Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos formulados para esta materia atenden á adquisición de coñecementos teóricos sobre os contidos que nela se engloban e de habilidades de aprendizaxe e aplicación de ditos coñecementos, así como á adopción de certas disposicións valorativas. En particular, é a nosa intención que os alumnos/as cheguen a:
- Asimilar as nocións centrais das elaboracións teóricas preponderantes sobre a orientación e intervención psicoeducativa. Sacar á luz as propias concepcións e contrastalas con ditas elaboracións.
- Iniciarse no emprego de técnicas de avaliación e tratamento psicolóxico no ámbitos de actuación psicoeducativa.
- Familiarizarse con algúns programas de orientación e intervención psicoeducativa con ampla aceptación e respaldo teórico e empírico.
- Adoptar pautas e criterios de decisión sobre as estratexias de orientación e intervención psicoeducativa.
- Prepararse para aplicar estratexias de orientación e intervención educativa adaptándose ás demandas dos destinatarios e ó seu contexto.
- Tomar conciencia do papel do psicólogo na optimización do desenvolvemento psicolóxico e a promoción da aprendizaxe.
- Facerse sensible á diferenzas individuais nos procesos de desenvolvemento psicolóxico e aprendizaxe.
A organización dos contidos articúlase en torno a cinco unidades temáticas. Na primeira proponse a análise dos modelos teóricos de maior repercusión na investigación e práctica psicoeducativa e se revisan as formulacións mais recentes. A continuación, se introduce un recorrido polas diferentes vertentes e ámbitos de aplicación da psicoloxía desde a perspectiva psicoeducativa.
Os contidos distribúense nos seguintes temas:
1. Fundamentos teóricos da orientación e intervención psicoeducativa.
2. A promoción do desenvolvemento psicolóxico.
3. O apoio ó proceso de ensinanza-aprendizaxe.
4. A orientación vocacional.
5. A atención á diversidade.
Bibliografía básica
Álvarez, M. e Bisquerra, R. (2012). Manual de orientación y tutoría. Modelos, áreas, estrategias y recursos. Praxis.
Arencibia, J.S. (2002). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Univ. de Las Palmas de Gran Canaria.
Coll, C., Palacios, J. y Marchesi, A. (Coords.) (2014). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 2. Psicología de la educación escolar. Alianza.
González-Bertolín, A. e col. (2011). El aprendizaje por competencias en educación obligatoria. Brief.
González-Cabanach, R., González-Pienda, J.A., Rodríguez-Martínez, S., Núñez-Pérez, J.C. y Valle-Arias, A. (2004). Estrategias y técnicas de estudio. Pearson Educación.
González-Pienda, J.A., González-Cabanach, R., Núñez, J.C. e Valle, A. (Coords.) (2002). Manual de psicología de la educación. Pirámide.
Grañeras, M. y Parras, A. (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. CIDE.
Lledó, A.I. (Coord.) (2007). La orientación educativa desde la práctica. Ecoem.
Rodríguez, S., Valle, A. y Núñez, J.C. (2014). Enseñar a aprender. Estrategias, actividades y recursos instruccionales. Pirámide.
Sanchiz, M.L. (2009). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Universistat Jaume I.
Viguer, P. (2004). Optimización evolutiva. Fundamentos del desarrollo óptimo. Pirámide.
Bibliografía complementaria
Álvarez, L., González-Pienda, J.A., González-Castro, P. e Núñez, J.C. (2007). Prácticas de Psicología de la Educación. Evaluación e Intervención Psicoeducativa. Pirámide.
Ayala, C. e Galve, J.L. (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos. CEPE.
Fernández-Gálvez, J.D. (2005). La orientación educativa: claves del éxito profesional. Buscando la magia del mago sin magia. Grupo Editorial Universitario.
González-Cabanach, R., González-Pienda, J.A., Rodríguez-Martínez, S., Núñez-Pérez, J.C. y Valle-Arias, A. (2004). Estrategias y técnicas de estudio. Pearson Educación.
González-Pienda, J.A., Núñez-Pérez, J.C., Álvarez-Pérez, L. e Soler-Vázquez, E. (Coords.) (2002). Estrategias de aprendizaje: concepto, evaluación e intervención. Pirámide.
López, F. (2008). Necesidades en la infancia y la adolescencia. Pirámide.
Martín, E. e Mauri, T. (2011). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Graó.
Martín, E. e Onrubia , J. (2011). Orientación educativa. Procesos de innovación y mejora de la enseñanza. Graó.
Martín, E. e Solé, I. (2011). Orientación educativa. Modelos y estrategias de intervención. Graó.
Monereo, C. (Coord.) (2000). Estrategias de aprendizaje. Visor.
Monereo, C. e Solé, I. (Coords.). El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Alianza.
Olivares, J. Macià, D., Olivares P.J. e Rosa, A.I. (2012). El ejercicio de la psicología aplicada. La profesión de psicólogo. Pirámide.
Pozo, J.I. (2008). Aprendices y maestros. Alianza.
Suárez-Riveiro, J.M. e Fernández-Suárez, A.P. (2016). El aprendizaje autorregulado: variables estratégicas, motivacionales, evaluación e intervención. UNED.
Vaello, J. (2011). Cómo dar clase a los que no quieren. Graó.
Específicas
CE1. Demostrar coñecemento e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE7. Demostrar coñecemento e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo.
CE8. Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación psicolóxica.
CE9. Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10. Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
CE11. Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12. Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios e avaliar os resultados obtidos.
CE13. Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE14. Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15. Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Transversais
CT1 - Capacidade de síntese
CT2 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT3 - Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais
CT4 - Capacidade de autocrítica
CT5 - Capacidade de comunicación
CT6 - Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión
A proposta docente para esta materia inclúe leccións expositivas, seminarios, actividades prácticas en laboratorio, autoavaliacións y titorías en grupo reducido e individuais. No apartado “Tempo de estudio e traballo persoal” inclúese información sobre as características de todas estas actividades, así como do tempo estimado de traballo que requiren ó alumno.
Os alumnos disporán dos materiais necesarios para seguir o desenvolvemento da materia no Campus Virtual da USC.
Con referencia as titorías individuais, os alumnos poderán entrevistarse coa profesora para realizar consultas e recibir orientación sobre os seus traballos de curso, o temario, as prácticas, etc. Iste será de máxima dispoñibilidade, salvo en casos excepcionais en que outras actividades académicas o impidan.
A avaliación descansará nun exame e nos informes dos seminarios e de dúas das actividades prácticas.
O exame constará de preguntas de resposta alternativa e preguntas abertas. A contestación de estas últimas, valorarase tendo en conta pertinencia e claridade expositiva. A cualificación do exame será a media ponderada das dúas partes sinaladas, outorgándose á primeira un peso do 40% e á segunda do 60%.
Para cada tarefa individual e de grupo proporcionaranse os materiais necesarios, as instrucións de realización e os criterios de avaliación. Como pauta xeral, os traballos deben contemplar: a contextualización teórica das tarefas, a descrición das actividades realizadas e os datos/resultados obtidos, así como un comentario de todo isto, intentando conectar a experiencia cos coñecementos adquiridos.
A cualificación final do alumno será a media ponderada das notas obtidas nas distintas actividades. O peso do exame en dito cómputo será o 60%, o dos seminarios o 20% e o dos informes de prácticas o 20% restante. Será preceptivo ter superado o exame da materia para computar as cualificacións das tarefas de curso.
Controlarase a asistencia ás actividades que requiran do traballo en clase por parte do alumnado como modo de asegurar a súa preparación para elaborar os respectivos informes individuais ou de grupo. Os retrasos na entrega de informes e/ou ausencias non xustificadas en traballos de grupo repercutirán na cualificación da tarefa afectada. Non serán cualificados os informes das prácticas ás que non se asistise.
Os estudantes que participen nalgún programa de mobilidade ou teñan concedida a dispensa de asistencia a clase, poderán realizar as tarefas programas en modo no presencial e titorizado. Exceptuando esta adaptación, o sistema de avaliación será o mesmo para que para o resto dos alumnos.
Leccións expositivas
A profesora explica os fundamentos teóricos. Os estudantes asimilan a información e toman apuntes, formulan dúbidas, consolidan o aprendido mediante lecturas complementarias.
Horas de clase: 18
Horas de traballo persoal do estudante: 24
Seminarios
A profesora presenta obxectivos, orienta, supervisa en clase o traballo. Os estudantes traballan individualmente e en grupo (analizan, integran, comparan distintos documentos/fontes de información), intercambian opinións co resto da clase, presentan por escrito o traballo.
Horas de clase: 5
Horas de traballo persoal do estudante: 15
Prácticas
A profesora presenta obxectivos, orienta, titoriza en clase o traballo. Os estudantes ensaian estratexias, aplican, corrixen e interpretan probas de avaliación, analizan casos, realizan informes.
Horas de clase: 13,5
Horas de traballo persoal do estudante: 15
Titorías en grupo reducido
As profesoras orientan e revisan o seguimento da materia e a realización de tarefas individuais e de grupo. Os alumnos formulan dúbidas e dificultades.
Horas de clase: 1
Horas de traballo persoal do estudante: 1
Actividades de avaliación formativa
A profesoras orienta. Os estudantes expoñen preguntas sobre los traballos de curso.
Horas de clase: 1
Horas de traballo persoal do estudante: 4
Examen
Horas de traballo persoal do estudante: 15
TOTAL = 112,5 horas
Horas de clases expositivas: 24
Horas de clases interactivas: 13,5
Horas de titoría en grupo: 1
Horas de traballo persoal do estudante: 70,5
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Realización puntual de traballos individuais e de grupo.
- Seguimento continuado da materia.
- Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
- Procura de claridade e organización conceptual dos coñecementos obtidos na materia.
O horario de titoría presencial serán comunicado a través da Aula Virtual da materia.
Carolina Tinajero Vacas
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813859
- Correo electrónico
- carolina.tinajero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
09.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
09.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
09.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
12.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |