Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- O coñecemento dos mecanismos xerais da acción de substancias químicas, tanto homoxéneas como heteroxéneas, sobre os sistemas orgánicos.
- O coñecemento dos riscos da exposición continuada de axentes químicos sobre o organismo.
- A avaliación desa exposición nos alimentos e a súa repercusión no home como usuario deles.
- A capacidade para poder discriminar cientificamente sobre o balance beneficio/risco do que pode representar a presenza de determinadas substancias engadidas nos procesos de elaboración dos alimentos.
Como obxectivos complementarios, sería facer que os alumnos:
- Descubran a importancia da disciplina no Grao de Nutrición e Dietética no seu futuro profesional.
- Adquiran un vocabulario e terminoloxía toxicolóxica específica.
- Se preocupen por temas de interese xeral e/ou social en relación coa toxicoloxía con repercusión na saúde humana.
- Utilicen de forma crítica as fontes bibliográficas.
- Estimular a investigación na Área de Toxicoloxía.
En resumo, trátase de que os alumnos coñezan os posibles riscos toxicolóxicos derivados da inxestión de alimentos.
Parte I. Toxicoloxía Xeral
1.- Toxicoloxía: historia, desenvolvemento e concepto. Ciencias relacionadas coa Toxicoloxía. Tipos e clasificación da Toxicoloxía. Toxicoloxía Alimentaria: marco e concepto
2.- Concepto de toxicidade: factores que inflúen sobre ela. Clasificación das substancias tóxicas. Tipos de intoxicacións
3.- Mecanismos de acción tóxica. Toxicocinética.
4.- Toxicodinamia.
5.- Procedementos de avaliación toxicolóxica: obxectivos. Estudo dos efectos xerais
6.- Estudo de efectos específicos: carcinoxénese, mutaxénese e teratoxénese.
Parte II. Aspectos descritivos
7.- Riscos sanitarios debidos aos alimentos. Clasificación dos tóxicos alimentarios segundo a súa fonte. Substancias naturais nocivas en alimentos
8.- Estudo toxicolóxico dos fungos. Aspectos descritivos e fisiopatolóxicos
9.- Estudo toxicolóxico dos metais (I). Aspectos tóxicos do chumbo. Aspectos tóxicos do mercurio
10.- Estudo toxicolóxico dos metais (II). Aspectos tóxicos do arsénico. Aspectos tóxicos do cadmio
11.- Estudo toxicolóxico de nitratos, nitritos e nitrosaminas
12.- Estudo toxicolóxico dos hidrocarburos aromáticos policíclicos e aminas heterocíclicas
13.- Estudo toxicolóxico de bifenilos e dioxinas
14.- Estudo toxicolóxico de praguicidas. Avaliación do beneficio-risco na súa utilización
15.- Estudo toxicolóxico de insecticidas organoclorados. Clasificación
16.- Estudo toxicolóxico de insecticidas organofosforados e outros. Clasificación
17.- Estudo toxicolóxico dos materiais en contacto cos alimentos
18.- Aditivos alimentarios. Niveis de residuos vehiculados polos alimentos. Avaliación dos riscos
19.- Alimentación e cancro. Prevención
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
1.- Investigación de nitratos: interpretación da potabilidade da auga (espectrofotometría UV).
2.- Investigación de microcontaminantes en meles: residuos de praguicidas organofosforados (cromatografía gasosa)
3.- Análise toxicolóxica de herbicidas en mostras biolóxicas: paraquat e diquat (espectrofotometría VIS)
4.- Avaliación de acordo coa Normativa vixente do perigro das sustancias químicas.
SEMINARIOS:
Estudo de diferentes tóxicos que poden estar presentes nos alimentos. Análise dos límites permitidos destes tóxicos segundo a lexislación vixente.
REALIZACIÓN DE TRABALLOS:
Os alumnos realizarán traballos en grupo que terán como temas aspectos relacionados coa materia, supostos, etc., que deberán expoñer oralmente.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
CALVO, M; MENDOZA, E. Toxicología de los Alimentos. Ed. McGraw-Hill. México.2012.
CAMEÁN, A; MENCÍA, A.; MORENO, I.; PICHARDO, S.; PRIETO, A. Estudiando Toxicología a través de preguntas objetivas: tipo test. Ed. Manuales Universitarios. 2ª ed. Sevilla. 2015.
CAMEÁN, A; REPETTO, M. Toxicología Alimentaria. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2006.
CHANG, L.W. Toxicology of metals. Ed. Lewis Publishers. Boca Ratón. 1996
CONCON, J.M. Food Toxicology: Part A y B. Marcel Dekker Inc. Nueva York. 1988.
DERACHE, R. Toxicología y seguridad de los alimentos. Ed. Omega. Barcelona. 1990.
GARCÍA FERNÁNDEZ, M.A. Unidade didáctica 11. Estudio toxicolóxico de nitratos, nitritos e nitrosamionas. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2014.
HODGSON, E.; SMART, R.C. Introduction to Biochemical Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, Nueva York. 2001.
KLAASSEN, C.D. CASARETT & DOULL'S TOXICOLOGY: The Basic Science of Poisons. Ed. McGraw-Hill. 9ª ed. New York, 2018.
KLAASSEN, C.D.; WATKINS, J.B. Casarett y Doull. Essentials of Toxicology. Ed. McGraw-Hill. 4ª ed. New York, 2021.
KLAASSEN, C.D.; WATKINS, J.B. Casarett y Doull. Fundamentos de Toxicología. Edición en español revisada por M. López-Rivadulla. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid. 2005.
LINDNER, E. Toxicología de los alimentos. 2ª ed. Ed. Acribia. Zaragoza. 1995.
LOOMIS, T.A. Fundamentos de Toxicología. Ed. Acribia. Zaragoza. 1982.
NIESINK, R.J.M.; DE VRIES J.; HOLLINGER, M.A. Toxicology: principles and applications. CRC Press. Boca Raton. 1996.
REPETTO, M. Toxicología Avanzada. Díaz de Santos. Madrid. 1995.
REPETTO, M.; REPETTO, G. Toxicología Fundamental. 4ª Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2009.
WALDRON, K.W.; JOHNSON, I.T.; FENWICK, G.R. Food and Cancer Prevention: Chemical and Biological Aspects. The Royal Society of Chemistry. Cambridge. 1993.
WARE, G.W. Pesticides. Theory and Application. W.H. Freeman & Company. Nueva York. 1983.
WEXLER, P. Toxicology in Antiquity (History of Toxicology and Environmental Health). Ed. Academic Press. 2ª ed. 2018.
WITCZAK, A; SIKORSKI, Z.E. Toxinas y otros compuestos nocivos en los alimentos. Ed. Acribia. Zaragoza. 2021.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
APHA.AWWA. WPCF. Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Díaz de Santos. Madrid. 1992.
FAN, A.M.; CHANG, L.W. Toxicology and risk assessment. Principles, methods, and applications. Ed. Marcel Dekker, Inc., Nueva York. 1996
HILL, M. Nitrates and nitrites in food and water. Ellis Horwood, Nueva York.1991
MELGAR RIOL, M.J., NÓVOA VALIÑAS, M.C., GARCÍA FERNÁNDEZ, M.A., PÉREZ LÓPEZ, M., Atención clínica en intoxicaciones de animales, Ed. USC, editora manuais, Santiago de Compostela, 2012.
Official Methods of Analysis 15ª ed. Ed. Association of Official Analytical Chemists. Arlington. 1990.
REILLY, C. Metal contamination of food. Applied Science Publishers LTD. Londres. 1980.
SHIBAMOTO, T.; BJELDANES, L.F. Introduction to food toxicology. Academic. Press Inc. Nueva York. 1993.
SKOOG, D.A.; WEST, D.M. Análisis Instrumental. Ed. Mc Graw Hill. México.1992.
TU, A.T. Food Poisoning. In handbook of natural toxins. Vol. 7. Marcel Dekker Inc. Nueva York. 1992.
WATSON, D. Safety of chemicals in food. Ed. Ellis Horwood. Nueva York. 1993.
WATSON, D. Natural toxicants in food. CRC Press. Londres. 1998.
WINTER, C.K.; SEIBER, J.N.; NUCKTON, C.F. Chemicals in the Human Food Chain. Ed. Van Nostrand Reinhold. Nueva York. 1990.
Competencias básicas:
CB1- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5 - Os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG5 - Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral coma escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG11 - Coñecer a Microbioloxía, Parasitoloxía e Toxicoloxía dos alimentos.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluida en CG2)
CT4: Demostrar compromiso ético (incluida en CG1)
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluida en CG5)
CT7: Capacidad para a resolución de problemas.
Competencias específicas:
CE15 - Coñecer a Microbioloxía, Parasitoloxía e Toxicoloxía dos alimentos.
- As clases expositivas (30 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando os recursos didácticos e audiovisuais oportunos, coa axuda de anotacións no encerado. Facilitarase a participación dos alumnos.
- As clases prácticas (12 horas) constarán de 4 prácticas. O contido desta parte práctica vincularase e relacionará coa parte teórica, para que tanto a aprendizaxe como as competencias adquíranse e constrúan como un todo integrado. En cada práctica incluirase unha breve introdución teórica e guións de prácticas que detallen os procedementos para desenvolver.
- Os seminarios interactivos (7 horas) consistirán de actividades complementarias da materia tratada nas clases expositivas, que serán impartidos polos profesores e/ou polo alumnado, sendo supervisados por aqueles.
- Os alumnos realizarán traballos en grupo relacionados cos temas da materia, que presentarán oralmente na aula.
- A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas polos estudantes será realizada polos profesores nas sesións de titoría en grupo (2 horas).
- Dispoñibilidade e recurso do Campus Virtual da USC como apoio á docencia.
- Exame final: preguntas curtas conceptuais e/ou tests (60 %).
- Controis de clases expositivas (2 controis): 10%
- Avaliación e exame dos traballos prácticos (20 %).
- Avaliación de seminarios (10%)
- CUALIFICACIÓN FINAL: controis expositivas (10%) + avaliación continua de prácticas (20%) + avaliación de seminarios (10%) + proba final (60%)
A avaliación do estudante realizarase mediante: avaliación continua (controis das clases expositivas, avaliación das prácticas, realización de traballos) e exame final.
A avaliación das prácticas (20% da cualificación final) efectuarase mediante a valoración da asistencia ás prácticas e a avaliación da memoria das mesmas (15%), e exame final ao finalizar as prácticas (5%).
Competencias avaliadas: CB1, CT3, CG11, CE15.
A realización de traballos (10% da cualificación final) consistirá na elaboración e presentación oral dun traballo en grupo sobre temas relacionados coa materia, supostos, etc.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CG6, CT1, CT3, CT4, CT5, CT7, CG11, CE15.
- O exame final supoñerá un 60% da cualificación da materia e constará de preguntas de resposta curta e/ou tipo test.
O alumnado deberá obter unha puntuación igual ou superior ao 50% da máxima nota posible deste exame para que dita puntuación sexa tida en conta na cualificación final da materia. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG11, CE15.
A asistencia ás prácticas, titorías e seminarios é obrigatoria para superar a materia.
A cualificación da Avaliación Continua (Controis expositivas, Prácticas e Traballos monográficos) conservaranse para os cursos seguintes.
Cando o alumnado non superase a avaliación continua, nin realizado prácticas, nin exame final, obterá a cualificación de “Non Presentado”.
RESUMO. Proba final, cunha ponderación do 60% e avaliación continua, cunha ponderación do 40%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións" (artigo 16).
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 36% son presenciais e o 64% son horas de traballo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo autónomo do alumno é a seguinte:
Clases expositivas: 30 h presenciais/45 h traballo autónomo
Seminarios: 7 h presenciais/10 h traballo autónomo
Prácticas: 12 h presenciais/18 h traballo autónomo
Traballos: 2 h presenciais/10 h traballo autónomo
Titorías en grupo: 2 h presenciais
Realización de exames e revisión: 2 h presenciais/12 h traballo autónomo
- Asistencia a clases teóricas
- Asistencia e participación activa nas clases prácticas
- Consulta da Bibliografía recomendada
- Contar con apoio de titorías individuais para resolver cuestións
- Estudo personalizado ao día
- Estudo, atención e retención de conceptos, ideas... e evitar datos superfluos (secundarios). Secundar advertencias do profesor en clase
- Conectar e consultar coa materia a través da USC-virtual
Elena Lendoiro Belio
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Cobo Golpe
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- m.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |