Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir un coñecemento básico de contextos persoais, organizativos e educativos no ámbito da Psicoloxía Educacional, cara á súa aplicación na práctica educativa.
• Establecer obxectivos para a saúde e calidade de vida dos diferentes actores no contexto educativo.
• Desenvolver pautas para a optimización do proceso educativo e das variables, tanto persoais como contextuais, que interveñen en devandito proceso.
• Favorecer a integración de tódolos educandos nos diferentes contextos educativos
• Detectar necesidades educativas e establecer prioridades de intervención psicolóxica no ámbito educativo
1. Aspectos introductorios
- Introducción á Psicoloxa da Educación. O Psicólogo da Educación na sociedade actual. Intervención psicoeducativa
2. Contextos de aprendizaxe.
- Psicoloxía escolar. Ensinar e aprender no contexto da aula.
- A PE nos contextos educativos non formais: Familia
3. Procesos, variables e factores psicolóxicos
- Autoconcepto, autoestima e aprendizaxe.
- Percepción de autoeficacia. Aprendizaxe autorregulado
- Estratexias de aprendizaxe e estilos cognitivos e de aprendizaxe
- Motivación e aprendizaxe.
- Intereses, e emocions e a sua relación coa aprendizaxe
- Intelixencia e capacidade de aprendizaxe. Modificabilidade cognitiva.
- Pensamento creativo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Alexander, P.; Winne, P. (2006). Handbook of educational Psychology. Lawrence Erlbaum Associates
Martí, H. y Solé, I. (coords) (2016). Orientación educativa: modelos y estrategias de intervención. Grao
Pintrich, P., Schunck, D. (2006). Motivación en contextos educativos: Teoría, investigación y aplicaciones. Pearson Ed.
Prados Gallardo, MM., Jimenes, V. Queija, I.S.; Alamillo, R., Vega, M., Flores, M. y Merchan, J. (2016). Manual de Psicología de la Educación para Docentes de Educación Infantil y Primaria. Pirámide
Renninger, K.A., Hidi, S.E. (2019). The Cambridge handbook of motivation and learning. Cambridge University Press
Sternberg, R., Williams, W. (2010). Educational Psychology. Pearson Ed
Wentzel, K. y Miele, D. (ed.) (2016). Handbook of Motivation at School. Routledge
Woolfolk, A. (2014). Psicología Educativa. (12ª edición). Pearson Educación.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.
Carrasco, J. (2004). EStrategias de aprendizaje para aprender más y mejor. Rialp
Coll, C., Palacios, J. y Marchesi, A. (2007). Desarrollo Psicológico y Educación. Psicología de la Educación Escolar. Alianza Editorial.
Cozier, W. (2001). Diferencias individuales en el aprendizaje: personalidad y rendimiento escolar. Narcea
Mestre, J. (coord.) (2007). Manual de inteligencia emocional. Pirámide. Col. Psicología
Pellón, R., Huidobro, A. (2004). Inteligencia y aprendizaje. Ariel Psicología
Suares, J.M. (2004). El aprendizaje autorregulado: variables estratégicas, motivacionales, evaluación e intervención. UNED
Villa, A. y cols. (2005). Estilos cognitivos y autoconcepto en estudiantes universitarios: desarrollo de instrumentos de medida e impacto en el ajuste psicológico. ICE: Universidad de Deusto
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediantes os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacions nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE12 - Saber definir os objetivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os resultados obtidos
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
A metodoloxía empregada combina o formato da clase expositiva con metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo, seguindo a filosofía do plan Bolonia.
As sesións de clase expositiva terán como obxectivo ontroducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentestemas e relacionar o coñecemento para facilitara significatividade das aprendizaxes. Para elo a exposición acompañarase, cando sexa pertinente, de material visual e recursos en red.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese que os estudantes aprendan a manexar diferentes fontes de información, promovan a transferencia da teoría á práctica, aprendan a preparar e presentar informes, confronten diferentes puntos de vista e sexan capaces de construír significados compartidos axudados polo traballo de mediador da profesora. A realización das tarefas requiridas e os materiais necesarios presentarase aos estudantes a través das sesións de conferencias e seminarios correspondentes.
O estudante disporá dos documentos necesarios para o desenvolvemento da materia no campus virtual.
Utilizarase MS Teams en caso necesario.
Tendo en conta o carácter presencial da Universidade de Santiago de Compostela, a asistencia ás sesións de traballo (expositivas e interactivas) será unha "condición sine qua non" para aprobar a materia. Esta asistencia debe computar un mínimo do 75% das horas asignadas (expositivas e interactivas), a non ser que estea debidamente xustificado (é dicir, certificado médico).
A avaliación do contido teórico da materia realizarase mediante probas obxectivas e suporá o 80% da nota final. É obrigatorio obter unha puntuación total mínima de 4 sobre 8 nestas probas para superar a materia.
A avaliación dos informes e traballos do curso terá unha puntuación máxima global de 2 puntos. Para poder aprobar a materia será necesario ter unha puntuación mínima de 1 punto na avaliación das actividades e traballos.
E obligatoria a asistencia ás sesión interactivas (mínimo un 75% do tempo total).
Para poder presentarse ao exame da materia en calquera das opcions de avaliación (primeira, segunda), será necesario ter asistido, como mínimo, ao 75% das horas asignadas ás clases interactivas.
Aqueles estudantes que teñan exención de docencia deberán superar as probas de avaliación de contidos teóricos, así como as actividades prácticas, que neste caso se realizarán de xeito individual.
O alumnado con exención de docencia terá que poñerse en contacto coa profesora durante as duas primeiras semanas de clase.
A non realización do examen suporá ser calificado exclusivamente en base ás actividades interactivas realizadas; a puntuación final será “Suspenso” e a puntuación numérica corresponderá á suma das puntuacions das actividades.
A cualificación de “Non presentado” se dará a aqueles estudantes que non se presentaran ao examen ni realizaran ningunha das actividades propostas.
A avaliación de segunda oportunidade farase a través de examen na data oficial establecida. Será necesario ter entregados os informes e traballos solicitados.
Diversidade funcional: o alumnado que presente calquer tipo de diversidade funcional ou dificultade para o seguimento diario da asignatura deberá xustificar a súa situación mediante un documento expedido polo SEPIU (Servicio de Participación e Integración Universitaria) e informar á profesora da materia durante as duas primeiras semanas do semestre. Recórdase que o informe remitido polo SEPIU ao profesorado é meramente informativo e non de obligado cumprimento. En todo caso, as adaptacións do currículum serán sempre non significativas, esto é, se limitarán a adaptacións no formato do examen, tempo de examen, ou adaptación de formato de acceso ao material de estudio, por exemplo, asegurándonos da accesibilidad e do estudantado ao mesmo, pero NUNCA implicarán una diminución de contidos nin do nivel de esixencia xeral.
Psicoloxía da educación e unha materia de 6 créditos que equivalen a 150 horas de trabarlo do estudante, que se reparten da seguinte forma:
- 57 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas (35h), actividades grupais en seminarios medianos (15h.), titorias, actividades de avaliación e revisión.
- Estímase que os alumnos deben adicar 93 horas de traballo individual para superar a materia: 20 horas de lectura de materiais, 45 horas de elaboración de informes e traballos e 28 horas de estudio.
Coñecer o ámbito de estudo da psicoloxía do desenvolvemento e da educación. Para iso, é recomendable ter cursadas as materias "G2011104 - Psicoloxía do desenvolvemento e da educación" e "G2011109 - Psicoloxía do Desenvolvemento I" do Grao de Psicoloxía.
- Uso obrigatorio da conta de correo electrónico RAI, para a comunicación co profesor fóra do horario de clase.
- Uso obrigatorio das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se pode usar o teléfono móbil, excepto cando se usa como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesor, sendo o alumnado o responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do uso indebido do mesmo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
"A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
-Queda totalmente prohibido rexistrar, captar, reproducir, difundir, comunicar ou publicar, total ou parcialmente, mediante fotografía, filmación ou calquer outro procedimiento, as clases da materia e a imaxen das personas que participan nelas a través de Internet ou calquer outro medio de difusión ou reproducción. LOPD GDD, LO1/1982, Regulamento (UE) 2016/679.
- Non se recollen traballos fora de prazo.
Maria Del Carmen Torres Maroño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813884
- Correo electrónico
- mcarmen.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
Venres | |||
09:15-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
10:30-11:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
10.01.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
16.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
16.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
16.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
16.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
16.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |