Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
• Coñecer, analizar e valorar as cualidades, funcións e regulación das principais hormonas do organismo.
• Analizar as funcións do sistema endócrino na comunicación e homeostase, no equilibrio hidroelectrolítico, na regulación da función do aparello dixestivo, e a regulación endócrina da reprodución, o crecemento e o metabolismo.
• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisioloxía teña conseguido describir.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e o posibilitan con respecto ao medio ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao ambiente con que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Poder aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tendan a modificalas.
• Poder valorar criticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
Organización do sistema endócrino. Regulación das principais funcións do organismo.
1. Anatomia glandular
2. Mecanismos xerais de acción endócrina
3. Integración neuroendocrina
4. Tiroide
5. Homeostase de calcio e fosfato
6. Suprarrenais
7. Hormonas gastrointestinais
8. Páncreas e metabolismo.
9. Termorregulación
10. Regulación endócrina do equilibrio nutricional.
11.Sístema reprodutor. Eixo hipotálamo-hipófise-testículo. Desenvolvemento folicular. Ovario. Ciclos ováricos. Xestación. Lactación
Costanzo, L.S. (2011), Fisiología, 4a. ed., Editorial Elsevier.
Human Anatomy and Physiology(9th ed.), 2013. Marieb, Hoehn. Pearson
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne y Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (12ª edición), 2011. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (6ª edición), 2014. Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Textbook of Endocrine Physiology(6ª edición), 2011. Kovacs W.J., Ojeda, S.R. Oxford University Press, USA.
White B.A., Porterfield S.P. (2013) Endocrine and reproductive physiology. 4th edition. Elsevier/Mosby
Williams. (2017): Tratado de endocrinología. Elsevier. ISBN: 978-84-9113-101-4
Norman & Henry. Hormones. 3ª ed., 2015. Academic Press.
Norris, D.O. y Carr, J.A. Vertebrate endocrinology. 5ª ed., 2013. Academic Press.
PhysioEx 9.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2012. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson.
Competencias básicas
CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda da súa área de estudo.
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG3.- Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG4.- Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cándo é necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG5. - Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral coma escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas coa nutrición e hábitos de vida.
CG6. - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar e aplicar as fontes da información relacionadas coa nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG29.- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais
CT1.- Capacidade de análise e síntese.
CT3.- Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT5.- Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6.- Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT9.- Capacidade para transmitir conocimientos (incluida en CG5)
CT10.- Capacidade para o razonamento crítico e a argumentación
CT11.- Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída en CG3)
CT12.- Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
Competencias específicas
CE33.- Identificar os problemas dietético-nutricionais do paciente, así como os factores de risco e as prácticas inadecuadas.
CE34.- Elaborar e interpretar unha historia dietética en suxeitos sans e enfermos. Interpretar unha historia clínica. Comprender e utilizar a terminoloxía empregada en ciencias da saúde.
CE35.- Interpretar e integrar os datos clínicos, bioquímicos, e farmacolóxicos na valoración nutricional do enfermo e no seu tratamento dietético-nutricional.
CE44.- Manexar as ferramentas básicas en TIC's utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
CE46.- Prescribir o tratamento específico, correspondente ao ámbito de competencia do dietista-nutricionista.
ME1.- As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico coa axuda da pizarra e dos medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
ME6.- Os seminarios serán preparados polos alumnos divididos en grupos, realizando revisións do estado actual de aspectos avanzados da asignatura, recopilando, analizando criticamente e presentando a información con soporte de tecnoloxías da información.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo (ME4) ou individuais (ME8).
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle).
A calificación de cada estudante farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación continua farase por medio de controis escritos, seminarios presentados, participación dos estudantes na aula, titorías.
SE1.- Examen final:50%. Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG3, CT10, CT11, CE33, CE34, CE35.
SE3, SE4.- Evaluación continua:50%. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG4, CG5, CG6, CG29, CT1, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CT12, CE33, CE34, CE35, CE44, CE46
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno do 60%, que se distribuirán da seguinte forma:
Clases expositivas: 44 h presenciais / 74 h traballo autónomo
Seminarios: 5 h presenciais / 15 h traballo autónomo
Titorias: 2 h presenciais / 1 h traballo autónomo
Exames e revisión: 9 h presenciais
Total presencialidade: 60h
Total traballo autónomo: 90h
Coñecementos previos de Anatomía e Bioquímica. Coñecementos previos de Fisioloxía I e Fisioloxía II
As actividades académicas impartiranse nas línguas oficiais da Comunidade Autónoma (castelán e galego).
Jesús Antonio Casabiell Pintos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
14.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
14.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |