Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que o alumnado chegue a:
a) Coñecer a secuencia dos logros evolutivos dende o nacemento ate o final da infancia nos ámbitos biosociais, cognitivo, lingüístico e socio emocional.
b) Apreciar as diferencias individuais con respecto ao desenvolvemento normativo dos/as nenos/as.
c) Manexar as diferentes aproximacións á avaliación do desenvolvemento infantil.
d) Valorar a diversidade cultural en relación ao desenvolvemento humano.
e) Adquirir costumes de estudo, de análise crítica e de discusión de argumentos que promovan a construción de coñecementos por parte do alumno.
f) Aprender a forma de exposición sintética de resultados obtidos nunha investigación ou nunha observación.
PROGRAMA TEÓRICO
BLOQUE I. OS INICIOS DO DESENVOLVEMENTO: DA CONCEPCIÓN AO NACEMENTO.
TEMA 1. O DESENVOLVEMENTO ANTES DO NACEMENTO.
1. O desenvolvemento prenatal, un "modelo" para pensar no desenvolvemento posterior.
2. Fases do desenvolvemento prenatal.
3. Factores que afectan ao feto.
4. Diagnóstico prenatal.
TEMA 2. O NACEMENTO E AS PRIMEIRAS CONDUTAS DO RECÉN NADO.
1. O proceso de nacemento.
2. Os estados do recén nado.
3. Os reflexos no recén nado.
4. Avaliación do neonato.
BLOQUE II. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA PRIMEIRA INFANCIA: ASPECTOS NORMATIVOS, DETERMINANTES E AVALIACIÓN.
TEMA 3. DESENVOLVEMENTO FíSICO E PSICOMOTOR.
1. Desenvolvemento físico.
2. Desenvolvemento psicomotor.
3. Factores que afectan ao desenvolvemento físico e psicomotor.
TEMA 4. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
1. O período sensoriomotor: seis etapas do desenvolvemento cognitivo.
2. Procesos cognitivos básicos: sensorial-perceptivo, atención e memoria.
TEMA 5. DESENVOLVEMENTO DA COMUNICACIÓN E DA PRIMEIRA LINGUAXE.
1. Bases da comunicación e da primeira linguaxe.
2. Desenvolvemento lingüístico: primeira linguaxe.
3. Factores que poden incidir no desenvolvemento da linguaxe.
4. O papel dos adultos: características e funcións da fala maternal.
TEMA 6. O DESENVOLVEMENTO SOCIOAFECTIVO.
1. O apego.
2. O desenvolvemento emocional.
3. Os inicios do coñecemento de si mesmo.
4. O desenvolvemento social: as primeiras interaccións.
BLOQUE III. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA SEGUNDA E TERCEIRA INFANCIA: ASPECTOS NORMATIVOS, DETERMINANTES E AVALIACIÓN.
TEMA 7. DESENVOLVEMENTO FÍSICO E PSICOMOTOR.
1. A curva de crecemento despois dos dous anos.
2. Progresos madurativos cerebrais.
3. O control do corpo e da actividade psicomotriz.
4. O esquema corporal: construción e compoñentes.
5. Establecemento da dominancia lateral.
6. A evolución do xesto gráfico e o desenvolvemento da grafomotricidade.
TEMA 8. DESENVOLVEMENTO COGNITIVO.
1. A intelixencia preoperatoria.
2. O pensamento operacional concreto.
3. A aproximación ao procesamento da información.
TEMA 9.DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE.
1. Desenvolvemento fonolóxico.
2. Desenvolvemento morfolóxico.
3. Desenvolvemento sintáctico.
4. Desenvolvemento léxico e semántico.
5. Desenvolvemento pragmático.
6. Máis aló da oración: o discurso conectado.
TEMA 10. COÑECEMENTO DUN MESMO E DESENVOLVEMENTO SOCIO-EMOCIONAL
1. Coñecemento dun mesmo/a: autoconcepto, autoestima, factores de protección/risco
2. Avances no desenvolvemento emocional: emocións ambivalentes, autoregulación, emocións reais e manifestas.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
Práctica de campo 1: Clasificación de comportamentos e actividades de xogo en función dos estereotipos sexuais.
Práctica de campo 2: Evolución e funcións da amizade na infancia.
Práctica 3: Como mellorar a psicomotricidade a través dos contos en nenos/nenas de preescolar.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Berko Gleason, J., y Ratner, J. B. (Eds.). (2010). Desarrollo del lenguaje. 7ª edición. Madrid: Pearson.
Cantón Duarte, J., Cortés Arboleda, R. y Cantón Cortés, D. (2011). Desarrollo socioafectivo y de la personalidad. Madrid: Alianza Editorial.
Enesco, I. (Coord.) (2003). El desarrollo del bebé. Cognición, emoción y Afectividad. Madrid: Alianza.
Golinkoff, R. y Hirsh-Pasek, K. (2001). Como hablan los bebés: La magia y el misterio del lenguaje durante los tres primeros años de vida. México: Oxford México.
Karmiloff, K. y Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el Lenguaje: Del feto al Adolescente. Madrid: Morata.
Lafuente, M.J. y Cantero, M.Jo. (2010). Vinculaciones afectivas: apego, amistad y amor. Madrid: Pirámide.
López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. y Ortiz, M. J. (Coords.) (2005). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
Mariscal, S. e Giménez-Dasí, M. (2017). Desarrollo temprano: Cognición, afectos y relaciones sociales (0-6). Madrid: Paraninfo.
Palacios, J., Marchesi, A. y Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
Shaffer, D. R. y Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y Adolescencia. México: Thomson.
Tomasello, M. (2019). Becoming human: a theory of ontogeny. Cambridge (MA): Harvard University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Berger, K.S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente.Madrid: Prentice-Hall.
Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Madrid: Síntesis.
Cantón, J. y Cortés, M. R. (2000). El apego del niño a sus cuidadores. Madrid: Alianza.
Conde, J. L. y Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.
Córdoba, A. I.,Descals, A. y Gil, M.D. (Coords.) (2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide.
Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
Hoff, E. (2013). Language Development. 3rd edition. Belmont: Wadsworth.
Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Madrid: Pirámide.
Gilibrand, R., Lam, V., & O'Donnell, V. L. (2016). Developmental Psychology. 2nd Edition. Harlow: Pearson Education.
Gimenez-Dasi, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia. Barcelona: Mc Graw Hill.
López, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia: respuesta familiar, escolar y social. Madrid: Pirámide.
Muñoz, A. (Coord.)(2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Madrid: Pirámide.
Owens, R. E. (2011). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
Rowland, C. (2014). Understanding Child Language Acquisition. New York: Routledge.
Santrock, J. W. (2010). Child Development. Thirteenth Edition. New York: McGraw Hill.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Editorial Ariel.
Tomasello, M. (2007). Los orígenes culturales de la cognición humana. Buenos Aires: Amorrortu.
Vasta, R., Haith, M. M. y Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os/as estudantes demostraron posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que normalmente se atopa nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Que teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de síntese.
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros/as profesionais.
CT4 - Capacidade de autocrítica.
CT5 - Capacidade de comunicación.
CT6 - Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE2 - Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
CE3 - Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e de saúde, laboral e organizacional, grupal e comunitario.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios/as e a outros/as profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
A metodoloxía docente está en estreita relación cos procesos de ensino/aprendizaxe e, polo tanto, debe ser planificada de forma que leve á consecución das competencias formuladas para a asignatura. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e reflexiva, que combine as actividades individuais e grupais, e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan no aprendizaxe da materia. Esta metodoloxía require tanto un análise teórico como unha aproximación práctica aos contidos, polo que os métodos que se inclúen responden a unha serie de modalidades de ensino que se reparten entre un horario presencial obrigatorio, de asistencia a clases, e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos/as estudantes.
Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumnado disporá previamente dunha guía didáctica de cada un dos temas, na que se especifican detalladamente as competencias e obxectivos a acadar, os contidos a traballar, as prácticas a realizar e a bibliografía que se recomenda consultar. Así mesmo, inclúense unha serie de actividades relacionadas con ditos contidos que guiarán ao alumnado para unha mellor comprensión destes. Na medida do posible, tratarase de fomentar a discusión colectiva na aula, de xeito que se potencie a construción de significados comúns. A través do Campus Virtual comunicaranse todas as novidades respecto á materia, polo que é moi importante que os/as estudantes revisen a súa dirección electrónica da USC.
O programa de prácticas que se presenta garda unha estreita relación co programa teórico e son de asistencia obrigatoria. As tres prácticas propostas constitúen o ámbito idóneo onde o alumnado terá a posibilidade de familiarizarse coa aplicación de algúns dos instrumentos de avaliación máis característicos desta disciplina, aproximarse ao uso de algunhas das metodoloxías máis utilizadas para a recollida de datos evolutivos, observación de pautas evolutivas in situ e realización de informes. En cada sesión de prácticas describirase e explicarase con detalle cada unha delas, así como o tipo de informes que deberán presentar os/as estudantes. Con anterioridade ao comezo destas sesións, os/as estudantes terán á súa disposición (a través do Campus Virtual) material, información e lecturas que se necesitan para a súa realización. Do total de prácticas presentadas na aula (3), o alumnado deberá realizar e entregar DÚAS PRÁCTICAS (unha será a práctica 3, e a outra poderá escoller entre a 1 e a 2). O alumnado que non asista nin presente os informes das dúas prácticas non poderá superar a materia.
O sistema de avaliación basearase en exames teóricos nos que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado cun peso non superior ao 75%. Para a avaliación dos coñecementos adquiridos haberá dúas probas de avaliación formativa ou continua, que aportarán un 40% da cualificación final (20% cada unha), e un exame final (a realizar na data oficial de 1ª convocatoria) que contribuirá nun 35% á cualificación final total. É preceptivo ter aprobadas as 3 actividades mencionadas por separado para sumar o resto de cualificacións e para poder superar a materia (tanto en primeira como en segunda convocatoria).
A avaliación complementarase cos informes das prácticas realizadas que deben presentar os/as estudantes, e que terán un peso non superior ao 25% da cualificación total (12,5% cada un). É preceptivo ter aprobada esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia. Na corrección destas actividades valoraranse especialmente o grao de claridade e organización conceptual alcanzado polo/a estudante. Tamén terase en conta a presentación dos informes de prácticas dentro dos prazos e datas establecidas.
Para poder superar a materia é necesario superar todas as partes que a compoñen. É dicir, é requisito indispensable:
a) Ter aprobado o exame final (obter polo menos 1,75 puntos sobre 3,5).
b) Ter aprobadas as avaliacións formativas (obter polo menos 1 punto sobre 2 en cada unha delas).
c) Ter aprobadas as prácticas (obter polo menos 0,625 sobre 1,25 en cada un dos informes). A puntuación das prácticas só se sumará se o exame final e as avaliacións formativas están aprobadas.
*Estes requisitos aplican tanto para primeira como para segunda convocatoria.
Os traballos individuais ou grupais dos/as estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá a suspensión da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en seguintes convocatorias nin para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Nos casos que se contemplan na normativa da Facultade, os/as estudantes que teñan solicitada e concedida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia deberán realizar as mesmas probas, actividades, traballos monográficos... que se programen de forma xeral na Guía Docente, admitíndose unicamente a dispensa para clases expositivas, pero non para a asistencia e realización das prácticas propostas. A cualificación global do alumnado con dispensa/exención na materia procederá por tanto: 75% exames (40% 2 formativas e 35% exame final), 25% informes de prácticas (coa excepción de que poderán realizarse de forma individual). Sendo requisito para superar a materia ter aprobadas todas as partes que a compoñen.
O alumnado repetidor e/ou con situacións especiais (ex. alumnado con NEAE que necesite algunha adaptación) debe poñerse en contacto coas profesoras durante a primeira semana de clase.
A materia ten ao redor de 55 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), tutorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
Estímase que o alumnado deberá dedicar 95 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 12 horas de lectura de materiais, 33 horas de elaboración de informes e traballos, e 50 horas de estudo.
Coñecementos básicos relacionados coa natureza e funcionamento dalgúns procesos cognitivos e afectivos básicos e as aproximacións metodolóxicas básicas para a investigación en Psicoloxía.. En calquera caso, esta materia debe cursarse necesariamente con posterioridade á materia de Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación, na que se aportan os fundamentos teóricos e metodolóxicos da disciplina.
Recomendacións: É importante que o/a alumno/a se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración das prácticas, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dea lugar a unha organización clara dos conceptos.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL (os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual):
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
INFÓRMASE AO ALUMNADO QUE:
-En atención aos criterios de igualdade e perspectiva de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Máis información en:https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar….
-Todas as comunicacións deben realizalas de forma obrigatoria empregando a conta de correo rai.
-Ten que empregar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non pode empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente. O alumnado responsabilízase das consecuencias legais e académicasque podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
-É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
-No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión cualificacións. Máis información: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12984.
María Fernanda Páramo Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813727
- Correo electrónico
- mfernanda.paramo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Nieto Vieites
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
28.05.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
01.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
01.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
01.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
01.07.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |