Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia os alumnos e alumnas deberían estar capacitados para:
1. Analizar e valorar criticamente as principais teorías explicativas do desenvolvemento psicolóxico e dos procesos de aprendizaxe e as súas achegas á educación.
2. Comprender a relación entre desenvolvemento, aprendizaxe, educación e escolarización.
3. Valorar a necesidade de coñecer o desenvolvemento para desempeñar adecuadamente a actividade profesional.
4. Analizar os procesos educativos e reflexionar críticamente sobre os fins que persegue a educación e sobre a función que esta desempeña na vida das persoas.
5. Proporcionar os instrumentos necesarios e fomentar actitudes que impulsen aos estudantes a implicarse (no seu futuro exercicio profesional) en procesos de reflexión e valoración da propia práctica.
6. Mostrar interese e iniciativa para buscar, organizar e analizar críticamente información relacionada cos contidos da asignatura.
7. Participar activamente nas análises e discusións grupais, cooperar con outros compañeiros no desenvolvemento de traballos conxuntos e comunicar con propiedade e corrección as suas propias ideas e reflexións, así como os resultados dos seus traballos
Bloque I. A Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación no contexto da ciencia psicolóxica
Tema 1. Aproximación conceptual á Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación
1. A Psicoloxía do Desenvolvemento
2. A Psicoloxía da Educación
3. As relacións entre educación e desenvolvemento
Bloque II. As explicacións teóricas sobre o desenvolvemento e sobre os procesos educativos
Tema 2. Teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos I
1. Perspectiva psicoanalítica e etolóxica
2. Enfoque conductual e social da aprendizaxe
Tema 3. Teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos II
1. A perspectiva cognitivista
2. Enfoques culturais-contextuais
Tema 4. Teorías do desenvolvemento e dos procesos educativos III
1. A teoría da aprendizaxe verbal significativa
2. O enfoque constructivista como modelo explicativo dos procesos educativos
Bloque III. Os métodos de investigación
Tema 5. A investigación do desenvolvemento e dos procesos de ensino-aprendizaxe.
BIBLIOGRAFIA BASICA
Berger, K. S. (2016). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia (capítulos 1 y 2) Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Coll, C.; Palacios, J. y Marchesi, A. (comps) (2014). Desarrollo psicológico y educación. Vol.2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial.
Delval, J. (2008). El Desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI
Palacios, P., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Marchesi, A., Palacios, J. & Carretero, M. (Comps.) (2002). Psicología evolutiva: Teorias y métodos. Madrid: Alianza.
Marti, E. (2022) Comportamientos que nos hacen humanos. Una mirada desde la Psicología Evolutiva. Barcelona:Horsori
Sampascual, G. (2011). Psicología de la Educación. Madrid: UNED
Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia (Cap. 2, pp. 43-77). México: Thomson.
Woolfolk, A. (2010). Psicología Educativa. México: Pearson.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Barajas, C., De la Morena, M.L., Fuentes, M.J. y Gónzalez, A.M. (2004). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Madrid: Pirámide.
Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
Fogel, A., King, B. & Shanker, S. (2008). Human Development in the twenty-first century. Cambridge University Press.
Gilibrand, R. , Lam, V. & O'Donnell, V.L. (2016) Developmental Psychology. Harlow Pearson Education
Papalia, D.E., Feldman, R.D. & Martorell, G. (2012). Desarrollo Humano. México. MacGraw Hill
Schaffer, D.R. (2000). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Thomson
Trianes, V. & Gallardo, J.A. (coords). (2004). Psicología de la Educación y del Desarrollo. Madrid: Pirámide.
Vasta, R., Haith, M.M. y Miller, S.A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (CB1).
2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (CB2).
3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CB3).
4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado (CB4).
5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía (CB5).
6. Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz (CG1)
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
1. Capacidade de síntese (CT1)
2. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións (CT2)
3. Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais (CT3)
4. Capacidade de autocrítica (CT4)
5. Capacidade de comunicación (CT5)
6. Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión (CT6).
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1. Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía (CE1).
2. Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade (CE3).
3. Saber identificar as caracteristicas relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediente os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica (CE9).
4. Saber axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía (CE15).
Sesións de clase en grupo amplio de alumnos-as
CLASES EXPOSITIVAS: Teñen como fin dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas, aclarar os conceptos importantes e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes.
ACTIVIDADES FORMATIVAS. Nalgunhas sesións de clase realizaranse actividades co fin de fomentar a reflexión e a comprensión da materia. O alumnado recibirá ao final un feedback coa resposta correcta para que poidan valorar o seu nivel de comprensión e coñecemento (autoevaluación)
Sesións de clase en grupos reducidos de alumnos-as
TRABALLOS TITORIZADOS: O alumnado realizará de forma autónoma e en pequenos grupos, un traballo sobre un aspecto concreto do temario. Trátase de que aprendan a extraer información de fontes científicas, sintetizar a información obtida, elaborar un informe de carácter académico, e a transmisión e defensa oral do traballo final. Ademais, mediante o traballo en grupo facilitarase a confrontación de distintos puntos de vista e a elaboración de significados compartidos. De modo indirecto, o alumnado exercitará tamén as súas habilidades para traballar cooperativamente, para defender as súas propias ideas, respetar as dos demais, integrar argumentos e chegar a acordos.
A profesora indicará os temas sobre os que pode versar o traballo e establecerá unha temporalización-secuenciación para as sucesivas fases do traballo con titorias específicas.
TITORIAS DE ACTIVIDADES DO CURSO. Están previstas titorias especificas sobre traballos de curso a nivel grupal, así como titorias individuais para os alumnos que así o requiran.
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DAS TIC: O alumno disporá no campus virtual dos documentos necesarios para o seguimento do temario así como as instrucións para o desenvolvemento das actividades.
Criterios de avaliación:
Para a avaliación teranse en conta os resultados obtidos no exame final (75%) que inclúe todos os aspectos da materia, asi como os resultados obtidos na avaliación continua (25%), que inclúe a presentación dos traballos dirixidos (15%) e a realización das actividades de aula formativas (10%)
Exame final. 75% da nota: Os contidos da materia serán avaliados mediante un exame final na data que consta na convocatoria oficial de exames da Facultade de Psicoloxía. Será unha proba de elección múltiple e a puntuación mínima para considerarse aprobado é de 3,75 puntos (sobre 7). É imprescindible aprobar este exame para poder sumar a nota por outras actividades. Haberá unha segunda oportunidade no mes de xullo para aquelas persoas que non superasen a materia en decembro/xaneiro.
Con esta proba avalianse as competencias: CB1, CE1, CE3 e CE9
Traballos grupais titorizados e actividades formativas. 25% da nota: O 25% da calificación final descansará na avaliación das actividades desenvolvidas ao longo do curso (exposición do traballo de grupo e actividades formativas). A puntuación destas actividades sumaráse para dar lugar á cualificación final da materia, si está aprobado o exame teórico. A avaliación destas actividades levarase a cabo mediante os seguintes índices:
a) Os alumnos poderán obter ata 1,5 puntos polo Traballo grupal titorizado sobre un tema. Valorarase a capacidade de traballo en equipo, a capacidade para comunicar a información e o dominio conceptual da temática e a pertinencia das fontes bibliográficas. Con esta proba avalíanse as competencias: CT1 a CT6, CE15, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5 e CG1
b) Os alumnos poderán obter ata 1 punto polas actividades formativas realizadas. Terase en conta a realización puntual dos traballos programados dentro dos prazos e datas establecidos. Estas actividades avalían as competencias: CE15, CG1, CB1, CB2.
A avaliación final expresase nunha nota numérica de 0 a 10 (con un decimal). Para aprobar a materia a suma do conxunto das cualificacións de avaliación debe ser superior a 5 sobre 10 (respetando os criterios anteriores)
Sistema de avaliación nos casos de alumnado con dispensa de asistencia a clase.
Poderán adquirir as competencias que se traballan nas sesións, seguindo a materia polo Campus Virtual, onde disporán de todos os materiais e actividades a desenvolver.
Será necesario facer unha adaptación do sistema de avaliación, requirindo que realicen un traballo individual específico, que sexa alternativa ó Traballo grupal que fan o resto dos alumnos.
Así mesmo, é necesario que acudan a titorías individualizadas ao longo do curso.
A materia consta de 6 créditos, o que corresponde a un total estimado de 150 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Actividades presenciais: Clases expositivas, Prácticas, Titorias de actividades do curso, actividades de avaliación formativa, examen: 55 horas
Traballo persoal do alumno: 95 horas
Recomendase ao alumnado faga uso das titorías:
Módulo A (Despacho 51)
Horario:
Martes de 9:00-12:00
Venres de 10:30-13:30
Eva Villar Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- evavillar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Sonali Arora
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- sonali.arora1 [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
16.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |