Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Ofrecer unha visión global das principais perspectivas teóricas actuais en Psicoloxía do Pensamento.
2. Proporcionar os coñecementos teóricos básicos sobre razoamento, solución de problemas e pensamento creativo.
3. Abordar as relacións entre pensamento e outros procesos cognitivos, especialmente a linguaxe.
4. Establecer as relacións entre os coñecementos teóricos propios da materia ca investigación empírica sobre os que se sustentan
5. Fomentar a habilidade para a lectura, análise e comprensión da investigación experimental no contexto da Psicoloxía do Pensamento
PROGRAMA TEÓRICO
Tema 1
Psicoloxía do Pensamento: Delimitación conceptual
A Psicoloxía do Pensamento no ámbito da Psicoloxía Cognitiva. Niveis de análise en ciencia cognitiva. Taxonomía do Pensamento. Enfoques e dimensións no estudo do pensamento. Cuestións metodolóxicas no estudo do pensamento.
Tema 2
Pensamento e Linguaxe
Principais enfoques sobre as relacións entre pensamento e linguaxe. A linguaxe en función do pensamento. O pensamento en función da linguaxe. O plantexamento de Vygotski.
Tema 3
Psicoloxía do Razoamento
O razoamento no marco da Psicoloxía do Pensamento. Áreas de investigación no estudo do razoamento: Razoamento Dedutivo e Inferencia Indutiva. Lóxica e Psicoloxía no estudo do razoamento. Polémica en torno á racionalidade humana.
Tema 4
Razoamento Proposicional
Conectivos lóxicos. A negación. A disxunción: Características. Enfoques teóricos e investigación empírica sobre a disxunción. O problema THOG. O condicional: Características. Enfoques teóricos e investigación empírica sobre o condicional. A tarefa das catro tarxetas.
Tema 5
Razoamento Pragmático
Razoamento formal e razoamento pragmático. O tema do sesgo no razoamento pragmático. Aproximacións pragmáticas ao estudo do razoamento. Plantexamentos críticos en torno á utilización de esquemas pragmáticos. Racionalidade e razoamento pragmático.
Tema 6
Razoamento Siloxístico
Características estruturais do siloxismo. Paradigmas experimentais. Fontes de erro en razoamento siloxístico: Conversión, efecto atmósfera e efecto figura. Efecto do contido e sesgo de crenzas. Modelos de razoamento siloxístico.
Tema 7
Razoamento Relacional
Problemas de series de tres termos: Características estruturais. Modelo lingüístico proposicional. Modelos da Imaxe. Teoría mixta sobre razoamento de series.
Tema 8
Razoamento Indutivo
Características do razoamento indutivo. Sesgos e heurísticos en inferencia indutiva. Razoamento probabilístico. Toma de decisións. A toma de decisións en situacións da vida cotiá.
Tema 9
Pensamento Científico e Creativo
O pensamento científico: Elaboración e comprobación de hipóteses. O problema 2-4-6. Características do proceso creativo. Enfoques no estudo do pensamento creativo.
Tema 10
Solución de Problemas
Definición e tipos de problemas. Fases na resolución dun problema. Solución de problemas e a teoría do procesamento da información. Protocolos de pensamento en voz alta. Analoxías. Resolución de problemas por expertos e novatos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
As prácticas da materia versarán sobre:
Cultura e Pensamento. Tarefas de Metainferencia. Efecto do contido e do contexto. Razoamento condicional. Razoamento Pragmático. Solución de Problemas. Protocolos Verbais.
Ayuso,MC(Comp)(1997).Razonamiento y Racionalidad ¿Somos lógicos? Paidós
Bartlett, F(1988).Pensamiento:Un estudio experimental y social.Debate
Burton,A e Radford,J(1984).Perspectivas sobre el pensamiento.Alhambra
Bolton,N(1978).Razonamiento y resolución de problemas.Introducción a la Psicología del Pensamiento.Herder
Bourne,L.E.,Ekstrand,B.R,e Dominowski,RE(1974).Psicología del Pensamiento.Trillas
Carretero,M,Almaraz, J e Fdez Berrocal,P(1995).Razonamiento y comprensión.Trotta
Carretero, M e Asensio, M(Coords)(2008/2011).Psicología del Pensamiento.Teoría y Prácticas(2ªed). Alianza
Carretero, M e Asensio, M(Coords)(2014).Psicología del Pensamiento.Teoría y Prácticas(2ªed).Madrid:Alianza. EBook accesible vía PreLo
Carretero, M e García-Madruga,JA(Comps)(1984).Lecturas de Psicología del Pensamiento.Alianza
DelVal,J.(Comp)(1977).Investigaciones sobre Lógica y Psicología.Alianza
Espino,O(2004).Pensamiento y Razonamiento.Pirámide
Fernández Berrocal,P, Almaraz,J, e Giménez de la Peña, A (1995).Prácticas de Psicología Cognitiva.Pensar.McGraw-Hill
Fernández Berrocal,P e Santamaría,C(Coords)(2001).Manual Práctico de Psicología del Pensamiento.Ariel Practicum
Fodor,JA(1984).El lenguaje del pensamiento.Alianza
Gabucio,F e cols(2005).Psicología del Pensamiento.UOC
García-Albea,JE(1993).Mente y conducta.Ensayos de Psicología Cognitiva.Trotta
García-Madruga,JA(1982).Modelos de razonamiento silogístico(Tesis Doc.)Univ. Complutense, Madrid
Gardner,H(1987).La nueva ciencia de la mente.Una historia de la revolución cognitiva.Paidós
Garnham,A, e Oakhill,J (1996).Manual de Psicología del Pensamiento.Paidós
González Labra,MJ(1998).Introducción a la Psicología del Pensamiento.Trotta
González Labra,MJ(2019).Psicología del Pensamiento.Sanz y Torres.EBook accesible vía PreLo
Humphrey,G(1973).Psicología del Pensamiento.Teorías e investigaciones.Trillas
Johnson-Laird,PN(1990).El ordenador y la mente:Una introducción a la ciencia cognitiva.Paidós
Martín,M e Valiña,MD(1993).Procesos de inferencia condicional.Una aproximación al razonamiento cotidiano.Tórculo
Mayer,RE(1986).Pensamiento,resolución de problemas y cognición.Paidós(Orig en 1983)
Mayor,J(1985).Psicología del Pensamiento y del Lenguaje.V. 2.UNED
Mayor,J e Pinillos,JL(1991).Pensamiento e Inteligencia.Alhambra
Pérez Echeverría,P(1990).Psicología del Razonamiento Probabilístico.UAM
Piaget,J(1980).Lógica y Psicología.Alianza
Riviére,A(1986).Razonamiento y Representación.Siglo XXI
Sanford,JA(1990).La mente del hombre.Alianza (Orig en 1987)
Saiz,C(Coord)(2002).Pensamiento crítico.Conceptos básicos y actividades prácticas.Pirámide
Santamaría,C(1995).Introducción al razonamiento humano.Alianza
Sternberg, RJ e Funke, J (Eds.)(2020). The Psychology of Human Thought: An introduction. Heidelberg University Publishing
Valiña,MD(1995).Razonamiento Silogístico:Una aproximación teórica (2ªed).Tórculo
Valiña,MD(2008).Razoamento pragmático.Unidade didáctica 6.1.CC Soc e Xurídicas, nº 55.USC. Vicerreitoría de Cultura. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Valiña,MD e Martín,M(2015).Psicología Cognitiva.Perspectiva histórica.Métodos y metapostulados(2ªed).Pirámide. EBook en 2020
Vega,M(1984).Introducción a la Psicología Cognitiva.Alianza
Wason,PC e Johnson-Laird, PN.(1980)Psicología del Razonamiento.Debate
Ademáis dos E-books recomendados na bibliografía, utilizaranse capítulos de libros, artigos e outro material bibliográfico on line, así como os recursos accesibeis no repositorio institucional da USC:Minerva
Específicas da Titulación:
- Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
- Coñecer e comprender as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
Específicas da Materia:
- Coñecer e comprender as leis e principios básicos do funcionamento dos procesos de pensamento
- Desenvolver a capacidade de comprender e analizar as principais perspectivas teóricas e debates actuais no estudo do pensamento.
- Ser capaz de pensar de forma creativa e desenvolver a capacidade de razoamento crítico
- Millorar as capacidades de razoamento, resolución de problemas e toma de decisións
- Desenvolver a capacidade de relacionar os coñecementos teóricos ca investigación empírica
- Desenvolver a capacidade de análise, síntese e reflexión crítica
- Saber empregar as fontes documentais relevantes en Psicoloxía do Pensamento
- Ser capaz de seleccionar, comprender e estruturar a información relevante de ditas fontes, expresala e comunicala adecuadamente, por medio de informes de investigación
O desenvolvemento dos contidos da asignatura realizarase a través de clases expositivas e clases interactivas.
Os contidos teóricos da materia desenvolveranse mediante exposicións orais por parte da profesora, en clases expositivas presenciais.
Dentro das clases interactivas inclúense as prácticas de laboratorio. A realización das prácticas levarase a cabo en grupos de laboratorio, e a asistencia ás mesmas é obrigatoria. De ser posible, desdobraranse os grupos de prácticas.
Os/as estudantes disporán de seis horas semanais de titorías, no despacho 40 (Módulo A da Facultade), para resolver calqueira cuestión relacionada ca materia. Ademáis, haberá dúas sesións de titorías de grupo reducido, que levaranse a cabo nos espazos habilitados pola Facultade de Psicoloxía no "Módulo A".
Hai dous tipos de avaliación da materia: a) avaliación tradicional e b) avaliación continua. A avaliación tradicional consistirá na realización dun exame final, que se desenvolverá de maneira presencial. No caso da avaliación continua, para os contidos teóricos realizaranse dous controis. Os/as estudantes que superen ambas probas, non terán que facer o exame final. No caso de que un/unha estudante non se presente ou non supere algún dos controis, terá a opción de recuperalos na data do exame final. Todas as probas serán tipo test. Cada proba contará con catro alternativas de resposta, das que soamente unha é correcta. Aconséllase contestar a todas as preguntas, dado que non se penalizan erros nin omisións. Nunha proba con 20 preguntas, cómpre ter 14 respostas correctas para superala.
Unha proposta das datas dos controis da materia indicarase na clase de presentación da asignatura, á espera da confirmación das devanditas datas polos/as estudantes, antes do último venres do mes de febreiro.
A principio de curso, con data límite unha semana antes do primeiro control, os estudantes deberán optar por un dos dous sistemas de avaliación. As notas dos controis de avaliación continua gardaranse tanto na convocatoria de xuño como na convocatoria de xullo.
A avaliación da materia incluirá tanto os contidos teóricos como os contidos prácticos do programa. Para superala cómpre ter aprobados os dous e ter participado nas prácticas da materia. A avaliación dos coñecementos teóricos terá un peso do 60% da cualificación final, os contidos prácticos suporán o 40% da mesma.
Os contidos prácticos avaliaranse por avaliación continua. Valoraranse tanto polo traballo activo dos estudantes realizado nas prácticas de laboratorio programadas, como polos informes das mesmas e polo traballo autónomo do/a estudante. Para facer o primeiro informe de prácticas, cómpre ter asistido a unha sesión previa, que terá lugar a segunda semana de curso, en quenda de tarde.
Os contidos prácticos serán cualificados ata un máximo de 4 puntos. Unha vez superadas as prácticas, a nota conservarase de forma indefinida ata que se supere toda a materia.
Tal e como se recolle nesta guía docente, dentro das clases interactivas inclúense as prácticas de laboratorio. A realización de ditas prácticas levarase a cabo en grupos de laboratorio, e a asistencia ás mesmas é obrigatoria. Polo tanto, esta materia non pode ser cursada con dispensa de asistencia.
Horas Presenciais: 38 horas.
Clases expositivas: 24 horas. Clases Interactivas de Laboratorio: 13 horas.
Titorías de grupo reducido: 1 hora
Horas Non Presenciais: 74,5 (Elaboración de informes de prácticas, traballo autónomo, lecturas, estudo, etc.)
Carga total de traballo: 112,5 horas (4,5 créditos ECTS).
Recoméndase ao estudante que trate de levar ao día a materia e que siga tódalas consideracións que se fagan ao longo do curso relativas ao proceso de avaliación continua.
A asignatura de Psicoloxía do Pensamento impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso. Consta de 4,5 créditos, dos que tres son teóricos e un e medio son prácticos.
No Plan de Estudos da USC está ubicada a continuación das seguintes materias de Psicoloxía Básica: Motivación Emoción e Condicionamento, Percepción e Atención, Aprendizaxe e Psicoloxía da Memoria.
Os manuais da materia para as clases expositivas e interactivas serán os seguintes:
Carretero, M. e Asensio, M. (Coords.)(2008/2011). Psicología del Pensamiento. Teoría y Prácticas (2ª ed.). Alianza.
Carretero, M. e Asensio, M. (Coords.)(2014). Psicología del Pensamiento. Teoría y Prácticas (2ª ed.). Alianza. E-Book. Accesible vía PreLo
Fernández Berrocal, P. e Santamaría, C. (Coords.) (2001). Manual Práctico de Psicología del Pensamiento. Ariel Practicum
Profesora da materia:Montserrat Martín Rajo.
En caso de non ser posible a realización das clases presenciais, a docencia levarase a cabo de maneira telemática, utilizando como ferramentas principais o campus virtual da materia e teams.
No caso de que non sexa posible o desenvolvemento das titorías de grupo reducido de maneira presencial, faranse telemáticamente a través a ferramenta teams.
Montserrat Martin Rajo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813930
- Correo electrónico
- montserrat.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_07 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Básica |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_08 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Básica |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Básica |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_06 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Básica |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Básica |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Básica |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
06.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
03.07.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |