Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
· Saber aplicar os conceptos fundamentais da cinemática, dinámica e as condicións de equilibrio no corpo humano
· Saber aplicar os coñecementos biomecánicos do corpo humano.
· Saber aplicar as leis de escala a diferentes razas e xéneros.
· Saber aplicar a ecuación fundamental da estática de fluídos para os efectos da gravidade sobre os fluídos relacionados coa vida.
· Saber determinar a presión sanguínea con cánula e utilizando un esfigmomanómetro. Saber distinguir os diferentes tipos de movemento de fluídos en conducións. Exemplos: movemento do sangue no sistema circulatorio, inxeccións, etc.
· Saber analizar o movemento de fluídos nos leitos vasculares, con especial fincapé no funcionamento cardíaco...
· Saber aplicar os conceptos de control e retroalimentación comúns nos seres vivos.
· Comprender a termodinámica como ciencia capaz de explicar os procesos que implican transferencia de enerxía nos seres vivos.
· Coñecer os mecanismos de transmisión de calor nos seres vivos.
· Coñecer os procesos de difusión a través de membranas e a súa aplicación nos procesos de filtración. Exemplos: a membrana biolóxica e os mecanismos de transporte de materia ao seu través, diálise, purificación de auga con osmose inversa, os procesos de membrana na industria láctea, etc.
· Coñecer os conceptos de campo e potencial eléctricos e a súa importancia nos sistemas biolóxicos. Comprensión da dobre capa eléctrica como modelo de membrana biolóxica. Establecer o concepto de equilibrio de Donnan.
· Asimilación funcional da xeración e propagación do potencial de acción e os seus elementos esenciais.
· Conocer algunhas das técnicas de detección dos sinais magnéticos. Coñecer a súa aplicación en sistemas biolóxicos e procesos tecnolóxicos.
· Saber elaborar e presentar unha boa memoria de laboratorio con análise dos datos experimentais coherente coas partes da Física tratadas en cada práctica, e coas correspondentes conclusións.
EN RESUMO, trátase de analizar dende un punto de vista teórico e práctico os principios da Física, e cómo permiten xustificar diferentes comportamentos e situacións no ámbito do que son as Ciencias dá Vida. O alumno debe finalizar o curso con bo coñecemento e manexo dos conceptos que se inclúen no programa, e cunha visión do interese que ten a Física para alcanzar un grao de comprensión axeitado de diferentes conceptos que lle xurdirán cando estude outras materias da súa titulación.
TEORÍA:
· Biomecánica do corpo humano. Cinemática. Dinámica. Estática.
· Movemento de fluídos no sistema circulatorio. Estática e Dinámica de fluídos.
· Control e estabilidade. Sistema de retroalimentación en seres vivos.
· Mecanismos de transmisión de calor nos seres vivos. BioCalorimetría. Metabolismo.
· Procesos de transporte. Difusión en membranas.
· Corriente eléctrica. Bioelectromagnetismo.
PRÁCTICAS (pode haber cambios en función da disponibilidade de material de laboratorio):
· Densidades.
· Banco hidrodinámico.
· Sistemas de control.
· Tensión superficial.
· Viscosidad.
· Medidas calorimétricas de diferentes compuestos.
. Corriente eléctrica.
Básica:
CROMER, A.H. “Física para las Ciencias de la Vida”. Reverté, 1996.
KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. “Física”. Reverté, 2010.
JOU, D.; LLEBOT, J.E.; PÉREZ GARCÍA, C. “Física para Ciencias de la Vida”. McGraw-Hill, 1994.
Complementaria:
Aguilar, J.; Senent, F. Cuestiones de Física. Reverté, 2002.
Benito, R. M., Losada, J. C., Ablanque, J. y Sanz, A. S. Prácticas de Laboratorio de Física. Ariel Practicum, 2002.
Fernández, F.; Baixeras, C.; Casas, M. Prácticas de Física (Biología, Veterinaria, Informática). Alhambra, 1984.
Giancoli, D.C. Física para Ciencias e Ingeniería. Pearson Educación, 2009.
Hewitt, P. G. Física conceptual. Pearson -Addison Wesley , 2009.
Jou, D.; Llebot, J.E.; Pérez, C. Problemas de Física para Ciencias de la Vida. Serie Schaum. McGraw-Hill., 1986.
Lea, S. M., Burke, J. R. Física. La naturaleza de las cosas. Ed. Paraninfo, 2001.
Lleó, A., Betete, B., Galeano, J. , Lleó, L., Ruiz Tapiador, I. Problemas y Cuestiones de Física, Ed. Mundi-Prensa, 2002.
McDonald, S.C.G.; Burns, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo Iberoamericano, 1982
Strother, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. McGraw-Hill, 1981.
Ortuño Ortín, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Crítica, 1996.
Perales, F. J. La resolución de problemas en Física. Ediciones Anaya, 2005.
NOTA: para algúns temas utilizarase a bibliografía on- line que se considere de utilidade en cada caso.
Competencias básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CG29 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para traballar en equipo.
CT3 - Capacidade para a resolución de problemas.
Competencias específicas:
CE2 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano dende o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida.
CE7 - Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.
Nas clases de teoría (33 horas) explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. Buscarase a participación activa do alumno.
Nas clases de seminario (4 horas) analizaranse e discutirán os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns, que poderán ser realizados individualmente ou en grupo.
Realizásense titorías individuais para aclarar problemas e cuestións de cada alumno, así como titorías nas aulas (2 horas) onde se realizará un seguimento da comprensión e dificultades que tiveron os alumnos sobre os diferentes coñecementos adquiridos, procurando resolver todas as dúbidas e problemas que lles xurdisen. Tamén se propoñerán tarefas de reflexión ó ámbito da Dietética e Nutrición.
Nas prácticas (12 horas), de asistencia obrigatoria, aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos.
Utilizarase o Campus Virtual da USC como apoio á docencia.
-A realización das prácticas da materia é obrigatoria, e avaliarase o caderno de prácticas que deberá presentar cada grupo. Puntuación: ata 0.5 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG5, CT2, CE7.
-A avaliación continua (asistencia e actividade en clase, boletíns de casos prácticos e traballos diversos) supoñerá un máximo de 2 puntos (ata 1 a asistencia e ata 1 os traballos de clase). Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG29, CG5, CT1, CT3, CE2.
-Exames: Faranse exames finais da parte de BioCalorimetría e BioTermodinámica (incluen Metabolismo Enerxético) e do Resto de la Materia. En xeral, os exames constarán dunha parte de teoría-cuestións e doutra de problemas, cada unhas das cales se puntuará sobre 10, e se promediará entre as dúas sempre que a cualificación de cada una delas non sexa inferior a 4. No caso contrario, o exame estará suspenso coa nota máis baixa. O exame estará aprobado si o antedito promedio fose igual ou superior a 5.
O exame final contará como máximo 7.5 puntos na nota definitiva da materia (Ex.: un 10 no exame supoñerá un 7.5 para o cálculo da nota final, que será 10 se se alcanzasen os 2.5 puntos na avaliación continua e prácticas). Por debaixo de 5 no exame supoñerá automaticamente suspender a materia, e non ter en conta a cualificación da avaliación continua e prácticas (neste caso a cualificación final que figurará na acta da materia será 0.75 x nota exame). . Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG29, CG5, CT1, CT3, CE2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O estudante para o seguimento e compresión dos contidos da materia deberá empregar alomenos 45 horas para a docencia expositiva, 4 horas para os seminarios, 28 horas para a realización dos traballos propostos (boletíns, campus virtual e memoria de prácticas), 4 horas para as titorías en grupo. Para a preparación de exame serán necesarias alomenos 14 horas e da orde de 4 horas para a súa realización.
- Realizar os exercicios e cuestións propostos.
- Consultar o diferente tipo de bibliografía recomendada polo profesor.
Idiomas de impartición: castelán nas exposición docentes, pero facilitaranse as consultas en galego.
Jose Antonio Rodriguez Añon
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- eugenio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |