Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
General: Reflexionar sobre alguns dos procesos relacionados coa realidade familiar como contexto de socialización e desenvolvemento humanos.
Específicos:
- Caracterizar as principais funcións, procesos e influencias que o contexto familiar exerce no desenvolvemento sociopersonal.
- Aproximarse á familia dende unha perspectiva evolutiva-educativa como modelo de construcción conxunta.
- Analizar os ámbitos en que o contexto familiar é susceptible de intervención e aportar criterios e ferramentas de intervención sobre eles
- Xerar orientacions e criterios de optimización educativa no ámbito familiar
- Desenvolver unha capacidade crítica frente á problemática familiar actual
- Saber analizar, sintetizar, resumir e comunicar a información que sobre o contexto familiar derívanse de textos científicos e profesionais
- Saber contribuir ó trabajo en equipo
Bloque I. Evolución histórica da dinámica familiar.
Tema 1. Do modelo preindustrial ao modelo industrial. Factores que precipitaron o cambio.
Tema 2. A diversidade familiar en España.
Bloque 2. Concepto, funcións e dimensións da análise
Tema 3. Elementos sobre os que definir un novo modelo familiar. Da familia modelo aos diferentes modelos familiares.
Tema 4. Aproximacións teóricas no estudo da familia. O escenario evolutivo-educativo familiar.
Tema 5. Estilos educativos familiares. Importancia dos estudos bidireccionais para analizar as relacións entre pais e fillos.
Bloque 3. Familias non convencionais.
Tema 6. O divorcio.
Tema 7. Familias reconstituídas
Tema 8. Familias homoparentais.
Bloque 4. Familias en risco.
Tema 9. O maltrato infantil.
Bloque 5. Recursos de intervención.
Tema 10. Acollimento familiar.
Tema 11. Adopción.
Bibliografía básica:
Arranz, E. (Coord.) (2004). Familia y desarrollo psicológico. Madrid: Alianza Editorial.
Arranz, E. y Oliva, A. (2008). Desarrollo psicológico en las nuevas estructuras familiares. Madrid: Pirámide.
Gracia, E. y Musitu, G. (2000). Psicología social de la familia. Barcelona: Paidós.
Jiménez, A.B. (2005). Modelos y realidades de la familia actual. Madrid: Fundamentos.
López, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia: Respuesta familiar, escolar y social. Madrid: Pirámide
López, F., Etxebarria, Y., Fuentes, M. J. y Ortiz, M. J. (Coords.) (1999). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
Maganto, J. M. y Bartau, I. (2004). Corresponsabilidad familiar. Fomentar la cooperación y responsabilidad de los hijos. Madrid: Pirámide.
Martínez, M.C. (2015). Orientación familiar: contextos, evaluación e intervención. Madrid: Sanz y Torres.
Moreno, C. (2003). Vida familiar y estilos de crianza de los niños, niñas y adolescentes. En Save the Children (Ed.), Las relaciones padres-hijos. Necesidades de apoyo a las familias (pp. 11-22). Madrid: Exlibris Ediciones.
Rodrigo, M. J. y Palacios, J. (Coords.) (1998). Familia y desarrollo humano. Madrid: Alianza Editorial
Bibliografía complementaria:
Al, C. M. W., Stams, G. J. J. M., Bek, M. S., Damen, E. M., Asscher, J. J., y Van der Laan, P. (2012). A metaanalysis of intensive family preservation programs: Placement prevention and improvement of family functioning. Children and Youth Services Review, 34(8), 1472–1479.
Al, C.M. W., Stams, G.J. J. M., van der Laan, P.H., y Asscher, J.J. (2011). The role of crisis in family crisis intervent ion: Do crisis experience and crisis change matter? Children and Youth Services Review, 33(6), 991–998.
Fine, M.J. y Lee, S.W. (Eds.) (2001). Handbook of diversity in parent education: The changing faces of parenting and parent education. San Diego, CA: Academic Press.
Golombok, S. (2006). Modelos de familia ¿Qué es lo que de verdad importa? (M. Jiménez,Trad.). Barcelona: Graó.
Matos, A.R. y Sousa, L.M.(2004). How multiproblem families try to find support in Social Services. Journal of Social Work Practice, 18 (1), 65-80.
Noortje M. Pannebakker, Paul L. Kocken, Meinou H.C. Theunissen, Krista van Mourik, Matty R. Crone, Mattijs E. Numans, Sijmen A. y Reijneveld. (2018) Services use by children and parents in multiproblem families. Children and Youth Services Review , 84, 222-228.
Rodrigo, M.J. y Máiquez, M.C. (2015). Manual Práctico de Parentalidad Positiva. Madrid: Síntesis.
Rodrigo, M. J., Máiquez, M.L., Martín, J.C. y Rodríguez, G. (2005). El asesoramiento a familias con riesgo psicosocial. En C. Monereo y J. I. Pozo (Eds.), La práctica del asesoramiento educativo a examen . Barcelona: Graó
Rodrigo, M.J., Máiquez, M.L., Martín, J.C. y Byrne, S. (2008). Preservación familiar. Un enfoque positivo para la intervención con familias. Madrid: Pirámide.
Tausendfreund, T., Knot-Dickscheit, J., Schulze, G.C., Knorth, E. y Grietens, H. (2016). Families in multi-problem situations: Backgrounds, characteristics, and care services. Child & Youth Services, 37(1), 4-22.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN
-As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
- Transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
- Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
CE1- Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, achegas e limitacións dos diferentes modelos teóricos de Psicoloxía.
CE12- Saber definir os obxectivos, preparar o plan e as técnicas de intervención segundo as necesidades e demandas dos destinatarios e avaliar os resultados obtidos.
CE13- Saber transmitir aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
CE15- Saber cumprir as obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de síntese
CT2- Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT3- Capacidade de traballo en equipo e colaboración con outros profesionais
CT4- Capacidade de autocrítica
CT5- Capacidade de comunicación
CT6- Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión destrezas y conocimientos propios de la profesión.
A metodoloxía docente ten que ver cos procesos de ensinanza/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de modo que conduza á consecución das competencias e dos obxectivos formulados. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e reflexiva que combine as actividades individuais e grupais e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan na materia. Esta metodoloxía esixe tanto unha análise teórica como unha aproximación práctica á materia, polo que os métodos que incluímos responden a unha serie de modalidades de ensinanza que se reparten entre un horario presencial obrigatorio, de asistencia a clases e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos alumnos.
Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumnado disporá previamente dunha guía didáctica de cada un dos temas, na que se especifican pormenorizadamente as competencias e obxectivos a obter, os contidos a traballar, os traballos titorizados a realizar e a bibliografía que se recomenda consultar. Do mesmo modo, inclúense unha serie de actividades con ditos contidos que guiarán ao alumnado de cara a unha mellor comprensión dos mesmos. Na medida do posible tratarase de promover a discusión colectiva na aula.
A proposta docente contempla:
1. Clases expositivas, que teñen por obxectivo presentar unha primeira visión actualizada e organizada dos datos e conceptos que configuran cada un dos temas.
2. Traballos titorizados: En torno a unha serie de contidos do programa, o profesor presenta obxectivos, orienta e titoriza o traballo en equipo. Cada grupo deberá integrar e sintetizar a información en torno a unha dsas unidades temáticas para, posteriormente presentala oralmente e por escrito.
As actividades de traballo persoal do estudante incluen a leitura de materiais de carácter tanto básico como complementario sobre diferentes tópicos recollidos nos contidos da asinatura, a elaboración e preparación do traballo titorizado que os estudantes presentarán oralmente.
A documentación sobre distintos temas será posta a disposición do alumnado na aula virtual.
Realizarase un exame (proba obxectiva con preguntas tipo test), ó final do cuadrimestre, destinado a avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, e cun peso de evaluación do 60%. Este exame incluirá o explicado nas clases expositivas e nos documentos de lectura obrigatoria analizados nos traballos titorizados. Levarase a caso na data fixada no calendario oficial de exames.
O 40% da calificación final descansará na avaliación das actividades desenvoltas ó longo do cuadrimestre (informe de traballo titorizado, exposición do trabajo e actividades de avaliación formativa) nas que se terá en conta a realización puntual dos traballos programados dentro dos prazos e datas establecidos, capacidade para comunicar a información, capacidade para traballar en grupo e dominio conceptual da temática.
Só se terá en conta a puntuación do traballo titorizado sempre que o exame test sexa aprobado cunha puntuación de 5.
Ademais das clases expositivas e traballos titorizados, se estiman 30 horas de traballo persoal para lectura de textos, 22,50 horas para elaboración de traballos titorizados e 20 horas de estudo individual.
É importante que o alumnado se implique dende o principio na dinámica e funcionamento que se vai seguir na materia (asistencia obrigatoria ás prácticas, lectura de textos, elaboración de traballos titorizados, etc.). Valorarase especialmente:
Participación activa na dinámica da clase.
Seguimento continuo das actividades propostas e do cumprimento dos prazos.
Integración e cohesión do traballo titorizado presentado.
Dominio dos estándares APA 7ª edición.
Sistema de avaliación nos casos de alumnos con exención de asistencia a clase: en casos excepcionais previstos regulamentariamente, admítese a exención das clases teóricas e prácticas, pero non da elaboración de traballos titorizados.
Horario de titorías. Despacho nº 49 (Módulo A):
Martes: 10-12 horas.
Mércores: 10-14 horas.
As titorías permiten atender as necesidades ou intereses individuais do alumnado, especialmente o asesoramento bibliográfico e metodolóxico para o traballo final da materia.
Antes do inicio de cada tema, os alumnos disporán na aula virtual do material de apoio para o seguimento das clases.
María Fernanda Páramo Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813727
- Correo electrónico
- mfernanda.paramo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
19.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |