Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os distintos trastornos que poden presentar as persoas en relación co seu desenvolvemento evolutivo.
• Detectar-diagnosticar as necesidades das persoas basándose en diferentes procedementos e instrumentos.
• Coñecer os principais modelos para deseñar e implementar a avaliación e intervención psicoeducativas nos distintos trastornos do desenvolvemento.
• Manexar estratexias de asesoramento dirixidas tanto aos profesores para facilitar a atención a diversidade como as familias e en concreto ao desenvolvemento e ás características das persoas con trastornos do desenvolvemento.
• Planificar, deseñar e implementar programas e intervencións no ámbito educativo e familiar.
Na materia repasaran os modelos teóricos e conceptuais dos trastornos do desenvolvemento, así como os procedementos de avaliación, atención temperá e intervención psicoeducativa que poden aplicarse. Logo profundizarase no coñecemento dos principais trastornos do desenvolvemento de orixe cognitiva, socioafectiva, sensorial e motora.
Para cada un dos temas, colgarase na aula virtual Moodle lecturas complementarias consistentes en guías, artigos ou algún capítulo dos máis relevantes da bibliografía básica e complementaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Gil-LLario, M.D. (2024). Trastornos del neurodesarrollo: desde la práctica hacia la teoría. Pirámide
López -Justicia, M.D., & Polo-Sánchez, M.T. (2015). Trastornos del desarrollo infantil. Ediciones Pirámide
Marchesi, A., Coll, C., & Palacios, J. (2014). Desarrollo psicológico y educación: 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Alianza Editorial
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
American Psychiatric Association (APA) (2023). Manual Diagnóstico y Estadístico de los Trastornos Mentales - 5ª ed. - Texto Revisado (DSM-5 TR). Panamericana
Barón-Cohen, S. (2010). Autismo y síndrome de Asperger. Alianza.
Buceta, M. J. (coord). (2011). Manual de Atención Temprana. Editorial Síntesis
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2016). Protocolo para o Tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA). Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (2019). Protocolo para la atención educativa al alumnado con discapacidad auditiva. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
García, J.M., Pérez, J., & Berruezo, P.P. (2005). Discapacidad intelectual. Desarrollo, comunicación e intervención. CEPE.
Latorre, A., & Bisetto, D. (2009). Trastornos del desarrollo motor. Pirámide.
López-Justicia, M.D. (2004). Aspectos evolutivos y educativos de la deficiencia visual. Netbiblo.
Marín-Suelves, D. (2018). Intervención Psicoeducativa en Alumnado con Necesidades Específicas de Apoyo Educativo. Tirant Humanidades
Pérez-Pereira, M. (2019). Dificultades sensoriales y desarrollo del lenguaje. En E. Aguilar-Mediabvialla y A. Igualada (eds), Dificultades del lenguaje en los trastornos del desarrollo (Vol. I: Pérdida sensorial y daño neurológico). UOC
Pérez-Pereira, M., & Conti-Ramsden, G. (2020). Language Development and Social Interaction in Blind Children. Psychology Press.
Rivière, A. (2005). Autismo. Orientaciones para la intervención educativa. Trotta.
Schalock, R.L., Luckasson, R., & Tassé, M.J. (2021). Discapacidad Intelectual. Definición, diagnóstico, clasificación y sistemas de apoyos(AAIDD, 12.ª edición) (M.A. Verdugo & P. Navas, Traductores). Hogrefe TEA Ediciones
Verdugo, M.A. (Dir.) (2009). Discapacidad intelectual: adaptación social y problemas de comportamiento. Pirámide.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan mostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudiantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respeto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios del respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de síntese.
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais.
CT4 - Capacidade de autocrítica.
CT5 - Capacidade de comunicación.
CT6 -Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade y anormalidade.
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saude, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizaciones e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e
Comunitaria.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos.
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obligacións deontolóxicas da Psicoloxía.
A metodoloxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudante. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado na aula virtual.
As actividades que se realizarán nas clases interactivas irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos na intervención nos distintos Trastornos do Desenvolvemento. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudados da labor mediadora da docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións de clase e na aula virtual.
A cualificación global (100%) dividirase nas seguintes partes:
A. EXAME: Un 60% (6 puntos) da nota final provirá dunha proba (exame) sobre os contidos da materia. Deberase obter un mínimo de 3 puntos para poder sumar o resto de puntuacións, e superar a materia.
B. INFORMES E TRABALLOS (4 PUNTOS)
•TRABALLOS DE CURSO (3 PUNTOS): no marco das clases interactivas, proporanse distintas tarefas de carácter individual ou grupal. Estas tarefas poderán consistir na procura bibliográfica, detección e análise de síntomas, realización de informes, propostas de intervención…
•INFORMES DE PRÁCTICAS (1 PUNTO):O alumnado deberá realizar, nas clases interactivas, a presentación (oral ou noutro formato) dos distintos traballos realizados.
•A realización e entrega dos traballos de curso e dos informes de prácticas será OBRIGATORIA para superar a materia, debendo ter un mínimo de 2 puntos en total para que se poida sumar a puntuación deste apartado (B) á puntuación obtida no exame. Deberanse entregar todas as tarefas dentro dos prazos indicados. Entregalas dentro das 24horas posteriores ao prazo indicado suporá unha penalización do 25% da nota. Non se admitirá, e por tanto non se puntuarán, as tarefas cun atraso maior, o que implicará o suspenso nesta parte a materia.
•ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN será un requisito indispensable nesta parte da materia. No caso de que non se poida asistir, só se xustificarán as faltas debidamente acreditadas (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189). As faltas de asistencia debidas a situacións dificilmente xustificables (nas que non conste o preciso documento acreditativo) penalizarán sobre a puntuación deste apartado (B) da seguinte forma: primeira falta -0,25 puntos, segunda falta -0,25 puntos, terceira falta -0,5 puntos, cuarta falta -0,5 punto, máis de 4 faltas sen xustificar suporá un 0 nas tarefas deste apartado (B). Ademáis, no caso de faltas de asistencia (xustificadas ou non) deberase poner en contacto co profesorado da interactiva correspondente para facer e entregar o traballo correspondente. Se esto non se realiza, perderase, a maiores, a puntuación proporcional de esa tarefa.
C. En caso de non superar algunha das partes ou as dúas, a puntuación na convocatoria ordinaria será de suspenso coa puntuación obtida máis próxima a 5. O alumnado poderá presentarse a un exame final na convocatoria extraordinaria (xullo) para recuperar ambas partes ou so a que teñan suspensa.
A cualificación de “Non presentado” darase a aqueles estudantes que non presentasen algunha das partes (A e/ou B)
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/ as alumnos/as poderán solicitar DISPENSA DE ASISTENCIA ou EXENCIÓN DE DOCENCIA. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado nos primeiros 15 días de curso para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia. As directrices poderán pactarse tendo en conta as particularidades das circunstancias de cada alumno ou alumna. Con todo, unha alternativa será:
• - 60% (6 puntos)Proba presencial a realizar nas convocatorias oficiais ordinaria e/ou extraordinaria da materia. Deberase obter 3 puntos sobre 6 para poder sumar o resto das puntuacións.
• - 40% (4 puntos) Traballos de curso: resultado das distintas tarefas individuais que, neste caso, entregaranse nas datas sinaladas. A entrega destas tarefas será OBRIGATORIA e deberá obter un mínimo de 2 puntos para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia ten en torno a 55 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas, actividades en grupo mediano en seminarios, titorías, actividades de avaliación formativa e exame. Estímase que o alumnado deberá dedicar 95 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo lectura de materiais, elaboración de informes e traballos, e horas de estudo
Recomendacións Previas: Será recomendable que o alumnado teña superado e estableza relacións cos coñecementos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento I e II, Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, e Dificultades no Desenvolvemento e a Aprendizaxe.
Recomendacións para superar a materia: 1. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase. 2. Interese polo estudo da disciplina en relación coa titulación. 3. Dominio básico da lingua inglesa. 4. Posuír certos rudimentos informáticos como o manexo dun procesador de textos e de Internet, así como outras ferramentas e programas informáticos. 5. Realización puntual dos traballos. 6. Seguimento continuado da materia. 7. Busca de claridade e organización dos coñecementos.
Recoméndase que o alumnado faga uso das titorías para resolver dúbidas sobre a materia, como complemento ás clases expositivas e interactivas. O horario de titorías comunicarase ao inicio do semestre presencialmente e a través do Campus Virtual.
NOTA: Co comezo da materia, facilitarase ao alumnado a guía docente, onde se ampliará a información contida neste programa
1. Posto que a USC é unha Universidade Presencial, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, á marxe daqueles alumnos con dispensa de asistencia.
2. O alumnado con dispensa de asistencia deberá respectar as datas de entrega de traballos establecidas pola profesora, e é recomendable e necesario que manteñan un contacto coa mesma a través das titorías, aula virtual, correo, etc., para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.
3. É obrigatorio a consulta por parte do alumnado do correo rai.
4. É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
5. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións da docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
6. Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases, titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado.
7. Debe cumprirse a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Cristina Lojo Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813908
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Emma Mayo Pais
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813773
- Correo electrónico
- emma.mayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
María Lourdes Vellón Nogueira
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- mlourdes.vellon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
Venres | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
20.05.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
26.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
26.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
26.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
26.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
26.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |