reprodución non é unha disciplina estática e encóntrase en continua evolución, polo que é necesario que o alumn@ aprenda a buscar nova información, analizándoa criticamente.
Dentro de esta estrutura, podemos describir varias partes neste curso:
A.- Unha primeira parte de traballo teórico, na que o profesor exporá os temas incluídos no programa da materia e o alumn@ deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. O alumn@ deberá compaxinar a asistencia a clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos.
B.- Traballo práctico: Ó longo do curso, o alumn@ deberá asistir e participar activamente nas sesións prácticas da materia, para poder aprender as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional.
Para a avaliación final do alumn@, teranse en conta todas as actividades realizadas ó longo do curso, así como os coñecementos acadados e as habilidades prácticas alcanzadas.
Así, a avaliación final do alumn@ terá en conta os seguintes aspectos:
1. Participación activa e aproveitamento das clases prácticas, considerando a asistencia e o aproveitamento (30% da nota final)
2.- Exames Escritos (60% da nota final): Neste apartado valoraremos os coñecementos teórico/prácticos acadados polo alumn@. O exame será unha proba que constará de 50 preguntas, unhas de tipo de resposta múltiple e outras de reposta breve. As respostas incorrectas de tipo test non restarán puntos, pero será necesario acertar todas as opcións para que sexa considerada correcta. Para aprobar a materia será necesario acadar como mínimo un 5. De non alcanzarse, non se fará media coas notas das clases prácticas e do traballo.
Realizarase un exame final, na data establecida na Programación Académica da Facultade de Veterinaria.
Trala publicación das notas provisionais de cada exame, o alumn@ poderá revisar o seu exercicio e propoñer as dúbidas, suxestións ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar de revisión será publicada xunto coas puntuacións dos exames.
3.- Probas de seguimento mediante cuestionarios on-line ó final de cada bloque de temas (10% da nota final)
- Recomendacións de cara á Recuperación:
É importante ter en conta unha serie de aspectos no caso de que o/a alumn@ non supere a materia nunha convocatoria determinada:
- Gardaranse as cualificacións obtidas nas prácticas para outras convocatorias, sempre e cando as prácticas non varíen.
- O exame das convocatorias extraordinarias terá un formato semellante ó da convocatoria oficial.
- A nota final das convocatorias extraordinarias, calcularase do mesmo xeito que na convocatoria oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asistencia ás actividades programadas será obrigatoria, pero conservaranse as cualificacións obtidas no curso anterior no apartado de clases prácticas.
Traballo presencial na Aula Horas
Clases maxistrais 24h
Prácticas clínicas 20h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 1h
Total horas de traballo presencial 45h
Traballo persoal do/da estudante Horas
Estudio individual 34,5h
Elaboración de traballos 10,5h
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc 8h
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas 2h
Resolución de casos/problemas 8h
Presentacións orais 2h
Realización de exames 2,5h
Total de horas de traballo persoal do/da estudante 67,5
Total Traballo do Estudante: 112,5 horas
Os estudantes matriculados nesta materia deben ser conscientes de que o seu traballo durante as clases prácticas e as probas de seguimento supoñen un 40% da cualificación final da materia. É, polo tanto, moi recomendable participar activamente en ambos, xa que facilitarán a superación da materia.
A modo de exemplo dicir que, se un estudante non tivera nota de prácticas nin notas das probas de seguimento, debería acadar no exame unha nota mínima de 8,3 para poder superar a materia.
En canto as recomendacións á hora de enfrontarse a un exame escrito, é importante recordar ó estudante que é imprescindible ler detidamente os enunciados de cada pregunta e de todas as respostas. Nas preguntas breves o estudante deberá axustarse ó preguntado e responder con claridade. Recórdase ós estudante s que as preguntas do exame poden necesitar para a súa resposta un razoamento que implique distintas partes da materia.
Luís Ángel Quintela Arias
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- luisangel.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Peña Martínez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- ana.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan José Becerra González
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- juanjose.becerra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pedro José García Herradón
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- garcia.herradon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rodrigo Muiño Otero
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Teléfono
- 982822643
- Correo electrónico
- rodrigo.muino.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Uxia Yañez Ramil
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- uxia.yanez.ramil [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán, Galego | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán, Galego | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán, Galego | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 4 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 4 |
19.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |