Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONTEXTUALIZACIÓN
A materia Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos na Infancia e a Adolescencia está enfocada a adquirir coñecementos teóricos e aplicados básicos que permitan ao alumno adquirir unha serie de competencias para levar a cabo a avaliación e o tratamento dos problemas psicolóxicos máis frecuentes nos nenos e os adolescentes.
OBXECTIVOS
1. Adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas sobre a avaliación dos principais problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes.
2. Adquirir coñecementos, actitudes, habilidades, e destrezas sobre o tratamento cognitivo-conductual dos principais problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes.
I. Introdución: Aspectos históricos-conceptuais
Tema 1. Evolución histórica e desenrolo da psicoloxía clínica infantil
Tema 2. Características da avaliación e do tratamento psicolóxico na infancia e na adolescencia
II: Avaliación e tratamento psicolóxico dos principais trastornos clínicos da infancia e da adolescencia
Tema 3. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos de ansiedade
Tema 4. Avaliación e tratamento psicolóxico na depresión
Tema 5. Avaliación e tratamento psicolóxico dos problemas de conduta
Tema 6. Avaliación e tratamento psicolóxico do trastorno de hiperactividade
Tema 7. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos do sono
Tema 8. Avaliación e tratamento psicolóxico dos trastornos de conduta alimentaria
Tema 9. Avaliación e tratamento psicolóxico das condutas aditivas
Bibliografía básica
Caballo, V. y Simón, M. A. (2021). Manual de psicología clínica infantil y del adolescente: Trastornos generales. Pirámide.
Vallejo, M. A. (1998). Manual de terapia de conducta (Vol II). Dykinson.
Bibliografía complementaria
Bragado, C. (1999). Enuresis infantil. Un problema con solución. Pirámide.
Buela-Casal G. y Sierra, J. (2001). Los trastornos del sueño: evaluación, tratamiento y prevención en la infancia y la adolescencia. Madrid: Pirámide.
Buendía, J. (2005). Psicopatología en niños y adolescentes: Desarrollos actuales. Pirámide
*Comeche, Mª. I. y Vallejo, M. A. (2016, 3ª edic.). Manual de terapia de conducta en la infancia. Dykinson.
Echeburúa, E. y Corral, P. (2009). Trastornos de ansiedad en la infancia y adolescencia. Pirámide.
Fernández-Zúñiga, A. y De León, M. (2014). Habilidades del terapeuta de niños y adolescentes.Pirámide.
*Fonseca Pedrero, E. (2021). Manual de tratamientos psicológicos: Infancia y adolescencia. Pirámide
García Vera, M.P. y Sanz, J. (2016). Tratamiento de los trastornos depresivos y de ansiedad en niños y adolescentes. Pirámide.
Gavino, A. (1998). Problemas de alimentación en el niño: Manual práctico para su prevención y tratamiento (2ª. ed.).
Herbert, M. (1987). Los problemas de los niños. Una guía práctica para prevenirlos o tratarlos. Planeta.
Larroy, C. y Puente, M.L. (1997). El niño desobediente. Estrategias para su control (3ª. ed.). Pirámide.
Macià, D. (2002). Problemas cotidianos de la conducta en la infancia. Pirámide.
Macià, D. (2003). Un adolescente en mi vida. Pirámide.
Méndez, F. X. (1998). El niño que no sonríe: estrategias para superar la tristeza y la depresión infantil. Pirámide.
Méndez, F. X. (1999). Miedos y temores en la infancia. Pirámide.
Méndez, F.X., Espada, J.P. e Orgilés, M. (Coord.) (2006). Terapia Psicológica con niños y adolescentes: Estudio de casos clínicos. Pirámide
Méndez, F.X. y Macià, D. (1990). Modificación de conducta con niños y adolescentes. Libro de casos. Pirámide.
Míguez, M.C. (2006). Emociones y sentimientos. Nova Galicia Edicións.
Moreno, I. (1998). Hiperactividad: prevención, evaluación y tratamiento (3ª. ed.). Pirámide.
*Moreno, I. (2002). Terapia de conducta en la infancia: guía de intervención. Pirámide.
Pérez, M., Fernández Hermida, J.R., Fernández, C. , Amigo, I. (2003). Guía de tratamientos psicológicos eficaces III. Infancia y adolescencia. Pirámide.
Servera, M. (2002). Intervención en los trastornos del comportamiento infantil: una perspectiva conductual de sistemas. Pirámide.
Stallard, P. (2007). Pensar bien-sentirse bien. Manual práctico de terapia cognitivo-conductual para niños y adolescentes. Desclée de Brouwer.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN
• Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
• Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
• Demostrar coñecementos e comprensión dos procesos e das etapas principais do desenvolvemento psicolóxico ao longo do ciclo vital nos seus aspectos de normalidade e anormalidade.
• Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propia da Psicoloxía.
• Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo.
• Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
• Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
• Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitario.
• Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
• Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios e avaliar os seus resultados.
• Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
• Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
• Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Coñecemento (coñecer e comprender)
• Incorporar os modelos condutual e cognitivo-conductual á comprensión do comportamento dos nenos e os adolescentes.
• Incorporar algunhas das leis básicas que rexen o funcionamento dos distintos procesos psicolóxicos (aprendizaxe, motivación, emoción, etc.) ao tratamento psicolóxico en nenos e adolescentes.
• Incorporar o coñecemento sobre os procesos e etapas do desenvolvemento psicolóxico ata a adolescencia tardía, en canto á súa normalidade e anormalidade, ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
• Incorporar o coñecemento sobre as bases biolóxicas da conduta e das funcións psicolóxicas ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
• Incorporar os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos ao tratamento psicolóxico dos nenos e adolescentes.
• Incorporar os métodos e deseños de investigación e as técnicas de análise de datos propia da psicoloxía á análise da eficacia dos tratamentos psicolóxicos nos problemas psicolóxicos dos nenos e adolescentes.
• Coñecer e comprender as particularidades dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en nenos e adolescentes.
Habilidades e destrezas
• Identificar as necesidades e demandas dos nenos e adolescentes na esfera persoal, familiar, escolar, etc. e fixar os obxectivos terapéuticos relevantes para cada caso.
• Identificar as características do comportamento dos nenos e adolescentes mediante a entrevista e outros procedementos da avaliación psicolóxica (observación, cuestionarios, etc.).
• Desenvolver programas de prevención e promoción da saúde mental en nenos e adolescentes.
• Seleccionar e aplicar técnicas de diagnóstico, avaliación e tratamento psicolóxico a distintos problemas psicolóxicos dos nenos e adolescentes.
• Definir os obxectivos terapéuticos, seleccionar as técnicas idóneas en cada caso, planificar e estruturar o curso e desenvolvemento do tratamento, e avaliación dos resultados obtidos.
• Comunicar de forma apropiada ao neno/adolescente os resultados da súa avaliación, así como aos seus pais ou os seus titores legais.
• Ler comprensivamente e extraer información relevante de casos clínicos sobre distintos problemas psicolóxicos en nenos e adolescentes, e comunicala por escrito aos clientes, aos seus pais e aos distintos profesionais (psiquiatra, mestre, etc.).
• Identificar aspectos éticos e deontolóxicos implicados na práctica terapéutica con nenos e adolescentes.
Sesións expositivas. A súa finalidade será a de introducir os contidos teóricos fundamentais dos temas do programa. En estas sesións facilitarase a bibliografía básica e complementaria para cada tema.
Sesiones interactivas. A súa finalidade é a de levar a cabo distintas actividades aplicadas relacionadas cos temas da materia. Realizarase análisis de casos clínicos ou de documentación audiovisual e outras actividades prácticas tales como informes, diseño e planificación do proceso de avaliación e intervención de casos, entrenamento de distintas habilidades a través de xogo de roles, e prácticas de entrevista e de entrenamiento en relaxación, entre outras, con un neno/adolescente.
A avaliación dos coñecementos en relación aos contidos da materia levarase a cabo cun exame tipo test de tres opcións de resposta por pregunta, das cales só unha é a verdadeira. A corrección do exame segue a fórmula [n.º de acertos - (n.º de erros/ 2)]. A nota obtida no exame supón o 70% da cualificación final.
As prácticas (sesións interactivas e actividades prácticas) avaliaranse a través do traballo realizado nas mesmas (informes e/ou participación activa). A cualificación obtida supón o 30% da nota final.
Para superar a materia, así como para que se poida sumar as puntuacions das prácticas é necesario aprobar o exame. A cualificación final da materia será a suma da nota obtida no exame ou proba final (70%) mais a da realización das actividades prácticas que se considerarán avaliación continua formativa (30%).
No caso de non presentarse ó exame, a nota será de Non Presentado.
No caso de alumnado con dispensa de asistencia a clase a avaliación farase en base á nota que obteña no exame máis nas actividades prácticas non presenciais que fixera.
Esta materia consta de 4,5 créditos, o que supón un total de 112,5 horas de traballo do alumno, que se distribúen do seguinte xeito:
Ademáis das 39,5 horas a actividades presenciais (docencia e avaliación), estímase en aproximadamente 73 horas o traballo non presencial: 48 horas para a lectura e estudo dos materiais e 25 horas para a preparación de actividades prácticas.
- Asistir regularmente ás actividades presenciais da materia
- Participar e implicarse activamente nas clases.
- Levar ao día a materia e realizar as actividades que se programen.
María Del Carmen Míguez Varela
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813740
- Correo electrónico
- mcarmen.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Maria Posse Cepeda
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813926
- Correo electrónico
- cristinamaria.posse.cepeda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
16.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
16.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
16.12.2024 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
10.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
10.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |