Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos formulados para esta materia atenden tanto á adquisición de coñecementos sobre datos e nocións da disciplina, como á práctica de destrezas relacionadas con ditos coñecementos e á adquisición de certas disposicións valorativas. Considérase prioritario que os alumnos/as cheguen a:
a) Coñecer o desenvolvemento humano ao longo da adolescencia e adultez xove, media e tardía.
b) Coñecer e valorar as diferencias individuais e a diversidade social e cultural que inflúen no desenvolvemento nestas etapas.
c) Familiarizarse coas potenciais aplicacións do coñecemento destas etapas para unha intervención que contribúa a un desenvolvemento exitoso.
d) Iniciarse no coñecemento de diferentes aproximacións e técnicas para a avaliación dos cambios evolutivos nestas etapas.
e) Adestrarse na obtención de novos coñecementos mediante o manexo de bibliografía relevante e das fontes documentais máis importantes.
Tema 1. Natureza e significado da adolescencia.
- Aproximacións teóricas e perspectiva actual.
- Pubertade e as súas repercusións psicosociais.
- Desenvolvemento cognitivo.
- Coñecemento de si mesmo e identidade persoal.
- Desenvolvemento moral.
- Desenvolvemento relacional.
Tema 2. Adultez emerxente
- Delimitación sociocultural
- Desenvolvemento físico.
- O pensamento posformal.
- Desenvolvemento da personalidade.
- Relacións sociais.
Tema 3. Desenvolvemento adulto
- Delimitación sociocultural
- Desenvolvemento físico.
- Continuidade e cambio da personalidade.
- Vínculos e desafíos familiares.
Tema 4. O proceso de envellecemento.
- Factores e dimensións do proceso de envellecemento.
- Saúde e envellecemento
- Problemas metodolóxicos específicos na investigacion con adultos maiores.
- Teorías e modelos explicativos do envellecemento.
Tema 5. Envellecemento cognitivo.
- Cambios sensoriais e motrices, e repercusións adaptativas.
- Cambios en procesos mecánicos e pragmáticos da cognición.
- Intelixencia multidimensional.
- Procesos de compensación
- Intervención cognitiva na vellez.
Tema 6. Envellecemento e desenvolvemento persoal e psicosocial.
- Desenvolvemento da personalidade.
- Desenvolvemento afectivo-emocional.
- Factores psicosociais relevantes no envellecemento
- Intervención psicosocial: Envejecimiento activo y saludable
Tema 7. Morte e dó.
- Perspectivas multidisplinares acerca da morte.
- Concepto de morte en nenos, adolescentes e adultos.
- Morte digna.
- O proceso de dó.
Bibliografía básica
Arnett, J. J. (2008). Adolescencia y adultez emergente. Un enfoque cultural. Pearson Educación.
Berger, K.S. (2009). Psicología del desarrollo: Adultez y vejez. Médica Panamericana.
Triadó, C., Celdrán, M. e Villar, F. (2019). Psicología de la vejez (2ª ed. Revisada e actualizada). Alianza editorial.
Bibliografía complementaria
Bayés, R. (2006). Afrontando la vida, esperando la muerte. Alianza.
Blasco Marhuenda, M.A. e Pérez Díaz, J. (2011). Envejecimiento. Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Los Libros de la Catarata.
Birren, J.E. e Schaie, K.W. (2006.). Handbook of the psychology of aging (5ª ed.). Academic Press.
Craig, G.C. e Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico (9ª ed.). Pearson.
Feldman, R.S. (2007). Desarrollo Psicológico a través de la vida. Prentice Hall.
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Envejecimiento activo: contribuciones de la psicología. Pirámide.
Fernandez Ballesteros, R. (Ed.) (2009). PsicoGerontología: Perspectivas europeas para un mundo que envejece. Pirámide.
López Sánchez, F. (2012). Sexualidad y afectos en la vejez. Pirámide.
Mariscal, S., Giménez-Dasi, M., Carriedo, N. e Corral, A. (Coords.) (2009). El desarrollo psicológico a lo largo de la vida. McGraw Hill.
Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1 Psicología evolutiva (2ª ed.). Alianza.
Papalia, D.E. e Martorell, G. (2023). Psicología de la adolescencia y de la juventud. McGraw-Hill.
Papalia, D.E., Sterns, H.L., Feldman, R.D. e Camp, C.J. (2009). Desarrollo del adulto y vejez. McGraw Hill.
Pereiro Rozas, A. X., Juncos Rabadán, O., Pérez Fernández, A. (2012). Proceso de envejecimiento (I). Adultez. En A. Dosil (Coord.), Manual de Desarrollo cognitivo, afectivo, lingüístico y social (pp. 279-342). Centro de Estudios Financieros.
Pinazo, S. e Sánchez, M. (Dirs.) (2005). Gerontología, actualización, innovación y propuestas. Pearson.
Rice, F.P. (2000). Adolescencia: desarrollo, relaciones y cultura. Madrid: Prentice Hall.
Santrock, J. (2004). Adolescencia (9ª ed). McGraw-Hill.
Schaie, K. W. e Willis, S. L. (2003). Psicología de la edad adulta y la vejez. Pearson
Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Thomson.
COMPETENCIAS BÁSICAS Y GENERALES:
• CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
• CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• CG1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
• CT1 - Capacidade de síntese.
• CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
• CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais.
• CT4 - Capacidade de autocrítica.
• CT5 - Capacidade de comunicación.
• CT6 - Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN GRAO EN PSICOLOXÍA:
• CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
• CE2 - Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
• CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
• CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
• CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
• CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
• CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
A exposición de cada tema por parte dos profesores (clases expositivas) poderá combinarse con lecturas obrigatorias e outras actividades presenciais e non-presenciais dirixidas a mellorar a comprensión dos contidos da materia. As clases interactivas adicaranse a actividades que promovan a aplicación dos coñecementos adquiridos, ao tempo que se familiariza os alumnos coas técnicas e instrumentos básicos de investigación na área ou de uso no exercicio profesional. As tarefas desta materia poderían estar vinculadas a Proyectos de ApS.
Os alumnos disporán dos materiais necesarios para o seguimento do transcurso da materia no Campus Virtual da USC.
A avaliación realizarase respecto ao nivel de logro ponderado e descansará nun exame final (cun peso do 60% no cómputo global) e nos traballos de curso, correspondentes as clases interactivas (40% da cualificación global).
É preceptivo ter superado o exame da materia (50% da cualificación máxima desta parte) para poder sumar as cualificacións das actividades interactivas. A parte interactiva da materia debe superarse para poder superar a materia (50% cualificación máxima desta parte).
O exame constará de 60 preguntas (30 da Parte I e 30 da Parte II) tipo test (con catro posibles respostas, sendo correcta unicamente unha) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e/ou recollidos nas lecturas obrigatorias.
Os estudantes que participen nalgún programa de mobilidade ou teñan concedida a dispensa de asistencia a clase, poderán realizar as tarefas programas en modo no presencial e titorizado. Exceptuando esta adaptación, o sistema de avaliación será o mesmo para que para o resto dos alumnos.
Actividades presenciais (total: 51 horas)
Clases expositivas: 35 horas
Clases interactivas: 15 horas
Titorías en grupos reducidos: 1 hora
Traballo autónomo do estudante (total: 99 horas)
Traballos de curso: 60 horas
Estudo: 39 horas
É importante que o alumno se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.
Esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á de Psicoloxía do Desenvolvemento I.
Os horarios de titoría presencial serán comunicados a través da Aula Virtual da materia.
Carolina Tinajero Vacas
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813859
- Correo electrónico
- carolina.tinajero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Arturo Jose Pereiro Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813651
- Correo electrónico
- arturoxose.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Perez Blanco
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- luciaperez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Fatima Fernandez Feijoo
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- fatimafernandez.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 |
13:15-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:15 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 |
13:15-14:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
03.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
27.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
27.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
27.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
27.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
27.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |