Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 6 Clínicos EEES: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionarlle ao alumno os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a obtención de mostras biolóxicas, o seu procesamento laboratorial e a interpretación clínica dos resultados obtidos.
Contidos teóricos (14 horas). A materia está estruturada nos seguintes bloques temáticos:
1. Hematoloxía (1 hora). Avaliación dos eritrocitos, Avaliación dos leucocitos, Avaliación das plaquetas, Avaliación da hemostase.
2. Bioquímica sanguínea (7 horas). Avaliación dos electrólitos e do equilibrio ácido-base (2 horas), Avaliación da función hepática (1 hora), Avaliación da función renal (1 hora) Avaliación do perfil músculo-esquelético e mineral (1 horas), Avaliación das proteínas, lípidos plasmáticos, páncreas exócrino e intestino (1 hora).
3. Análise urina (2 horas). Avaliación das características físicas e químicas da urina, Sedimento urinario.
4. Outras probas específicas (3 horas). Avaliación derrames (pleural, peritoneal e pericárdico) e líquidos contidos en cavidades corporais (sinovial e cefalorraquídeo) (2 horas), Avaliación do líquido ruminal (1 hora) e Avaliación de mostras obtidas por aspiración de agulla fina (1 hora).
5.- O laboratorio en Medicina Veterinaria: Manexos e prácticas (1 hora).
Prácticas clínicas (6 horas). Abordarase o estudo dos seguintes temas:
ACV C1. Estudo do frotis de sangue periférico (2 horas).
ACV C2. Determinación por espectrofotometría de parámetros bioquímicos (2 horas).
ACV C3. Manexo laboratorial dos derrames (2 horas).
A practica ACV C1 desenvolverase no laboratorio de Anatomía Patolóxica Veterinaria.
As practicas ACV C2 e C3 desenvolveranse no laboratorio de Patoloxía Xeral.
Seminarios (8 horas).
ACV- S1. Resolución de casos clínicos conectados cos perfís hepáticos e muculoesqueléticos (2 horas).
ACV- S2. Discusión de casos clínicos do equilibrio ácido-base en medicina veterinaria (2 horas).
ACV- S3. O valor das análises de laboratorio no diagnóstico. (2 horas).
ACV- S4. Avaliación laboratorial da función renal: un caso clínico (1 hora). Interpretación de alteracións hematolóxicas empregando microhematocrito e frotis sanguíneo (1 hora).
Titorías (2 horas).
ACV T1. Introdución ao método de estudo de Análises Clínicas Veterinarias (1 hora).
ACV T2. Resolución de dúbidas e casos clínicos dos distintos contidos da materia (1 hora).
Bush, B.M. (1999). Interpretación de los análisis de laboratorio para clínicos de pequeños animales. Ediciones S, Barcelona.
Cowell, R.L., Tyler, R.D., Meinkoth, J.H. (1999). Citología y hematología diagnóstica en el perro y el gato. 2nd ed. Editorial Multimédica, Barcelona.
Feldman, B.F., Zinkl, J.G., Jain, N.C. (2000) Schalm’s Veterinary Hematology. 5th edition. Lippincott Willians & Willians, Philadelphia.
Jain, N.C. (1993). Essentials of veterinary hematology. Lea & Febiger, Philadelphia.
Kaneko, J.J. (1997) Clinical biochemistry of domestic animals. 5th ed. Academic Press, San Diego.
Latimer, k.s., Mahaffey, e.a., Prasse, k.w. (2003). Duncan & Prasse´s Veterinary Laboratory Medicine. Clinical Pathology. 4th. Ed. Blackwell Publishing, USA.
Merck, N.J. (2000) El manual Merck de veterinaria. 5ª ed. Centrum Técnicas y Científicas, Madrid.
Meyer, D.J., Harvey, J.W. (2004). Veterinary Laboratory Medicine. Interpretation and Diagnosis. 3rd Ed. W.B. Saunders Company, USA.
Rebar, A.H., MacWilliams, P.S., Feldman, B.F. y col. (2002). Manual de hematología de perros y gatos. Multi Médica, Ediciones Veterinarias, Barcelona.
Sodikoff, CH. (2002) Pruebas diagnósticas y de laboratorio en pequeños animales. Una guía para el diagnóstico de laboratorio. 3ª ed. Harcourt, Madrid.
Stockham, S.L., Scout, M.A. (2002) Fundamentals of Veterinary Clinical Pathology. Iowa State Press, Iowa.
Thrall, M.A., Baker, D.C., Campbell, T.W. y col. (2004) Veterinary Hematology and Clinical Chemistry. Lippincott Willians & Willians, Philadelphia.
Tizard, I.R. (2002) Inmunología veterinaria. 6ª ed. McGraw-Hill Interamericana.
Underwood, E.J., Suttle, N.F. (2000) The mineral nutrition of livestock. 3rd ed. CABI Publishing, Wallingford.
Competencias xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
Competencias disciplinares
CEDVUSC04 Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias profesionais
D1VUSC02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondinte informe.
D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias académicas
CEAVUSC01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral y escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
CEAVUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC06. Saber buscar asesoramento e axuda profesional.
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Competencias transversais
CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e breve.
CTVUSC05. Habilidade o manexo das TICs.
CTVUSC06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Contidos teóricos. Na primeira parte de cada sesión teórica (correspondente a cada bloque temático) presentarase a estrutura didáctica a seguir en cada bloque temático, analizando os contidos a desenvolver de forma práctica nas análises de mostras biolóxicas das distintas especies domésticas (grandes e pequenos animais). Na segunda parte abordarase o estudo das técnicas analíticas, os procedementos e as interferencias, e os parámetros utilizados na detección dos problemas patolóxicos segundo a estrutura orgánica, dende os máis básicos ao máis complexos. Ó final de cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Prácticas clínicas. O alumno disporá de información previa con todos os contidos necesarios para iniciarse na interpretación das análises clínicas e a súa proxección clínica en animais domésticos. O alumno deberá traballar de forma autónoma na preparación das sesións con antelación á práctica, de forma que cada sesión práctica se centrará fundamentalmente na aprendizaxe da interpretación dos resultados obtidos nas probas laboratoriais e nos diagnósticos dos distintos procesos patolóxicos considerados. Ó final de cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase. A práctica 1 será no Laboratorio de Anatomía Patolóxica, e as prácticas 2 e 3 no Laboratorio de Fisiopatoloxía. Non procede a dispensa á clase.
Seminarios: Nos seminarios abordaranse aspectos importantes relativos ó manexo das distintas mostras biolóxicas no contexto da medicina veterinaria, considerando os aspectos máis destacados, técnicas máis novas e con aplicación directa e clínica sobre os animais. Fomentarase a participación dos estudantes nos seminarios. Ó final de cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Titorías. Na primeira titoría farase unha presentación da materia, dos obxectivos e metodoloxía de traballo, dos mecanismos de avaliación e bibliografía. Na segunda titoría, unha vez rematados os contidos teóricos, prácticos e seminarios, procederase á resolución en grupo das dúbidas xurdidas durante o curso; ademais presentaranse distintos supostos prácticos para que o alumno teña unha visión integral da materia. Non procede a dispensa á clase.
O alumno disporá dun curso virtual dentro da Plataforma Virtual da Universidade, onde se expoñerán as guías teóricas e prácticas para cada bloque temático, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, biblioteca de imaxes e vídeos, enlaces web, etc. Ademais, crearanse foros para a resolución de dúbidas e suxestións.
A avaliación da materia realizarase en base a un sistema de avaliación continua (30%) e un exame final (70% da cualificación final), sempre que o estudante alcance, no exame escrito, o 40% da nota máxima do mesmo.
Na avaliación continua terase en conta (de forma ponderada) o grao de aproveitamento das clases teóricas (onde o alumno podería ter que responder de forma escrita a varias preguntas tipo test durante a clase e sobre o contido da mesma), das prácticas e seminarios (a través de exercicios/casos clínicos que os alumnos deberán de realizar) e doutras actividades tipo ensaio que se proporán en relación a diversos temas. A aqueles estudantes que superen a avaliación continua nun curso académico gardaráselles a cualificación obtida para o curso académico seguinte. Ao final de cada actividade poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
A proba de exame final consistirá en 4 preguntas de desenvolvemento e/ou casos clínicos. O alumno superará a disciplina se a suma das cualificacións obtidas da avaliación continua e no exame escrito é superior a 5.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O calendario de exames aprobado polo pleno da Xunta da Facultade de Veterinaria poderase consultar (data, hora e lugar) na páxina web da Facultade. Na convocatoria de xullo, dispoñible na páxina web da Facultade, só será posible presentarse ao exame final escrito, manténdose a nota da avaliación continua obtida.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (30 horas)
Asistencia ás clases teóricas: 14 horas
Asistencias ás clases prácticas clínicas: 6 horas
Seminarios: 8 horas
Titorías: 2 horas
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE (45 horas)
Estudo individual: 18 horas
Elaboración dos traballos: 3 horas
Revisión bibliográfica: 4 horas
Resolución de casos/problemas: 16 horas
Realización de exames: 4 horas
TOTAL: 75 horas
Considerase imprescindible a asistencia regular ás sesións teóricas e prácticas para poder aproveitar ao máximo os contidos impartidos nelas.
Ademais, é altamente recomendable que o alumno cursara e superara as materias de Anatomía Veterinaria I e II, Fisioloxía Veterinaria I e II, Inmunoloxía Veterinaria, Bioquímica e Integración do Metabolismo, disciplinas do bloque de Estrutura e Función e Propedéutica Clínica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cristina Castillo Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- cristina.castillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Marta López Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- marta.lopez.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Joaquin Ricardo Hernandez Bermudez
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joaquin.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Victor Pereira Lestayo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- victor.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rodrigo Muiño Otero
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Teléfono
- 982822643
- Correo electrónico
- rodrigo.muino.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 4 |
25.11.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |