Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 80 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clínicos EEES: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- Coñecer os riscos asociados á utilización de radiacións ionizantes e as normas de protección.
- Acadar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para realizar radiodiagnóstico en medicina veterinaria.
- Proporcionar ao estudante os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a aplicación da ecografía na clínica veterinaria.
- Coñecer os principios e as técnicas avanzadas de diagnóstico por imaxe (Tomografía computarizada, Resonancia Magnética, Gammagrafía).
- Coñecer a aplicación das radiacións ionizantes para a realización de certos tratamentos en medicina veterinaria (Radioterapia, Medicina Nuclear).
- Coñecer os protocolos e a utilidade de combinar diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe.
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
PARTE I: MEDIOS DE DIAGNÓSTICO POR IMAXE. PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS E TÉCNICAS XERAIS (9 h)
SECCIÓN 1: RADIOLOXÍA - 3 horas –
- RADIACIÓNS IONIZANTES. Natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- INSTALACIÓNS E EQUIPOS. Sala de raios X. Equipos de raios X. Material complementario.
- OBTENCIÓN E INTERPRETACIÓN DA IMAXE RADIOLÓXICA. Factores de exposición. Calidade radiográfica. Medios de contraste.
- RADIOBIOLOXÍA E RADIOPROTECCIÓN. Efectos biolóxicos das radiacións ionizantes. Radioprotección. Lexislación.
SECCIÓN 2: ECOGRAFÍA - 3 horas –.
- PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS E MATERIAL UTILIZADO EN ECOGRAFÍA. MODOS DE IMAXE.
- INTERPRETACIÓN E CONTROL DA IMAXE ECOGRÁFICA. TERMINOLOXÍA UTILIZADA.
- ARTEFACTOS.
- TÉCNICAS XERAIS. Protocolo de exploración abdominal e cardíaco. Principios de exploración noutros sistemas.
SECCIÓN 3: OUTROS MEDIOS FÍSICOS - 3 horas –.
- TOMOGRAFÍA COMPUTARIZADA.
- RESONANCIA MAGNÉTICA.
- MEDICINA NUCLEAR. Diagnóstico e tratamento.
PARTE II: DIAGNÓSTICO POR IMAXE DO TÓRAX (6 h)
SECCIÓN 1: PEQUENOS ANIMAIS - 5 horas –.
- TÉCNICA RADIOGRÁFICA PARA O ESTUDO DO TÓRAX. PAREDE TORÁCICA E DIAFRAGMA. Anatomía radiográfica xeral.
- MEDIASTINO E ESPAZO PLEURAL. Presenza de gas, fluídos e masas no mediastino e no espazo pleural. ESÓFAGO E TRAQUEA. Principais alteracións.
- PULMÓN. Patróns pulmonares. CORAZÓN E GRANDES VASOS. Lesións conxénitas e adquiridas.
- ECOGRAFÍA TORÁCICA NO CARDIACA. Protocolo, imaxe normal e principais alteracións.
SECCIÓN 2: GRANDES ANIMAIS - 1 hora –.
- TÉCNICA RADIOGRÁFICA PARA O ESTUDO DO SISTEMA RESPIRATORIO EN GRANDES ANIMAIS. Anatomía radiográfica xeral e principais alteracións.
- ECOGRAFÍA TORÁCICA NON CARDIACA.
PARTE III: DIAGNÓSTICO POR IMAXE DO ABDOME (12 h)
SECCIÓN 1: PEQUENOS ANIMAIS - 11 horas -.
- ANATOMÍA RADIOGRÁFICA E ECOGRÁFICA. Protocolo de exploración.
- FÍGADO E SISTEMA BILIAR. Técnicas de exploración e principais alteracións.
- BAZO. Técnicas de exploración e principais alteracións.
- TRACTO GASTROINTESTINAL. Técnica de exploración e anatomía radiográfica e ecográfica.
- PÁNCREAS. Técnicas de exploración e principais alteracións.
- GLÁNDULAS ADRENAIS. Técnicas de exploración e principais alteracións.
- APARATO URINARIO (RILES, URÉTERES, VEXIGA E URETRA). Técnicas de exploración e principais alteracións.
- APARATO REPRODUTOR (macho e femia). Técnicas de exploración e principais alteracións.
- LINFONODOS. CAVIDADE PERITONEAL. Técnicas de exploración e principais alteracións.
SECCIÓN 2: ÉQUIDOS - 1 h -
- ANATOMÍA E PROTOCOLO DE EXPLORACIÓN. Principais alteracións.
PARTE IV: DIAGNÓSTICO POR IMAXE DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO (7 h).
SECCIÓN 1: PEQUENOS ANIMAIS - 3 horas -
- ESQUELETO AXIAL E APENDICULAR. Técnicas e anatomía. Principais alteracións.
SECCIÓN 2: GRANDES ANIMAIS - 3 horas -
- ESQUELETO AXIAL E APENDICULAR. Técnicas e anatomía. Principais alteracións.
SECCIÓN 3: ECOGRAFÍA MUSCULOESQUELÉTICA - 1 hora -
- EQUIPO E TÉCNICA DE EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA. Anatomía ecográfica. Lesións.
PARTE V: RADIOTERAPIA - 1 hora -.
- RADIOTERAPIA. Principios físicos e técnicos. Equipos. Radioterapia en pequenos e grandes animais.
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
1. DPIC1 (10 horas): Interpretación radiográfica. Manexo de programa de visualización de probas de imaxe e valoración de radiografías de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC).
2. DPIC2 (10 horas): Participación na actividade asistencial en pequenos animais do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-RC.
3. DPIC3 (5 horas): Participación na actividade asistencial en grandes animais, no Servizo de Équidos do HVU-RC.
4. DPIC4 (5 horas): Realización dun protocolo de exploración ecográfica no Servizo de DPI do HVU-RC.
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante - ver Metodoloxía da ensinanza - (DPI T1-5 G1-10)
Bibliografía básica
AGUT GIMÉNEZ A. Diagnóstico por imagen en pequeños animales. Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona. 2014.
BARR F, GASCHEN L. BSAVA Manual of Canine and Feline Ultrasonography. British Small Animal Veterinary Association. 2011.
BUTLER JA, COLLES ChM, DYSON SJ, KOLD SE, POULOS PW. Clinical Radiology of the Horse, 4ª edition, Wiley Blackwell. 2016.
COULSON A, LEWIS N. An Atlas of Interpretative Radiographic Anatomy of the Dog and Cat. 2th. Edition. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2008.
DENNIS R, KIRBERGER RM, BARR F, WRIGLEY RH. Handbook of Small Animal Radiology and Ultrasound. Techniques and Differential Diagnoses. 2th edition. Saunders Elsevier. 2010.
KIDD JA, LU KG, FRAZER ML. Atlas of Equine Ultrasonography. Wiley Blackwell. 2022.
MATTOON JS, NYLAND TG. Diagnóstico Ecográfico en Pequeños Animales. 3ª Ed. Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona. 2016.
PENNINCK D, D'ANJOU MA. Atlas de ecografía en pequeños animales. Segunda edición. Multimédica. Sant Cugat del Vallés. Barcelona. 2017.
SCHEBITZ H, WILKENS H. Atlas of Radiographic Anatomy of the Horse. 4th. Edition. Parey Verlag. 2008.
THRALL DE. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 7th Ed. W. B. Saunders Elsevier. Philadelphia. 2018.
Bibliografía complementaria
BUSHBERG JT, SEIBERT JA, LEIDHOLD EM, BOONE JM. The Essentials Physics of Medical Imaging. 3th. Edition. Lippincott Williams and Wilkins. 2020.
DANIEL GB, BERRY CR. Textbook of Veterinary Nuclear Medicine. American College of Veterinary Medicine. 2006.
DYSON SJ, PILSWORTH RC, TWARDOCK AR, MARTINELLI MJ. Equine Scintigraphy. Equine Veterinary Journal Ltd. 2003.
MAI W. Diagnostic MRI in dogs and cats. CRC PRess. 2018.
KIRBERGER RM, McEBOY F. BSAVA Manual of Canine and Feline Musculoskeletal Imaging. 2th. Edition. British Small Animal Veterinary Association. 2016.
NOVELLAS TORROJA R, DOMÍNGUEZ MIÑO E, ESPADA GERLACH Y, MARTÍNEZ PEREIRA Y, TOBÓN RESTREPO M. Diagnóstico ecográfico en el gato. Editorial Servet. 2016.
O`BRIEN R, BARR FJ. BSAVA Manual of Canine and Feline Abdominal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. 2009.
SCHWARZ T, JOHNSON V. BSAVA Manual of Canine and Feline Thoracic Imaging. British Small Animal Veterinary Association. 2008.
SCHWARZ T, SAUNDERS J. Veterinary Computed Tomography. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2011.
WISNER E, ZWINGENBERGER A. Atlas of Small Animal CT and MRI. Wiley Blackwell. 2015.
Recursos dixitais:
- American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/).
- European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org/).
- Veterinary Radiology and Ultrasound (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/(ISSN)1740-8261).
- Equine Veterinary Journal/ EVEducation (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1001/(ISSN)2042-3306).
- Imaios, Vet Anatomy (recurso con partes en aberto para consulta de anatomía por técnicas de imaxe): https://www.imaios.com/es/vet-anatomy.
Recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC “reBUSCa” (https://rebusca.usc.gal/inicio). Tamén, a través de Pórtico (https://sfx.bugalicia.org/san/journalsearch) xestionado por BUGalicia, poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC).
Competencias xenéricas do grao en veterinaria:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares:
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
Competencias específicas profesionais:
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
D1VUSC 18. Aplicar os coñecementos de radioprotección en aqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
Impartiranse 35 clases maxistrais de 50 minutos co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia (ver Sesións expositivas en “Contidos” da materia e calendario oficial do Centro).
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
PRÁCTICAS CLÍNICAS no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC):
Realizaranse 30 horas de prácticas clínicas (ver calendario oficial do Centro), que inclúen as seguintes actividades:
• DPIC1- Interpretación radiográfica en pequenos animais -10 horas –. Manexo dun visualizador gratuíto de imaxes DICOM (formato estándar internacional de imaxes médicas). Realízase unha selección de placas radiográficas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, para que os estudantes coñezan a anatomía radiográfica e nos casos patolóxicos, valoren os signos radiográficos e os posibles diagnósticos diferenciais. Realización de informes regrados (CD1 1.7 “Elaborar rexistros clínicos e de clientes precisos e informes de casos cando sexa necesario, nunha forma satisfactoria para os públicos relevantes”) que serán avaliados como OBXECTIVO DE APRENDIZAXE.
• DPIC2- Participación na actividade asistencial en pequenos animais do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-RC. - 10 horas -. No Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-RC os estudantes familiarízanse coa instalación, equipos e material necesario para a exploración radiográfica, ecográfica e con técnicas avanzadas (Tomografía Computarizada, Resonancia Magnética). Aprenden a manexar os pacientes que chegan ao Servizo e tamén o trato cos titores. Nas exploracións radiográficas, aplican as medidas de radioprotección necesarias e realizan o posicionamento, o cálculo dos parámetros de exposición e a interpretación das imaxes obtidas. Os estudantes seguen as exploracións ecográficas que diariamente se levan a cabo no Servizo, e colaboran na realización de tomografías computarizadas e resonancias magnéticas (traballo das CD1 1.17, 1.22, 1.24).
• DPIC3- Participación na actividade asistencial en grandes animais do HVU-RC. - 5 horas -. Baixo a supervisión do/a profesor/a o estudantado participará activamente na actividade clínica asistencial do Servizo de Équidos do HVU-RC, participando na exploración radiográfica e ecográfica do cabalo, realizando a interpretación básica destas probas nos casos prácticos dispoñibles. (traballo das CD1 1.17, 1.22, 1.24).
• DPIC4- Realización dun protocolo de exploración ecográfica –5 horas – no Servizo de DPI (HVU- RC). Establécese un protocolo de exploración ecográfica que de forma individualizada realizará cada estudante baixo a supervisión do profesor (traballo das CD1 1.17, 1.24).
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante (ver calendario oficial do Centro). Na primeira sesión (primeiro día de clase) informarase aos estudantes das características da materia e da programación. Nas seguintes sesións efectuarase un seguimento da materia, os estudantes resolverán as súas dúbidas e os profesores valorarán de forma individualizada, mediante probas curtas, a súa evolución. As titorías realizaranse de forma presencial na aula.
A valoración do proceso de aprendizaxe do estudante realizarase mediante AVALIACIÓN CONTINUA e con unha PROBA FINAL. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua con un total de 5/10 puntos, e a proba final con un total de 5/10 puntos.
1. Para a AVALIACIÓN CONTINUA (5/10 puntos) teranse en conta as notas de catro probas curtas realizadas nas titorías (4 puntos, 1 punto por proba) xunto coa puntuación obtida nas sesións interactivas (1 punto).
a. As probas curtas realizadas nas titorías utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL, consistirán en 20 preguntas de tipo test de modalidade verdadeiro/falso (V/F) e/ou de resposta múltiple. Nas preguntas de modalidade V/F as respostas acertadas suman e as erróneas restan na mesma contía. Nas preguntas de opción múltiple, que terán unha ou varias respostas correctas, a suma de todas as respostas correctas equivalerá ao valor completo da pregunta, e no caso de non sinalalas todas, sumarán a porcentaxe correspondente; isto mesmo ocorrerá coas respostas erróneas, solo que en sentido negativo. As probas curtas conforman no seu conxunto unha única avaliación, sumándose as catro cualificacións obtidas para o cálculo da cualificación final (en ningún caso será negativo).
b. Nas sesións interactivas valorarase a actitude e destrezas dos estudantes (integración no grupo, grao de participación, dinámica de traballo, elaboración de informes,…) así como a realización de informe/s sobre casos clínicos reais aportados polo profesorado, que deberán entregarse por medio da Aula Virtual (AV). A corrección destes informes, baixo da rúbrica habilitada na AV, levará a un resultado de APTO/ NON APTO, relacionado co OBXECTIVO DE APRENDIZAXE sobre as COMPETENCIAS A DÍA 1 especificados nesta guía docente. A superación desta actividade será imprescindible para aprobar a materia (valoración sumativa). En caso de obter un NON APTO, o/ a estudante, tra-la revisión das tarefas co profesorado responsable, poderá realizar unha nova entrega antes da realización da proba final correspondente (1ª ou 2ª convocatoria).
A realización das catro probas de avaliación continua e a asistencia á totalidade das sesións interactivas é obrigatoria para poder superar esta materia. Os estudantes repetidores poderán de forma voluntaria validar as sesións interactivas (clases prácticas) coas realizadas unicamente no curso anterior, sendo preceptivo que o comuniquen con antelación ao inicio das mesmas. A cualificación obtida nas probas de avaliación efectuadas nas titorías (catro probas curtas) non se garda en ningún caso para anos sucesivos.
2. A PROBA FINAL (5/10 puntos), que se realizará utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL, consistirá nun exame con 60 preguntas de tipo test de modalidade V/F e/ou preguntas de resposta múltiple. Nesta proba o criterio de valoración para as preguntas V/F ou de resposta múltiple será o mesmo que o aplicado nas probas curtas da avaliación continua. Para aprobar a materia será obrigatorio superar a PROBA FINAL, polo tanto, haberá que obter 2,5 ou máis puntos.
A todos aqueles estudantes que non superaran a materia na primeira oportunidade (oportunidade ordinaria do semestre), manteráselles para a segunda oportunidade (recuperación) a cualificación obtida na AVALIACIÓN CONTINUA, debendo repetir unicamente a PROBA FINAL, que terá as mesmas características e á que se lle aplicará o mesmo criterio de valoración que á proba final da primeira oportunidade.
Para esta materia contémplase a posibilidade de dispensa de asistencia ás sesións expositivas (Instrución Nº1/2017 da Secretaría Xeral), pero non as sesións interactivas nin ás titorías. O criterio de avaliación que se aplicará ós estudantes con dispensa oficial de asistencia a clases expositivas non difire do criterio xeral descrito neste apartado, que será de aplicación para todos os estudantes, xa que non se realizan actividades de avaliación nas sesións expositivas.
Naqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial:
Clases expositivas: 35 h.
Clases interactivas: 30 h.
Titorías: 5 h.
Total de horas de traballo presencial: 70 horas.
Traballo persoal do/a estudante:
Estudio individual: 45 h
Revisión bibliográfica:15 h.
Resolución de casos clínicos: 15 h.
Presentacións orais: 2 h
Exame final: 3 h
Total de horas de traballo persoal do estudante: 80 horas
Traballo total do estudante: 150 horas
Os estudantes deberán participar activamente nas sesións expositivas, nas sesións interactivas e nas titorías. Recoméndase consultar regularmente os textos e os recursos dixitais propostos.
No "CAMPUS VIRTUAL" da USC, os estudantes disporán da “AULA VIRTUAL da materia Diagnóstico por Imaxe en Veterinaria” para dar apoio á docencia, e que o estudante deberá utilizar de forma asidua, accedendo ós contidos e participando nos foros.
Seguindo os protocolos de integración da USC para atención á diversidade, os profesores desta materia garantiremos a integración e igualdade de oportunidades aos estudantes con necesidades educativas especiais.
Para realizar as SESIÓNS INTERACTIVAS DE INTERPRETACIÓN (DPIC1), as PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA e a PROBA FINAL da materia será necesario dispoñer de ordenador, móbil ou tableta con acceso a internet, que permita conectarse ao CAMPUS VIRTUAL e acceder á proba correspondente de xeito presencial na aula habilitada.
Monica Vila Pastor
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- monica.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Candela Fernandez Villa
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- candela.fernandez.villa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Alicia Seoane Mojón
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- alicia.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jose Daniel Barreiro Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- josedaniel.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Permuy Mendaña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- maria.permuy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Maria Lizcano Gonzalez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- m.lizcano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 5 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |