Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar as variables que definen o funcionamiento do organismo en situación de enfermidade, e a forma en que a perda do equilibrio homeostático afecta ao rendimiento dos diferentes sistemas e aparellos, así como ao do organismo no seu conxunto.
Identificar as causas etiolóxicas xerais (etiopatoxenia) e analizar a súa interacción cos mecanismos de compensación (fisioloxía) de órganos e sistemas.
Identificar o papel da nutrición na saúde e na enfermidade, analizando o impacto dos trastornos nutricionais sobre a saúde, e o efecto corrector das intervencións nutricionais sobre a enfermidade.
CAPITULO I.- FISIOPATOLOXÍA XERAL
T01 Morte celular: necrose e apoptose
T02 Oncoxénese
T03 Envellecemento
CAPÍTULO II.- TEMPERATURA E ENERXÍA
T04 Hipertermia
T05 Hipotermia
CAPÍTULO III.- SANGUE
T06 Defensa inmunolóxica e inflamación
T07 Alerxia e hipersensibilidade
T08 Anemias
T09 Alteracións hemostasia
T10 Patoloxía inmune, autoinmunidade
CAPÍTULO IV.- APARELLO RESPIRATORIO
T11 Alteracións difusión, alteracións V/Q
T12 Patoloxías pulmonares restritivas
T13 Patoloxías pulmonares obstrutivas
CAPÍTULO V.- SISTEMA EXCRETOR RENAL. EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO
T14 Alteracións da excreción renal e da concentración de urina
T15 Insuficiencia renal aguda e crónica
T16 Urolitiase
T17 Alteracións do equilibrio ácido-básico
CAPÍTULO VI. APARELLO DIXESTIVO
T18 Náuseas e vómitos
T19 Gastrite e úlcera péptica
T20 Maldixestion e malabsorción
T21 Alteracións do tránsito intestinal
T22 Inflamación intestinal crónica
T23 Pancreatite
T24 Colelitiase. Ictericia e colestase
T25 Hipertensión portal
T26 Fibrose e cirrose hepática. Insuficiencia hepática
CAPÍTULO VII.- SISTEMA CARDIOVASCULAR
T28 Arritmias
T29 Valvulopatías
T30 Enfermidade coronaria. Infarto de miocardio
T31 Insuficiencia cardíaca. Hipertensión pulmonar
T32 Shock
T33 Aterosclerose e hipertensión arterial
CAPÍTULO VIII.- METABOLISMO
T34 Obesidade
T35 Síndrome metabólico
T36 Hiperlipoproteinemias
T37 Enzimopatías
CAPÍTULO IX.- SISTEMA NERVIOSO
T38 Patoloxía neuromuscular
T39 Enfermidades dos ganglios basais. Patoloxía cerebelosa
T40 Ictus
T41 Trastornos da consciencia. Coma.
T42 Enfermidades desmielinizantes
T43 Alzheimer e demencia
CAPÍTULO X.- APARELLO LOCOMOTOR
T44 Artrose e artrite
T45 Osteoporose
Fisiopatología y patología general básicas para ciencias de la salud (1ª Edición), 2013. Pastrana - García de Casasola. Edit Elsevier
Fisiopatología. Texto y Atlas (3ª Edición), 2009. Silbernagl - Lang. Edit Médica Panamericana
Manual Merck (11ª Edición), 2007. Edit Elsevier
Human Anatomy and Physiology (9th Edition), 2013. Marieb - Hoehn. Edit Pearson
CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda da súa área de estudo.
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG3.- Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG4.- Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cándo é necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG29.- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais
CT1.- Capacidade de análise e síntese.
CT3.- Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT5.- Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6.- Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT9.- Capacidade para transmitir conocimientos (incluida en CG5)
CT10.- Capacidade para o razonamento crítico e a argumentación
CT11.- Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
CT12.- Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
Competencias específicas
CE32.- Coñecer os aspectos fisiopatolóxicos das enfermidades relacionadas coa nutrición
CE44.- Manexar as ferramentas básicas en TICs utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
ME1.- As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico e xudándose dos medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
ME6.- Os seminarios serán preparados polos alumnos divididos en grupo, realizando revisións do estado actual de aspectos avanzados da asignatura, recompilando, analizando criticamente e presentando a información con soporte de tecnoloxías da información.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle)
A calificación de cada estudante farase en base a dous criterios:
1.- Calificación teórica (80% da puntuación final ). Poderá obterse de dúas formas:
(a).- SE3.- Avaliación contínua: 6 controis escritos periódicos, tipo test. Os alumnos que acaden neles unha media final superior a 5,0 e que non teñan ningún control con calificación inferior a 3,5 non precisarán realizar o exame final. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG3, CT10, CT11, CE32.
(b).- SE1.- Exame final: 1 único exame tipo test ao que se presentarán os alumnos que decidan non someterse á avaliación contínua, que a fixeran pero non a superaran, ou que a fixeran e desexen mellorar a súa calificación final. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG3, CT10, CT11, CE32.
2.- SE4.- Calificación adicional (20% da puntuación final): realización e exposición de traballos en grupo. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG4, CG29, CT1, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CT12, CE32, CE44.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno do 60%, que se distribuirán da seguinte forma:
Clases expositivas: 44 h presenciais / 74 h traballo autónomo
Seminarios: 5 h presenciais / 15 h traballo autónomo
Titorias: 2 h presenciais / 1 h traballo autónomo
Exames e revisión: 9 h presenciais
Total presencialidade: 60h
Total traballo autónomo: 90h
Coñecementos previos de Anatomía e Histoloxía e Bioquímica. Coñecementos previos de Fisioloxía I. Coñecementos previos de Fisioloxía II.
As actividades académicas impartiranse nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma (castelán e galego).
O sistema de avaliación dos alumnos que se presenten á 2ª oportunidade será idéntico ao dun alumno de 1ª oportunidade que decida non someterse a avaliación contínua (SE1, 80%; SE5, 20%; SE4, ata un 10% da puntuación final).
Jesús Antonio Casabiell Pintos
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
20.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |