Créditos ECTS Créditos ECTS: 1
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 23.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal, Sanidade Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Prácticas externas en diferentes campos da veterinaria. Ver convocatoria específica de prácticas externas.
Disciplina práctica preprofesional tutelada durante 4 semanas por un/unha profesional externo dedicado/a a calquera campo da veterinaria, con dedicación a tempo completo do estudante e a realizar no período de verán (xuño, xullo e agosto).
Non procede
Competencias Xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
• GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber).
• CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
• CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
• CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 06. Coñecer os aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
• CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
• CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
• CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
• CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
• CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
• CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación
• CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
• CEDVUSC18. Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos.
Competencias Específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
• D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
• D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
• D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
• D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
• D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
• D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
• D1VUSC 10. Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal.
• D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
• D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humano.
• D1VUSC 13. Realizar o control sanitario dos distintos tipos de empresas e establecementos de restauración e alimentación.
• D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
• D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade.
• D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
• D1VUSC 18. Aplicar os coñecementos de radioprotección en aqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
Competencias Específicas Académicas (querer facer)
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A realización das prácticas en empresas ou en entidades públicas ou privadas regularase, ademais de polas normas dos estudos oficiais, polo polo Real decreto 592/2014, do 11 de xullo , que regula as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, polo Regulamento de prácticas externas da USC e polos convenios que se asinen conforme a normativa para a xestión de convenios da USC, así como polas propias convocatorias e demais disposicións xerais de aplicación.
O estudante realizará estadías de catro semanas de duración, onde se acoplará á sistemática de traballo da empresa/centro de destino, realizando as prácticas de forma tutelada, contando cun titor académico de referencia.
O TITOR PROFESIONAL valorará o traballo e a actividade realizada polo estudante, así como o reflexo dese traballo na memoria realizada. Concretamente valorará os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como específicas previstas no proxecto formativo. A cualificación será de 0 a 10 puntos:
1. Capacidade técnica e de aprendizaxe: 0 a 10
2. Actitude e iniciativa de resolución: 0 a 10
3. Habilidades de comunicación (oral e/ou escrita) : 0 a 10
4. Capacidade de traballo en equipo e relación no entorno laboral: 0 a 10
5. Puntualidade: 0 a 10
6. Reflexo da actividade realizada na memoria: 0 a 10
TITOR ACADÉMICO
Cada estudante deberá presentarlle ao titor académico unha memoria de prácticas. A memoria realizada polo alumno deberá conter unha descrición das actividades desenvolvidas e incluír os seguintes apartados: (1) Introdución na que se describa detalladamente o centro no cal se realiza a práctica; (2) Descrición da actividade desenvolvida; (3) Desenvolvemento e discusión de un caso ou actuación clínica ou procedemento (laboratorio; inspección, protocolos de control, empresa, etc., dependendo da rotación) cunha estrutura e discusión axeitada; e (4) Valoración persoal e conclusión final da experiencia desta práctica para a formación. A memoria debe ter un máximo de 15 páxinas (excluíndo anexos), DIN A4, escrita con tipografía Times New Roman ou similares, de tamaño 11 e interliñado de 1,5. Terase en conta a redacción da mesma.
O titor académico deberá basear a súa avaliación na calidade de presentación da memoria e no grao de aproveitamento da práctica e non no número de actividades realizadas, pois o número de actividades depende do volume de traballo do centro asignado e non do estudante. A cualificación será de 0 a 10 puntos (ver folla de avaliación específica).
A CUALIFICACIÓN FINAL será a media aritmética da cualificación do titor profesional e a do titor académico. Se a cualificación outorgada polo titor profesional ou polo titor académico é menor de 5 puntos a materia estará suspensa e a cualificación final será a mínima das dúas.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Non se admitirá dispensa a clase.
Non se gardarán avaliacións dun curso para outro.
Materia optativa de 6 créditos ECTS
Traballo presencial (140 horas):
• Prácticas clínicas pre-profesionais: 140 horas
Traballo persoal do/a estudante (10 horas):
• Elaboración da memoria de prácticas: 10 h
Total horas: 150 horas
Ver normativa prácticas externas
Para poder formalizar a matrícula desta materia, o alumnado deberá ter superado 150 créditos (50% créditos da titulación), dos cales serán como mínimo 69 créditos de formación básica e 81 créditos de formación obrigatoria; todos eles de 1º, 2º e 3º do Grao en Veterinaria.
Todas as indicacións da materia aparecen na páxina Web Facultade de Veterinaria.