Créditos ECTS Créditos ECTS: 7
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clínicos EEES: 136 Total: 138
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O rotatorio ten por obxectivo ser unha disciplina práctica que complementa a formación clínica do estudante mediante a adquisición de habilidades e destrezas, concretas e definidas, que serán necesarias para o exercicio da súa actividade clínica unha vez graduado.
O alumnado deberá adquirir habilidades clínicas básicas da práctica profesional, da exploración dos animais e o seu coidado, da toma de decisións clínicas e aspectos relacionados co tratamento, coidado hospitalario dos pacientes, que deben adquirirse na súa totalidade.
Os contidos do Rotatorio Clínico Hospitalario divídense en rotacións, rotacións complementarias e Laboratorio de habilidades clínicas:
Rotacións: o alumnado intégrase no traballo diario dos diferentes Servizos do Hospital.
1. Medicina Interna (13 horas): xestión do paciente de xeito integral dende a anamnese, pasando polo exame físico, os diagnósticos diferenciais, probas complementarias ata o tratamento. Tamén incluímos a xestión e o tratamento dos pacientes hospitalizados.
2. Cirurxía (13 horas): inclúe os diferentes aspectos do paciente cirúrxico, dende a exploración, a preparación cirúrxica, a anestesia, os procedementos cirúrxicos e o material necesario ata o control e hospitalización dos pacientes post-cirúrxicos.
3. Diagnóstico por Imaxe (13 horas): póñense en práctica os coñecementos para a realización e interpretación das diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe: radioloxía, ecografía, TC, RMN.
4. Servizo de Animais de Renda (SAAR) (13 horas): atención do paciente de xeito integral dende a anamnese e exploración ata o diagnóstico e o tratamento nos grandes animais.
5. Équidos (13 horas): manexo integral dos pacientes equinos dende a súa recepción ata o diagnóstico e tratamento. Manexo de pacientes hospitalizados.
6. Anatomía Patolóxica (4 horas): revisión completa dende a necropsia, a toma de mostras, o diagnóstico e a realización e interpretación correcta dun informe anatomopatolóxico e/ou citolóxico.
7. Etoloxía (3 horas): rotación en consultas de etoloxía e participación en realización de modificacións de conducta.
8. Servizo de atención continuada (10 horas): atención de pacientes no servizo de urxencias do HVU Rof Codina.
Rotacións complementarias: o alumnado realizará actividades de rotación asociadas a cada un dos servizos para complementar a práctica.
1. Rotación Servizo de Équidos I (Rot Eq1) (6 horas): Instalación Hípica La Cruza (Taboada) con traslado en autobús dende o HVU Rof Codina. O alumnado practicará co apoio do profesorado o manexo dos equinos aloxados nun centro deportivo, identificando os principais puntos de risco para saúde dos animais así como as posibles medidas preventivas ou correctivas que detecten. Por outra banda, o/a estudante participará do traballo en equipo con técnicos deportivos en equitación, xinetes e ferradores, desenvolvendo a capacidade de colaboración con outros profesionais do ámbito ecuestre.
2. Rotación Servizo de Cirurxía I (Rot Cir1) (3 horas): Novos animais de compañía. Sala de prácticas de cirurxía do Pavillón 2: O alumnado practicará en cadáveres distintos procedementos clínicos básicos en aves como vías de administración de medicación, intubación, colocación dunha cánula aerosacular, preparación do campo operatorio e vendaxes básicos para un paciente aviar.
3. Rotación Servizo de Diagnóstico por Imaxe I (Rot DPI1) (3 horas): Posicionamento Radiográfico. Servizo de DPI do HVU Rof Codina. O/a estudante practicará co apoio do profesorado a realización dun procedemento completo para obter proxeccións radiográficas cotiás na clínica de pequenos animais, facendo fincapé nas rexións maiormente exploradas (tórax, abdome, e do sistema musculoesquelético: pescozo, ombro, cóbado, cadeira e xeonllo). O/a estudante disporá dun manequín dun can/ gato para practicar os diferentes posicionamentos, así como o cálculo de dose en función das rexións a explorar.
4. Rotación Servizo de Anatomía Patolóxica I (Rot AP1) (3 horas): Citoloxía básica aplicada ao diagnóstico.Sala de microscopios de Anatomía Patolóxica. O alumnado interpretará, co apoio do profesorado, mostras citolóxicas de casos clínicos reais. Discutirase o valor diagnóstico da citoloxía na clínica veterinaria e os factores que inflúen na súa interpretación. Estableceranse os criterios básicos para diferenciar inflamación e neoplasia e determinar se unha neoplasia é benigna ou maligna.
5. Rotación Servizo de Medicina Interna I (Rot Med1) (3 horas): Interpretación laboratorial. Laboratorio do HVU Rof Codina. O alumnado practicará a realización das diferentes técnicas laboratoriais básicas, así como a interpretación das mesmas.
6. Rotación Servizo de Animais de Renda (SAAR) I (Rot SAAR1) (3 horas): Hematoloxía en vacún. Seminario de Clínica Médica Veterinaria. O alumnado practicará a realización de diferentes probas laboratoriais básicas e interpretará os resultados destas probas en gando vacún.
7. Rotación Servizo de Diagnóstico por Imaxe II (Rot DPI2) (3 horas): Protocolo de exploración ecográfica en pequenos animais. Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU Rof Codina. O/a estudante practicará co apoio do profesorado a realización dunha ecografía abdominal completa, identificando os órganos principais así como os artefactos habituais que atopamos na exploración ecográfica. O/a estudante manexará os diferentes controis do equipamento para a optimización da imaxe ecográfica.
8. Rotación Servizo de cirurxía II (Rot Cir2) (3 horas): Traumatoloxía en modelos. Sala de prácticas de cirurxía do Pavillón 2. O alumnado colocará unha placa bloqueada nun modelo de óso de can, aprendendo todos os pasos da técnica.
9. Rotación Servizo de Etoloxía I (Rot Eto1) (3 horas): Comportamento e Benestar Felino: Manexo Low Stress. Aula Cebiovet. O alumnado recibirá coñecementos básicos sobre o comportamento e o benestar felino e realizará prácticas sobre manexo low stress en pacientes felinos.
10. Rotación Servicio Medicina Interna II (Rot Med2) (3 horas): Fluidoterapia en pequenos animais. Seminario de Clínica Médica Veterinaria. O alumnado clasificará os diferentes fluídos dispoñibles así como as súas características e practicará a realización de diferentes plans de fluidoterapia en función das necesidades de cada paciente.
11. Rotación Servizo de Animais de Renda (SAAR) II (Rot SAAR2) (3 horas): Cirurxía Abdominal. Instalacións do Servizo de Animais de Renda do HVU Rof Codina. O alumando recordará, de xeito gráfico, a realización de diferentes técnicas cirúrxicas abdominais en animais de produción.
12. Rotación Servizo de Diagnóstico por Imaxe III (Rot DPI3) (3 horas): Interpretación de casos clínicos en diagnóstico por imaxe. Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU Rof Codina. O /a estudante practicará a interpretación de casos clínicos reais aportados polo profesorado para realizar a interpretación das diferentes probas radiolóxicas, podendo emitir un informe regrado onde figure a descrición, conclusión e proposta de probas adicionais en base á historia clínica e os achados radiolóxicos.
13. Rotación Servizo de Équidos II (Rot Eq2) (3 horas): Ecografía abdominal no equino. Servizo de Équidos do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC). O alumnado practicará co apoio do profesorado a realización dunha ecografía abdominal completa nun equino, identificando os órganos principais así como os artefactos habituais que atopamos na exploración ecográfica. O/a estudante manexará os diferentes controis do equipamento para a optimización da imaxe ecográfica.
14. Rotación Servizo de Cirurxía III (Rot Cir3) (3 horas): Ovariohisterectomía. Quirófanos do HVU Rof Codina. O alumnado practicará, baixo a supervisión do profesor, o protocolo de anestesia e a realización dunha ovariohisterectomía a unha cadela ou gata.
Laboratorio de habilidades clínicas (6 horas): o alumnado practicará nas seguintes estacións do laboratorio a realización de diferentes habilidades clínicas.
1. Electrocardiografía
2. Accesos venosos
3. Manexo de quimioterapia
4. Endoscopia
5. Diagnóstico microscópico
6. Suturas
7. Vendaxes
8. Intubación oro-traqueal
9. Simulación laparoscópica
10. Habilidades ecográficas
11. Manexo de imaxes en DICOM
12. Procedementos clínicos en cabeza de vaca
13. Exploración recta l e IA
14. Procedementos clínicos en cabeza de cabalo
15. Procedementos clínicos en terzo anterior de cabalo
16. Procedementos clínicos en terzo posterior de cabalo
Discusión caso clínico (3 horas): o estudantado presentará un caso clínico e discutirá co profesorado sobre os contidos deste.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
o Agut Giménez, A. (2014). Diagnóstico por imagen en pequeños animales (1ª ed). Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona.
o Constable PD, Hinchcliff KW, Done HD, Gruenberg W. (2017). Veterinary Medicine. A textbook of the diseases of cattle, horses, sheep, pigs and goats - two-volume set. 11th Edition. Elsevier.
o Fossum TW. (2018). Small Animal Surgery (5ª ed). Ed. Elsevier, Inc. Philadelphia.
o Fragío, C. (2018). Manual de Fluidoterapia en Pequeños Animales. (1ª ed). Multimedia Ediciones Veterinarias. Barcelona.
o Grant, M.M. (2016). Jubb, Kennedy and Palmer’s Pathology of Domestic Animals. (6ª ed). Ed. Elsevier, Inc. Ontario.
o Hendrickson DA, Baird AM. (2013). Turner and McIlwraith’s Techniques in Large Animal Surgery (4ª ed). Wiley-Blackwell. Iowa
o Grimm KA, Lamont LA, Tranquilli WJ, Greene SA, Robertson SA. (2015). Veterinary Anesthesia and Analgesia: Lumb and Jones. Wiley Blackwell. Iowa.
o López Villalba I, Mesa Sánchez, I. (2015). Guía práctica de interpretación analítica y diagnóstico diferencial en pequeños animales. Hematología y bioquímica. Servet. Zaragoza.
o Meuten DJ. (2016). Tumors in domestic animals. (5ª ed). John Wiley & Sons, Inc. Iowa.
o Nelson R, Couto G. (2019). Small Animal Internal Medicine. (6ª ed). Elsevier. Philadelphia.
o Thrall DY, Robertson ID. (2016). Atlas of Normal Radiographic Anatomy and Anatomic Variants in the Dog and Cat. (2ª ed). Saunders Elsevier. Missouri.
o Walton RM, Cowell R, Valenciano, A. (2020). Equine Hematology, Cytology, and Clinical Chemistry. (2ª ed). Wiley-Blackwell. Hoboken.
o Zachary JF. (2017). Pathological basis of Veterinary Disease. (6ª ed.). Ed. Elsevier, Inc. Missouri.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
o Campoy L, Korich J, Bezuidenhout A. (2009). Peripheral Nerve blocks in the dog. Partners in Animal Health. Ithaca, New York.
o Elliot I, Skerrit G. (2013). Handbook of Small Animal MRI. Wiley Blackwell. West Sussex (UK).
o Holloway A, Mcconnell F. (2013). BSAVA Manual of Canine and Feline Radiography and Radiology: A Foundation Manual. British Small Animal Veterinary Association.
o Johnson AL. (2005). AO Principles of Fracture Management in the Dog and Cat. Thieme. New York.
o McCarthy TC. (2020). Veterinary Endoscopy for the Small Animal Practitioner. (2ª ed). Wiley-Blackwell. Missouri.
o Platt S. (2013). BSAVA Manual of Canine and Feline Neurology (4ªed). British Small Animal Veterinary Association. Gloucester.
o Reagan WJ, Irizarry Rovira AR, DeNicola DB. (2019). Veterinary hematology: atlas of common domestic and no domestic species. (3ª ed). John Wiley & Sons. Iowa.
o Schwarz T, Johnson V. (2008). BSAVA Manual of Canine and Feline Thoracic Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Quedgeley
o Valenciano A, Cowell R. (2019). Cowell and Tyler's Diagnostic Cytology and Hematology of the Dog and Cat. 5thEdition. Ed Mosby.
o Weaver AD. (2005). Bovine Surgery and Lameness. Wiley-Blackwell. Oxford.
o Muir WW, Hubbell JAI. (2008). Equine Anesthesia Monitoring and Emergency Therapy. Mosby Elsevier. Missouri.
ATLAS
o Blowey RW, Weaver DA. (2011). (3ª ed). Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
o Buergelt CD, Clark YG, del Piero,F. (2018). Bovine Pathology: A Text and Color Atlas. Ed. CAB International. Oxfordshire (UK).
o Buergelt CD, del Piero F. (2013). Color Atlas of Equine Pathology. Ed. John Wiley & Sons. Iowa.
o Cowell RL, Tyler RD, Meinkoth JH, Denicola DB. (2009). Diagnóstico citológico y hematológico del perro y el gato (3ª ed). Mosby, St Louis, Missouri, USA.
o Raskin RY, Meyer D. (2016). Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. (3ª ed). Elsevier. Missouri.
PÁXINAS WEB
o American College of Veterinary Anesthesia and Analgesia (http://www.acva.org/).
o European College of Veterinary Anaesthesia and Analgesia (http://www.ecva.eu.com/).
o American College of Veterinary Surgeons (http://www.acvs.org)
o European College of Veterinary Surgeons (http://www.ecvs.org)
o American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/)
o European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org/)
o Veterinary Radiology and Ultrasound (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/(ISSN)1740-8261).
o Equine Veterinary Journal/ EVEducation (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1001/(ISSN)2042-3306).
o Martindale´s veterinary center (http://www.martindalecenter.com/Vet.html)
o Online textbook on Veterinary Clinical Pathology. Cornell University (https://eclinpath.com/)
o Varias bases de datos con imágenes:
o https://diogoguerra.com/resources-veterinary-pathology
o Prof. Alfonso López Mayagoitia: Pathology and Microbiology. Atlantic Veterinary College. University of Prince Edward Island. Canada http://people.upei.ca/lopez/
o The Center fuere Food Security and Public Health (CFSPH). Iowa State University http://www.cfsph.iastate.edu/
o Dr. John M King’s NecropsyShow & Tell, Cornell Veterinary Medicine: https://secure.vet.cornell.edu/nst/nst.asphttps://eclinpath.com/atlas/c…
Recoméndase a utilización da bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC “A BUSC EN LIÑA” https://busconline.gal. Tamén a través de Pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) xestionados por BUGalicia, onde se poderán realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendar a busca a través de PubMed ou Google Académico.
Competencias Xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC08. Liderato, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético y asunción de responsabilidades.
Competencias Disciplinares
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
• CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
• CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influenza directa sobre la saúde animal e humana.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
• CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
Competencias Profesionais
• D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
• D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
• D1VUSC 07. Realizar los tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
• D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
Competencias Académicas
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da Veterinario/a.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da Veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da Veterinario/a.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional, incluíndo a medicina baseada na evidencia.
Competencias Transversais
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e breve.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Na materia Rotatorio Clínico Hospitalario cada alumno efectuará unha estadía de 3 semanas no HVU Rof Codina coa seguinte organización:
Rotación no laboratorio de habilidades clínicas
De mércores a venres, durante a primeira semana, en horario de 12:00 a 14:00 os alumnos rotarán polo Laboratorio de Habilidades Clínicas para pasar polas diferentes estacións de aprendizaxe dispoñibles.
Rotacións servizos
A segunda e terceira semana en horario de 8:30 a 15:00 os estudantes realizarán unha rotación de dous días en cada servizo hospitalario. Dende as 8:30 ás 9:30 integraranse no servizo de hospitalización e participarán na exploración, manexo, toma de parámetros e administración de tratamentos dos animais hospitalizados.
Dende as 9:30 ás 15:00 integraranse na actividade clínica dos diferentes servizos: Medicina Interna (MED), Cirurxía e Anestesia (CIR), Diagnóstico por Imaxe (DPI), Équidos (EQ) e Animais de Renda (SAAR).
A rotación do servizo de Anatomía Patolóxica realizarase o xoves da segunda semana en horario de 16:00 a 20:00.
A rotación do servizo de Etoloxía realizarase o luns, martes e mércores da terceira semana en horario de 16:00 a 19:00 en grupos de 3-4 persoas, tal e como se indica no calendario de rotación.
O alumnado realizará así mesmo unha garda no Servizo de Atención Continuada de 10 horas durante os fins de semana da primeira e segunda semana. A garda será asignada en horario de día (9:00-21:00) ou de noite (21:00-9:00) con unha pausa de 2 horas de descanso.
O venres da terceira semana en horario de 16:00 a 19:00 efectuarase a exposición e discusión dos casos clínicos.
Rotacións complementarias
A. Rotación Servizo de Équidos I (Rot Eq1) (Instalación Hípica La Cruza - Taboada - con traslado en autobús dende o HVU Rof Codina): luns da primeira semana de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.
B. Rotación Servizo de Ciruxía I (Rot Cir1) (NOVOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA): Sala de prácticas de cirurxía do Pavillón 2 o martes da primeira semana en horario de 9:00 a 12:00.
C. Rotación Servizo de Diagnóstico por Imaxe I (Rot DPI1) (POSICIONAMENTO RADIOGRÁFICO). Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU Rof Codina o martes da primeira semana de 16:00 a 19:00.
D. Rotación Servizo de Anatomía Patolóxica I (Rot AP1) (CITOLOXÍA BÁSICA APLICADA AO DIAGNÓSTICO): Sala de microscopios de Anatomía Patolóxica o mércores da primeira semana de 9:00 a 12:00.
E. Rotación Servizo de Medicina Interna I (Rot Med1) (INTERPRETACIÓN LABORATORIAL): Laboratorio do HVU Rof Codina o mércores da primeira semana de 16:00 a 19:00.
F. Rotación Servizo de Ciruxía II (Rot Cir2) (TRAUMATOLOXÍA EN MODELOS): Sala de prácticas de ciruxía do Pavillón 2 o xoves da primeira semana en horario de 9:00 a 12:00.
G. Rotación Servizo de Diagnóstico por Imaxe II (Rot DPI2) (PROTOCOLO DE EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA EN PEQUENOS ANIMAIS): Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU Rof Codina o xoves da primeira semana de 16:00 a 19:00.
H. Rotación Servizo de Animais de Renda (SAAR) I (Rot SAAR1) (HEMATOLOXÍA EN VACÚN): Seminario de Clínica Médica Veterinaria o venres da primeira semana de 9:00 a 12:00.
I. Rotación Servizo de Etoloxía I (Rot Eto1) (COMPORTAMENTO E BENESTAR FELINO: MANEXO LOW STRESS): Aula do Cebiovet o venres da primeira semana en horario de 16:00 a 19:00.
J. Rotación Servicio Medicina Interna II (Rot Med2) (FLUIDOTERAPIA EN PEQUENOS ANIMAIS): Seminario de Clínica Médica Veterinaria o luns da segunda semana en horario de 16:00 a 19:00.
K. Rotación Servizo de Animais de Renda (SAAR) II (Rot SAAR2) (CIRUXÍA ABDOMINAL). Cebiovet o martes da segunda semana en horario de 16:00 a 19:00.
L. Rotación Servizo de Diagnóstico por Imaxe III (Rot DPI3) (INTERPRETRACIÓN DE CASOS CLÍNICOS EN DIAGNÓSTICO POR IMAXE): Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU Rof Codina o mércores da segunda semana de 16:00 a 19:00.
M. Rotación Servizo de Équidos II (Rot Eq2) (ECOGRAFÍA ABDOMINAL NO EQUINO): servizo de équidos do HVU Rof Codina o venres da segunda semana de 16:00 a 19:00.
N. Rotación Servizo de Ciruxía III (Rot Cir3) (OVARIOHISTERECTOMÍA): quirófanos do HVU Rof Codina o luns, martes, mércores e xoves da terceira semana en horario de 16:00 a 19:00 (realizarase en grupos de 2-3 persoas tal e como se indica no cadro de rotación).
Presentación de casos clínicos
Cada alumno/a deberá seleccionar un caso clínico para realizar unha presentación oral sobre o mesmo. Dispoñerán de 10 minutos para realizar a presentación oral e 10 minutos para responder as preguntas dos profesores. A presentación oral realizarase o venres da terceira semana en horario de 16:00 a 19:00.
A avaliación do rotatorio clínico hospitalario realizarase en base á adquisición das competencias a día 1 (CD1) tendo en conta os diferentes obxectivos de aprendizaxe. A continuación indícanse as competencias que se van traballar nesta materia así como a avaliación dos resultados de aprendizaxe esperados para cada unha destas competencias en cada unha das rotacións que realizará o/a estudante, sinalando aquelas que son imprescindibles para superar a materia.
Rotación Servizo Medicina Interna
A avaliación da rotación do Servizo de Medicina Interna (incluíndo as rotacións complementarias “Fluidoterapia” e “Interpretación laboratorial”) realizarase en base as seguintes competencias a día 1:
Competencia: 1.18. Realizar un exame clínico completo e demostrar capacidade para a toma de decisións clínicas.
o OA1: Practicar a realización dun exame físico completo a: 2 pacientes caninos e 1 paciente felino.
Tarefa: o/a estudante deberá realizar cando menos un exame físico completo a 2 pacientes caninos e 1 paciente felino e deberá cumprimentar unha ficha clínica cos datos do exame físico.
Resultado de aprendizaxe:
• Realización ordenada, sistemática e completa dun exame físico xeral.
• Cumprimentación completa e adecuada dunha ficha clínica cos datos do exame físico.
A avaliación realizarse mediante rúbrica. O/a alumno deberá cumprimentar no Campus Virtual (de xeito sincrónico) as fichas clínicas correspondentes aos animais examinados durante a rotación polo Servizo de Medicina Interna. A proba considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
A superación desta actividade é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.19. Desenvolver plans de tratamento axeitados e administrar o tratamento en interese do animal ao seu coidado en función dos recursos dispoñibles e das consideracións de saúde pública e medioambientais adecuadas.
o OA1: Seleccionar o protocolo de tratamento médico para un paciente concreto.
Tarefa: o/a estudante deberá indicar as opcións de tratamento médico e seleccionar o tratamento indicado para un caso clínico concreto que será asignado. Esta tarefa realizarase durante e rotación polo Servizo de Medicina Interna.
Resultado de aprendizaxe:
• Selección adecuada do tratamento e dose.
• Selección adecuada da vía de administración.
• Selección adecuada da duración do tratamento.
• Indicacións de tratamento non farmacolóxicas para o paciente, no caso de seren necesarias.
• Indicacións de seguimento do paciente.
A avaliación realizarase mediante rúbrica. O/a alumno deberá cumprimentar no Campus Virtual (de xeito sincrónico) as indicacións de tratamento para un paciente durante a Rotación polo Servizo de Medicina Interna. A proba considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
A superación desta actividade é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
o OA2: Clasificar os diferentes fluídos dispoñibles para a realización de fluidoterapia así como as indicacións de cada un deles.
Tarefa: o/a estudante deberá recoñecer os diferentes fluídos dispoñibles así como as súas posibles aplicacións. Esta tarefa realizarase durante a rotación complementaria de Medicina Interna “Fluidoterapia”.
Resultado de aprendizaxe:
• Clasificación correcta dos tipos de fluídos.
• Indicacións clínicas de cada fluído en función da composición.
A avaliación realizarase mediante unha proba de preguntas tipo test no Campus Virtual na a rotación complementaria de Medicina Interna “Fluidoterapia”.
A superación desta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA3: Practicar a realización de plans de fluidoterapia en pequenos animais.
Tarefa: o/a estudante deberá realizar un plan de fluidoterapia para un paciente. Esta tarefa realizarase durante a rotación complementaria de Medicina Interna “Fluidoterapia”.
Resultado de aprendizaxe:
• Interpretación correcta dos datos de exploración física do paciente relevantes para a aplicación de fluidoterapia.
• Interpretación correcta das probas complementarias aportadas relevantes para a aplicación de fluidoterapia.
• Selección do tipo de fluído ou fluídos.
• Selección da vía de administración de fluídos.
• Realización correcta dos cálculos de fluidoterapia.
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica e corresponde á rotación complementaria de Medicina Interna “Fluidoterapia”.
A superación desta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.22. Recoller, conservar e transportar mostras, seleccionar as probas de diagnóstico adecuadas, interpretar e comprender as limitacións dos resultados das probas.
o OA1: Seleccionar as probas complementarias que están indicadas para un paciente en función da historia clínica e da exploración física.
Tarefa: o/a estudante deberá seleccionar as probas complementarias que son necesarias no proceso diagnóstico dun paciente. Esta tarefa realizarase durante e rotación polo Servizo de Medicina Interna.
Resultado de aprendizaxe:
• Selección razoada das probas complementarias laboratoriais.
• Selección razoada das probas complementarias de diagnóstico por imaxe.
• Selección razoada doutras probas complementarias necesarias.
• Priorización e orde na realización das probas complementarias.
A avaliación realizarase mediante unha proba tipo test no Campus Virtual durante a Rotación polo Servizo de Medicina Interna. A proba considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
A superación desta actividade é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA2: Practicar a realización e interpretar as probas de diagnóstico laboratorial de utilidade en pacientes de Medicina Interna.
Tarefa: o/a estudante practicará a realización de diferentes probas laboratoriais básicas e interpretará os resultados obtidos. Esta tarefa realizarase durante a Rotación de Medicina Interna “Interpretación Laboratorial”.
Resultado de aprendizaxe:
• Realización de probas laboratorais básicas (frotis sanguíneos, microhematocritos, urianálise, ....).
• Interpretación dos resultados de hemograma.
• Interpretación dos resultados de bioquímica básica.
• Interpretación dos resultados de bioquímica avanzada.
• Interpretación dos resultados de urianálise.
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica e mediante unha proba de preguntas tipo test no Campus Virtual durante a Rotación de Medicina Interna “Interpretación Laboratorial”.
A superación desta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.23. Comunicar información con claridade e colaborar cos servizos de referencia e diagnóstico, incluíndo a subministración dunha historia adecuada.
o OA1: Seleccionar a información relevante da anamnese e exploración que debe incluír un informe de interconsultas entre os diferentes servizos do hospital e cumprimentar, polo menos, un informe de interconsultas para solicitude de probas diagnósticas.
Tarefa: O/a estudante deberá seleccionar a información relevante do paciente para ser incluída nun informe de interconsultas. Así mesmo deberá cumprimentar un informe de interconsultas. Esta tarefa realizarase durante e rotación polo Servizo de Medicina Interna.
Resultado de aprendizaxe:
• Selección adecuada e priorizada dos datos de anamnese, historia clínica e exploración que son relevantes para a solicitude de probas complementarias.
• Cumprimentación dun informe de solicitude de probas complementarias.
A avaliación realizarase mediante rúbrica. O alumno deberá cumprimentar un informe de solicitude de probas complementarias (diagnóstico por imaxe, anatomía patolóxica, probas laboratoriais, ...) no Campus Virtual (de xeito sincrónic o) durante a Rotación polo Servizo de Medicina Interna.
A superación desta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Rotación Servizo Diagnóstico por Imaxe
A avaliación da rotación do Servizo de Diagnóstico por Imaxe (incluíndo as rotacións complementarias “Protocolo de exploración básica ecográfica en pequenos animais”, “Posicionamento Radiográfico” e “Interpretación de casos clínicos en diagnóstico por imaxe”) realizarase en base as seguintes competencias a día 1:
Competencia 1.17: Manexar e suxeitar os pacientes animais con seguridade e con respecto ao animal e instruír a outros para que axuden ao veterinario a realizar estas técnicas e 1.24: Utilizar o equipamento básico de diagnóstico e realizar un exame de forma eficaz segundo corresponda ao caso, de acordo coas boas prácticas de seguridade e saúde e a normativa vixente. Comprender a contribución das ferramentas dixitais e da intelixencia artificial en veterinaria.
• OA1. Practicar a realización do procedemento completo para obter unha proxección radiográfica dunha rexión determinada (en función da actividade clínica do Servizo: tórax, abdome ou musculoesquelético -cervicales, ombro, cóbado, cadeira e xeonllo-).
Tarefa: O/a estudante deberá manexar o doente de xeito adecuado para conseguir o posicionamento adecuado para obter unha radiografía de calidade en función da solicitude do veterinario/ servizo referente.
Resultado de aprendizaxe:
• Técnica de manexo e suxeición do paciente.
• Correcto uso das prendas e elementos de radioprotección operacional.
• Obtención dos parámetros de exposición en función da rexión a explorar.
• Colimación do feixe de raios X para unha correcta radioprotección do persoal e doente.
• Realización do disparo.
• Valoración da calidade radiográfica obtida.
Avaliación mediante rúbrica.
A superación desta actividade será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA2. Practicar a realización dun protocolo de ecografía básica no abdome en pequenos animais (can ou gato).
Tarefa 1: Durante a rotación complementaria “Protocolo de exploración básica ecográfica en pequenos animais” o/a estudante deberá manexar o doente de xeito adecuado para obter un exame ecográfico completo do abdome en pequenos animais (can ou gato).
Resultado de aprendizaxe:
• Técnica de manexo e suxeición do paciente.
• Selección do transdutor axeitado para a exploración demandada.
• Modificación dos parámetros da imaxe para mellorar a calidade da mesma en función da rexión a explorar.
• Localización dos órganos principais.
• Valoración das súas características ecográficas básicas.
Tarefa 2: Durante a rotación polo Servizo e mentres se realiza a exploración dos pacientes clínicos, o estudante deberá realizar a suxeición e preparación do paciente, sabendo recoñecer os diferentes órganos e artefactos.
Avaliación mediante rúbrica.
A superación desta actividade será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.22: Recoller, conservar e transportar mostras, seleccionar as probas de diagnóstico adecuadas, interpretar e comprender as limitacións dos resultados das probas.
• OA1. Seleccionar as probas de diagnóstico adecuadas, interpretar e comprender as limitacións dos resultados das probas de imaxe. Valoración da información avaliable en cada proba de imaxe, e selección da mesma en función da sospeita clínica.
Tarefa: Durante a rotación complementaria de interpretación de casos clínicos en diagnóstico por imaxe, o/a estudante deberá indicar ó profesorado en cargo, en función da sospeita clínica aportada pola historia do doente, cal serían os diagnósticos diferenciais máis probables e cal/es sería/n a/s proba/s de imaxe pertinente/s en cada caso.
Resultado de aprendizaxe:
• Correlación adecuada dos principios básicos das técnicas de imaxe coa súa interpretación.
• Avaliación das vantaxes e desvantaxes das diferentes técnicas de imaxe (custe, procedemento, tipos de tecidos mellor visualizados).
• Razoamento da selección da técnica en base á historia clínica do doente.
• Métodos para confirmar o diagnóstico diferencial presuntivo en cada caso. Técnicas de toma de mostras indicadas.
Avaliación mediante rúbrica.
Esta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Rotación Servizo Cirurxía e Anestesia
A avaliación da rotación do Servizo de Cirurxía e Anestesia (incluíndo as rotacións complementarias “Novos Animais de Compañía”, “Traumatoloxía en modelos” e “Ovariohisterectomía”) realizarase en base as seguintes competencias a día 1:
Competencia 1.7 Elaborar rexistros clínicos e de clientes precisos e informes de casos cando sexa necesario, nunha forma satisfactoria para os públicos relevantes
o OA1. Cumprimentar, polo menos, unha folla de rexistro anestésico.
Tarefa: O alumno cumprimentará a folla de anestesia dun paciente, facendo unha selección do protocolo de anestesia baseado no seu risco anestésico e no tipo de intervención cirúrxica que se realizará. Así mesmo monitorizará ó paciente e anotará os valores obtidos na folla de rexistro, interpretando as complicacións anestésicas que aparezan e indicando como tratalas. Esta tarefa realizarase durante e rotación polo Servizo de Cirurxía e Anestesia.
Resultado aprendizaxe:
• Selección adecuada e priorizada dos datos de anamnese, historia clínica e exploración que son relevantes para a selección do risco anestésico.
• Selección dos fármacos a administrar para a anestesia, vías de administración dos mesmos e cálculo de dose necesaria.
• Selección do tamaño de tubo endotraqueal necesario e a súa colocación.
• Cumprimentación da folla de rexistro anestésico.
• Realización da recuperación anestésica do paciente.
Avaliación mediante rúbrica.
O/a alumno deberá cumprimentar a folla de rexistro anestésico do paciente. Por outra banda, o alumno realizará unha proba de preguntas tipo test no Campus Virtual durante a Rotación polo Servizo de Anestesia. A tarefa considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Esta actividade é considerada imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo)
Competencia 1.19. Desenvolver plans de tratamento axeitados e administrar o tratamento en interese do animal ao seu coidado en función dos recursos dispoñibles e das consideracións de saúde pública e medioambientais adecuadas.
• OA1. Practicar a realización de diferentes procedementos terapéuticos médico/cirúrxicos en aves de compañía e/ou silvestres.
Tarefa 1: Durante a rotación complementaria novos animais de compañía, o/a estudante deberá practicar a preparación dun campo operatorio en aves de compañía e silvestres.
Tarefa 2: Durante a rotación complementaria novos animais de compañía, o/a estudante deberá colocar correctamente o tubo oro-traqueal e de canulación dun saco aéreo nun ave.
Tarefa 3: Durante a rotación complementaria novos animais de compañía, o/a estudante deberá realizar unha vendaxe inmobilízante na ala e na pata.
Tarefa 4: Durante a rotación complementaria novos animais de compañía, o/a estudante deberá practicar de forma correcta as distintas vías de administración de medicación, incluído as de urxencias, en aves de compañía e silvestres.
Estas tarefas avaliarase mediante unha rúbrica e unha proba no Campus Virtual.
Estas actividades NON se considera imprescindibles para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA2: Coñecer e manexar instrumental básico de cirurxía ortopédica.
Tarefa: o/a estudante practicará a colocación dunha placa bloqueada e os parafusos correspondentes nun modelo de óso de can. Esta tarefa realizarase durante a Rotación de Cirurxía II (Rot Cir2) ”Traumatoloxía en modelos”.
Resultado aprendizaxe:
• Seguimento axeitado dos pasos a seguir na colocación da placa (fixación mediante pinzas de redución, fresado, medición lonxitude e colocación dos parafusos).
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica e mediante unha proba de preguntas tipo test no Campus Virtual durante a Rotación de Cirurxía II (Rot Cir 2).
A superación desta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA3: Seleccionar o protocolo de tratamento cirúrxico para un paciente concreto.
Tarefa: o/a estudante deberá indicar as opcións de tratamento cirúrxico para un caso clínico concreto que lle será asignado. Esta tarefa realizarase durante a rotación polo Servizo de Cirurxía e Anestesia.
Resultado aprendizaxe:
• Selección razoada das posibles opcións cirúrxicas ou médico-cirúrxicas e coñecemento das vantaxes e desvantaxes das diferentes técnicas.
• Descrición dos pasos necesarios na preparación precirúrxica do paciente
• Descrición dos pasos necesarios para levar a cabo o procedemento cirúrxico seleccionado, e identificación do instrumental e equipamento necesario.
• Identificación das posibles complicacións intra cirúrxicas .
• Elaboración dun plan de coidados poscirúrxico.
A avaliación realizarase mediante RÚBRICA. O/a alumno deberá cumprimentar no Campus Virtual un plan cirúrxico completo correspondente a un paciente asignado durante a Rotación polo Servizo de Cirurxía e Anestesia. A proba considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
A superación desta actividade é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
o OA4: Demostrar a capacidade de realizar un protocolo anestésico adecuado ás necesidades do paciente.
Tarefa: Durante a rotación complementaria de ovariohisterectomía, o/a estudante deberá practicar a realización dos pasos necesarios para a realización dun correcto procedemento anestésico.
Resultado aprendizaxe:
• Exploración pre-anestésica do paciente a intervir.
• Avaliación do risco anestésico.
• Proposición dun protocolo anestésico adecuado ao paciente en concreto.
• Administración dos fármacos propostos.
• Utilización do equipo de anestesia inhalatoria.
• Indución e intubación do paciente.
• Instauración do mantemento anestésico.
• Recuperación anestésica do paciente.
A avaliación realizarase mediante rúbrica.
Esta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
o OA5: Demostrar a capacidade de realizar un protocolo cirúrxico adecuado para a realización dunha ovariohisterectomía.
Tarefa: Durante a rotación complementaria de ovariohisterectomía, o/a estudante deberá practicar a realización dos pasos necesarios para a realización dun correcto procedemento cirúrxico.
Resultado aprendizaxe:
• Preparación pre-cirúrxica do paciente.
• Preparación (lavado e vestido) do cirurxián.
• Abordaxe cirúrxico.
• Localización de útero e ovarios.
• Realización das ligaduras pertinentes.
• Cerre do abordaxe cirúrxico.
A avaliación realizarase mediante rúbrica.
Esta actividade NON se considera imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.20. Atender en caso de emerxencia e realizar primeiros auxilios en especies animais comúns. Priorizar a urxencia da situación e asignar os recursos en consecuencia.
• OA1: Identificar as alteracións observadas no monitor multiparamétrico en animais baixo monitorización estreita e indicar as actuacións que se deben realizar en función das alteracións detectadas.
Tarefa: O alumno monitorizará ó paciente e anotará os valores obtidos na folla de rexistro, interpretando as complicacións anestésicas que aparezan e indicando como tratalas. Esta tarefa realizarase durante e rotación polo Servizo de Cirurxía e Anestesia.
Resultado do aprendizaxe:
• Cumprimentación da folla de rexistro anestésico
• Identificación de complicacións anestésicas e propoñer posibles tratamentos
A avaliación realizarase mediante rúbrica.
Por outra banda, o alumno realizará unha proba de preguntas tipo test no Campus Virtual durante a Rotación polo Servizo de Anestesia. A tarefa considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Esta actividade é considerada imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.24 Utilizar o equipamento básico de diagnóstico e realizar un exame de forma eficaz segundo corresponda ao caso, de acordo coas boas prácticas de seguridade e saúde e a normativa vixente. Comprender a contribución das ferramentas dixitais e da intelixencia artificial en veterinaria.
• OA1: Utilizar correctamente o material de uso en oftalmoloxía clínica veterinaria.
Tarefa: o/a estudante, durante los días de rotación no servizo de cirurxía e anestesia, asistindo co profesor aos diferentes casos clínicos que acudan a consulta no servizo, deberá recoñecer o material de uso en oftalmoloxía (oftalmoscopio, medidor de presión ocular, colirios e tiras diagnósticas, lámpada de fendedura, …) (OA formativo).
• OA2: Realizar e interpretar unha exploración ocular en pacientes reais (asistencial) ou simulados (Campus Virtual).
Tarefa: o/a estudante, deberá realizar e interpretar exploracións oculares básicas durante a consulta de oftalmoloxía (Servizo de Cirurxía e Anestesia) así como en pacientes simulados (Campus Virtual).
A avaliación desta tarefa realizarse mediante rúbrica e será NON imprescindible para superar a materia (OA sumativo).
• OA3: Demostrar ser capaces de realizar una exploración ortopédica/traumatolóxica en pacientes reais (asistencial) ou simulados (Campus Virtual).
Tarefa: o/a estudante, deberá realizar exploracións ortopédicas básicas durante a consulta de oftalmoloxía (Servizo de Cirurxía e Anestesia) así como en pacientes simulados (Campus Virtual).
A avaliación desta tarefa realizarse mediante rúbrica e será NON imprescindible para superar a materia (OA sumativo).
Rotación Servizo de Animais de Renda (SAAR)
A avaliación da rotación do Servizo de SAAR (incluíndo as rotacións complementarias “Hematoloxía en vacún” e “Cirurxía abdominal”) realizarase en base as seguintes competencias a día 1:
Competencia 1.18. Realizar un exame clínico completo e demostrar capacidade para a toma de decisións clínicas.
• OA1: Practicar a realización dun exame físico completo a 2 pacientes bovinos
Tarefa: o/a estudante deberá realizar cando menos un exame físico completo a 2 pacientes bovinos e deberá cumprimentar unha ficha clínica cos datos do exame físico.
Resultado de aprendizaxe:
• Realización ordenada, sistemática e completa dun exame físico xeral.
• Cumprimentación de forma completa e adecuada nunha ficha clínica dos datos do exame físico.
A avaliación realizarse mediante rúbrica. O/a alumno deberá cumprimentar no Campus Virtual (de xeito sincrónico) as fichas clínicas correspondentes aos animais examinados durante a Rotación polo Servizo de Animais de Renda. A proba considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
A superación desta actividade é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.19. Desenvolver plans de tratamento axeitados e administrar o tratamento en interese do animal ao seu coidado en función dos recursos dispoñibles e das consideracións de saúde pública e medioambientais adecuadas.
• OA1: Seleccionar o protocolo de tratamento médico/cirúrxico para un animal de produción.
Tarefa: o/a estudante deberá considerar as opcións de tratamento médico e/ou cirúrxico e seleccionar o tratamento indicado para un animal de produción en concreto que lle será asignado durante a rotación no Servizo de Animais de Renda.
Resultado de aprendizaxe:
• Comunicación de forma correcta ao gandeiro das posibilidades de tratamento.
• Comunicación de forma correcta ao gandeiro dos custos, períodos de sup resión e prognostico.
• Elección do tratamento máis axeitado tendo en conta o apartado anterior e o valor xenético e produtivo do animal.
• Prescripción e aplicación do tratamento conforme indica a lexislación vixente para o uso de medicamentos en animais de produción.
• Indicacións de manexo e alimentación para o paciente, no caso de seren necesarias.
A avaliación realizarase mediante rúbrica. O/a alumno deberá cumprimentar no Campus Virtual (de xeito sincrónico) as indicacións de tratamento para un paciente durante a Rotación polo Servizo de Animais de Renda. A proba considerarase superada cunha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
A superación desta actividade é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA2: Afianzar os coñecementos na práctica de diferentes cirurxías abdominais en animais de produción
Tarefa: o/a estudante recordará, de xeito gráfico, a realización de diferentes técnicas cirúrxicas abdominais. Esta tarefa realizarase durante a Rotación de SAAR complementaria “Cirurxía abdominal”.
Resultado de aprendizaxe:
• Recoñecemento de signos clínicos de patoloxías que precisan resolución cirúrxica.
• Elección das técnicas de anestesia posibles.
• Resolución de desprazamento de abomaso.
• Resolución de distocia por cesárea.
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica e mediante avaliación dos conceptos acadados na rotación complementaria de SAAR “Cirurxía Abdominal”.
A superación desta actividade NON é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.22. Recoller, conservar e transportar mostras, seleccionar as probas de diagnóstico adecuadas, interpretar e comprender as limitacións dos resultados das probas, e competencia 1.24. Utilizar o equipamento básico de diagnóstico e realizar un exame de forma eficaz segundo corresponda ao caso, de acordo coas boas prácticas de seguridade e saúde e a normativa vixente. Comprender a contribución das ferramentas dixitais e da intelixencia artificial en veterinaria.
• OA1: Practicar a realización e interpretar as probas de diagnóstico laboratorial de utilidade en pacientes de produción.
Tarefa: o/a estudante practicará a realización de diferentes probas laboratoriais básicas e interpretará os resultados obtidos. Esta tarefa realizarase durante a Rotación complementaria de SAAR “Hematoloxía en vacún”.
Resultado de aprendizaxe:
• Realización de probas laboratorais básicas (frotis sanguíneos, microhematocritos, urianálise, ....)
• Interpretación dos resultados de hemograma
• Interpretación dos resultados de urianálise
• Resolución de casos clínicos propostos
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica e mediante unha proba de preguntas tipo test no Campus Virtual durante a Rotación complementaria de SAAR “Hematoloxía en vacún”.
A superación desta actividade NON é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA2: Realizar a recollida, identificación e conservación de diferentes mostras en vacún (sangre, ouriños, vísceras).
Tarefa: o/a estudante deberá realizar cando menos a recollida identificación e conservación de unha mostra biolóxica en bovinos durante e rotación polo Servizo SAAR.
Resultado de aprendizaxe:
• Extracción de sangue de vea coccíxea ou de ouriños por masaxe perineal ou sondaxe ou toma de mostras de vísceras en necropsia de campo
• Identificación das mostras
• Conservación das mostras
A avaliación realizarse mediante rúbrica. O/a alumno deberá realizar estas tarefas a pé de vaca na súa rotación polo SAAR e disporá de 3 intentos.
A superación desta actividade NON é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA3: Interpretar os resultados das probas analíticas.
Tarefa: o/a estudante deberá interpretar os resultados das probas realizadas durante a rotación polo Servizo SAAR.
Resultado de aprendizaxe:
• Interpretación da tira de ouriños.
• Interpretación dos valores BHB.
• Interpretación hemograma.
• Interpretación bioquímica.
• Interpretación de seroloxías.
A avaliación realizarase mediante rúbrica. O/a alumno deberá interpretar as probas realizadas, as que se fagan de campo, explicándoa a pé de vaca e as remitidas ao laboratorio subindo a interpretación á aula virtual.
A superación desta actividade NON é imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Rotación Servizo de Équidos
A avaliación da rotación do Servizo de Équidos (incluíndo as rotacións complementarias “Hípica” e “Ecografía Abdominal en Equino”) realizarase en base as seguintes competencias a día 1:
Competencia 1.17. Manexar e suxeitar os pacientes animais con seguridade e con respecto ao animal e instruír a outros para que axuden ao veterinario a realizar estas técnicas.
• OA1: Manexar o paciente equino con seguridade para realizar os diferentes procedementos no animal.
Tarefa 1: durante a rotación complementaria na Hípica, o alumnado deberá facer un correcto manexo do animal servíndose da axuda dos seus compañeiros ou titores.
Resultado de aprendizaxe:
• O contacto inicial: achegarse ao cabalo da forma máis axeitada segundo onde estea o animal, na cuadra ou solto no picadeiro, seguindo sempre as indicacións previas do coidador.
• Recoñecer as sinais faciais e corporais do estado de ánimo do cabalo.
• A capacidade do estudante de acercarse , colocarlle cabezada, levalo da corda….incluído tocar e palpar as extremidades.
• Recoñecer os distintos aparellos utilizados no coidado e a hixiene diaria doa équidos: bruza, rasqueta, limpacasco, secador…así como a seu uso correcto.
• Recoñecer os aparellos utilizados no manexo do équido: cabezada de cuadra ou traballo, ramales, frenos, …
Esta tarefa terá unha avaliación formativa.
Tarefa 2: Durante a Rotación no Servizo de Équidos, o alumnado deberá facer un correcto manexo do doente para a realización das diferentes probas, servíndose da axuda dos seus compañeiros ou titores dos animais a explorar. Resultados do aprendizaxe:
• Correcto contacto inicial con el paciente equino.
• O acercamento seguro de maneira que o paciente equino non se sinta ameazado e se sinta seguro.
• A capacidade do estudante de acercarse a un cabalo, colocarlle aceal en caso necesario, e manexar as patas e outras partes do corpo sen causar estrés innecesario ó animal.
• A toma de decisións para meter ó animal nun poldro de contención cando o doente non estea cooperativo ou cando a realización das probas o requiran.
Avaliación mediante rúbrica.
A superación desta actividade será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.18. Realizar un exame clínico completo e demostrar capacidade para a toma de decisións clínicas.
• OA1: Practicar a realización dun exame físico completo a 1 doente equino.
Tarefa: Durante a Rotación no Servizo de Équidos, o alumnado deberá realizar un exame físico xeral a un equino e rexistrar os parámetros obtidos nas follas de hospitalización.
Resultado do aprendizaxe:
• Realización dun exame físico completo e sistemático.
• A capacidade do alumnado para recoñecer signos clínicos de enfermidades ou problemas de saúde.
Avaliación mediante rúbrica.
A superación desta actividade será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.19. Desenvolver plans de tratamento axeitados e administrar o tratamento en interese do animal ao seu coidado en función dos recursos dispoñibles e das consideracións de saúde pública e medioambientais adecuadas.
• OA1: Seleccionar o protocolo de tratamento para un paciente equino concreto.
Tarefa: Durante a Rotación no Servizo de Équidos, o alumnado deberá seleccionar o tratamento máis adecuado a patoloxía do doente.
Resultado do aprendizaxe:
• Diagnóstico preciso: A capacidade de identificar correctamente a patoloxía baseándose nos síntomas presentados polo equino é fundamental. Iso implica unha comprensión clara dos diversos problemas de saúde que poden afectar a estes animais, así como habilidades para realizar exames físicos e interpretar resultados de exames complementarios.
• Coñecemento das opcións de tratamento: Tras o diagnóstico, o alumnado debe demostrar coñecemento sobre as diferentes opcións de tratamento dispoñibles para a condición diagnosticada. Iso inclúe saber escoller medicamentos apropiados, técnicas de intervención cirúrxica, terapias de apoio e consideracións de manexo.
• Racionalización da escolla do tratamento: Non basta con escoller un tratamento; os alumnos deben ser capaces de explicar por que esa opción é a máis adecuada para o caso específico. Iso implica discutir a eficacia, os riscos, os beneficios, os custos, e as preferencias do propietario do animal, se aplicable.
• Consideracións éticas e de benestar animal: O alumnado tamén debe considerar as implicacións éticas das súas decisións de tratamento, garantindo que as escollas reflictan o benestar do animal e estean en conformidade coas normas veterinarias e éticas.
Esta tarefa é un obxectivo de aprendizaxe formativo.
• OA2: Administrar tratamentos a polo menos un animal hospitalizado.
Tarefa: Durante a Rotación no Servizo de Équidos, o alumnado deberá administrar o fármacos en función da pauta do tratamento e a vía de administración.
Resultado do aprendizaxe:
• Manexo correcto e preparación dos fármacos: avalíase se o alumnado é capaz de preparar adecuadamente os medicamentos antes da administración. Iso inclúe verificar a dose correcta, a integridade do medicamento e o seu prazo de validez.
• Selección e aplicación da vía de administración apropiada: os estudantes deben demostrar coñecemento sobre as diferentes vías de administración (oral, intravenosa, intramuscular, etc.) e escoller a máis indicada conforme a pauta do tratamento e o estado do animal.
• Adhesión á pauta de tratamento: é importante que os alumnos sigan estritamente a pauta prescrita, administrando os medicamentos nos horarios correctos e na frecuencia indicada, para garantir a eficacia do tratamento.
• Monitorización e rexistro das respostas ao tratamento: avalíase a capacidade do alumnado de monitorizar e rexistrar calquera resposta do animal ao tratamento, incluíndo melloras ou posibles efectos adversos, o que é crucial para axustes subsecuentes no plan de tratamento.
Esta tarefa é un obxectivo de aprendizaxe formativo.
Competencia 1.22. Recoller, conservar e transportar mostras, seleccionar as probas de diagnóstico adecuadas, interpretar e comprender as limitacións dos resultados das probas.
• OA1: Practicar a extracción de sangre venosa dun doente equino da vea xugular.
Tarefa: Durante a Rotación no Servizo de Équidos, o alumnado deberá realizar a extracción de sangre venosa dun doente equino da vea xugular.
Resultado do aprendizaxe:
• Técnica de asepsia previa a extracción
• Técnica de extracción
• Procesamento da mostra sanguínea
Avaliación mediante rúbrica.
A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.17. Manexar e suxeitar os pacientes animais con seguridade e con respecto ao animal e instruír a outros para que axuden ao veterinario a realizar estas técnicas e 1.24. Utilizar o equipamento básico de diagnóstico e realizar un exame de forma eficaz segundo corresponda ao caso, de acordo coas boas prácticas de seguridade e saúde e a normativa vixente. Comprender a contribución das ferramentas dixitais e da intelixencia artificial en veterinaria.
• OA1: Practicar a realización dun protocolo de ecografía básica no abdome do equino.
Tarefa: Durante a rotación complementaria Ecografía Abdominal no Equino o alumnado deberá manexar o doente de xeito adecuado para obter un exame ecográfico completo do abdome no equino.
Resultado de aprendizaxe:
• Técnica de manexo e suxeición do paciente.
• Preparación do doente
• Selección do transdutor axeitado para a exploración demandada.
• Modificación dos parámetros da imaxe para mellorar a calidade da mesma en función da rexión a explorar.
• Localización dos órganos principais.
• Valoración das súas características ecográficas básicas.
AVALIACIÓN MEDIANTE RÚBRICA.
A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Rotación Servizo de Etoloxía
Competencia 1.4. Promover, vixiar e contribuír ao mantemento da saúde e da seguridade dun mesmo, dos pacientes, dos clientes, dos compañeiros e do medio ambiente no ámbito veterinario; demostrar coñecementos sobre os principios de garantía de calidade; aplicar os principios de xestión de riscos na práctica.
• OA1: Identificar e interpretar as sinais agresivos de cans e gatos.
Tarefa: O/a estudante deberá aplicar os coñecementos aprendidos na consulta en nas prácticas de manexo low strés, mediante o emprego de toallas e bozos.
A avaliación realizarase mediante rúbrica e cuestionario no Campus Virtual. . A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
• OA2: Avaliar o risco que un animal agresivo pode supoñer nunha familia e discutir as medidas de prevención de riesgos para este paciente e familia.
Tarefa: O/a estudante discutirá as medidas de prevención de riscos implementadas no tratamento.
Resultados de aprendizaxe:
• Utilización de bozales ou outros dispositivos de prevención de riscos.
• Valoración das medidas de manexo adecuadas en domicilio.
A avaliación realizarase mediante rúbrica e cuestionario no Campus Virtual. . A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
Competencia 1.11. Demostrar capacidade para analizar de forma crítica a evidencia, xestionar información incompleta, xestionar continxencias e adaptar coñecementos e habilidades a escenarios e contextos variados
• OA1: Practicar a realización dun diagnóstico diferencial mediante una aproximación por problemas a unha patoloxía do comportamento.
Tarefas: O/a estudiante deberá establecer un diagnóstico diferencial durante as consultas de comportamento.
A avaliación realizarase mediante rúbrica tras a discusión do diferencial na consulta de comportamento. A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
Competencia 1.16. Obter unha historia precisa e relevante do animal individual ou do grupo de animais, e da súa cría e medio ambiente.
• OA1. Identificar e interpretar os diferentes sinais de comunicación na especie canina e felina.
Tarefa: O/a estudante deberá ser capaz de interpretar a linguaxe corporal dos animais na consulta e nas modificacións de conducta.
A avaliación realizarase mediante rúbrica e cuestionario no Campus Virtual. A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
• OA2. Identificar os motivos de consulta polos que acude o animal e valorar as necesidades medioambientais felinas e caninas coa finalidade de identificar que se cumpran en cada caso durante a historia clínica.
Tarefa: O/a estudante deberá ser capaz de realizar unha anamnese completa de medicina do comportamento, identificando os problemas do animal.
A avaliación realizarase mediante rúbrica e cuestionario no Campus Virtual. A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
Competencia 1.17. Manexar e suxeitar os pacientes animais con seguridade e con respecto ao animal e instruír a outros para que axuden ao veterinario a realizar estas técnicas
• OA1: Practicar a realización das medidas necesarias para diminuír o estrés dos animais na consulta veterinaria.
Tarefa: O/a est udante deberá demostrar o coñecemento sobre o adecuado manexo para diminuír o estrés dos animais tanto na consulta de etoloxía e nas prácticas de manexo low stress.
A avaliación realizarase mediante rúbrica e cuestionario no Campus Virtual. A superación desta actividade será NON imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
Rotación Servizo de Anatomía Patolóxica
A avaliación da rotación do Servizo de Anatomía Patolóxica (incluíndo a rotacións complementarias “Citoloxía básica aplicada ao diagnóstico clínico”) realizarase en base as seguintes competencias a día 1:
Competencia 1.4. Promover, vixiar e contribuír ao mantemento da saúde e da seguridade dun mesmo, dos pacientes, dos clientes, dos compañeiros e do medio ambiente no ámbito veterinario; demostrar coñecementos sobre os principios de garantía de calidade; aplicar os principios de xestión de riscos na práctica.
• OA1: Aplicar o protocolo de bioseguridade na sala de necropsias.
Tarefas: O/a estudante deberá aplicar de forma correcta as normas de bioseguridade na sala de necropsias durante a realización da necropsia:
• as boas prácticas e técnicas empregadas,
• o uso dos equipos de prevención e de protección individual de maneira adecuada
• á súa limpeza unha vez finalizada a necropsia.
Avaliación mediante rúbrica.
Esta actividade é un obxectivo de aprendizaxe formativo e sumativo que servirá para a cualificación final do/a estudante na materia RCH pero NON é imprescindible aprobala para aprobar a materia.
Competencia 1.22. Recoller, conservar e transportar mostras, seleccionar as probas de diagnóstico adecuadas, interpretar e comprender as limitacións dos resultados das probas.
• OA1: Diferenciación de inflamación e neoplasia, e de neoplasia benigna ou maligna nunha mostra citolóxica dun caso clínico, comprendendo as limitacións de dita proba.
Tarefas O/a estudante deberá presentar e discutir oralmente un caso durante a rotación complementaria “Citoloxía básica aplicada ao diagnóstico clínico”, que será avaliado mediante rúbrica.
Resultado do aprendizaxe:
• Uso adecuado da terminoloxía.
• Descripción da citoloxía.
• Razonamento clínico.
Esta actividade é un obxectivo de aprendizaxe formativo e sumativo que servirá para a cualificación final do/a estudante na materia RCH pero NON é imprescindible aprobala para aprobar a materia.
Competencia 1.34. Realizar a necropsia en todas as especies animais comúns, incluíndo a toma de mostras, o envío e a notificación (informe de necropsia).
• OA1: Realización de necropsia diagnóstica, incluíndo a toma de mostras para o estudo histopatolóxico, redacción do informe de necropsia e da solicitude do estudo histopatolóxico.
Tarefa: O/a estudante deberá realizar a toma de mostras axeitada para o estudo histopatolóxico e elaborará o informe de necropsia e a solicitude de estudo histopatolóxico, como máximo unha semana despois da realización da necropsia.
Resultado do aprendizaxe:
• A selección dos órganos e/ou lesións a mostrear.
• A metodoloxía de mostreo para que a mostra sexa representativa e sen artefactos.
• A recollida axeitada das mostras para o seu envío.
• A redacción do informe de necropsia.
• A redacción da solicitude razoada de estudo histopatolóxico.
A avaliación realizarse mediante rúbrica.
As actividades individuais (toma de mostras e redacción da solicitude de estudo histopatolóxico) son obxectivo de aprendizaxe formativo e sumativo e considérase imprescindible para aprobar a materia. Na rúbrica establecerase a cualificación mínima para aprobar. A actividade en grupo (redacción do informe de necropsia), é un obxectivo de aprendizaxe formativo e sumativo e considérase NON imprescindible para aprobar a materia.
Avaliacións transversais
Ademais das avaliacións específicas en cada unha das rotacións, os alumnos serán avaliados tendo en conta a súa actitude durante as actividades da materia e mediante un caso clínico no que deberán realizar unha exposición oral. A avaliación tamén se realizará tendo en conta as competencias a día 1:
Competencia 1.6 Aplicar principios de interacción interpersoal eficaz, incluíndo comunicación, liderado, xestión, traballo en equipo, respecto mutuo e outras habilidades transversais.
• OA1: Manter unha actitude activa, integradora e respectuosa con outros
Tarefa: durante todas as actividades da materia Rotatorio Clínico Hospitalario, o alumnado deberá manter unha actitude activa e respectuosa cos compañeiros, profesorado, colaboradores docentes, titores e pacientes.
Resultado do aprendizaxe:
• O mantemento dunha actitude participativa e activa durante as actividades.
• A colaboración entre compañeiros para a resolución de dúbidas e problemas.
• A comunicación respectuosa entre compañeiros, profesorado e titores.
• O mantemento dunha actitude integradora
• A puntualidade ás actividades propostas
A avaliación realizarase mediante rúbrica. A superación desta actividade será imprescindible para aprobar a materia (OA formativo e sumativo).
Competencia 1.5. Comunicarse de forma eficaz cos clientes, o público, os colegas profesionais e as autoridades responsables, utilizando unha linguaxe adecuada ao público en cuestión e respectando plenamente a confidencialidade e a privacidade.
• OA1: Preparar unha presentación dun caso clínico empregando a linguaxe científica adecuada para o público en cuestión, neste caso profesionais veterinarios.
Tarefa: o alumando deberá preparar unha presentación dun caso clínico, no que participaran durante algunha das rotacións, utilizando unha linguaxe científica adecuada para o contexto formal no que se realizará a exposición (compañeiros veterinarios).
A avaliación realizarase mediante rúbrica. A superación desta actividade NON será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Competencia 1.11. Demostrar capacidade para analizar de forma crítica a evidencia, xestionar información incompleta, xestionar continxencias e adaptar coñecementos e habilidades a escenarios e contextos variados.
• OA2: Interpretar os resultados das probas realizadas ao paciente tendo en conta os datos da anamnese, historia clínica e exploración
Tarefa: o alumando, durante a presentación do caso clínico, deberá interpretar de xeito crítico os resultados obtidos durante o proceso diagnóstico dun paciente tendo en conta as limitacións das probas.
Resultado do aprendizaxe:
• Correcta interpretación dos resultados tendo en conta a anamnese, historia clínica e exploración do paciente.
• Indicación das limitacións das probas realizadas ou necesidade de ter realizado probas diferentes.
• Xestión da información incompleta: probas non realizadas ou realizadas de xeito incompleto, complicacións, ...
A avaliación realizarase mediante rúbrica. A superación desta actividade NON será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
• OA3: Discutir, utilizando a bibliografía científica publicada, os resultados e as indicacións propostas para un paciente dun determinado caso clínico.
Tarefa: o alumando, durante a presentación do caso clínico, deberá realizar unha correcta discusión dos resultados e do plan terapéutico dun paciente.
Resultado do aprendizaxe:
• Correcta discusión dos resultados obtidos utilizando a bibliografía científica publicada.
• Correcta discusión do tratamento utilizando a bibliografía científica publicada. Aportación de tratamentos alternativos ao utilizado tendo en conta as vantaxes e inconvenientes.
• Indicación e discusión do seguimento do paciente.
A avaliación realizarase mediante rúbrica. A superación desta actividade NON será imprescindible para aprobar a materia (OA sumativo).
Para todos aqueles obxectivos de aprendizaxe que deben alcanzarse de forma IMPRESCINDIBLE para sup erar a materia, en caso de suspenso, poderase, baixo solicitude dunha titoría, proceder á revisión do traballo realizado para ter de novo outra oportunidade de superar o obxectivo. Para aqueles estudantes que teñan aprobada a cualificación mínima da actividade nos dous cursos anteriores, manteráselles a cualificación no seu momento.
Cualificación final
A cualificación final do alumno obterase tendo en conta as seguintes porcentaxes:
• Rotacións servizos: 50% da cualificación final.
• Rotacións complementarias: 20% da cualificación final.
• Caso clínico: 20% da cualificación final.
• Actitude: 10% da cualificación final.
Nesta materia non procede a dispensa de asistencia a clase
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido de las tecnoloxías durante a realización das probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas de traballo presencial = 138 horas
• 136 horas de práctica clínica
o 82 horas de rotación servizos
o 45 horas de rotación complementaria
o 6 horas de aula de habilidades clínicas
o 3 horas de presentación de casos clínicos
• 2 horas de titorías
Horas de traballo persoal autónomo = 37 horas
• 12 horas de elaboración dun caso clínico
• 8 horas de revisión bibliográfica para a práctica de medicina baseada na evidencia
• 4 horas de elaboración de informes clínicos
• 10 horas de estudo individual
• 3 horas de elaboración de presentacións orais
Horas totais = 175 horas
A asistencia as actividades programadas é obrigatoria (non procede dispensa de asistencia ás mesmas).
• Participación na resolución dos casos clínicos
• Participación activa nas diferentes rotacións
• Utilización do material aportado polo profesorado como guía
• Emprego das fontes bibliográficas recomendadas
• Utilización da Aula Virtual da materia Rotatorio Clínico Hospitalario para dar apoio á docencia. O estudante deberá empregala de forma asidua para acceder aos contidos, participar nos foros e resolver as cuestións que se formularán
Germán Santamarina Pernas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- german.santamarina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Gonzalez Cantalapiedra
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- antonio.cantalapiedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Ines Miranda Castañon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- marta.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana María López Beceiro
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822624
- Correo electrónico
- anam.lopez.beceiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monica Lopez Peña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822329
- Correo electrónico
- monica.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Vila Pastor
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- monica.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Luisa Suarez Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822622
- Correo electrónico
- maruska.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Bravo Moral
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fernando Maria Muñoz Guzon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822644
- Correo electrónico
- fernandom.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucas Rigueira Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- lucas.rigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Blanca Lidia Villanueva Santamarina
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- blancalidia.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Natalia Miño Fariña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822634
- Correo electrónico
- natalia.mino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mariano Lopez Garcia
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- mariano.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Oscar Varela Lopez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Daniel Castro Castro
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- daniel.castro.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Candela Fernandez Villa
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- candela.fernandez.villa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Alicia Seoane Mojón
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- alicia.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luciano Espino Lopez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822623
- Correo electrónico
- luciano.espino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Angela Gonzalez Martinez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- angela.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Permuy Mendaña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- maria.permuy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Maria Lizcano Gonzalez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- m.lizcano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Inmaculada Orjales Galdo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822611
- Correo electrónico
- inma.orjales [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Silvia Fernandez Martin
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- silvia.fernandez.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jessica Blanco Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- j.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Miriam Pereiro Gonzalez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- miriampereiro.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU