Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer os principios básicos relacionados coa absorción, distribución, metabolización maila excreción de fármacos.
- Coñecer os principios básicos da farmacocinética e da farmacodinamia.
- Coñecer os principios básicos da farmacocinética clínica e da farmacoloxía clínica.
- Coñecer as interaccions dos fármacos cos alimentos e os fármacos implicados.
- Conocer y aplicar la terminología inglesa empleada para describir los conceptos correspondientes a esta materia.
TEORÍA
Os contidos teóricos da asignatura distribúense en tres bloques, que comprenden a súa vez, dez temas:
Bloque I:- Introducción.
Tema 1.- Introducción. Conceptos básicos.
Bloque II.- Aspectos básicos e aproximación á terapéutica.
Tema 2.- Formas de dosificación e vías de administración de medicamentos.
Tema 3.- Procesos biofarmacéuticos, farmacocinéticos e farmacodinámicos asociados á administración de fármacos.
Tema 4.- Aproximación xeral á terapéutica medicamentosa I (Reaccións adversas dos medicamentos, sistema nervioso central, sistema cardiovascular, sistema gastrointestinal)
Tema 5.- Aproximación general a la terapéutica medicamentosa II (corticoides, dislipemias, diabetes mellitus, trastornos de la conducta alimentaria, fitoterapia)
Bloque III.
Tama 6.- Tipos de interaccións fármaco-alimento. Consideracións en Dietética e Nutrición dependendo de cada tratamento farmacolóxico.
Tema 7.- Interaccións fármaco-alimento ao nivel da absorción, distribución, metabolización e excreción.
Tema 8.- Interaccións fármaco-alimento ao nivel farmacocinético e farmacodinámico nos distintos estados nutricionais.
Tema 9.- Interaccións fármaco-alimento en situaciones especiais. Sida. Cancro, transplantes renais.
Tema 10.- Interaccións dos fármacos con aditivos, contaminantes, tabaco e alcohol.
SEMINARIOS:
a) Resolución de problemas tipo de farmacocinético relacionados cos temas impartidos
b) Realización de casos prácticos de temas relacionados
PRÁCTICAS:
b) Programa de prácticas de laboratorio
Práctica 1.- Simulación de procesos LADME
Práctica 2.- Simulación das interaccións fármaco-alimento a nivel biofarmacéutico, farmacocinético e farmacodinámico.
Práctica 3.- Simulación das interaccións fámaco-alimento en situaciones especiais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Biofarmacia y Farmacocinética. Vol 1-2. Doménech Berrozpe, J., Martinez Lanao, J., Plá Delfina, J. M. Ed. Síntesis, D. L. Madrid. 1998.
Tecnología Farmacéutica. Vol. 1 y 2. Ed. Síntesis. Madrid. 1997.
Farmacología Básica y Clínica: Lorenzo-Velázquez, B. 18ª edición. Medica Panamericana. Madrid. 2009.
Farmacocinética. Labaune, J. P., Masson, S. A. Barcelona. 1991.
Tecnología Farmacéutica. Vol 1 y 2. Vila Jato, J. L. Síntesis. Madrid. 1997.
Farmacología. 4ª Edición. Rosenfeld; G. C., Loose, D. S. Ed. Wolters Kluwer cop. Barcelona. 2008.
Netter, Farmacología ilustrada / Robert B. Raffa, Scott M. Rawls, Elena Portyansky Beyzarov; ilustraciones de Frank H. Netter; ilustradores colaboradores James A. Perkins.
Farmacología en Nutrición. Mestres Miralles, C. Médica Panamerica. Madrid. 2012.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Biofarmacia y Farmacocinética: ejercicios y problemas resueltos. Elsevier. Barcelona. 2014.
Tratado general de Biofarmacia y Farmacocinética. Doménech Berrozpe, J. Síntesis. Madrid. 2013.
Farmacia. La ciencia del diseño de las formas farmacéuticas. Aulton, M. E. Elsevier. Madrid. 2004.
Farmacología de las enfermedades endocrinas, metabólicas e inmunológicas / Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos de España. Acción Médica. D.L. Madrid. 2000.
Fitoterapia. 4ª ed. Vademecum de prescripción. Masson. Barcelona. 2006.
Manual de fitoterapia. Castillo García, E. Elsevier Doyma. Madrid. 2007.
Importancia de la nutrición en el paciente oncológico. Planas Vilá, M., Camarero González, E. Novartis Consumer Health. Barcelona. 2003
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
CG2 – Desenvolver a profesión con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG4 – Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cando é necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG5 – Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG16 – Interpretar o diagnóstico nutricional, evaluar os aspectos nutricionales dunha historia clínica e realizar o plan de actuación dietética.
Competencias transversais
CT1 – Coñecemento e aplicación da terminología inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.
CT2 – Demostrar criterio ético para desenvolver a actividade profesional tendo en conta os límites da profesión do nutricionista.
CT3 – Coñecer as fontes de información relacionadas cos novos tratamentos farmacológicos e outros aspectos sanitarios
CT5 – Capacidad para transmitir conocimientos y pautas de forma organizada a los pacientes
Competencias específicas
CE43 – Comprender a farmacoloxía clinica maila interacción entre fármacos e os nutrientes.
CE44 – Manexar as ferramentas básicas en TICs utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
- As clases expositivas (32 horas) serán impartidas polos dous profesores encargados da materia. Durante o desenvolvemento destas clases utilizaranse principalmente medios audiovisuales (presentacións, videos) desde o ordenador. Así mesmo, contarase coa apoio de anotacións e explicacións sobre a pizarra. Ao comezo de cada clase realizarase un breve resumo do visto na clase anterior co fin de situar aos alumnos no punto do tema no que se atopa.
- Os seminarios ou clases interactivas (5 horas) consistirán na realización de actividades complementarias co obxecto de profundar en aspectos tratados na materia, por exemplo, a resolución de problemas numéricos relativos a farmacocinética. Serán impartidos polos profesores coa participación do alumnado, aínda que sempre supervisados polos profesores.
- As clases prácticas ou de laboratorio (12 horas) consistirán na realización de prácticas de laboratorio. Estas prácticas constarán dunha breve introdución teórica e dun guión de prácticas que os alumnos irán cubrindo a modo de caderno de prácticas cos resultados durante os experimentos. Os grupos de alumnos nas prácticas estarán constituídos por 3-4 alumnos, que dependerá do número de alumnos matriculados. Outras sesións de clases prácticas estarán destinadas á simulación de procesos mediante a utilización de programas informáticos.
- Os alumnos realizarán traballos en grupos en forma de casos prácticos. O número de alumnos participantes nos traballos en grupo, dependerá do número de alumnos por clase, aínda que na medida do posible, será de tres, xa que con este número é posible a participación de cada un nas etapas de traballo. Para confirmar que todos os integrantes do grupo participaron en todas as etapas, o debate establecerase con todos os membros do grupo. Estes traballos presentaranse no aula por parte de cada grupo e a continuación abrirase un tempo de debate. No debate é obligatoria a participación do resto dos alumnos.
- As horas de tutoría establecidas (2 horas) servirán para orientar ao alumno sobre as actividades que serán realizadas polos alumnos e terán lugar no aula e nos grupos establecidos.
- Todo o material que se empregue en clase estará dispoñible na plataforma virtual da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
- A avaliación do estudante realizarase mediante avaliación continua, exame final e exame de prácticas.
- O exame final constituirá un 80% da cualificación total da asignatura e deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 8 para que a cualificación de devandita proba sexa considerada para a nota final da asignatura. O exame constará de preguntas curtas, exercicios numéricos, preguntas tipo test e desenvolvemento dun caso práctico.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4, CG16, CE32, CT1, CT5.
-A avaliación das prácticas (10% da cualificación final) efectuárase mediante a valoración dun exame práctico escrito sobre as actividades e coñecementos desenvolvidos nesas prácticas. A asistencia ás prácticas é obligatoria para superar a asignatura, e deberase obter unha nota mínima de 0,5 sobre 1 para que a cualificación de devandita proba sexa considerada para a nota final da asignatura.
Competencias avaliadas: CB3, CG5, CT1, CT3, CE44.
-Os seminarios (5% da cualificación final) se evaluarán mediante a resolución de problemas numéricos (de forma individual) e a exposición oral dun caso práctico en grupo.
Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG2, CG4, CG16, CT1, CT2, CT3, CT4, CE43, CE44.
-A avaliación continua (5% da cualificación final) efectuarase mediante a valoración da participación nas clases expositivas e de prácticas.
Competencias avaliadas: CB4, CG5, CT3, CT5.
* No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (exame final), existirá unha segunda oportunidade para que o alumno sexa evaluado. Nesta segunda oportunidade manteranse as cualificacións obtidas nos outros apartados para a súa cualificación final.
* Considerarase como non presentado a un alumno cando este non realice ningunha das actividades obligatorias evaluables da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independientemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente no aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
A materia “Interacción fármaco-alimento” consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo por parte do alumno é de 150 horas, das cales 51 son presenciales e o resto son horas de traballo autónomo. Así, a distribución de horas tanto presenciales como de traballo persoal do estudante é a que segue:
- Recoméndase a asistencia tanto ás clases teóricas como aos seminarios. Así mesmo, é moi conveniente acudir ás tutorías coa finalidade de ir resolvendo dúbidas a medida que se profunda na materia.
- Recoméndase completar apúntes e o material fornecido ao alumno coa bibliografía recomendada.
- É importante resaltar a importancia de estudar a materia de forma razoada e reflexiva.
- Os idiomas empregados na docencia desta materia é o castelán e galego.
- É aconsejable que os alumnos teñan cursadas as materias dos cursos anteriores, ou dispoñan deses coñecementos.
Sistema de avaliación:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Asteria M. Luzardo Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- asteriam.luzardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
30.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
30.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |