Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Microbioloxía Clínica Veterinaria ten como obxectivo principal revisar os principais aspectos a ter en conta á hora de traballar en un laboratorio de microbioloxía clínica, así como manexar as principais técnicas do diagnóstico microbiolóxico.
Os obxectivos específicos son:
1.-Aplicar as medidas de Bioseguridade necesarias ó axente/s biolóxicos con que se prevé traballar.
2.-Seleccionar as mostras biolóxicas adecuadas en relación á sospeita etiolóxica e as técnicas de elección.
3.-Xestionar de forma adecuada o seu embalaxe, transporte e envío.
4.-Coñecer as principais técnicas de microbioloxía clínica para a identificación de microorganismos.
5.-Interpretar os resultados emitidos polo laboratorio de microbioloxía clínica.
6.-Coñecer a problemática das resistencias aos antimicrobianos e as limitacións no uso terapéutico dos mesmos.
PROGRAMA TEÓRICO (16 horas)
Tema 1. Revisión de conceptos: Microbioloxía e microorganismos. Taxonomía. Interacción microorganismos-hospedador. Patoxenicidade bacteriana. (1 HORA)
Tema 2. Seguridade biolóxica nos laboratorios de microbioloxía clínica: Clasificación dos microorganismos. Medidas e niveis de contención. Normas e procedementos estándar. Xestión e tratamento de residuos. (2 HORAS)
Tema 3. Recollida, transporte e procesamento inicial das mostras no laboratorio de microbioloxía: Consideracións clínicas. Recollida e transporte das mostras. Recepción e avaliación das mostras: criterios xerais de admisión ou rexeitamento de mostra. (2 HORAS)
Tema 4. Métodos fenotípicos de identificación: Cultivo. Características macroscópicas e microscópicas. Probas bioquímicas e de resistencia. Sistemas comerciais manuais e automatizados. (3 HORAS)
Tema 5. Técnicas inmunolóxicas en microbioloxía clínica: Diagnóstico directo mediante a detección de antíxenos. Diagnóstico indirecto mediante a detección de anticorpos. Valoración da resposta inmune celular. (3 HORAS)
Tema 6. Métodos moleculares de identificación e caracterización microbiana: Revisión das principais técnicas de identificación molecular. Xenes empregados como dianas moleculares para a identificación de bacterias. Tipificación e caracterización molecular con fins epidemiolóxicos. (3 HORAS)
Tema 7. Métodos de identificación e tipificación basados en secuenciación xenómica masiva (2 HORAS)
SEMINARIOS (2 horas)
O profesor realizará unha proposta a inicio de curso de temas complementarios ao programa teórico e práctico, de especial interese ou actualidade que se traballarán na sesión dobre (MCV S1,S2-G1).
PROGRAMA PRÁCTICO (10 horas)
Distribuidas en tres sesiones de laboratorio (LB1, LB2, LB3) de 4, 4 y 2 horas respectivamente.
Práctica 1. Identificar microorganismos mediante mediante técnicas fenotípicas (3 HORAS) (MCV LB1-G1)
Práctica 2. Determinar sensibilidade antimicrobiana (2 HORAS) (MCV LB1,2-G1)
Práctica 3. Identificar microorganismos mediante técnicas inmunolóxicas (2 HORAS) (MCV LB2-G1)
Práctica 4. Identificar microorganismos mediante técnicas xenotípicas e tipificación molecular con fins epidemiolóxicos. Emprego de ferramentas web (2 HORAS) (MCV LB2,3-G1)
Práctica 5. Casos clínicos (1 HORA) (MCV LB3-G1)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-FORBES AB, SAHM D, WEISSFELD A. Bailey & Scott Diagnóstico microbiológico 12ª edición. Editorial Médica Panamericana. 2009.
- LUNA FONTALVO, J. A. Métodos analíticos de microbiología general y aplicada. ed. Santa Marta: Editorial Unimagdalena, 2020. 175 p. Disponible en: https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/ereader/busc/128443.
-MARKEY BK, LEONARD FC, ARCHAMBAULT M, CULLINANE A, MAGUIRE D. Clinical Veterinary Microbiology 2nd edition. Mosby-Wolfe. 2013.
- PRATS G. Microbiología y Parasitología Médicas. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9788491106111.Año de edición: 2019.
- SONGER JG, POST KW. Veterinary Microbiology. Bacterial and fungal agents of animal disease. Elsevier Saunders. 2005.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-TIZARD IR. 2009. Inmunología veterinaria (10a edición). Elsevier. ISBN electrónico 84-9113-454-9 https://www-elsevierelibrary-es.ezbusc.usc.gal/pdfreader/inmunologa-vet…
- TRUANT A.L. Manual of commercial methods in Clinical Microbiology. Wiley Online Library Online Books. 2016.
- VERSALOVIC J, CARROLL KC, FUNKE G, JORGENSEN JH, LANDRY ML, WARNOCK DW. Manual of Clinical Microbiology 10th edition. American Society for Microbiology. 2013.
- WINN WC, ALLEN SD, JANDA WM, KONEMAN EW, PROCOP GW, SCHRENCKENBERGER PC, WOODS GL. Koneman. Diagnóstico microbiológico. Texto y Atlas en color. Editorial Médica Panamericana. 2008.
Páxinas Web de interés:
-Microbiology and Immunology on‐line (Universidad de South Carolina) http://microbiologybook.org/book/index.htm
-Todar's Online Textbook of Bacteriology http: // www.textbookofbacteriology.net
-Guía Práctica de Identificación y Diagnóstico en Micología Clínica: http://www.guia.reviberoammicol.com/
-The Aspergillus/Aspergillosis Website http://www.aspergillus.org.uk/
-Mycology on‐line (Universidad de Adelaide) http://www.mycology.adelaide.edu.au/
-Epidemia virtual, Sociedad Española de Virología http://epidemia.sevirologia.es/
-MicroBIO http://microbioun.blogspot.com.es/
http://blogs.elpais.com/microbichitos/
-Sociedad Española de Microbiología SEM Microbiología | Sociedad Española de Microbiología (semicrobiologia.org)
-Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas y Microbiología Clínica:
Documentos Científicos | Seimc.org
-University of Copenhagen, Denmark. Online photo atlas in Veterinary disease biology
https://atlas.sund.ku.dk/
-PRAN https://www.resistenciaantibioticos.es/es/lineas-de-accion/formacion/un…
-Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN) https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
-Elika. Fundación Vasca para la Seguridad Agroalimentaria https://www.elika.eus/es/
-European Food Safety Authority https://www.efsa.europa.eu/en/topics/topic/monitoring-foodborne-diseases
1. COMPETENCIAS XERAIS:
-GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
-GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
-GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
-GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (saber):
-CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (saber facer):
-D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
-D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (querer facer):
-CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a.
-CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
-CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxeira.
-CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
- CLASE MAXISTRAL. A docencia expositiva realizarase a través de clases maxistrais (16h), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia axudándose dos medios audiovisuais e materiais necesarios. Incentivarase a participación do alumno co método de ESTUDIO PREVIO a través de preguntas o pequenos supostos.
-PRÁCTICAS LABORATORIO. MCV LB1, LB2, LB3. As prácticas da materia (15h), son de carácter obrigatorio. Están orientadas a que o estudante adquira habilidades e destrezas prácticas en relación coa bioseguridade, manexo de equipos e técnicas microbiológicas necesarias para o estudo dos virus.
De forma xeral, as sesións prácticas impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbiología do Pavillón I da Facultade de Veterinaria. Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor. Contemplase asemade unha sesión mixta no Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Galicia, sempre que sexa posible. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria.
- SEMINARIO. MCV S1 e S2. Os seminarios (2h), de asistencia obrigatoria, nos que se desenvolverán temas complementarios que o profesor propoñerá aos alumnos ao comezo da materia, e que elaborarán en grupos. O traballo do grupo será tutelado polo profesor. O resultado deste traballo tradúcese nunha memoria escrita, e na exposición (presentación oral) dos temas a modo de debate co resto dos estudantes durante a sesión dobre de titoría presencial MCV T1 e T2.
-Titorías individuais presenciais, vía email ou TEAMS.
A. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á Avaliación Continua supoñerá, polo menos o 40% da nota final, que poderá chegar ao 100% sempre que os alumnos participen en >= 80% das sesións con bo aproveitamento. Realizarase un seguimento do bo aproveitamento a través de cuestionarios breves das sesións, tendo en conta os seguintes apartados:
-Asistencia e participación nas clases expositivas
-Traballo individual e colectivo en base á resolución de problemas ao longo das sesións prácticas
-Valoración dunha memoria, exposición e debate dun tema proposto ao comezo da materia.
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A proba escrita, de precisarse, será na data e hora acordadas en Xunta de Facultade. O exame escrito incluirá preguntas do programa teórico e práctico. A puntuación correspondente á Avaliación Escrita supón un máximo de 60% da nota final.
C. AVALIACIÓN GLOBAL
O cálculo da nota final será = Nota Avaliación Continua + Nota Avaliación Escrita
A nota para superar a materia será maior o igual a 5 en todos os casos.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido no artigo 16 dá "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico e Revisión de cualificación sobre ou plaxio nas probas".
OBSERVACIÓNS Non hai dispensa de asistencia a clase, dado o peso da avaliación continua nesta materia. Non se garda parte da avaliación para futuras convocatorias.
TRABALLO PRESENCIAL: 30 Horas
- Clases expositivas: 16 horas
-Prácticas de laboratorio (MCV LB1): 10 horas
- Seminarios (MCV S1 e S2): 2 horas
- Titorías programadas (MCV T1 e T2): 2 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 45 HORAS
- Estudo individual: 30 horas
- Elaboración de memoria de prácticas: 4 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 4 horas
- Resolución de casos /problemas: 2
- Presentacións orais: 2
- Realización de cuestionarios: 2 horas
- Outras tarefas propostas polo profesor: 1 hora
Recoméndase ao alumno asistir ás sesións teórico-prácticas, seminarios e titorías programadas para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É importante que o alumno posúa unha boa base das materias previas de Microbioloxía Veterinaria, Inmunoloxía e enfermidades infecciosas para poder seguir con comodidade os contidos teóricos e prácticos da materia.
É recomendable que previamente á asistencia ás clases teóricas e seminarios, os alumnos realicen unha lectura comprensiva do material docente dispoñible na aula virtual. Anímase os alumnos a que realicen unha busca complementaria de información sobre os supostos formulados en clase e os temas tratados nos seminarios, para poder participar nos debates.
Soamente os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade, castelán e galego.
Titorías INVIDIVUALES: nos despachos do Pavillón I, 2ª planta da Facultade de Veterinaria (previo acordo de día e hora por correo electrónico).
Azucena Del Carmen Mora Gutierrez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- azucena.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Leticia Carballeira Campa
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- leticia.carballeira.campa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Venres | |||
---|---|---|---|
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Norvet |
11.04.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminarios da materia |